Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-000056656 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes, as resolucións ditadas no procedemento para que no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, sita na Praza da Estrela, s/n, 3ª planta de Vigo, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 17 de outubro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A

PO-000056656

Oubiña Oubiña, Marina

(35430089S)

Declaración da desistencia e acordo de arquivamento

22.5.2017

BS210A

VI-0000056720

Franco Rodríguez, Venancio

(3949535H)

Declaración da desistencia e acordo de arquivamento

4.7.2017

BS210A

PO-000058839

Filgueira Leiro, Carmen

(35352213V)

Resolución de aprobación do programa individual de atención

24.4.2017