Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración mediante a modalidade de renting de 143 vehículos para as brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais (expediente 17/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de vehículos en réxime de renting pola Consellería do Medio Rural con destino á Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios forestais para o persoal fixo e descontinuo das brigadas dos distritos con labores de prevención e defensa contra incendios forestais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=144522

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 4 de maio de 2017, BOE do 13 de maio de 2017 e DOG do 23 de maio de 2017.

e) División por lotes e número: si. Lote 1: oitenta e dous (82) vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo; lote 2: cincuenta e sete (57) vehículos todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo; lote 3: catro (4) vehículos todoterreo de sete prazas.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 6.120.000 €.

Valor estimado: 9.180.000,00 € (incluídas posibles prórrogas).

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: oitenta e dous (82) vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo.

a) Data de adxudicación: 11 de setembro de 2017.

b) Adxudicatario: Leaseplan Servicio, S.A.

c) Importe neto total: 2.424.576,00 €. Prezo unitario: 616 € (por mes e vehículo).

d) Data de formalización do contrato: 11 de outubro 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración e cumprir os requisitos establecidos nos pregos.

Lote 2: cincuenta e sete (57) vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo.

a) Data de adxudicación: 11 de setembro de 2017.

b) Adxudicatario: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe neto total: 1.559.520,00 € . Prezo unitario: 760€ (por mes e vehículo).

d) Data de formalización do contrato:10 de outubro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración e cumprir os requisitos establecidos nos pregos.

Lote 3: catro (4) vehículos todoterreo de sete prazas.

a) Data de adxudicación: 29 de agosto de 2017.

b) Adxudicatario: Alphabet España Fleet Management, S.A.

c) Importe neto total: 113.040 €. Prezo unitario: 785 € (por mes e vehículo).

d) Data de formalización do contrato: 2 de outubro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi o único licitador presentado e cumpre os requisitos establecidos nos pregos, polo que resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural