Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51646

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da urbanización Agro de Lalín de Arriba.

O Pleno da Corporación, en sesión do 26 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o informe de alegacións asinado, con data do 4 de maio de 2017, polo arquitecto-asesor urbanístico municipal e, consecuentemente, estimar parcialmente a única alegación presentada por Ana Belén Fernández Ouro, en canto á solicitude de nova redacción do número 1.5.1 (número 1.6.1 no texto corrixido) do estudo de detalle para a súa maior aclaración, e desestimar o contido da alegación no relativo á obrigación do predio inferior de recibir as augas procedentes do predio superior cando se modifique o perfil do terreo, por canto a dita proposta non se corresponde co obxecto e contido desta figura de planeamento, senón que se debe enmarcar no ámbito xurídico do Código civil.

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle da urbanización Agro de Lalín de Arriba, Lalín, formulado polo Concello de Lalín, redactado polo arquitecto Javier Bugallo Thielen, asinado con data do 4 de maio de 2017, que incorpora a modificación consecuente da estimación parcial da alegación presentada.

Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no Rexistro, procederase a publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Lalín, 30 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 29.6.2015; BOP do 27.7.2015)
Nicolás María González Casares
Concelleiro delegado de Urbanismo