Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2017 Páx. 51647

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización da contratación das obras do proxecto de adecuación e mellora das infraestruturas actuais á normativa vixente no polígono industrial das Coiñás.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2017015703, ref. 2455.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de adecuación e mellora das infraestruturas actuais á normativa vixente no polígono industrial das Coiñás.

c) CPV: 45000000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.7.2017, 20.7.2017 e 20.7.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 578.512,40 euros. IVE: 121.487,60 euros. Importe total: 700.000,00 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de outubro de 2017.

b) Data de formalización: 6 de outubro de 2017.

c) Contratista: Nexia Infraestructuras, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 348.438,02 euros. IVE: 73.171,98 euros. Importe total: 421.610,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.

Ourense, 10 de outubro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde