Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de elaboración do proxecto construtivo dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a primeira fase da Plataforma loxística e industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), a execución das obras da dita EDAR e do seu acceso, a execución do correspondente colector de vertedura, así como a súa posta en marcha e explotación (expediente PLISAN-2017/EDAR).

Contrato de elaboración do proxecto construtivo dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) para a primeira fase da Plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), a execución das obras da dita EDAR e do seu acceso, a execución do correspondente colector de vertedura, así como a súa posta en marcha e explotación. Expediente Plisan-2017/EDAR.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración do proxecto construtivo dunha EDAR para a primeira fase da Plisan, a execución das obras da EDAR e do seu acceso, a execución do correspondente colector de vertedura, así como a súa posta en marcha e explotación.

b) Prazo de execución: 51 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: tres millóns trescentos trinta e tres mil novecentos trinta e sete euros con trinta céntimos (3.333.937,30 €), IVE excluído.

a) IVE (21 %): setecentos mil cento vinte e seis euros con oitenta e tres céntimos (700.126,83 €).

b) Importe total: catro millóns trinta e catro mil sesenta e catro euros con trece céntimos (4.034.064,13 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2 de outubro de 2017.

a) Data de formalización do contrato: 24 de outubro de 2017.

b) Contratista: UTE Copasa-Pesa Medioambiente, S.A.U.

c) Importe de adxudicación: dous millóns cincocentos oitenta e tres mil oitocentos euros (2.583.800,00 €).

d) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo