Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 13 de novembro de 2017 Páx. 52224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de realización da exposición De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D, para a itinerancia por Galicia en 2017 e por Galicia e Portugal en 2018, por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 19 de xuño de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: levar a cabo os traballos de produción, impresión e enmarcado de 35 fotografías en 3D, deseño e impresión de lentes e díptico en 3D, deseño e impresión de material gráfico e fabricación de caixas, transporte i/v, montaxe e desmontaxe de 35 murais e de 17 fotografías propiedade da Axencia Turismo de Galicia e o material gráfico que os acompaña e seguro cravo a cravo, que cubra os elementos que conforman a itinerancia da exposición.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 56.350,00 €.

IVE (21 %): 11.833,50 €.

Importe total IVE incluído: 68.183,50 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 24 de outubro de 2017.

c) Adxudicataria: Jega Gráfica, S.L.

d) Importe de adxudicación: 56.350,00 € (IVE non incluído).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia