Advertidos erros no Decreto 93/2017, do 14 de setembro, polo que se regulan a composición e o funcionamento dos consellos territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía, publicado no DOG núm. 192, do 9 de outubro, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 47337, no artigo 4, punto 1, onde di: «xefatura territorial da consellería competente en materia de patrimonio», debe dicir: «xefatura territorial da consellería competente en materia de patrimonio cultural».
Na páxina 47340, no artigo 8, punto 1, onde di: «pronuciamento dos consellos territoriais», debe dicir: «pronunciamento do Consello Asesor dos Camiños de Santiago».
Na páxina 47340, no artigo 8, punto 1, onde di: «xefatura territorial da consellería competente en materia de patrimonio», debe dicir: «dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural».
Na páxina 47340, no artigo 8, puntos 2 e 3, primeiro parágrafo, onde di: «xefatura territorial», debe dicir: «dirección xeral».
Na páxina 47340, no artigo 8, punto 3, primeiro parágrafo in fine, onde di: «ao respectivo consello territorial», debe dicir: «ao Consello Asesor dos Camiños de Santiago».
Na páxina 47341, no artigo 8, punto 3, segundo parágrafo, onde di: «dos consellos territoriais», debe dicir: «do Consello Asesor dos Camiños de Santiago».
Na páxina 47341, no artigo 8, punto 4, onde di: «os consellos territoriais emitirán», debe dicir: «o Consello Asesor dos Camiños de Santiago emitirá».
Na páxina 47342, no artigo 12, punto 1, onde di: «pronuciamento dos consellos territoriais», debe dicir: «pronunciamento da Comisión Técnica de Arqueoloxía».
Na páxina 47343, no artigo 12, punto 1, onde di: «xefatura territorial da consellería competente en materia de patrimonio», debe dicir: «dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural».
Na páxina 47343, no artigo 12, puntos 2 e 3, primeiro parágrafo, onde di: «xefatura territorial», debe dicir: «dirección xeral».
Na páxina 47343, no artigo 12, punto 3, primeiro parágrafo in fine, onde di: «ao respectivo consello territorial», debe dicir: «á Comisión Técnica de Arqueoloxía».
Na páxina 47343, no artigo 12, punto 3, segundo parágrafo, onde di: «dos consellos territoriais», debe dicir: «da Comisión Técnica de Arqueoloxía».
Na páxina 47343, no artigo 12, punto 4, onde di: «os consellos territoriais emitirán», debe dicir: «a Comisión Técnica de Arqueoloxía emitirá».