Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52283

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia número 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio durante o segundo cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2017

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica
da consellería

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia, para a organización e o desenvolvemento dun conxunto de actividades de fomento do uso dos parques naturais de Galicia.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia de Turismo de Galicia para a elaboración conxunta de actividades de fomento do uso público do patrimonio natural, de xeito responsable, garantindo un uso sostible dos nosos recursos naturais, e máis concretamente as seguintes actuacións:

– A elaboración dos paquetes de servizos e da oferta turística presente na contorna de cada parque: centros de interpretación dos parques, visitas guiadas, aloxamentos de turismo rural, restauración, oferta complementaria, etc.

– A presenza activa dos parques naturais de Galicia en campañas de promoción e difusión do turismo, feiras e exposicións.

18.5.2017

30.000,00 €

Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

Regular a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a FAXPG, co fin de fomentar a accesibilidade das persoas xordas e xordocegas ás accións de difusión, sensibilización e promoción da sustentabilidade do medio desenvolvidas pola consellería no seu ámbito de actuación.

14.6.2017

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela para o estudo do comportamento, hábitat e impacto nos ecosistemas da Vespa velutina para a mellora dos métodos de control existentes.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das actuacións contempladas neste: estudo do comportamento, hábitat e impacto nos ecosistemas da Vespa velutina para a mellora dos métodos de control existentes, así como o reforzamento das sinerxias e colaboración entre a Administración responsable das medidas de xestión e control e a comunidade científica, no relativo ás liñas de investigación no eido do estudo desta especie.

29.6.2017

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Caza, para a realización de actividades de divulgación e fomento da actividade cinexética na Comunidade Autónoma de Galicia.

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Caza para o fomento da actividade cinexética sustentable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través da organización de actividades para a promoción e divulgación nesta materia.

13.7.2017

25.000,00 €

Acordo de cooperación interadministrativo entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería do Medio Rural e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para levar a cabo a execución da fase II do Bosque de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia.

Establecer as bases de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de acondicionamento da zona suroeste do Bosque de Galicia (fase 2) e conexión leste co Parque da Balea, situado na contorna da Cidade da Cultura, no monte Gaiás, en Santiago de Compostela.

13.7.2017

99.136,25 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o financiamento dunha aplicación informática para a xestión dun sistema integrado da información sobre a localización e seguimento das especies de flora e fauna silvestres en Galicia.

Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a CMAOT e a Amtega para o desenvolvemento dun sistema integrado de información que dea soporte á xestión dos datos de localización e seguimento das especies de flora e fauna silvestres en Galicia.

14.7.2017

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Universidade de Santiago de Compostela para a investigación nos parques naturais sobre captación de CO2 e NO2 por diferentes cultivos para contribuír a mitigar o cambio climático.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización das actuacións contempladas neste: demostrar e promover os beneficios ambientais dos sistemas agrícolas presentes nos parques naturais de Galicia, en especial referencia á mitigación do cambio climático por medio da implantación do indicador de agricultura saudable.

10.8.2017

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e do Instituto de Estudos do Territorio, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade da Coruña (UDC) para o deseño da estratexia de infraestrutura verde de Galicia cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Desenvolver a primeira Estratexia de infraestrutura verde de Galicia que permita crear a estrutura ecolóxica básica de Galicia mediante unha planificación territorial que integre as diferentes estratexias desenvoltas nos últimos anos (rede de espazos naturais protexidos, zonas con risco de inundación, áreas de especial interese paisaxístico, ...) coa planificación urbana e de infraestruturas verdes, como ferramenta que aporte beneficios ecolóxicos, económicos e sociais.

7.8.2017

320.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e do Instituto de Estudos do Territorio (IET), a Fundación Juana de Vega, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos e a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) para o deseño da infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Desenvolver o Sistema de infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña, mediante unha ordenación integral do territorio e a definición de espazos ambientais estratéxicos que sirvan para concretar actuacións que redunden en beneficios ambientais e paisaxísticos, na mellora da saúde e o benestar social, e no deseño de solucións de infraestutura verde que contribúan ao desenvolvemento económico mediante a creación de empregos verdes e de calidade.

7.8.2017

180.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, a Deputacion Provincial de Ourense, o Concello de Lobios e o Concello de Muíños para a xestión e promoción do Centro BTT Serra do Xurés.

Modificación do contido das cláusulas sétima e novena.

14.8.2017

Sen achega económica da consellería

Addenda de modificación para o exercicio 2017 en relación co pacto ambiental subscrito entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a empresa Ence Energía y Celulosa, S.A., o 28 de xuño de 2016 e ao convenio de colaboración subscrito entre estas partes o 28 de xullo de 2016.

Modificación dos compromisos adoptados coa finalidade de impulsar a execución dos acordos adoptados no convenio de colaboración subscrito en relación co pacto ambiental.

16.1.2017

Sen achega económica da consellería

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas.

Ten por obxectivo dar cumprimento ás respectivas competencias das entidades convenientes, proporcionando aos alumnos da Universidade a posibilidade de complementar a súa formación coa realización de prácticas nas dependencias da CMAOT adscritas ao desenvolvemento das funcións.

14.7.2017

Sen achega económica da consellería

Convenio de cooperación educativa entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas.

Ten por obxectivo dar cumprimento ás respectivas competencias das entidades convenientes, proporcionando aos alumnos da Universidade a posibilidade de complementar a súa formación coa realización de prácticas nas dependencias da CMAOT adscritas ao desenvolvemento das funcións.

14.7.2017

Sen achega económica da consellería

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Consellería de Política Social para a organización e o desenvolvemento dun conxunto de actividades de fomento e dinamización da recollida selectiva, destinadas á xuventude da Comunidade Autónoma.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Consellería de Política Social para a organización conxunta de actividades de fomento e dinamización da recollida selectiva destinadas á xuventude da Comunidade Autónoma. Para isto organizaranse talleres dinámicos e charlas formativas en materia de recollida selectiva nos campos de traballo e programas de voluntariado ambientais da Xunta de Galicia.

24.7.2017

Sen achega económica da consellería

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Tordoia para a realización das obras de construción de beirarrúas en Igrexa de Viladabade.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Tordoia para a realización das obras de construción de beirarrúas en Igrexa de Viladabade.

5.5.2017

52.839,88 €

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ordes para a humanización da Rúa Nova.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

5.5.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Xunqueira de Ambía para a restauración da praza Bispo Carrascosa na contorna da Colexiata.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.

5.5.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cabanas para a mellora de accesibilidade na contorna da igrexa de San Andrés.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–.

5.5.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello do Grove para o acondicionamento da rúa Socalcos e outras.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–.

5.5.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Marín para a humanización da travesía Jaime Janer.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–.

5.5.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oza-Cesuras.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Oza-Cesuras para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do concello de Oza Cesuras.

8.5.2017

150.308,14 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello da Bola para as obras de acondicionamento de zonas libres e paseos no núcleo de Podentes (zona 3).

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello da Bola, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento de zonas libres e paseos no núcleo de Podentes –zona 3– (A Bola).

30.5.2017

107.303,63 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cenlle para a realización das obras de mellora da praza da Tenencia no núcleo de Cenlle.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Cenlle para a realización das obras de mellora da praza da Tenencia no núcleo de Cenlle.

31.5.2017

94.630,71 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a realización das obras de adecuación da praza do Concello no núcleo de Cerdedo.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de Cerdedo-Cotobade para a realización das obras de adecuación da praza do concello no núcleo de Cerdedo.

7.6.2017

182.603,91 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de San Amaro para a realización das obras de adecuación do Campo da Feira no núcleo de San Amaro.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de San Amaro para a realización das obras de adecuación do Campo da Feira no núcleo de San Amaro.

8.6.2017

150.000,00 €

Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Quiroga para a remodelación de espazos públicos urbanos.

Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–.

28.6.2017

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de San Cibrao das Viñas para a finalización dos traballos de revisión da redacción do Plan especial do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para finalizar os traballos de revisión do Plan Especial do polígono industrial no Concello de San Cibrao das Viñas.

28.6.2017

39.930,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Maceda para as obras de acondicionamento das rúas da Pena, da Cruz, do Perigo e da travesía do Buratiño no núcleo de Maceda.

Establecer as bases de colaboración y cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Maceda, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento das rúas da Pena, da Cruz, do Perigo e da travesía do Buratiño no núcleo de Maceda.

6.7.2017

111.618,03 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baltar para as obras de adecuación e mellora da contorna da Casa do Concello no núcleo urbano de Baltar.

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Baltar, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na adecuación e mellora da contorna da Casa do Concello no núcleo urbano de Baltar.

31.7.2017

258.881,01 €