Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 9 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 2017/148-1).

Expediente: IN407A 2017/148-1.

Solicitante: Electra do Foxo, S.L.

Denominación: LMTS 20 kV CT 160 kVA RBTS en Soesto.

Concello: Laxe.

Características técnicas:

a) Instalación de LMT subterránea baixo tubo Ø160 mm situado en canalización existente (31 metros) e en nova canalización 0,5×1,20 m (679 metros), de 730 metros de lonxitude en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), con orixe en cela de liña existente no centro de distribución Castrelo (expediente IN407A 2014/49-1) e remate en cela de liña do CT Soesto proxectado. Neste percorrido instalaranse cinco (5) novas arquetas e aproveitarase o uso de seis (6) arquetas xa existentes, compartido con outras infraestruturas eléctricas da empresa distribuidora.

b) Centro de transformación con envolvente prefabricada de formigón, marca Ormazábal, tipo PFU-4 ou similar, de dimensións exteriores aproximadas 4.460×2.380×2.300 mm, con transformador de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e celas modulares con illamento en SF6 en configuración 2L+1P. Cadro de baixa tensión tipo AC4-1600. O CT está deseñado para unha máquina de ata 630 kVA.

Localización das instalacións: p.q. 5+550 da estrada CP-4061 Baio-Laxe (CD Castrelo), p.q. 10+605 da estrada AC-433 Laxe-Recesindes e pistas municipais ata o CT Soesto proxectado. Lugares de Castrelo e Soesto, termo municipal de Laxe.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña