Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas (expediente IN407A 2016/616-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Eléctrica de Cantoña, S.L.

Domicilio social: rúa José Fernández López, 2-1º A, 36400 O Porriño.

Denominación: LMTA, CT Ponte Alta.

Situación: Salvaterra de Miño e Ponteareas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 1.100 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da LMT O Covaíño, no Covaíño, Lira (Salvaterra de Miño) e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación sobre apoio metálico, de 100 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, situado en Ponte Alta, Arcos (Ponteareas).

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 13 de febreiro, no BOP do 30 de xaneiro, no xornal Faro de Vigo do 14 de febreiro, no BOE do 31 de xaneiro de 2017 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria.

O 5 de abril de 2017, Carmen Ocampo Romero presentou un escrito de alegacións que motivou que a empresa peticionaria presentase un proxecto modificando a traza da liña ao paso polo predio da alegante.

O 19 de setembro de 2017, Carmen Ocampo Romero presenta un escrito no cal manifesta a súa vontade de deixar sen efecto as alegacións presentadas o 5 de abril e o seu consentimento para a imposición de servidumes sobre a súa parcela. A empresa peticionaria, baseándose no anterior, solicita a autorización do proxecto orixinal e desiste da autorización do proxecto modificado.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial

RESOLVE:

1. Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para o proxecto visado polo COETI de Vigo, expediente 216-1.573, do 18 de novembro de 2016, e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

2. Aceptar a desistencia de Eléctrica de Cantoña, S.L. da solicitude de tramitación do modificado do proxecto.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de catorce (14) meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 22 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra