Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá publicidade ao estudo de impacto ambiental e ao plan de restauración do proxecto de ampliación da explotación sección A, Castro, número 143, no concello de Vilar de Santos.

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e co Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, faise público o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración relativo ao proxecto de ampliación da explotación sección A, Castro, nº 143, no concello de Vilar de Santos (Ourense), promovido por Graveras Castro, S.L.

O proxecto pódese consultar, no prazo de 30 días, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º).

Ourense, 24 de outubro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense