Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 2 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 03/2017-LU.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao descoñecer o lugar da notificación, comunícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación do BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado na resolución referida, o interesado poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co establecido no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Expediente: 03/2017-LU.

Interesado: José María Díaz Chao.

DNI: *****650J.

Acto de notificación: resolución do 27 de outubro de 2017.