Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican requirimentos de actos de tramitación nos expedientes do procedemento BS210A (expediente CO-63688 e trece máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou ao seu representante, o acto administrativo citado no anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados ou o seu representante debidamente acreditado poderán acudir, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación dese anuncio no Boletín Oficial del Estado, ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social na rúa Concepción Arenal, nº 7, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita para o recoñecemento que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable ao interesado e acordarase o arquivamento das actuacións, logo da resolución que será notificada ao interesado.

A Coruña, 24 de outubro de 2017

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento: BS210A

Número de expediente

Apelidos e nome

DNI

Contido do acto

Data documento

CO-63688

Prats de Buen, Manuel

77095324Z

Citación para o recoñecemento

17.4.2017

CO-65486

Iglesias Guardado, José Santiago

76313057T

Citación para o recoñecemento

10.1.2017

CO-66618

Muíño Giance, Andrés

76293110V

Citación para o recoñecemento

18.5.2017

CO-67336

Gallardo Crespo, Margarita

32106204K

Citación para o recoñecemento

3.7.2017

CO-67589

Varela Arcay, Arsilia

76320453J

Citación para o recoñecemento

3.7.2017

CO-67958

González Yebra, Elvira

32163933C

Citación para o recoñecemento

22.3.2017

CO-68136

Tejedor Álvarez, Agustina

02018451V

Citación para o recoñecemento

18.5.2017

CO-69530

Capella Martínez, José

37971335Z

Citación para o recoñecemento

3.7.2017

CO-70140

Eugenio Cuñado, Emilio

32379772G

Citación para o recoñecemento

2.8.2017

FE-57495

Barcía Díaz, Rosa María

32586266G

Citación para o recoñecemento

27.6.2017

SC-18340

Seoane Mareque, Obdulia

33200004X

Citación para o recoñecemento

7.7.2017

SC-21371

Clavo Arribas, María Isabel

33019731B

Citación para o recoñecemento

7.3.2017

SC-64526

García Núñez, Manuel Marcelino

32286652B

Citación para o recoñecemento

7.7.2017

SC-64557

Beiro Santiago, Primera

32335920J

Citación para o recoñecemento

7.7.2017