Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2017 Páx. 52337

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (393/2017).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza, con destino na Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, mediante este edicto fago constar que na peza de apelación 393/2017 dimanante do procedemento 454/2014, sobre familia, garda e custodia, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, esta sección ditou sentenza, o 6 de outubro de 2017, que desestima o recurso de apelación promovido por Susana A.R. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (reforzo), cuxo texto íntegro se atopa nesta secretaría a disposición dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación por interese casacional, sobre a base do establecido no artigo 477 da LAC, que debe interpoñerse dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación na forma establecida no artigo 479 da LAC. Así mesmo, cabe interpoñer recurso extraordinario por infracción procesual sobre a base do establecido no artigo 468 da LAC.

Para que conste e a súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación a José Carlos Ogando Parada, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino o presente.

Vigo, 24 de outubro de 2017

A secretaria da Administración de xustiza