Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (574/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 574/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Unión Sindical Obrera de Galicia, Sara Gutiérrez del Egido contra Carpe Diem Eventos, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Red Carpe Diem Ibérica, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

Sentenza 547/2017

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade número 574/2015

Demandante: Dña. Sara Gutiérrez del Egido

Letrada: Sra. Otilia Acuña

Demandadas: Carpe Diem Eventos, S.L. e Red Carpe Diem Ibérica, S.L.

Fogasa

Letrada: Sra. Prosper Montalvo

A Coruña, 9 de outubro de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Sara Gutiérrez del Egido fronte ao Fogasa e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 332,57 euros polo 40 % do seu despedimento de data de efectos do 15.11.2012 con absolución das dúas empresas codemandadas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpe Diem Eventos, S.L. e Red Carpe Diem Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese as destinataris que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza