Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1165/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 1165/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Ramos Lema contra Carmen Lamas Domínguez, sendo parte o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade nº 1165/2014.

Demandante: Ana Ramos Lema.

Letrado: Sr. García López.

Demandado: Carmen Lamas Domínguez.

Letrado:

Fogasa.

Letrada:

Sentenza nº 557/2017.

A Coruña, 17 de outubro de 2017.

Decido:

Admito a demanda formulada por Ana Ramos Lema fronte a Carmen Lamas Rodríguez e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 1.169,95 euros máis os xuros do artigo 29.3 ET.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carmen Lamas Domínguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza