Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52470

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas, relativa ao expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución de reforma da actual estación de autobús de Pontevedra (expediente 1/2018 M).

De conformidade cos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións de carácter técnico que se susciten no expediente de contratación relativo ao servizo para a redacción do proxecto básico e de execución de reforma da actual estación de autobús de Pontevedra (expediente 1/2018 M), que ten as seguintes características:

– Actividade a que se refire: a Axencia Galega de Infraestruturas realizará os traballos que a continuación se sinalan.

• Elaboración do prego de prescricións técnicas, a elaboración do informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas, a dirección da execución, asumindo todas as obrigas derivadas do prego de prescricións técnicas, así como a recepción dos documentos técnicos correspondentes, e a supervisión e implantación do proxecto básico e de execución.

• Os ditos documentos serán emitidos por persoal técnico cualificado da Axencia Galega de Infraestruturas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ao ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 6 de novembro de 2017, ata o 30 de decembro de 2018.

– Supostos en que procede a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda