Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52472

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017 pola que se amplían os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación establecidos na Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

No Diario Oficial de Galicia núm. 184, do 27 de setembro de 2017, publicouse a Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

No punto segundo da parte resolutiva establécese que o prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 17 de novembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito, e que o prazo de xustificación da axuda se estenderá ata o 1 de decembro de 2017.

Tendo en conta que se prevé que estes prazos non serán suficientes para acadar o orzamento asignado a este programa, as dificultades xurdidas para integrar un número máis alto do previsto de entidades colaboradoras, que tiveron que adaptar os seus sistemas para traballar coa aplicación establecida polo Igape, e para incrementar no posible a oportunidade de acollerse ás axudas por parte dos beneficiarios, faise necesario ampliar o prazo de presentación de solicitudes e, por conseguinte, o prazo de xustificación da axuda.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar ata o 30 de novembro de 2017 o prazo de presentación de solicitudes e ata o 7 de decembro de 2017 o prazo de xustificación da axuda, previstos no punto segundo da parte resolutiva da Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica