Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2017 Páx. 52584

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 24 de outubro de 2017, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de alleamento por medio de poxa pública da parcela municipal número 6 da U.A. II-O4 industrial en Santo André de Comesaña (expediente 1887/433).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 19 de outubro de 2017, acordou aprobar o expediente patrimonial e o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o procedemento para o alleamento, mediante poxa pública á alza en sobre pechado, da parcela municipal número 6 da U.A. II-04 industrial en Santo André de Comesaña (nº 112 do IPMS), e dispuxo a apertura do procedemento de adxudicación por medio da publicación de anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia (expediente 1887/433).

Datos xerais do procedemento:

Órgano de contratación: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, con domicilio en praza do Rei s/n, Vigo (Pontevedra).

Parcela que se vai allear: parcela 112 do IPMS que se corresponde coa parcela número 6 da U.A. II-04 industrial (Santo André de Comesaña).

Garantía provisional: 5 % do tipo de licitación.

Modalidade de alleamento: poxa pública á alza en sobre pechado.

Lugar de consulta do prego e documentación: oficinas e perfil do contratante da Xerencia de Urbanismo (https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante).

Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais desde a publicación do último anuncio da apertura da convocatoria ben no BOP ou no DOG.

Lugar de presentación de ofertas*: luns a venres: Rexistro da XMU, das 9.00 ás 13.30 horas.

*Presentación por outros medios segundo o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro: deberá xustificarse a data de presentación e anunciar a presentación no mesmo día ao órgano de contratación por correo electrónico ao enderezo urb.scentrais@vigo.org

Forma de presentación de ofertas: a indicada no número 8.2 do prego de condicións económico-administrativas, consonte os modelos anexos do referido prego.

Lugar e día do acto público de apertura de ofertas: na sede da Xerencia Municipal de Urbanismo, nos dez días hábiles seguintes ao da conclusión do prazo de admisión das diferentes posturas. As posibles variacións serán publicadas no perfil do contratante.

Descrición da parcela:

Parcela 112 IPMS: parcela número 6 da U.A. II-04 industrial.

Situación: Camiño do Caramuxo, parroquia de Santo André de Comesaña, Vigo, 36213 Pontevedra.

Ref. catastral: 0230824NG2703S0001IE.

Superficie da parcela: 2.562,17 m2. Edificabilidade: 10.248,68 m3 ou 3.416,23 m².

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 3 de Vigo, tomo 2079, libro 1144, folio 201, predio 66316.

Cargas e gravames: ver descrición completa.

Tipo mínimo de licitación: 295.920,88 euros (máis IVE).

Vigo, 24 de outubro de 2017

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo