Aprobado o expediente de contratación, así como o proxecto de execución e o prego de cláusulas administrativas para a contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, da obra denominada reordenación do parque de Agustín do Río e a súa contorna, actuación galardoada co primeiro premio Galicia Parabéns 2017-2018, concedido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, financiado cun importe de 100.000,00 euros para o ano 2017 e 300.000,00 euros para o ano 2018, conforme o seguinte cadro de características:
1. Entidade adxudicataria: Concello de Portomarín.
2. Obxecto do contrato: proxecto de reordenación do parque de Agustín do Río e a súa contorna.
3. Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación e tramitación urxente.
4. Orzamento: 319.703,02 € máis 67.137,63 € de IVE en total 386.840,65 €.
5. Valor estimado do contrato: 319.703,02 €.
6. Clasificación: grupo C, subgrupo 2 e categoría c; grupo K, subgrupo 6 e categoría c.
7. Garantía provisional: non se exixe.
8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído.
9. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación á conta do contratista: 1.000,00 euros.
10. Prazo de execución: cinco (5) meses.
11. Información: o prego de cláusulas de este contrato estará á disposición dos interesados no Concello de Portomarín con domicilio en praza Condes de Fenosa, s/n, Portomarín (Lugo) ou consultando o perfil do contratante (www.concellodeportomarin.es).
12. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello de Portomarín, durante o prazo de 13 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Máis información no Concello de Portomarin, praza Condes de Fenosa, s/n, Portomarín. Teléfono: 982 54 50 70. Fax: 982 54 51 04.
Portomarín, 9 de novembro de 2017
Juan Carlos Serrano López
Alcalde