Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (126/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 126/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rodríguez Rodríguez contra a empresa Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., sobre despedimento, se ditaron dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e dilixencia de ordenación, contra as cales cabe recurso de reposición cuxo texto íntegro se encontra á disposición da interesada na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 25 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza