Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (400/2016).

PO. Procedemento ordinario 400/2016

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Rafael Gómez Ferreiros

Graduada social: María Begoña García Suárez

Demandadas: Montajes Cermes, S.L., Canalizaciones de Telecomunicaciones y Saneamientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sercoes Obra Civil, S.L.U.

Avogados: María Núñez González, letrado de Fogasa, Diego Luis Huerta de Uña

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rafael Gómez Ferreiros contra Montajes Cermes, S.L., Canalizaciones de Telecomunicaciones y Saneamientos, S.L., Fondo de Garantía Salarial e Sercoes Obra Civil, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 400/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Montajes Cermes, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 14 de decembro de 2017, ás 12.10 e ás 12.15 horas, na planta baixa, sala 6, do Edificio dos Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Montajes Cermes, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 24 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza