Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (458/2015).

Eu, Marta Yanguas del Val, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 458/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Macarena Mora Bernabé contra Cleanet Empresarial, S.L., Pricewaterhousecoopers Auditores, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza en data 10.10.2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 458/2015

Demandante: Macarena Mora Bernabé

Letrada: Sra. Campos Vázquez

Demandado: Cleanet Empresarial, S.L.

Letrado:

Administración concursal de Cleanet Empresarial, S.L.

Fogasa

Letrada:

Sentenza nº 532/2017

A Coruña, 10 de outubro de 2017

Decido

Estimo a demanda formulada por Macarena Mora Bernabé fronte a Cleanet Empresarial, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 3.857,37 euros máis os xuros do artigo 29.3 do ET.

Condénase a empresa demandada a aboar as custas do proceso incluído os honorarios da letrada da parte demandada ata o límite de 600 euros.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan. A administración concursal da empresa demandada deberá pasar polo resolto na presente sentenza.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cleanet Empresarial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza