Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 1014/2017.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 43 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para comparecer nas dependencias da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, Servizo de Inspección de Familia e Menores da Consellería de Política Social (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Acto de notificación: acordo polo que se comunica o acordo de incoación do expediente sancionador á entidade prestadora de servizos sociais Mami Plus, S.L. nº 1014/2017.

Data do acto: 29.9.2017.

Interesada: Mami Plus, S.L.

CIF: B70227756.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 81.c) e artigo 81.k) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 83.1 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Órgano competente: o secretario xeral técnico.