Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 24 de outubro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea J.O. III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea J.O. III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 20 de outubro de 2017, José Torrado Vidal e Socorro Vidal Viturro solicitan autorización para transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea J.O. III.

Segundo. Os solicitantes achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Jesús María Torrado Vidal (76779369X) e José Ramón Torrado Vidal (76966874L), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.O. III.

Localización:

Cuadrícula nº: 154.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 5.10.1954.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Torrado Vidal e Socorro Vidal Viturro (33180690Q-76450503K) 100 % ganancial.

Novos titulares: Jesús María Torrado Vidal (76779369X) 50 % privativa e José Ramón Torrado Vidal (76966874L) 50 % privativa.

Os novos titulares da concesión administrativa quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 24 de outubro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña