Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2017 Páx. 52706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, trámite ordinario e anticipado de gasto, para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de limpeza das dependencias deste organismo en Santiago de Compostela (clave OH.915.1140).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Augas de Galicia.

2º. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.915.1140.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: limpeza das dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: Santiago de Compostela

e) Prazo de execución: vinte e oito (28) meses.

f) Admisión de prórroga: non se prevé prórroga que implique incremento de gasto.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 158.970,10 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 158.970,10 euros. Importe total: 192.353,82 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo U, subgrupo 1, categoría 1 ou no grupo U, subgrupo 1, categoría A, ou mediante as condicións mínimas da solvencia económica e financeira coa cifra anual de negocios e da técnica e profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 31.794,02 euros nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 4 de decembro de 2017.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña) 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B coas ofertas que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña) 15706.

d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terá lugar o 21 de decembro de 2017 ás 9.00 horas.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Outras informacións:

a) Admisión de melloras e modificacións contractuais previstas: poderanse ofertar melloras e prevese a posibilidade de eventuais modificacións contractuais nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax, correo electrónico ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B: realizarase na data, hora e lugar sinalados neste anuncio. No caso de que este acto público de apertura das ofertas se modifique, farase pública esta circunstancia no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

i) Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2017

A Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia