Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 6 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2017/145-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Telefónica de España, S.A.U.

Domicilio social: avenida Distrito C, edificio sur 3, planta 2ª, 28050 Madrid.

Denominación: proxecto de centro de seccionamento para instalación en Espino –CT.

Situación: avenida Marqués de Amboage, 19, 15006 A Coruña.

Características técnicas: centro de seccionamento en local nun edificio destinado a outros usos. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA) e cela prefabricada de SSAA de illamento e corte (interruptor de 24 kV, In=400A, cartuchos fusibles e trafo de 350 VA (20.000/230 V).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación (artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

A Coruña, 6 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña