Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da rede de subministración de gas natural con MOP=150 mbar á urbanización O Polvorín, no concello de Ourense (expediente IN627A 2017/01-3).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 2 da Orde da Consellería de Industria e Comercio, do 30 de novembro de 1999, sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas, sométese a información pública a petición de autorización da instalación que se describe:

Solicitante: Gas Galicia SDG, S.A.; CIF nº A-15383284, con enderezo na rúa Lisboa, s/n. Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación/situación: rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 150 mbar á Urbanización O Polvorín, no concello de Ourense.

Antecedentes: Orde do 3 de maio de 1995, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, mediante a cal se lle outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administativa para a subministación de gas natural dentro do concello de Ourense.

Características das instalacións: conexión coa rede de gas natural existente na rúa As Laxas-Ourense, mediante a instalación de tubaxe de PE100, SDR 17,6/17 de 90 e 63 mm de diámetro, para a execución dunha rede de distribución, en MOP 150 mbar de 476 m de lonxitude, para subministración á Urbanización O Polvorín, dentro do mesmo concello.

Orzamento: 2.543,14 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial; rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32872 Ourense, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de abril de 2017

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 175/2015; artigo 62.3)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial