Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2017 Páx. 52843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2017/129-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Dragados, S.A.

Domicilio social: avda. del Camino de Santiago, 50, Madrid.

Denominación: centro de seccionamento Quintás e LMTS a CT Quintás.

Situación: lg. de Quintás, parroquia de Castrofeito, O Pino (A Coruña).

Descricións técnicas: centro de seccionamiento en edificio prefabricado de formigón, tres (3) celas prefabricadas, dúas de liña e unha de protección, con interrutores-seccionadores (24 kV, 400 A, 16 kA).

Liña de media tensión soterrada, con inicio no CS proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95 mm2), Al, lonxitude 30 m, e fin no CTI Quintás (expediente IN407A2012/103-1).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña