Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 52898

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 109/2017, do 28 de setembro, polo que se establece o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do artigo 81 daquela, o desenvolvan; das facultades que lle atribúe ao Estado o número 30 do punto 1 do artigo 149 da Constitución e da alta inspección precisa para o seu cumprimento e garantía.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, configura no seu artigo 3 as ensinanzas deportivas como ensinanzas de carácter especial e regula estas nos artigos 63 a 65. Segundo o artigo 63.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o currículo das ensinanzas deportivas axustarase ás exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional e ao establecido no número 3 do artigo 6.bis da lei orgánica. E, de conformidade co artigo 64.5, o Goberno, tras a consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de ensinanzas deportivas, os aspectos básicos do currículo de cada unha delas e os requisitos mínimos dos centros en que se poderán impartir as ensinanzas respectivas.

Desenvolvendo as previsións da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en materia de ensinanzas deportivas, aprobouse o Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, cuxo artigo 5 define a organización básica das ensinanzas deportivas tomando como base as modalidades deportivas e, de ser o caso, as súas especialidades, de conformidade co recoñecemento outorgado polo Consello Superior de Deportes e de acordo co artigo 8.b) da Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte, e o artigo 16.3 do citado real decreto que dispón como as administracións competentes establecerán o currículo das modalidades e, de ser o caso, as especialidades deportivas, de acordo co previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, tendo en conta a realidade do sistema deportivo no territorio da súa competencia coa finalidade de que as ensinanzas deportivas respondan ás súas necesidades de cualificación.

Neste sentido o Goberno da nación aprobou o Real decreto 981/2015, do 30 de outubro, polo que se establecen os títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, e se fixan o seu currículo básico e os requisitos de acceso. O capítulo III deste real decreto concretou o perfil profesional dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, que queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e polo ámbito profesional, laboral e deportivo.

Logo de que o Goberno fixase no Real decreto 981/2015, do 30 de outubro, o perfil profesional dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, as súas ensinanzas mínimas e os requisitos de acceso, e aqueles outros aspectos da ordenación académica que constitúen os aspectos básicos do currículo, procede determinar, no ámbito de xestión da Administración xeral na Comunidade Autónoma de Galicia, a ampliación e contextualización dos contidos dos módulos de ensino deportivo incluídos nos ciclos inicial e final, respectando os seus perfís profesionais.

Por outra banda, os centros de ensinanzas deportivas desenvolverán os currículos establecidos neste decreto co obxecto de adaptar a programación e a metodoloxía do currículo ás características do alumnado e ás posibilidades formativas do seu ámbito, empregando, de ser o caso, as medidas flexibilizadoras que, no marco da normativa vixente, posibiliten adecuacións particulares do currículo en cada centro de acordo cos recursos dispoñibles, sen que en ningún caso supoña a supresión de obxectivos que afecten o perfil profesional de cada ciclo.

As ensinanzas que regula este decreto configúranse para dotar o alumnado dos coñecementos suficientes para permitirlle o exercicio competente das funcións do seu perfil profesional. De acordo con este obxectivo xenérico, ponse o acento en conseguir unha formación completa, cun equilibrio entre o carácter teórico e práctico, de maneira que o proceso de formación se vincule á realidade científico-técnica e social do piragüismo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, logo do ditame do Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de setembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Obxecto

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II

Identificación do título e organización das ensinanzas

Artigo 2. Identificación dos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

1. O título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: Piragüismo de Augas Bravas.

A denominación augas bravas fai referencia ás especialidades deportivas de slálom e descenso de augas bravas, recoñecidas polo Consello Superior de Deportes.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.180 horas.

d) Referente internacional: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

2. O título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: Piragüismo de Augas Tranquilas.

A denominación augas tranquilas fai referencia ás especialidades deportivas de augas tranquilas, ascensos, descensos e travesías, e maratón, recoñecidas polo Consello Superior de Deportes.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.050 horas.

d) Referente internacional: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

3. O título de técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas queda identificado polos seguintes elementos:

a) Denominación: Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

A denominación piragüismo recreativo guía en augas bravas fai referencia ás especialidades deportivas de piragüismo recreativo e ráfting, recoñecidas polo Consello Superior de Deportes.

b) Nivel: ensinanzas deportivas de grao medio.

c) Duración: 1.370 horas.

d) Referente internacional: CINE-3 (Clasificación internacional normalizada de educación).

4. Para os efectos da referencia á clasificación das augas bravas que se realiza no decreto enténdese que:

a) O grao I: percorrido sen dificultade de auga calmada ou con pouca corrente, corrente sen relevo, pequenos rápidos e obstáculos sinxelos.

b) O grao II: percorrido sen dificultades para a definición de traxectorias, onde o paso é libre e o camiño claro e obvio. A corrente é de relevo marcado, con ondas irregulares, rápidos medios e contracorrentes, e os obstáculos na corrente son sinxelos.

c) O grao III: percorrido moderadamente difícil, onde a ruta é recoñecible desde a embarcación e con traxectorias que deben ser definidas con anticipación. O relevo da corrente está claramente marcado con ondas altas e irregulares, os rápidos son máis grandes que no grao anterior, existen rebufos, contracorrentes, remuíños e colchóns, así como rochas illadas na corrente.

d) O grao IV: percorrido difícil, onde a traxectoria non é sempre recoñecible desde a embarcación, polo que é necesaria a inspección previa na maioría dos seus tramos. Os rápidos son de relevo moi marcado, continuos e duros, hai fortes rebufos, remuíños, colchóns e bloques obstaculizando a corrente, con grandes retornos.

e) O grao V: percorrido extremadamente difícil, os movementos de auga dificultan a súa lectura e a inspección é esencial, mesmo despois do recoñecemento desde a beira é difícil a elección da traxectoria a través de auga en grao V, por todo iso require saber manobrar con gran precisión e apoiarse en fortes movementos de auga pouco estables. Os rápidos son extremos, existen rebufos, remuíños e colchóns, os pasos son estreitos, a pendente é marcada e existen saltos con dificultade de acceso e desembarco.

f) O grao VI: percorrido cun desnivel extremo ao límite da navegabilidade, con alto risco, onde a posibilidade de navegación se produce en niveis e condicións concretas de auga. Os rápidos son versións maximizadas de grao V con perigos e problemas engadidos. Xeralmente relaciónase cun percorrido imposible ou infranqueable.

g) Calquera referencia a un grao inclúe os posibles subgraos deste.

Artigo 3. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Piragüismo, que ten unha duración de 450 horas.

b) Ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, que ten unha duración de 730 horas.

Artigo 4. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Piragüismo, que ten unha duración de 450 horas.

b) Ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas, que ten unha duración de 600 horas.

Artigo 5. Organización das ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

As ensinanzas conducentes ao título de técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas organízanse en dous ciclos:

a) Ciclo inicial de grao medio en Piragüismo, que ten unha duración de 450 horas.

b) Ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, que ten unha duración de 920 horas.

Artigo 6. Especializacións dos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

1. O título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas terá como especializacións:

a) Piragüismo escolar.

b) Estilo libre.

c) Piragüismo adaptado de augas bravas.

d) Ráfting.

2. O título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas terá como especializacións:

a) Piragüismo escolar.

b) Piragüismo adaptado de augas tranquilas.

c) Surf ski.

d) Dragón boat.

3. O título de técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas terá como especializacións:

a) Piragüismo escolar.

b) Estilo libre.

c) Piragüismo recreativo en augas bravas adaptado.

d) Balsas pneumáticas en alta dificultade.

e) Kaiak extremo.

CAPÍTULO III

Perfil profesional e ámbito profesional, persoal e laboral deportivo dos ciclos

Artigo 7. Perfil profesional dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

O perfil profesional do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo, do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas queda determinado pola súa competencia xeral, as súas competencias profesionais, persoais e sociais, pola relación de cualificacións e, de ser o caso, polas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título e polo ámbito profesional, laboral e deportivo.

Artigo 8. Competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

A competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo consiste en dinamizar, instruír e concretar a iniciación deportiva en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas e kaiak-polo; organizar, acompañar e tutelar as persoas deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; conducir grupos por espazos navegables propios deste nivel e todo iso conforme ás directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción das persoas deportistas na actividade.

Artigo 9. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo son as que se relacionan a continuación:

a) Dominar as técnicas básicas do piragüismo nun kaiak polivalente en augas tranquilas con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva.

b) Atender a persoa deportista informándoa das características da actividade, solicitando información sobre as súas motivacións e intereses e motivándoa cara á práctica do piragüismo.

c) Valorar as habilidades e destrezas da persoa deportista co obxecto de determinar o seu nivel para propoñer a súa incorporación a un grupo ou programa e tomar as medidas de corrección adecuadas.

d) Concretar a sesión de ensino-aprendizaxe para a iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, de acordo coa programación de referencia, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais e do medio existentes, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo e do contorno ambiental.

e) Dirixir e dinamizar a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, solucionando as continxencias existentes, para conseguir unha participación e un rendemento conforme os obxectivos propostos daquela, e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

f) Concretar percorridos de iniciación en piragüismo de augas tranquilas e de kaiak de mar en mar con ventos de ata valor 3 da escala de Beaufort e a menos de media milla dun punto de embarque, e en augas bravas ata grao II, de acordo coa programación de referencia; adecuándose ao grupo e ás condicións materiais e do medio existentes, respectando o contorno, para captar e fidelizar as persoas usuarias.

g) Conducir o grupo de acordo coa programación de referencia e nos espazos navegables propios do nivel iniciación: augas tranquilas; augas bravas ata grao II; mar con ventos ata valor 3 da escala de Beaufort a media milla dun punto de embarque, adecuándose ao grupo, ás características do espazo navegable e ás condicións materiais existentes, solucionando as posibles continxencias, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable, o respecto e coidado do propio corpo e a valoración do contorno ambiental.

h) Acoutar o espazo de práctica e o seu contorno, e adaptar, preparar e transportar os medios necesarios para a práctica no nivel iniciación en piragüismo, garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade e respectando a normativa ambiental.

i) Controlar a seguridade da actividade no nivel iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, supervisando o contorno, as instalacións e os medios utilizados e intervindo mediante a axuda ou o rescate nas situacións de risco detectadas.

j) Asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

k) Orientar as persoas deportistas en función do seu nivel e características, informando das exixencias das competicións de iniciación deportiva e conforme os obxectivos propostos e as condicións de seguridade.

l) Acompañar as persoas deportistas nas competicións e outras actividades do nivel iniciación para proporcionar unha experiencia motivadora e segura, dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo e o respecto ás demais persoas, reforzando a súa responsabilidade e o esforzo persoal.

m) Colaborar na organización e xestión de competicións e eventos propios da iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, co obxecto de captar, adherir e fidelizar a persoa deportista na práctica do piragüismo.

n) Valorar o desenvolvemento da sesión, recollendo e procesando a información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e a mellora permanente do proceso de ensino-aprendizaxe e das actividades propias da iniciación en piragüismo.

ñ) Transmitir a través do comportamento ético profesional valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto ás demais persoas e ao respecto e coidado do propio corpo e ao contorno ambiental.

o) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

p) Manter a iniciativa e autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

Artigo 10. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

O ciclo inicial de grao medio en Piragüismo inclúe completa a cualificación profesional AFD614_2: iniciación deportiva en piragüismo, que comprende as seguintes unidades de competencias:

a) UC2032_2: executar as técnicas básicas de goberno de embarcacións de piragüismo en augas tranquilas, bravas ata grao II e mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, con eficacia e seguridade.

b) UC2033_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en piragüismo en augas tranquilas, bravas ata grao II e mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, a menos de media milla da costa e a un lugar de embarque e desembarque.

c) UC2034_2: dinamizar accións de promoción e acompañamento a deportistas en eventos e competicións de piragüismo.

d) UC0272_2: asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Artigo 11. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa na Administración xeral do Estado, nas administracións autonómicas ou nas locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións e clubs deportivos e sociais, escolas de piragüismo, centros educativos, empresas de servizos de actividades extraescolares, casas de colonias, que ofrezan actividades deportivo-recreativas de descubrimento e iniciación en piragüismo.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o ocio e o tempo libre e turismo.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes ou estas profesionais son as seguintes:

a) Monitor ou monitora de iniciación deportiva ao piragüismo.

b) Piragüista de seguridade en actividades de iniciación deportiva ao piragüismo.

c) Auxiliar de control de competicións de piragüismo.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 12. Competencia xeral do ciclo final de grao medio en Augas Bravas

A competencia xeral do ciclo final de grao medio en Augas Bravas consiste en adaptar, dirixir e dinamizar o adestramento básico e o perfeccionamento técnico na etapa de tecnificación deportiva de slálom e descenso en augas bravas; organizar, acompañar e tutelar as persoas deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos do nivel iniciación deportiva; todo iso conforme as directrices establecidas, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción das persoas deportistas participantes na actividade e a aprendizaxe e progresión adecuadas.

Artigo 13. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Augas Bravas

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Augas Bravas son as que se relacionan a continuación:

a) Dominar as técnicas específicas do piragüismo de slálom de augas bravas de grao III, para o desenvolvemento das tarefas propias da tecnificación deportiva.

b) Valorar e seleccionar a persoa deportista en función do seu nivel e as súas características, co fin de adaptar a programación de referencia de perfeccionamento técnico nas especialidades de slálom e/ou descenso de augas bravas.

c) Adaptar e concretar a sesión de adestramento básico en slálom e descenso de augas bravas, de acordo coa programación de referencia, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

d) Adaptar e concretar os programas específicos de perfeccionamento técnico para a etapa de tecnificación deportiva en slálom e descenso de augas bravas de acordo coa programación xeral.

e) Deseñar programas de iniciación deportiva ao piragüismo acordes cos procesos de tecnificación deportiva, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

f) Dirixir a sesión de adestramento básico na etapa de tecnificación deportiva nas especialidades de slálom e descenso de augas bravas, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e rendemento conforme os obxectivos propostos daquela e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

g) Controlar a seguridade da práctica no nivel de tecnificación en slálom e descenso de augas bravas, supervisando as instalacións e medios utilizados e intervindo mediante a axuda ou o rescate nas situacións de risco detectadas, e asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

h) Acondicionar, preparar e transportar os medios necesarios para a práctica no nivel de tecnificación na modalidade deportiva, garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade e respectando a normativa ambiental.

i) Acompañar e dirixir as persoas deportistas en competicións de nivel de tecnificación, realizando as orientacións técnico-tácticas e adoptando as decisións máis adecuadas ao desenvolvemento da competición, co fin de garantir a súa participación nas mellores condicións, dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo, o respecto ás demais persoas e ao propio corpo.

j) Organizar eventos propios da iniciación deportiva, colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación e dirixir no ámbito técnico eventos de tecnificación en slálom e descenso de augas bravas, co obxecto de captar, adherir e fidelizar a persoa deportista á práctica da modalidade deportiva.

k) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva en piragüismo, revisando a súa programación, organizando os recursos materiais e humanos, todo iso co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o dito persoal técnico.

l) Avaliar o proceso de tecnificación deportiva, recollendo a información necesaria para a elaboración de xuízos e axustando programas que permitan a mellora permanente do adestramento básico e o perfeccionamento das actividades propias da tecnificación en slálom e descenso de augas bravas.

m) Transmitir a través do comportamento ético persoal valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto ás demais persoas e ao respecto e coidado do propio corpo.

n) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

ñ) Adaptar e concretar os programas de referencia de iniciación en piragüismo para persoas con discapacidade, de acordo coas características das discapacidades, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

Artigo 14. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Augas Bravas

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade tanto no ámbito público, xa sexa na Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexa grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, clubs deportivos e sociais, escolas de piragüismo, centros educativos e empresas de servizos de actividades extraescolares, que ofrezan actividades deportivo-recreativas e de tecnificación de augas bravas.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o ocio e o tempo libre.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes ou estas profesionais son as seguintes:

a) Adestrador ou adestradora de augas bravas.

b) Adestrador ou adestradora de slálom.

c) Adestrador ou adestradora de descenso en augas bravas.

d) Director ou directora técnico/a de escola de piragüismo.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 15. Competencia xeral do ciclo final de grao medio en Augas Tranquilas

A competencia xeral do ciclo final de grao medio en Augas Tranquilas consiste en adaptar, dirixir e dinamizar o adestramento básico e o perfeccionamento técnico na etapa de tecnificación deportiva de piragüismo de augas tranquilas; gobernar embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW; organizar, acompañar e tutelar as persoas deportistas durante a súa participación en actividades, competicións e eventos propios deste nivel; xestionar os recursos materiais necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos do nivel iniciación deportiva; todo iso conforme as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción das persoas deportistas participantes na actividade.

Artigo 16. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Augas Tranquilas

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Augas Tranquilas son as que se relacionan a continuación:

a) Valorar e seleccionar a persoa deportista en función do seu nivel e as súas características, co fin de adaptar a programación de referencia de perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

b) Adaptar e concretar a sesión de adestramento básico en piragüismo de augas tranquilas de acordo coa programación de referencia, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

c) Adaptar e concretar os programas específicos de perfeccionamento técnico e táctico para a etapa de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas de acordo coa programación xeral.

d) Deseñar programas de iniciación deportiva ao piragüismo acordes cos procesos de tecnificación deportiva, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

e) Dirixir a sesión de adestramento básico na etapa de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas, manexando unha embarcación de motor de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e o rendemento conforme os obxectivos propostos daquela, e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

f) Controlar a seguridade da práctica no nivel de tecnificación en piragüismo de augas tranquilas, supervisando as instalacións e medios utilizados e intervindo mediante a axuda ou o rescate nas situacións de risco detectadas, e asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

g) Acondicionar, preparar e transportar os medios necesarios para a práctica no nivel de tecnificación en piragüismo de augas tranquilas, garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade e respectando a normativa ambiental.

h) Acompañar e dirixir as persoas deportistas en competicións de nivel de tecnificación, realizando as orientacións técnico-tácticas e adaptando as decisións máis adecuadas ao desenvolvemento da competición, co fin de garantir a súa participación nas mellores condicións, dentro dos valores éticos vinculados ao xogo limpo, o respecto ás demais persoas e ao propio corpo.

i) Organizar eventos propios da iniciación deportiva e colaborar e intervir na xestión de competicións e eventos propios da tecnificación en piragüismo de augas tranquilas, co obxecto de captar, adherir e fidelizar a persoa deportista á práctica da modalidade deportiva.

j) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva en piragüismo, revisando a súa programación, organizando os recursos materiais e humanos, todo iso co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o dito persoal técnico.

k) Avaliar o proceso de tecnificación deportiva, recollendo a información necesaria para a elaboración de xuízos e axustando programas que permitan a mellora permanente do adestramento básico e o perfeccionamento das actividades propias da tecnificación en piragüismo de augas tranquilas.

l) Transmitir a través do comportamento ético persoal valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto ás demais persoas e ao respecto e coidado do propio corpo.

m) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

n) Adaptar e concretar os programas de referencia de iniciación en piragüismo para persoas con discapacidade, de acordo coas características das discapacidades, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

Artigo 17. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Augas Tranquilas

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa na Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexa grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, centros de tecnificación, clubs deportivos e sociais, escolas de piragüismo, centros educativos e empresas de servizos de actividades extraescolares, que ofrezan actividades deportivo-recreativas e de tecnificación de augas tranquilas.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o ocio e o tempo libre.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes ou estas profesionais son as seguintes:

a) Adestrador ou adestradora de augas tranquilas.

b) Director ou directora técnico/a de escola de piragüismo.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 18. Competencia xeral do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

A competencia xeral do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas consiste en conducir e dinamizar persoas ou grupos por itinerarios en augas bravas de ata grao IV, utilizando embarcacións propulsadas por pas ou aletas; programar, dirixir e dinamizar o perfeccionamento técnico en piragüismo recreativo en augas bravas; deseñar itinerarios de navegación en augas bravas; organizar a seguridade e intervir en accidentes ou situacións de risco ou emerxencia en augas bravas; xestionar os recursos necesarios e coordinar as actividades do persoal técnico ao seu cargo; organizar actividades, competicións e eventos de iniciación en augas bravas; todo iso conforme as directrices establecidas na programación de referencia, en condicións de seguridade e co nivel óptimo de calidade que permita a satisfacción das persoas deportistas participantes na actividade.

Artigo 19. Competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

As competencias profesionais, persoais e sociais do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas son as que se relacionan a continuación:

a) Dominar as técnicas específicas de navegación en piragua individual, hidrozorra e natación en augas bravas de grao III, para o desenvolvemento das tarefas propias da condución.

b) Valorar o nivel técnico da persoa deportista e as súas características co fin de asignala ou orientala ao grupo, á actividade e ao tipo de nivel adecuados de navegación en augas bravas.

c) Adaptar e concretar a actividade de condución en balsa, hidrozorra e kaiak en percorridos de augas bravas de ata grao IV, de acordo coa programación do centro, e tendo en conta a transmisión de valores de respecto ambiental e de práctica saudable.

d) Dirixir e dinamizar a actividade de condución en balsa, hidrozorra e kaiak por itinerarios de augas bravas de ata grao IV, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e o gozo previstos e dentro das normas ambientais e de seguridade requiridas.

e) Dirixir e dinamizar a sesión de perfeccionamento técnico e táctico en piragüismo recreativo en augas bravas, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e o rendemento previstos na programación, e dentro das normas ambientais e de seguridade requiridas.

f) Xestionar o risco durante a práctica en augas bravas de ata grao IV, concretando as medidas preventivas e protocolos de actuación, supervisando as instalacións, tramos de navegación e medios utilizados e, intervindo desde a embarcación ou desde a beira nas situacións de risco detectadas e asistindo como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

g) Acondicionar, preparar, transportar, manter e almacenar os medios necesarios para a realización de actividades de condución por itinerarios de augas bravas e o perfeccionamento do piragüismo recreativo en augas bravas, garantindo a súa dispoñibilidade e seguridade, e respectando a normativa correspondente.

h) Concretar os recursos e servizos de alimentación, hixiene e estadía nocturna complementarios á práctica do piragüismo recreativo en augas bravas, garantindo a súa idoneidade e dispoñibilidade.

i) Deseñar percorridos e trazados de navegación en actividades de condución de piragüismo recreativo en augas bravas de ata grao IV, cos medios necesarios e respectando os protocolos de seguridade e a normativa ambiental.

j) Adaptar e concretar programas específicos de perfeccionamento técnico, autoadestramento e seguridade en kaiak, hidrozorra e balsa de augas bravas de ata grao IV, concretando as sesións, de acordo coa programación xeral e os modelos existentes.

k) Deseñar programas de iniciación deportiva ao piragüismo acordes cos procesos de tecnificación deportiva, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

l) Adaptar e concretar os programas de referencia de iniciación ao piragüismo para persoas con discapacidade, de acordo coas características das discapacidades, tendo en conta a transmisión de valores de práctica saudable e o respecto e coidado do propio corpo.

m) Coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación e o perfeccionamento técnico en piragüismo recreativo guía en augas bravas, revisando a súa programación, organizando os recursos materiais e humanos, todo iso co fin de dinamizar e favorecer as relacións entre o dito persoal técnico.

n) Avaliar o proceso de condución e de perfeccionamento técnico en piragüismo recreativo en augas bravas, recollendo a información necesaria para a elaboración de xuízos e propostas do seu axuste que permitan a mellora permanente das actividades propias do ensino e condución do guía ou da guía en augas bravas.

ñ) Organizar eventos propios da iniciación deportiva ao colaborar e intervir na xestión de actividades de iniciación, perfeccionamento técnico, condución, competicións e eventos propios do piragüismo recreativo en augas bravas, co obxecto de captar, adherir e fidelizar á persoa deportista a práctica da modalidade deportiva.

o) Transmitir, a través do comportamento ético persoal, valores vinculados ao xogo limpo, ao respecto ás demais persoas e ao respecto e coidado do propio corpo e ao medio natural.

p) Manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no ámbito do seu labor como persoal técnico deportivo.

q) Manter a iniciativa e autonomía dentro do traballo en equipo para o desempeño das súas funcións.

Artigo 20. Ámbito profesional, laboral e deportivo do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

1. Este/a profesional desenvolve a súa actividade profesional tanto no ámbito público, xa sexa na Administración xeral do Estado, as administracións autonómicas ou locais, como en entidades de carácter privado, xa sexan grandes, medianas ou pequenas empresas, en padroados deportivos, entidades deportivas municipais, federacións, clubs deportivos e sociais, escolas de piragüismo, centros educativos e empresas de servizos de turismo activo e actividades extraescolares, que ofrezan actividades deportivo-recreativas e de perfeccionamento en augas bravas.

2. Sitúase nos sectores do deporte, o ocio e o tempo libre.

3. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes para estes ou estas profesionais son as seguintes:

a) Guía en augas bravas.

b) Guía de augas tranquilas.

c) Guía de ráfting (balsa pneumática).

d) Guía de hidrozorra.

e) Kaiak de seguridade.

f) Director ou directora técnico/a de escola de piragüismo.

4. O desenvolvemento destas ocupacións e postos de traballo no ámbito público realizarase de acordo cos principios e requisitos de acceso ao emprego público previstos na normativa vixente.

Artigo 21. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

O ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas inclúe completa a cualificación profesional AFD161_2: guía en augas bravas, que comprende as seguintes unidades de competencias:

a) UC0510_2: determinar e organizar itinerarios en augas bravas.

b) UC0511_2: conducir piraguas en augas bravas.

c) UC0512_2: conducir as embarcacións propulsadas por aletas, tipo hidrozorra, e as embarcacións pneumáticas en augas bravas.

d) UC0513_2: guiar e dinamizar persoas en embarcacións individuais e colectivas por itinerarios de augas bravas.

e) UC0514_2: rescatar persoas e/ou material en caso de accidente ou situacións de emerxencia que se produzan durante a condución no medio fluvial.

f) UC0272_2: asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

CAPÍTULO IV

Estrutura das ensinanzas de cada un dos ciclos de ensino deportivo conducentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Artigo 22. Estrutura do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo, do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

1. Os ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas estrutúranse en módulos, agrupados en bloque común e bloque específico.

2. Os módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo son os que a continuación se relacionan:

a) Módulos do bloque común:

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

b) Módulos do bloque específico:

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI107. Formación práctica.

3. Os módulos comúns de ensino deportivo dos ciclos finais de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, Piragüismo de Augas Tranquilas e Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas son os que a continuación se relacionan:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

4. Os módulos específicos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas son os que a continuación se relacionan:

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAB208. Formación práctica.

5. Os módulos específicos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas son os que a continuación se relacionan:

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

MED-PIAT212. Formación práctica.

6. Os módulos específicos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas son os que a continuación se relacionan:

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

7. A distribución horaria do currículo dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas establécese no anexo I.

8. Os obxectivos xerais e os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas quedan desenvolvidos nos anexos II, III, IV e V.

Artigo 23. Ratio profesorado/alumnado

1. Para impartir os módulos do bloque común e os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter conceptual dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, a relación profesorado/alumnado será de 1/30.

2. Para impartir os contidos relacionados cos resultados de aprendizaxe de carácter procedemental dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, a relación profesorado/alumnado será a recollida no anexo VI.

Artigo 24. Módulo de formación práctica

Para iniciar os módulos de formación práctica dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, será necesario ter superados con anterioridade os módulos comúns e específicos de ensino deportivo que se establecen no anexo VII.

Artigo 25. Espazos e equipamentos deportivos

Os espazos e equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas son os establecidos nos anexos VIII-A, VIII-B, VIII-C e VIII-D.

CAPÍTULO V

Acceso a cada un dos ciclos

Artigo 26. Requisitos xerais de acceso aos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Piragüismo será necesario ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria na opción de ensinanzas aplicadas ou na de ensinanzas académicas, ou equivalente para os efectos de acceso.

2. Para acceder aos ciclos finais de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, en Piragüismo de Augas Tranquilas e en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, será necesario acreditar ter superado o ciclo inicial de grao medio en Piragüismo.

Artigo 27. Requisitos de acceso ao ciclo inicial de grao medio en Piragüismo para persoas sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria

Poderase acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo, sen o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, sempre que a persoa aspirante reúna os outros requisitos de carácter específico que se establecen no Real decreto 981/2015, do 30 de outubro, polo que se establecen os títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, e fíxanse o seu currículo básico e os requisitos de acceso; cumpra as condicións de idade e supere a proba establecida no artigo 31.1.a) do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

Artigo 28. Requisitos de acceso específicos aos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

1. Para acceder ao ciclo inicial de grao medio en Piragüismo será necesario superar a proba RAE-PIPI101, de carácter específico, que se establece no anexo IX.

2. A proba RAE-PIPI101 acredita a competencia profesional de dominar as técnicas básicas do piragüismo nun kaiak polivalente en augas tranquilas con nivel suficiente para o desenvolvemento das tarefas propias da iniciación deportiva, recollida no artigo 9, e á cal no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 120 horas sobre a duración total do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo.

3. Para acceder ao ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas será necesario superar a proba RAE-PIAB201, de carácter específico, que se establece no anexo X.

4. A proba RAE-PIAB201 acredita a competencia profesional de dominar as técnicas específicas do piragüismo de slálom de augas bravas de grao III, para o desenvolvemento das tarefas propias da tecnificación deportiva, recollida no artigo 13, e á cal no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 120 horas sobre a duración total do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas.

5. Para acceder ao ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas será necesario superar a proba RAE-PIPR213, de carácter específico, que se establece no anexo XI.

6. A proba RAE-PIPR213 acredita a competencia profesional de dominar as técnicas específicas de navegación en piragua individual, hidrozorra e natación en augas bravas de grao III, para o desenvolvemento das tarefas propias da condución, recollida no artigo 19, e á cal no título se lle asigna unha carga horaria de formación de 240 horas sobre a duración total do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

7. Para a superación das probas de carácter específico será necesaria a avaliación positiva na totalidade dos criterios de avaliación descritos nestas.

Artigo 29. Efectos e vixencia das probas de carácter específico

1. A superación das probas de carácter específico, que se establecen para o acceso aos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, terá efectos en todo o territorio nacional.

2. A superación das probas de carácter específico, que se establecen nos anexos IX, X e XI, terá unha vixencia de 18 meses, contados a partir da data da súa finalización.

Artigo 30. Exención da superación da proba de carácter específico das persoas deportistas de alto nivel ou alto rendemento

1. Estarán exentas de superar a proba de carácter específico que se establece para ter acceso ao ciclo inicial de grao medio en Piragüismo aquelas persoas deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento para a modalidade deportiva de piragüismo.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente na modalidade de piragüismo, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Ter sido seleccionado ou seleccionada pola Real Federación Española de Piragüismo para representar a España, dentro dos dous últimos anos, en polo menos unha competición oficial internacional de categoría absoluta, en calquera das súas especialidades.

d) Ter sido finalista en categoría absoluta ou júnior dos campionatos de España das especialidades de augas tranquilas ou augas bravas, referidas no artigo 2.

2. Estarán exentas de superar a proba de carácter específico que se establece para ter acceso ao ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas aquelas persoas deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento para a especialidade deportiva de piragüismo de augas bravas.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente na especialidade deportiva de piragüismo de augas bravas, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Ter sido seleccionado ou seleccionada pola Real Federación Española de Piragüismo para representar a España, dentro dos dous últimos anos, en polo menos unha competición oficial internacional de categoría absoluta, na especialidade de piragüismo en augas bravas (slálom).

d) Ter sido finalista en categoría absoluta ou júnior dos campionatos de España da especialidade de augas bravas (slálom).

3. Estarán exentas de superar a proba de carácter específico que se establece para ter acceso ao ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas aquelas persoas deportistas que acrediten:

a) A condición de deportista de alto nivel nas condicións que establece o Real decreto 971/2007, do 13 de xullo, sobre deportistas de alto nivel e alto rendemento para a especialidade deportiva de piragüismo de augas bravas.

b) A cualificación de deportista de alto rendemento ou equivalente na especialidade deportiva de piragüismo de augas bravas, establecida polas comunidades autónomas de acordo coa súa normativa.

c) Ter sido seleccionado ou seleccionada pola Real Federación Española de Piragüismo para representar a España, dentro dos dous últimos anos, en polo menos unha competición oficial internacional de categoría absoluta, na especialidade de piragüismo en augas bravas (slálom).

d) Ter sido finalista en categoría absoluta ou júnior dos campionatos de España da especialidade de augas bravas (slálom).

Artigo 31. Composición e perfil do tribunal da proba de carácter específico

1. O tribunal avaliador das probas de carácter específico será nomeado pola dirección xeral competente en materia de educación e deberá estar formado por un mínimo de tres avaliadores/avaliadoras.

2. O persoal avaliador da proba de carácter específico para o ciclo inicial de grao medio en Piragüismo deberá acreditar, polo menos, a titulación de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas ou en Piragüismo de Augas Tranquilas.

3. O persoal avaliador da proba de carácter específico para o ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas deberá acreditar, polo menos, a titulación de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas.

4. O persoal avaliador da proba de carácter específico para o ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas deberá acreditar, polo menos, a titulación de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas ou a de técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

5. No tribunal avaliador procurarase unha presenza equilibrada de homes e mulleres.

Artigo 32. Funcións do tribunal avaliador da proba de carácter específico

1. O tribunal da proba de carácter específico terá as seguintes funcións:

a) A organización da proba de carácter específico conforme o especificado nos anexos IX, X e XI.

b) Garantir o correcto desenvolvemento das probas de carácter específico, comprobando que os obxectivos, os contidos e a avaliación dos exercicios que compoñen as probas se ateñen ao establecido na descrición destas.

c) Realizar a valoración das actuacións do persoal aspirante de conformidade co establecido nos criterios de avaliación dos resultados de aprendizaxe da proba de carácter específico.

d) A avaliación final do persoal aspirante.

e) Calquera outra que sexa inherente ao desenvolvemento dos seus labores.

2. O tribunal, como órgano colexiado, rexerase polo establecido na sección 3ª do capítulo II do título preliminar da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, aplicable nos seus aspectos básicos, así como polo establecido na sección III, do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. No caso de que algunha das persoas aspirantes acredite algún tipo de discapacidade, o tribunal actuará de acordo co disposto na disposición adicional terceira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

CAPÍTULO VI

Profesorado

Artigo 33. Requisitos de titulación do profesorado en centros públicos dependentes da consellería competente en materia de educación.

1. Os requisitos de titulación do profesorado en centros públicos dependentes da consellería competente en materia de educación determinaranse en función do bloque de ensino deportivo en que se impartirá a docencia:

a) A docencia en centros públicos dos módulos do bloque común que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, corresponde ao profesorado das especialidades dos corpos de funcionarios ou funcionarias docentes, segundo o establecido no anexo XII.

b) A docencia en centros públicos dos módulos do bloque específico que constitúen as ensinanzas deportivas dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, está especificada no anexo XIII-A e corresponde a:

1º. Profesorado da especialidade de educación física dos corpos de catedráticos ou catedráticas e de profesorado de ensino secundario, que posúan o título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas, técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, segundo corresponda.

2º. Profesorado especialista que posúa o título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, segundo corresponda, ou aquelas persoas non tituladas que acrediten a experiencia no ámbito laboral e deportivo, ou a experiencia docente, detallada no anexo XIII-B.

2. A consellería competente en materia de educación poderá autorizar a docencia dos módulos do bloque específico atribuídos ao profesorado especialista ás persoas integrantes dos corpos de catedráticos ou catedráticas e profesorado de ensino secundario coa especialidade de educación física, cando carezan dos títulos de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, sempre que posúan a formación deseñada para o efecto ou recoñecida pola dita consellería, ou a experiencia laboral ou deportiva ou a experiencia docente, detallada no anexo XIII-B.

Artigo 34. Requisitos de titulación do profesorado en centros de titularidade privada ou de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

As titulacións requiridas para a impartición dos módulos tanto do bloque común, como do bloque específico que forman os ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas da consellería competente en materia de educación, concrétanse no anexo XIV.

CAPÍTULO VII

Vinculación a outros estudos

Artigo 35. Acceso a outros estudos

Os títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas permitirán o acceso directo a todas as modalidades de bacharelato.

Artigo 36. Validación das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

1. En materia de validacións estarase ao disposto no artigo 38.1 do Real decreto 981/2015, do 30 de outubro.

2. A correspondencia dos módulos de ensino deportivo que forman os títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo XV-A.

3. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos de ensino deportivo que forman os títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas para a súa validación ou exención queda determinada no anexo XV-B.

4. Serán obxecto de validación os módulos comúns e específicos de ensino deportivo coa mesma denominación e código.

5. A superación da totalidade dos módulos do bloque común do primeiro ou segundo nivel, en calquera das modalidades ou especialidades deportivas dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, validarase pola totalidade dos módulos do bloque común do correspondente ciclo inicial de grao medio en Piragüismo, ou dos ciclos finais de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, en Piragüismo de Augas Tranquilas e en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas. A superación da totalidade dos módulos do bloque común dos ciclos inicial ou finais dos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas validarase pola totalidade dos módulos do bloque común, do correspondente nivel, dos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Artigo 37. Exención do módulo de formación práctica

Poderá ser obxecto de exención total ou parcial o módulo de formación práctica dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, en función da súa correspondencia coa experiencia no ámbito deportivo ou laboral, detallado no anexo XVI.

Artigo 38. Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

1. A correspondencia formativa entre os módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas e a experiencia docente acreditable nas formacións anteriores de adestradores ou adestradoras deportivos/as a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e as formacións de adestradores ou adestradoras a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, establécese no anexo XVII.

2. A correspondencia formativa será aplicada polos centros, seguindo o procedemento establecido pola consellería competente en materia de educación.

Disposición adicional primeira. Oferta á distancia dos módulos de ensino deportivo dos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Os módulos de ensino deportivo que se establecen no anexo XVIII poderán ofertarse á distancia, sempre que se garanta que o alumnado poida conseguir os seus resultados de aprendizaxe, de acordo co disposto no decreto. Para iso, a consellería competente en materia de educación, no ámbito das súas competencias, adoptará as medidas que considere necesarias e ditará as instrucións precisas.

Disposición adicional segunda. Clave identificativa dos certificados de superación do ciclo inicial

A clave identificativa dos certificados oficiais acreditativos da superación do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo a que fai referencia o artigo 15.4 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, incluirá:

a) Certificación académica oficial: CA.

b) Díxito da comunidade autónoma: 11.

c) Díxitos de modalidade deportiva: PIPI.

Disposición adicional terceira. Habilitación ás ensinanzas de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas para o goberno de embarcacións e o exercicio do seu perfil profesional

A posesión do título de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas habilitará para o goberno de embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia máxima de motor adecuada a estas e, en todo caso, inferior a 40 kW, válidas para a navegación realizada en período diúrno en zonas delimitadas pola capitanía marítima correspondente. Do mesmo xeito habilitará para o exercicio das competencias recollidas no perfil profesional do ciclo final en Piragüismo de Augas Tranquilas descritas nos artigos 15 e 16.

Disposición adicional cuarta. Medidas de apoio ao profesorado

A consellería competente en materia de educación considerará medidas de apoio ao profesorado, especialmente na formación permanente e na investigación e innovación nesta etapa educativa, para contribuír ao mellor desenvolvemento e aplicación do currículo dos ciclos inicial e finais de grao medio correspondentes aos títulos de técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas, técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas e técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

Disposición adicional quinta. Mobilidade do alumnado

De acordo coa previsión contida no artigo 35.3 do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a ordenación académica dos ciclos das ensinanzas deportivas posibilitará a opción de matriculación en réxime presencial ou á distancia do alumnado que superase algún módulo deportivo noutra comunidade autónoma e non esgotase o número de convocatorias establecido, para o cal poderá realizar matrícula parcial nos módulos que teña pendentes.

Disposición adicional sexta. Non regulación de profesión titulada

De conformidade co establecido no Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, os elementos recollidos no decreto non constitúen unha regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Disposición transitoria primeira. Prazo para solicitar a homologación, a validación e a equivalencia das formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, nas especialidades deportivas de augas bravas, augas tranquilas e piragüismo recreativo

As solicitudes de homologación, validación e equivalencia para efectos profesionais, das formacións de adestradores ou adestradoras a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, para a modalidade de piragüismo, poderanas formular individualmente as persoas interesadas dentro do prazo de 10 anos, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado dos criterios comúns da modalidade, segundo se establece no número 6 da disposición transitoria segunda do Real decreto 981/2015, do 30 de outubro.

Disposición transitoria segunda. Perfil do persoal avaliador das probas de carácter específico

Ata o momento da publicación no Boletín Oficial del Estado dos criterios comúns das especialidades deportivas de augas bravas, augas tranquilas e piragüismo recreativo, reguladas no Real decreto 981/2015, do 30 de outubro, para os efectos de homologación, validación e equivalencia profesional, segundo se establece no número 2 da disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, poderán ser persoal avaliador das probas de carácter específico aquelas persoas que estivesen en disposición de homologar ou tramitar a equivalencia profesional a técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas, técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas ou técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, desde as formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, e a disposición transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro.

Disposición transitoria terceira. Profesorado especialista dos centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

De forma excepcional, durante os cursos académicos establecidos na disposición transitoria primeira do Real decreto 981/2015, do 30 de outubro, para a extinción do período transitorio, poderá ser profesorado do bloque específico dos ciclos inicial de grao medio en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, aquelas persoas non tituladas que acrediten a experiencia no ámbito laboral e deportivo ou a experiencia docente detallada no anexo XIII-B.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de educación, no relativo á organización e ás materias propias do seu departamento, para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento normativo do decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de setembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Distribución horaria

Ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

Carga horaria

Proba RAE-PIPI101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo.

120 h

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

15 h

5 h

MED-C102. Primeiros auxilios.

20 h

10 h

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

5 h

--

MED-C104. Organización deportiva.

5 h

--

Total

60 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

10 h

20 h

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

10 h

20 h

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

10 h

10 h

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

10 h

10 h

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

20 h

--

MED-PIPI107. Formación práctica.

150 h

Total

270 h

Total ciclo inicial (RAE-PIPI101 + BC + BE)

450 h

Ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas

Carga horaria

Proba RAE-PIAB201, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas.

120 h

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

40 h

5 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

55 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

20 h

--

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

20 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

160 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

15 h

20 h

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

15 h

--

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

15 h

--

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

45 h

45 h

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

30 h

30 h

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

35 h

--

MED-PIAB208. Formación práctica.

200 h

Total

450 h

Total ciclo final (RAE-PIAB201 + BC + BE)

730 h

Ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

40 h

5 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

55 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

20 h

--

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

20 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

160 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

15 h

20 h

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

15 h

--

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

15 h

--

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

35 h

35 h

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

50 h

25 h

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

20 h

10 h

MED-PIAT212. Formación práctica.

200 h

Total

440 h

Total ciclo final (BC + BE)

600 h

Ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Carga horaria

Proba RAE-PIPR213, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

240 h

Carga horaria

Bloque común

Teóricas

Prácticas

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

40 h

5 h

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

55 h

10 h

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

20 h

--

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

20 h

--

MED-C205. Xénero e deporte.

10 h

--

Total

160 h

Carga horaria

Bloque específico

Teóricas

Prácticas

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

15 h

--

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

15 h

--

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

35 h

35 h

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

55 h

55 h

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

40 h

--

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

35 h

35 h

MED-PIPR218. Formación práctica.

200 h

Total

520 h

Total ciclo final (RAE-PIPR213 + BC + BE)

920 h

ANEXO II

Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

Obxectivos xerais:

a) Executar técnicas básicas propias deste nivel, nun kaiak polivalente en augas tranquilas, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir de modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da iniciación á modalidade.

b) Establecer e transmitir a información sobre a actividade e recoller a información sobre as persoas participantes, analizando as características da información e aplicando procedementos establecidos, para atender e motivar a persoa deportista.

c) Analizar a execución técnica no nivel iniciación, utilizando procedementos establecidos e comparando a execución técnica cos estándares propios da iniciación en piragüismo, para valorar a execución das persoas deportistas, determinar o seu nivel e concretar o agrupamento.

d) Interpretar e adaptar a programación de referencia e a organización da sesión, utilizando criterios de elección e temporalización das tarefas, discriminando a información sobre as características do grupo e as condicións materiais e do medio existentes, para concretar a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo.

e) Elixir e demostrar as técnicas de dirección, de dinamización e os procedementos de control das continxencias, aplicando instrumentos de observación e control e resolvendo supostos, para dinamizar sesións de ensino-aprendizaxe de iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo.

f) Describir a programación de referencia dos percorridos de iniciación en piragüismo, e adaptala ás características do grupo, do espazo navegable e ás condicións materiais existentes, solucionando as posibles continxencias, para conducir o grupo nos espazos navegables propios do nivel iniciación: augas tranquilas; augas bravas ata grao II; mar con ventos ata valor 3 da escala de Beaufort a menos de media milla dun punto de embarque.

g) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de condución de persoas e de control da continxencia propias dos percorridos en augas tranquilas; augas bravas ata grao II; mar con ventos ata valor 3 da escala de Beaufort a menos de media milla dun punto de embarque, aplicando procedementos de observación e control, resolvendo supostos, para conducir a grupos.

h) Identificar e describir as variables que condicionan a navegación nun contorno propio da iniciación en piragüismo de augas tranquilas, augas bravas e kaiak de mar, describindo as características hidrodinámicas do espazo navegable, aplicando técnicas e procedementos establecidos, para acoutar os espazos de práctica.

i) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e as instalacións propias da iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, aplicando os procedementos establecidos, operando cos instrumentos de reparación e mantemento, para facilitar a dispoñibilidade e a adecuada utilización dos medios necesarios.

j) Identificar as condicións de seguridade do contorno, das instalacións e dos medios propios da iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, aplicando procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica.

k) Elixir e demostrar as técnicas de axuda e rescate, aplicando os procedementos establecidos propios da iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, para intervir en situacións de risco.

l) Describir, preparar e executar os primeiros auxilios, identificando as características dos supostos e aplicando os protocolos establecidos, para asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

m) Identificar as características das competicións e eventos propios da iniciación deportiva, analizando o regulamento e as bases de competición para orientar as persoas deportistas en función do seu nivel e características.

n) Identificar e describir os procesos de inscrición e acompañamento de persoas deportistas, así como os aspectos técnicos e tácticos da competición e eventos propios da iniciación deportiva, analizando supostos, aplicando os procedementos establecidos e tendo en conta o regulamento, para acompañar as persoas deportistas en competicións de nivel iniciación.

ñ) Identificar e describir as características organizativas das competicións e eventos propios da iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo, enumerando os medios materiais e humanos necesarios, para colaborar e intervir na organización e xestión deste tipo de actos.

o) Identificar e describir as variables que interveñen no desenvolvemento da actividade, aplicando os procedementos establecidos e clasificando a información obtida, para valorar o desenvolvemento da sesión de iniciación en piragüismo e axustar o proceso de ensino-aprendizaxe.

p) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nas persoas deportistas, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético profesional.

q) Recoñecer e promover os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo as actitudes que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

r) Identificar e describir os principios que fundamentan o traballo en equipo, sendo consciente da importancia do liderado e da comunicación, para manter a iniciativa e autonomía dentro do grupo de traballo.

s) Identificar e describir as características básicas das principais discapacidades, seguindo os procedementos de actuación establecidos e fixando as condicións básicas de relación e comunicación, para facilitar a integración e normalización das persoas con discapacidade.

t) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

u) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do comportamento deportivo.

Código: MED-C101.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais do individuo, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

a) Describíronse diferentes estadios madurativos da infancia, identificando as particularidades de cada un.

b) Aplicáronse técnicas elementais de recollida de información para a obtención de datos relevantes da persoa.

c) Identificáronse os intereses e as motivacións características das persoas na etapa da infancia.

d) Describíronse as características dos rapaces e das rapazas a nivel motriz e psicolóxico na primeira etapa do proceso de aprendizaxe motora.

e) Demostrouse interese por respectar o desenvolvemento natural e saudable da persoa deportista acorde co seu estado madurativo.

f) Valorouse a importancia de que a persoa conte con diversidade e variabilidade de experiencias físico-deportivas nestes estadios e para evitar unha especialización precoz.

2. Atende á persoa deportista describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

a) Identificáronse as diferentes técnicas de comunicación, verbal e non verbal, que poden utilizarse tendo en conta o contexto deportivo.

b) Elixíronse as técnicas de comunicación, así como a disposición espacial do material e do alumnado, máis oportunas no intercambio de información.

c) Identificáronse diferentes formas de captar a información e de tomar unha decisión a partir desta.

d) Identificáronse as principais barreiras e interferencias que dificultan a comunicación.

e) Valorouse a importancia de contar con habilidades comunicativas e sociais nas relacións interpersoais.

f) Valorouse a importancia de utilizar unha linguaxe que respecte a equidade dos distintos sexos.

g) Empregáronse técnicas e estratexias comunicativas na presentación das tarefas propostas, logrando unha maior participación e motivación nestas.

h) Valorouse a importancia de manter a motivación e o gozo de todas as persoas como elemento clave para a súa fidelización coa práctica deportiva e a prevención do abandono en etapas posteriores.

i) Demostrouse interese por valorar o proceso de aprendizaxe por riba do resultado obtido.

j) Valorouse a autonomía, a espontaneidade e a creatividade das persoas deportistas mozas na iniciación deportiva.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

a) Describíronse as características fundamentais do grupo na iniciación deportiva, atendendo especialmente a factores de relación social e de xénero.

b) Describíronse as principais fontes de conflito na sesión, tanto individuais como de grupo.

c) Aplicáronse estratexias de recollida de información que permitan coñecer mellor o grupo.

d) Aplicáronse dinámicas de grupo baseadas na aprendizaxe cooperativa e o traballo en equipo.

e) Utilizáronse estratexias de resolución de conflitos no grupo, promovendo e transmitindo valores de respecto, sinceridade, empatía, compromiso e igualdade de xénero.

f) Valorouse a importancia dunha actitude tolerante e de empatía para conseguir a confianza do grupo.

g) Demostrouse interese por respectar os intereses das persoas, evitando os prexuízos e valorando os elementos diferenciadores individuais tales como: emocións, sentimentos, personalidade, sexo, orientación afectivo-sexual, características morfolóxicas, orixe cultural, clase social, etc.

h) Describíronse aqueles aspectos do ámbito familiar e do contexto social que exercen unha influencia positiva ou negativa na iniciación deportiva de rapaces e rapazas.

i) Aplicáronse estratexias e técnicas adecuadas para corrixir actitudes negativas do ámbito familiar ou do contexto social na iniciación deportiva.

j) Analizouse a importancia dos valores positivos da familia e do contexto social na práctica deportiva.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas adecuadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

a) Describíronse os valores persoais e sociais que se poden transmitir a través do deporte.

b) Valorouse a importancia de ser un modelo ético de referencia nas persoas deportistas durante a iniciación deportiva.

c) Reflexionouse sobre os propios prexuízos e estereotipos, incluídos os de xénero e por cuestións de índole afectivo-sexual.

d) Demostrouse interese por educar ética e moralmente a través do deporte.

e) Identificáronse e describíronse estratexias de transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

f) Identificáronse estratexias de fomento da coeducación.

g) Valorouse a importancia do respecto do xogo limpo, dun mesmo ou dunha mesma, das demais persoas e do contorno, durante a práctica deportiva.

h) Valorouse a importancia de defender e manter o carácter lúdico da práctica deportiva.

Contidos básicos:

1. Identifica as características motrices, psicolóxicas, afectivas e sociais do individuo, relacionándoas cos estadios madurativos da infancia.

• Desenvolvemento persoal dos rapaces e das rapazas na iniciación deportiva.

– Crecemento, maduración e desenvolvemento.

– Patróns motores básicos na infancia.

– Características motoras, psicolóxicas, afectivas e sociais dos rapaces e das rapazas.

• Técnicas elementais de recollida de información a partir da teoría do procesamento da información.

• A actividade físico-deportiva nos estadios madurativos da infancia.

• A iniciación deportiva.

• Diversidade e variabilidade de experiencias deportivas na iniciación e os seus efectos positivos sobre o desenvolvemento motor.

• Respecto dos estados madurativos e as diferenzas interindividuais e intraindividuais.

2. Atende á persoa deportista describindo e aplicando diferentes técnicas de comunicación e motivación.

• Motivacións e actitudes propias da infancia ante a práctica deportiva.

– Motivacións intrínsecas e extrínsecas.

– A teoría de metas de logro.

– Principais motivos de abandono en persoas deportistas mozas. A transcendentalización competitiva.

– Estratexias para fomentar a participación, a motivación e o gozo, como elementos clave para a fidelización deportiva, atendendo ás diferenzas de xénero.

– Valoración do proceso de aprendizaxe por riba do resultado deportivo.

– Valoración da actitude do alumnado (das persoas deportistas) por riba da súa aptitude.

• Proceso de comunicación. Elementos, tipos e dificultades.

– Técnicas de comunicación: verbal e non verbal.

– Valoración comunicativa do contexto: elementos facilitadores e obstáculos e inhibidores no proceso de comunicación.

– Disposición do espazo e do alumnado para a mellora da comunicación na sesión deportiva.

– Información inicial e retroalimentación (feedback) na sesión deportiva.

– Habilidades comunicativas, persoais e sociais nas relacións interpersoais.

– Uso non sexista da linguaxe.

3. Conduce o grupo seleccionando e aplicando dinámicas de grupo e estratexias para a resolución de conflitos, en función das características do contexto.

• Fontes de conflito no grupo deportivo.

– Falta de confianza mutua.

– Competitividade e liderado.

– Discriminación: por razóns de xénero, condición afectivo-sexual, de capacidade, actitudes xenófobas, etc.

– Diverxencia de intereses individuais en rapaces e en rapazas.

• A dinámica de grupos na iniciación deportiva e a súa importancia.

– Condución de dinámicas orientadas á valoración sociolóxica do grupo.

– Dinámicas de presentación e coñecemento do grupo.

– Técnicas sociométricas.

• Condución de dinámicas de grupo orientadas ao traballo cooperativo e á resolución de conflitos.

– Dinámicas de autocoñecemento para a afirmación persoal e a autoconfianza.

– Dinámicas socioafectivas para crear confianza mutua.

– Dinámicas de traballo en equipo.

▪ De responsabilidade grupal.

▪ De toma de decisións por consenso.

▪ De eficiencia no traballo en grupo.

– Dinámicas de resolución de conflitos en pequenos grupos.

▪ Para a identificación do problema.

▪ Para a solución do problema.

• Modelos de intervención do persoal técnico nos grupos de iniciación deportiva.

– Modelo autoritario.

– Modelo permisivo.

– Modelo democrático.

• Actitudes e influencia do contexto familiar na iniciación deportiva.

– Contextos familiares que exercen unha influencia positiva na iniciación deportiva de rapaces e rapazas.

– Condutas e actitudes negativas máis frecuentes protagonizadas por familiares na iniciación deportiva.

▪ Excesiva presión competitiva sobre os seus fillos ou as súas fillas.

▪ Comportamentos e actitudes agresivas e violentas.

▪ Interferencias co persoal técnico deportivo.

• Estratexias de intervención no ámbito familiar durante a iniciación deportiva. A entrevista cos responsables ou coas responsables legais da persoa deportista.

4. Transmite valores persoais e sociais aplicando as técnicas adecuadas e reflexionando sobre as propias actitudes e comportamentos.

• O deporte como transmisor de valores persoais e sociais tanto positivos como negativos.

• A responsabilidade do persoal técnico deportivo na transmisión de valores éticos no deporte e en evitar os contravalores.

• Superación da idea de bondade natural do deporte en canto á transmisión de valores éticos.

• Condutas inmorais máis frecuentes na práctica deportiva.

• Xogo limpo e deportividade (condutas éticas na práctica deportiva).

• Técnicas e estratexias para o desenvolvemento de valores no deporte: reflexión, establecemento de normas consensuadas, desenvolvemento do xuízo moral, autocontrol da conduta, análise, desenvolvemento da empatía e comprensión crítica de temas eticamente relevantes e encontros de grupo.

• Autoavaliación e reflexión dos propios prexuízos e estereotipos persoais, incluídos os de xénero e os de índole afectivo-sexual.

Módulo común de ensino deportivo: Primeiros auxilios.

Código: MED-C102.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

a) Identificáronse e tomáronse as constantes vitais.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de valoración que seguir en cada caso.

c) Identificáronse e describíronse as lesións óseas e articulares, así como os síntomas e mecanismos de produción.

d) Identificáronse e describíronse as lesións musculares e tendinosas, así como os síntomas e mecanismos de produción.

e) Identificáronse e describíronse os diferentes tipos de traumatismos.

f) Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos primeiros auxilios.

g) Identificáronse e describíronse as lesións provocadas por outros axentes externos (frío, calor, axentes químicos e biolóxicos), así como os síntomas e mecanismos de produción.

h) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

i) Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

a) Aplicáronse técnicas de primeiros auxilios adecuadas aos diferentes tipos de lesión.

b) Identificáronse e describíronse os protocolos de primeiros auxilios e inmobilización que seguir segundo a lesión.

c) Identificáronse os medios materiais de aplicación de primeiros auxilios (caixa de primeiros auxilios e outros).

d) Describíronse as repercusións dunha incorrecta aplicación das técnicas de primeiros auxilios e do traslado da persoa accidentada.

e) Aplicáronse técnicas de inmobilización para o traslado da persoa accidentada.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

a) Detallouse a instrumentación básica para o soporte vital recoñecendo as súas partes e mecanismos de funcionamento.

b) Describíronse os fundamentos de resucitación cardiopulmonar básica.

c) Aplicáronse técnicas de apertura das vías aéreas.

d) Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio.

e) Aplicáronse técnicas de soporte circulatorio.

f) Realizouse desfibrilación externa semiautomática (DESA).

g) Aplicáronse medidas de posreanimación.

h) Recoñecéronse aquelas situacións en que se desaconsella a intervención e posterior evacuación, e detalláronse as súas características.

i) Valorouse a importancia de aplicar con precisión os protocolos establecidos.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis adecuadas.

a) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de apoio psicolóxico.

b) Describíronse e aplicáronse técnicas básicas de autocontrol.

c) Aplicáronse estratexias básicas de comunicación en situacións de prestación de primeiros auxilios.

d) Describíronse os posibles estados emocionais das persoas accidentadas.

e) Valorouse a importancia de autocontrolarse ante situacións de estrés.

f) Describíronse os factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencias.

g) Describíronse e aplicáronse técnicas que empregar para controlar situacións de tensión ambiental.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e a organización do sistema de emerxencias.

a) Determináronse as distintas técnicas que se poden utilizar cando o contorno xera determinados niveis de risco.

b) Describíronse os protocolos de actuación oportunos para establecer un contorno seguro e emocionalmente estable.

c) Determináronse as distintas técnicas para utilizar en relación co risco do contorno.

d) Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

e) Definíronse os conceptos de urxencia, emerxencia e catástrofe.

f) Describiuse a organización dos sistemas de emerxencia.

Contidos básicos:

1. Realiza unha valoración inicial aplicando técnicas de valoración segundo protocolos establecidos e relacionándoos cos principios de anatomía e fisioloxía.

• Signos e síntomas de urxencia.

• Valoración do nivel de consciencia.

• Toma de constantes vitais.

• Protocolos de exploración elementais.

• Terminoloxía médico-sanitaria en primeiros auxilios.

• Protocolo de transmisión da información.

• Signos de compromiso vital en persoa adulta, neno ou nena e lactante.

• Métodos e materiais de protección da zona.

• Bases anatomofisiolóxicas relacionadas cos primeiros auxilios: ósos, articulacións e músculos (concepto, características, clasificación e localización a nivel básico/elemental).

• Valoración básica en lesións por traumatismos e por axentes físicos, químicos e biolóxicos.

• Valoración básica ante patoloxía orgánica de urxencia.

2. Aplica as técnicas de primeiros auxilios relacionando o tipo de lesión co protocolo establecido en cada caso.

• Caixa de primeiros auxilios.

• Aplicación dos primeiros auxilios.

• Seguridade na aplicación das técnicas utilizadas.

• Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.

3. Aplica técnicas de soporte vital identificando a súa instrumentación e describindo as súas fases segundo o protocolo básico establecido.

• Control da permeabilidade das vías aéreas.

• Resucitación cardiopulmonar básica.

• Desfibrilación externa semiautomática (DESA).

• Valoración básica da persoa accidentada.

• Atención inicial en lesións por axentes físicos (traumatismos, calor ou frío, electricidade e radiacións).

• Atención inicial en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

• Atención inicial en patoloxía orgánica de urxencia.

• Actuación limitada no marco das súas competencias.

4. Aplica técnicas de autocontrol e de apoio psicolóxico á persoa accidentada e acompañantes, describindo e aplicando as estratexias de comunicación máis adecuadas.

• Apoio psicolóxico aos pacientes ou ás pacientes.

• Primeiros auxilios psicolóxicos. Comportamento da poboación ante unha catástrofe.

• Estratexias básicas de comunicación.

• Valoración do papel do primeiro ou primeira interveniente.

• Técnicas facilitadoras da comunicación interpersoal.

• Factores que predispoñen á ansiedade en situacións de accidente ou emerxencia.

5. Aplica técnicas para o control do contorno relacionándoo cos protocolos establecidos e coa organización do sistema de emerxencias.

• Sistemas de emerxencias.

• Obxectivos e límites dos primeiros auxilios.

• Marco legal, responsabilidade e ética profesional.

• Normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

• Técnicas de primeiros auxilios en relación co risco do contorno.

• Protocolos de alerta.

Módulo común de ensino deportivo: Actividade física adaptada e discapacidade.

Código: MED-C103.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

a) Describíronse as principais causas da discapacidade física, intelectual e sensorial.

b) Determináronse os beneficios que xera a práctica de actividades físicas adaptadas nas persoas con discapacidade.

c) Recoñecéronse as limitacións na práctica e os condicionantes fundamentais segundo o tipo de discapacidade.

d) Valorouse a vivencia persoal do que supón a discapacidade en situacións simuladas, usando contornos restritivos a nivel perceptivo, decisional e motriz.

e) Describíronse as posibilidades das axudas técnicas básicas segundo a discapacidade.

f) Aplicáronse procedementos básicos de identificación e recoñecemento da discapacidade mediante a observación das características morfolóxicas e funcionais do deportista ou da deportista.

g) Valorouse a importancia do recoñecemento das capacidades do deportista ou da deportista, máis alá das limitacións que poida presentar pola súa discapacidade.

h) Identificáronse os principais programas de iniciación deportiva dirixidos ás persoas con discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

a) Describiuse a terminoloxía máis actual con relación ás persoas con discapacidade.

b) Aplicáronse técnicas de recollida de información acerca dos intereses, capacidades, experiencias previas e motivacións das persoas con discapacidade cara á práctica deportiva.

c) Demostrouse interese por non prexulgar as persoas, respectando os seus elementos únicos e diferenciadores: emocións, sentimentos, personalidade, etc.

d) Determináronse e aplicáronse criterios de adaptación das técnicas de comunicación para as principais discapacidades.

e) Describíronse as principais posibilidades de práctica e deportes adaptados segundo o tipo de discapacidade.

f) Valorouse a importancia da participación activa das persoas con discapacidade en contornos/contextos deportivos normalizados.

Contidos básicos:

1. Identifica as principais discapacidades describindo as súas características básicas e relacionándoas coa práctica deportiva.

• Características básicas das principais discapacidades físicas, sensoriais e psíquicas.

• Recoñecemento da discapacidade mediante procedementos básicos de observación das características morfolóxicas e funcionais do deportista ou da deportista.

• Valoración das posibilidades individuais, máis alá das limitacións que se presenten segundo a discapacidade.

• Condicionantes derivados dun tipo de discapacidade para a práctica físico-deportiva.

• Recoñecemento e uso fundamental do material deportivo específico e as axudas técnicas básicas.

• Beneficios da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Programas de iniciación e difusión da práctica deportiva para persoas con discapacidade.

• Vivencia persoal en situacións de práctica restritivas simulando a discapacidade.

2. Informa as persoas con discapacidade sobre as prácticas deportivas, describindo as técnicas de comunicación específicas e identificando as limitacións que poden presentarse na súa iniciación.

• Toma de conciencia dos sentimentos e actitudes cara ás persoas con discapacidade.

• Terminoloxía básica en relación coa saúde e coa discapacidade.

• Aplicación de técnicas básicas de recollida de información en relación coas características das persoas deportistas con discapacidade.

• Recoñecemento e aplicación de técnicas de comunicación concretas segundo a discapacidade.

• Métodos de comunicación alternativa respecto de persoas con discapacidade.

• Aplicación de exemplos de inclusión deportiva de persoas con discapacidade en contornos normalizados.

• Os principais deportes adaptados.

• A importancia da práctica deportiva para a autonomía persoal e integración social de persoas con discapacidade.

• A identificación dos propios prexuízos previos á práctica respecto de persoas con discapacidade.

Módulo común de ensino deportivo: Organización deportiva.

Código: MED-C104.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

a) Describíronse as formas de organización a nivel local e autonómico en referencia ao ámbito deportivo.

b) Describíronse as principais competencias e programas das organizacións deportivas locais e autonómicas.

c) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles que fan referencia á normativa xurídica deportiva.

d) Utilizouse unha terminoloxía básica adecuada ás estruturas das organizacións deportivas locais e autonómicas, así como da normativa deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

a) Describíronse as competencias, funcións e formas de organización das federacións deportivas autonómicas.

b) Describíronse as formas de asociacionismo deportivo a nivel local e autonómico.

c) Identificáronse as características do asociacionismo deportivo.

d) Describíronse as vías de apoio ao asociacionismo deportivo por parte da Administración local e autonómica.

e) Cubriuse a documentación básica para a busca de apoios ao asociacionismo deportivo e describíronse os procedementos que a dita documentación debe seguir.

f) Valorouse a importancia que ten o apoio institucional ao desenvolvemento do asociacionismo deportivo e a potenciación do asociacionismo feminino como medio de promoción da práctica da actividade físico-deportiva nas mulleres.

Contidos básicos:

1. Identifica a organización deportiva local e autonómica relacionándoa coa estrutura administrativa e as súas competencias básicas.

• A lexislación básica do Estado e da Comunidade Autónoma.

– O marco competencial do deporte no ámbito local e autonómico.

– Interpretación da lexislación deportiva básica: obxectivo e rango da norma.

• Estrutura administrativa e organizativa do deporte.

– Estrutura autonómica do deporte.

– Identificación das características esenciais das diferentes estruturas deportivas no ámbito local de servizos e padroados municipais, sociedades públicas, organismos de deputacións, clubs, asociacións, etc.

– Aceptación da organización deportiva autonómica e local.

• As fontes de información en normativa xurídica deportiva.

– A terminoloxía básica en normativa deportiva.

– As publicacións oficiais que reflicten a normativa xurídica deportiva.

2. Concreta a estrutura do asociacionismo deportivo identificando os seus elementos e organización.

• As federacións deportivas autonómicas: competencias, funcións e estrutura organizativa.

• Tipos de clubs e asociacións deportivas; tipos e a súa importancia no asociacionismo deportivo.

• Asociacionismo deportivo feminino. Presenza das mulleres na organización deportiva.

• As vías de apoio ao asociacionismo deportivo.

– Administración local e autonómica: tipos e formas de axuda.

– As vías de apoio ao asociacionismo deportivo.

– Procedementos para a xestión de apoios ao asociacionismo deportivo.

▪ Na Administración local.

▪ Na Administración autonómica.

Módulo específico de ensino deportivo: Técnica de augas bravas.

Código: MED-PIPI102.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora e demostra a execución da técnica de navegación en augas bravas ata grao II na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección respectivamente.

a) Demostrouse e describiuse o embarque, o desembarque e a posición base do kaiakista ou da kaiakista de augas bravas, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

b) Demostrouse e describiuse a execución da técnica de padexo en kaiak de augas bravas, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

c) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de rotación do kaiak sobre o eixe vertical, transversal e lonxitudinal, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

d) Describíronse as diferenzas da posición de base e as técnicas de padexo e goberno da canoa de augas bravas respecto ao kaiak de augas bravas.

e) Describíronse e identificáronse, en situacións reais, os movementos, formas características da auga e os seus perigos en augas bravas ata grao II, relacionándoos cos elementos hidrotopográficos, utilizando a terminoloxía adecuada.

f) Describíronse e identificáronse, en situacións reais, as características e elementos máis frecuentes dos diferentes graos de dificultade dos rápidos, utilizando a terminoloxía adecuada.

g) Relacionáronse as condicións da corrente e movementos da auga en augas bravas ata grao II coas traxectorias básicas de navegación, describindo os seus aspectos fundamentais, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo as tarefas para a súa solución na etapa de iniciación, utilizando a terminoloxía adecuada.

h) Demostrouse a realización das traxectorias básicas de navegación en augas bravas ata grao II, utilizando as condicións da corrente e movementos da auga e adaptándose a estas.

i) Describíronse as normas elementais dos regulamentos de slálom e descenso de augas bravas a nivel iniciación ás augas bravas.

j) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos claves da execución da técnica de navegación en augas bravas como factor de mellora da técnica.

k) Aplicáronse os instrumentos simples de observación da técnica de navegación a nivel iniciación en augas bravas.

2. Demostra e valora a execución das técnicas de seguridade e rescate en piragüismo de augas bravas ata grao II, seleccionando a máis adecuada á continxencia.

a) Describíronse as medidas preventivas que minimizan o risco dos perigos das canles de augas bravas ata grao II.

b) Demostráronse e describíronse as técnicas de seguridade que executar durante a navegación fronte aos perigos habituais das augas bravas ata grao II cando son xa inevitables, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

c) Demostráronse e describíronse as técnicas de autorrescate en caso de envorcadura en augas bravas ata grao II, avaliándoas, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

d) Demostráronse as técnicas de seguridade que executar desde a piragua para a axuda e recuperación doutro piragüista ou doutra piragüista envorcado/a e/ou do material en augas bravas ata grao II.

e) Demostráronse as técnicas de seguridade que executar desde a beira para a axuda e recuperación doutro piragüista ou doutra piragüista envorcado/a e/ou do material en augas bravas ata grao II.

f) Describíronse as características e formas de uso do equipamento e material auxiliar de seguridade propios da práctica das augas bravas ata grao II.

3. Concreta e dirixe as sesións de iniciación en piragüismo de augas bravas ata grao II a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación, adaptando secuencias de aprendizaxe e describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

a) Describíronse os obxectivos de adquisición das técnicas de navegación e seguridade para alcanzar durante a fase de iniciación en augas bravas ata grao II.

b) Establecéronse os principios de selección dos contidos e das secuencias de aprendizaxe en piragüismo de augas bravas.

c) Describíronse os criterios de adaptación de secuencias de aprendizaxe e contidos de aprendizaxe ás condicións da iniciación en piragüismo de augas bravas.

d) Describíronse os criterios de selección das normas do Regulamento de augas bravas para aplicar na iniciación en piragüismo de augas bravas.

e) Identificouse o tempo, o espazo e o material necesarios para utilizar en función dos obxectivos da sesión.

f) Identificáronse as posibles respostas fronte ás dificultades didácticas que se poidan presentar durante o desenvolvemento da sesión.

g) Concretáronse as sesións de iniciación en piragüismo de augas bravas de acordo cun programa de referencia.

h) Describíronse e aplicáronse as medidas de seguridade e control que se deben adoptar nunha sesión de iniciación en piragüismo de augas bravas.

i) Prevíronse respostas fronte ás incidencias organizativas que se poidan presentar durante o desenvolvemento dun suposto de sesión de iniciación en piragüismo de augas bravas.

j) Describíronse as formas de organización do grupo e o comportamento do profesorado no desenvolvemento da sesión de iniciación en piragüismo de augas bravas.

k) Describíronse as técnicas de comunicación e de disposición espacial do material e do alumnado máis habituais no desenvolvemento da sesión de iniciación en piragüismo de augas bravas.

Contidos básicos:

1. Valora e demostra a execución da técnica de navegación en augas bravas ata grao II na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección respectivamente.

• Técnica básica de kaiak en augas bravas: posición de base, embarque e desembarque, técnicas e coordinación das rotacións.

• Técnica de canoa en augas bravas: posición de base, técnica de padexo e técnicas de rotación nos tres eixes.

• Hidrotopografía elemental. O río, a corrente, o desnivel, a pendente e o caudal.

• Formacións elementais e outros elementos: corrente, poza, onda, salto, rebufos, drosage, sifón, rocha, obstáculos artificiais, etc.

• Escala de dificultade de augas bravas. Características dos rápidos en cada grao.

• Lectura do río: identificación das formas e interacción das correntes co kaiak.

• Manobras elementais: entrada e saída da corrente, bac e figuras básicas.

• Instrumentos de observación da técnica: impresos de control.

• Regulamento de slálom e descenso de augas bravas a nivel iniciación.

2. Demostra e valora a execución das técnicas de seguridade e rescate en piragüismo de augas bravas ata grao II, seleccionando a máis adecuada á continxencia.

• Medidas preventivas para reducir o risco. Normas xerais de seguridade en augas bravas.

• Material de seguridade.

• Técnicas de afrontamento cando a prevención non foi eficaz: gravatas, rulos, obstáculos artificiais, etc.

• Envorcadura, autorrescate, esquimotaxe con axuda e esquimotaxe só ou soa. Natación en augas bravas.

• Remolque de piragua e piragüista.

• Baleiramento de piraguas só ou soa ou con axuda, e reembarque só ou soa ou con axuda.

• Rescate desde embarcación.

• Rescate desde a beira, uso de bolsa de seguridade e outros materiais.

• Vixilancia e actitude de seguridade.

3. Concreta e dirixe as sesións de iniciación en piragüismo de augas bravas ata grao II a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación, adaptando secuencias de aprendizaxe e describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

• Obxectivos na aprendizaxe das técnicas de augas bravas a nivel iniciación.

• Selección, secuenciación e adaptación de contidos no ensino de augas bravas a nivel iniciación.

• Medios, espazo e tempo como factores do ensino de augas bravas.

• Métodos no ensino de augas bravas a nivel iniciación.

• Dificultades e consideracións pedagóxicas para o ensino de augas bravas.

• Aplicación selectiva do Regulamento de augas bravas a nivel iniciación.

• A sesión de iniciación a augas bravas. As súas partes.

• Sesións de iniciación en piragüismo de augas bravas.

• Programas de iniciación tipo no ensino de augas bravas.

• Medidas preventivas e de control aplicadas ao ensino de augas bravas a nivel iniciación.

• Estratexias de resolución de imprevistos e adaptación da programación de referencia.

• Organización do grupo e do espazo respecto á posición do profesorado no ensino das augas bravas a nivel iniciación.

• Comunicación nas sesións de augas bravas a nivel iniciación.

Módulo específico de ensino deportivo: Técnica de augas tranquilas.

Código: MED-PIPI103.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora e demostra a execución da técnica de navegación en kaiak de augas tranquilas na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

a) Demostrouse o embarque, o desembarque e a posición base do kaiakista ou da kaiakista, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

b) Demostráronse e describíronse as técnicas de recuperación e baleiramento do kaiak de augas tranquilas tras a envorcadura, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

c) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de apoio que permitan reequilibrios en kaiak de augas tranquilas, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

d) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de manexo do leme, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

e) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación á navegación en augas tranquilas.

f) Relacionáronse os erros tipo nas técnicas de navegación en kaiak de augas tranquilas na etapa de iniciación, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

g) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos claves da execución da técnica de navegación en kaiak de augas tranquilas como factor de mellora da técnica.

h) Aplicáronse os instrumentos simples de observación da técnica de navegación en kaiak de augas tranquilas.

2. Valora e demostra en situacións de alta estabilidade a execución da técnica de navegación en canoa de augas tranquilas na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

a) Demostrouse e describiuse o embarque, o desembarque e a posición base do canoísta ou da canoísta, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

b) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de apoio que permitan reequilibrios en canoa, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

c) Demostrouse, en condicións de alta estabilidade, e describiuse a execución das técnicas de control da dirección en canoa, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

d) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación á navegación en canoa de augas tranquilas.

e) Relacionáronse os erros tipo das técnicas de navegación en canoa de augas tranquilas na etapa de iniciación coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

f) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos claves da execución da técnica de navegación en canoa de augas tranquilas como factor de mellora da técnica.

g) Utilizáronse correctamente os instrumentos simples de observación da técnica de navegación en canoa de augas tranquilas.

3. Demostra o dominio da navegación en embarcacións colectivas e a dirección do persoal tripulante, describindo as características da navegación e aplicando técnicas específicas.

a) Describíronse as características de cada unha das posicións de padexo na navegación en embarcacións colectivas.

b) Describíronse as distribucións habituais de posición dos padexeiros ou padexeiras en embarcacións colectivas, relacionándoas coas funcións, equilibrio e distribución do peso en cada unha das posicións de padexo.

c) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de mantemento de rumbo en embarcacións colectivas, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

d) Describíronse as características da execución coordinada do padexo en embarcacións colectivas, identificando os erros e propoñendo tarefas de corrección.

e) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación á navegación en embarcacións colectivas.

f) Relacionáronse os erros tipo das técnicas de navegación en embarcacións colectivas na etapa de iniciación coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

g) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos clave da execución da técnica de navegación en embarcacións colectivas como factor de mellora da técnica.

h) Aplicáronse os instrumentos simples de observación da técnica de navegación en embarcacións colectivas.

4. Concreta a sesión de iniciación en piragüismo de augas tranquilas en kaiak, canoa e/ou embarcación colectiva de augas tranquilas, a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación e adaptando secuencias de aprendizaxe.

a) Describíronse os obxectivos no ensino do piragüismo de augas tranquilas para alcanzar durante a fase de iniciación.

b) Establecéronse os principios de selección dos contidos e das secuencias de aprendizaxe na iniciación en piragüismo de augas tranquilas.

c) Describíronse os criterios de adaptación das secuencias de aprendizaxe e os contidos de aprendizaxe ás condicións da iniciación en piragüismo de augas tranquilas.

d) Asumiuse a programación como factor de eficacia e calidade na metodoloxía deportiva.

e) Describíronse as características dos medios e métodos utilizados nun programa operativo de iniciación, en función das características do alumnado, dos espazos e do material dispoñible.

f) Identificouse o tempo, o espazo e o material necesarios en función dos obxectivos da sesión.

g) Identificáronse as posibles respostas fronte ás dificultades didácticas que se poidan presentar durante o desenvolvemento da sesión.

h) Valorouse a importancia da preparación previa da sesión de iniciación como factor de calidade do ensino.

i) Concretáronse as sesións de iniciación en piragüismo de augas tranquilas de acordo cun programa de referencia.

j) Describíronse as medidas de seguridade que se deben adoptar nunha sesión de iniciación en piragüismo de augas tranquilas.

k) Prevíronse as respostas fronte ás incidencias organizativas que se poidan presentar durante o desenvolvemento dun suposto de sesión de iniciación en piragüismo de augas tranquilas.

5. Dirixe as persoas deportistas en sesións de iniciación en piragüismo de augas tranquilas, describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

a) Describíronse as formas de organización do grupo e o comportamento do profesorado no desenvolvemento da sesión de iniciación en piragüismo de augas tranquilas.

b) Aplicáronse as técnicas de comunicación, así como a disposición espacial do material e do alumnado á hora de transmitir a información.

c) Aplicáronse medidas de control para previr os posibles riscos no desenvolvemento dun suposto práctico de sesión de piragüismo de augas tranquilas.

d) Describiuse a situación do persoal técnico durante o desenvolvemento dun suposto práctico de actividade que facilite a percepción e compresión das súas indicacións.

e) Describíronse e aplicáronse as principais estratexias de dirección e dinamización nun suposto práctico de sesións de iniciación en piragüismo.

f) Describíronse os tipos de reforzo e coñecemento dos resultados na iniciación en piragüismo.

g) Describíronse as funcións do persoal técnico de iniciación no desenvolvemento da sesión nesta etapa.

h) Argumentouse a importancia dunha atención constante e dunha intervención rápida sobre as incidencias que poidan acontecer nas actividades de iniciación en piragüismo.

i) Xustificouse a importancia da valoración da imaxe e o comportamento que caracteriza o persoal técnico na iniciación en piragüismo durante a valoración do proceso.

6. Colabora na recollida de información do proceso de iniciación en piragüismo identificando as características dos instrumentos e soportes de recollida da información, así como dos seus procedementos de tratamento.

a) Identificáronse os aspectos que valorar no desenvolvemento da sesión durante o proceso de iniciación ao piragüismo.

b) Describíronse as características dun informe que recolla a información sobre o desenvolvemento dunha sesión ou sesións de iniciación en piragüismo.

c) Describíronse os métodos de control e de autoavaliación do proceso de ensino-aprendizaxe na iniciación en piragüismo.

d) Describíronse os instrumentos de recollida de información sobre os parámetros que valorar nunha sesión de iniciación.

e) Demostrouse a aplicación dos métodos de recollida de información en diferentes soportes nun suposto de sesión práctica.

Contidos básicos:

1. Valora e demostra a execución da técnica de navegación en kaiak de augas tranquilas na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

• Técnica básica de kaiak en augas tranquilas.

– Posición de base e adaptacións ao kaiak.

– Embarque e desembarque do kaiak. Triángulo de apoio.

– Envorcadura. Recuperación. Baleiramento. Reembarque.

– Técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas. Fases do padexo. Retropadexo. Tracción lateral.

– Equilibrio sobre o kaiak. Apoios de suspensión e presión.

– Manexo do leme.

• Condución no kaiak, pada circular, pivote e manexo do leme.

• Fichas de control da técnica en kaiak de augas tranquilas.

• Erros frecuentes nas técnicas do kaiak en augas tranquilas.

• Exercicios e tarefas para a corrección e mellora da técnica de kaiak en augas tranquilas.

2. Valora e demostra en situacións de alta estabilidade a execución da técnica de navegación en canoa de augas tranquilas na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección respectivamente.

• Técnica básica de canoa en augas tranquilas.

– Posición de base e adaptacións á canoa.

– Embarque e desembarque da canoa. Triángulo de apoio.

– Técnica de padexo en canoa de augas tranquilas. Fases do padexo. Retropadexo. Tracción lateral.

– Equilibrio sobre a canoa. Apoios de suspensión e presión.

• Condución na canoa, pada circular, pivote, repadexo e manexo do leme.

• Fichas de control da técnica en canoa de augas tranquilas.

• Erros frecuentes nas técnicas de canoa en augas tranquilas.

• Exercicios e tarefas para a corrección e mellora da técnica de canoa en augas tranquilas.

3. Demostra o dominio da navegación en embarcacións colectivas e a dirección dos tripulantes ou das tripulantes, describindo as características da navegación e aplicando técnicas específicas.

• Embarcacións colectivas. Posicións nas embarcacións. Características e funcións de cada posición: ritmo, equilibrio, propulsión e condución.

• Distribución adecuada para a navegación por pesos e funcións.

• Técnica de padexo coordinado en embarcación colectiva.

• Condución en embarcación colectiva: pada circular, pivote, soporte, repadexo e manexo do leme.

• Equilibrio na embarcación colectiva.

• Erros frecuentes nas técnicas de embarcación colectiva en augas tranquilas.

• Exercicios e tarefas para a corrección e mellora da técnica en embarcación colectiva en augas tranquilas.

4. Concreta a sesión de iniciación en piragüismo de augas tranquilas en kaiak, canoa e/ou embarcación colectiva de augas tranquilas, a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación e adaptando secuencias de aprendizaxe.

• Obxectivos na aprendizaxe da navegación en augas tranquilas a nivel iniciación.

• Selección, secuenciación e adaptación de contidos no ensino de augas tranquilas a nivel iniciación.

• Programación da sesión en piragüismo. Programas de iniciación tipo no ensino de augas tranquilas.

• Medios, espazo e tempo como factores do ensino.

• Métodos no ensino do piragüismo a nivel iniciación.

• Dificultades e consideracións pedagóxicas para o ensino de augas tranquilas.

• A sesión de iniciación en piragüismo de augas tranquilas.

• Medidas preventivas aplicadas ao ensino de augas tranquilas a nivel iniciación.

• Estratexias de resolución de imprevistos e adaptación da programación de referencia.

5. Dirixe as persoas deportistas en sesións de iniciación en piragüismo de augas tranquilas, describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

• Organización de grupos para o ensino de augas tranquilas a nivel iniciación. Distribucións máis habituais. Vantaxes e inconvenientes de cada unha delas.

• Situación do profesorado no ensino do piragüismo de augas tranquilas. Situacións máis habituais. Vantaxes e inconvenientes.

• Comunicación eficaz no ensino do piragüismo.

• Tarefas de control do profesorado para o ensino de augas tranquilas a nivel iniciación.

• Estratexias de dirección e dinamización de sesións. Métodos de ensino.

• A información sobre a execución. A retroalimentación (feedback). O reforzo positivo. A corrección.

• Funcións do persoal técnico no ensino. Docencia técnica, educacional e soporte de seguridade.

• O profesorado como exemplo no ensino. Imaxe do persoal técnico.

• Actitude do profesorado respecto á seguridade. Vixilancia activa.

6. Colabora na recollida de información do proceso de iniciación en piragüismo identificando as características dos instrumentos e soportes de recollida da información, así como dos seus procedementos de tratamento.

• Avaliación da sesión de iniciación en piragüismo.

• Informe de valoración da sesión de iniciación en piragüismo.

• Métodos de control do proceso de ensino-aprendizaxe na iniciación en piragüismo.

• Instrumentos de recollida de información do proceso. Tipoloxía, vantaxes e inconvenientes.

Módulo específico de ensino deportivo: Técnica de kaiak de mar.

Código: MED-PIPI104.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora a execución das técnicas de navegación en kaiak de mar, a un máximo de media milla respecto a unha zona de embarque-desembarque e con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

a) Demostrouse e describiuse o embarque e o desembarque en diferentes situacións do kaiakista ou da kaiakista de mar, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

b) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de apoio que permitan reequilibrios en kaiak de mar, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

c) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de dominio do rumbo en mar, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

d) Demostrouse e describiuse a execución das técnicas de reincorporación ao kaiak tras a envorcadura, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

e) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de iniciación á navegación en kaiak de mar.

f) Relacionáronse os erros tipo das técnicas de navegación en kaiak de mar na etapa de iniciación, coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

g) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos clave da execución da técnica de navegación en kaiak de mar como factor de mellora da técnica.

h) Describíronse as características específicas e a tipoloxía do material de kaiak de mar.

2. Demostra e valora a execución das técnicas de seguridade e rescate en kaiak de mar no nivel iniciación, seleccionando a máis adecuada á continxencia.

a) Describíronse os elementos característicos do mar, utilizando a terminoloxía adecuada.

b) Describíronse os perigos característicos da navegación en kaiak de mar e os seus riscos, utilizando a terminoloxía adecuada.

c) Describíronse os requirimentos básicos da normativa vixente sobre a navegación en kaiak de mar.

d) Describíronse as medidas preventivas que minimizan o risco dos perigos na navegación en kaiak de mar.

e) Demostrouse e describiuse o uso de material específico de seguridade en kaiak de mar.

f) Demostráronse e describíronse as técnicas de seguridade na navegación en mar, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

g) Demostráronse e describíronse as técnicas de autorrescate en caso de envorcadura en kaiak de mar, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

h) Demostráronse e describíronse as técnicas de baleiramento en augas profundas dun kaiak de mar, identificando os acertos e propoñendo correccións aos erros.

i) Demostráronse e describíronse as técnicas de reembarque dun padexeiro ou padexeira envorcado/a desde outra piragua, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

j) Demostráronse e describíronse as técnicas de remolque dun padexeiro ou padexeira no seu kaiak, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

k) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos claves da seguridade na práctica de kaiak de mar.

3. Concreta e dirixe a sesión de iniciación á navegación en kaiak de mar no nivel iniciación a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación, adaptando secuencias de aprendizaxe e describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

a) Describíronse os obxectivos no ensino da navegación en kaiak de mar que se deben alcanzar durante a fase de iniciación.

b) Establecéronse os principios de selección dos contidos e das secuencias de aprendizaxe á navegación en kaiak de mar.

c) Describíronse os criterios de adaptación das secuencias de aprendizaxe e dos contidos de aprendizaxe ás condicións da iniciación á navegación en kaiak de mar.

d) Identificouse o tempo, o espazo e o material necesarios para utilizar en función dos obxectivos da sesión.

e) Identificáronse as posibles respostas fronte ás dificultades didácticas que se poidan presentar durante o desenvolvemento da sesión.

f) Concretáronse as sesións de iniciación á navegación en kaiak de mar de acordo cun programa de referencia.

g) Describíronse as medidas de seguridade e control que se deben adaptar nunha sesión de iniciación á navegación en kaiak de mar.

h) Prevíronse respostas fronte ás incidencias organizativas que se poidan presentar durante o desenvolvemento dun suposto de sesión de iniciación á navegación en kaiak de mar.

i) Describíronse as formas de organización do grupo e o comportamento do profesorado no desenvolvemento da sesión de iniciación á navegación en kaiak de mar.

Contidos básicos:

1. Valora a execución das técnicas de navegación en kaiak de mar, a un máximo de media milla respecto a unha zona de embarque-desembarque e con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

• Material específico de kaiak de mar. Características e tipoloxía.

• Embarque e desembarque en diferentes tipos de costa.

• Apoios: alto, baixo e en oito (sculling).

• Canteo, uso do leme e uso de padas direccionais específicas.

• Baleiramentos, rescates e autorrescates: T, H, todos á auga, reentrada con esquimotaxe, autorrescate e autorrescate con flotador de pa.

• Erros frecuentes na iniciación ao kaiak de mar.

• Medios e exercicios de corrección de erros.

• Instrumentos de observación da técnica: follas de control.

2. Demostra e valora a execución das técnicas de seguridade e rescate en kaiak de mar no nivel iniciación, seleccionando a máis adecuada á continxencia.

• Elementos característicos do mar: vento, ondas, mareas, correntes, fetch, etc. Escalas de Beaufort e Douglas.

• Características, perigos e riscos do mar en situacións ata forza 3 de vento na escala de Beaufort.

• Medidas preventivas para minimizar o risco no mar, en situacións ata forza 3 de vento na escala de Beaufort.

• Normas de navegación en mar, prioridades, canles, costa, etc.

• Técnicas básicas para afrontar situacións de perigo no mar en situacións ata forza 3 de vento na escala de Beaufort.

• Autorrescate, baleiramentos, reembarques e remolques.

• Uso e tipoloxía do material de seguridade en kaiak de mar.

3. Concreta e dirixe a sesión de iniciación á navegación en kaiak de mar no nivel iniciación a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación, adaptando secuencias de aprendizaxe e describindo e aplicando procedementos de dinamización, avaliación e control.

• Obxectivos na aprendizaxe das técnicas de navegación do kaiak de mar a nivel iniciación.

• Selección, secuenciación e adaptación de contidos no ensino de kaiak de mar a nivel iniciación.

• Medios, espazo e tempo como factores do ensino do kaiak de mar.

• Métodos no ensino do kaiak de mar a nivel iniciación.

• Dificultades e consideracións pedagóxicas para o ensino do kaiak de mar.

• A sesión de iniciación ao kaiak de mar. As súas partes.

• Medidas preventivas e de control aplicadas ao ensino do kaiak de mar a nivel iniciación.

• Estratexias de resolución de imprevistos e adaptación da programación de referencia.

• Organización do grupo e do espazo respecto á posición do profesorado no ensino do kaiak de mar a nivel iniciación.

Módulo específico de ensino deportivo: Técnica de kaiak-polo.

Código: MED-PIPI105.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora a execución da técnica de esquimotaxe na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

a) Demostráronse e describíronse as técnicas de esquimotaxe de iniciación, con apoio na pa e nas mans, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

b) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos claves da execución da técnica de escape do kaiak envorcado, renunciando á esquimotaxe.

c) Describíronse as técnicas de axuda ao piragüista ou á piragüista envorcado/a no proceso de aprendizaxe da técnica de esquimotaxe.

d) Describíronse as técnicas de esquimotaxe co balón na man, italiana e de popa, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

e) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de ensino da esquimotaxe en kaiak-polo.

f) Relacionáronse os erros tipo das técnicas de esquimotaxe en kaiak-polo coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

g) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos clave da execución da técnica de esquimotaxe en kaiak-polo de augas tranquilas como factor de mellora da técnica.

h) Aplicáronse os instrumentos simples de observación da técnica de esquimotaxe en kaiak-polo.

2. Valora a execución das técnicas básicas de relación padexeiro ou padexeira-pa-balón en kaiak-polo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

a) Demostráronse e describíronse as técnicas de adaptación ao balón coa man e a pa, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

b) Demostráronse e describíronse as técnicas de pase e recepción do balón coa man e coa pa, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

c) Demostráronse e describíronse as técnicas de lanzamento e parada do balón coa man e coa pa, respectivamente, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

d) Demostráronse e describíronse as técnicas de defensa do balón ante un lanzamento ou pase coa pa, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

e) Demostráronse e describíronse as técnicas de protección, roubo e condución do balón co kaiak-polo, identificando os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas de corrección.

f) Describíronse os erros máis habituais nas tarefas tipo de relación padexeiro ou padexeira-pa-balón en kaiak-polo.

g) Relacionáronse os erros tipo da relación padexeiro ou padexeira-pa-balón en kaiak-polo na etapa de iniciación coas posibles causas e as tarefas para a súa solución.

h) Interiorizouse a necesidade de informar o alumnado sobre os elementos clave da execución das técnicas de relación padexeiro ou padexeira-pa-balón en kaiak-polo, como factor de mellora da técnica.

i) Aplicáronse os instrumentos simples de observación das técnicas de relación padexeiro ou padexeira-pa-balón en kaiak-polo.

3. Valora as características e accións de xogo de acordo co regulamento, interpretando as súas normas, identificando as sancións e os sinais que as marcan.

a) Describíronse as balizas que delimitan os diferentes espazos da área de xogo, as súas medidas e as súas funcións.

b) Describíronse as situacións en que se consegue o gol.

c) Describíronse as características e especificidades dos materiais (pa, chaleco, casco, cobre-bañeiras, kaiak-polo e balón) necesarios para o xogo.

d) Identificáronse as características dos períodos de xogo e descanso nun partido de kaiak-polo.

e) Describíronse as infraccións cometidas coa man, coa pa e co kaiak durante o xogo, establecendo a súa sanción e o sinal co que se indica.

f) Valorouse a importancia do respecto ás normas, ao persoal arbitral e ás demais persoas a través dos valores do xogo limpo.

g) Interiorizouse o respecto da normativa que vela pola seguridade dos padexeiros ou padexeiras a través do cumprimento das normas e o uso dos materiais regulamentarios.

4. Concreta e dirixe a sesión de iniciación ao kaiak-polo a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación, adaptando secuencias de aprendizaxe e aplicando procedementos de control.

a) Describíronse os obxectivos de adquisición das técnicas de relación padexeiro ou padexeira-pa-balón e da esquimotaxe en kaiak-polo que se deben alcanzar durante a fase de iniciación.

b) Establecéronse os principios de selección dos contidos e das secuencias de aprendizaxe do kaiak-polo.

c) Describíronse os criterios de adaptación das secuencias de aprendizaxe e dos contidos de aprendizaxe ás condicións da iniciación ao kaiak-polo.

d) Asumiuse a programación como factor de eficacia e calidade na metodoloxía deportiva.

e) Describíronse as características dos medios e métodos utilizados nun programa operativo de iniciación, en función das características do alumnado, os espazos e o material dispoñible.

f) Identificouse o tempo, o espazo e o material necesarios para utilizar en función dos obxectivos da sesión.

g) Identificáronse e prevíronse as posibles respostas fronte ás dificultades didácticas que se poidan presentar durante o desenvolvemento da sesión.

h) Valorouse a importancia da preparación previa da sesión de iniciación ao kaiak-polo como factor de calidade do ensino.

i) Concretáronse as sesións de iniciación ao kaiak-polo de acordo cun programa de referencia.

j) Describíronse as medidas de seguridade que se deben adaptar nunha sesión de iniciación ao kaiak-polo.

k) Prevíronse respostas fronte ás incidencias organizativas que se poidan presentar durante o desenvolvemento dun suposto de sesión de iniciación ao kaiak-polo.

l) Describíronse as formas de organización do grupo e o comportamento do profesorado no desenvolvemento da sesión de iniciación ao kaiak-polo.

Contidos básicos:

1. Valora a execución da técnica de esquimotaxe na iniciación en piragüismo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

• Técnicas de esquimotaxe e os seus aspectos clave.

Pawlata.

– Alemán ou central.

– Italiano.

– De popa.

– Con balón.

– Coas dúas mans.

– Co balón e unha man.

– Coa pa e unha man.

• Erros máis frecuentes nas técnicas de esquimotaxe e as súas causas.

• Axudas no proceso de aprendizaxe da técnica de esquimotaxe.

• Técnicas de abandono da embarcación tras a envorcadura.

• Exercicios e tarefas para a aprendizaxe e corrección das técnicas de esquimotaxe.

• Actitude de atención e dispoñibilidade cara ao alumnado.

2. Valora a execución das técnicas básicas de relación padexeiro ou padexeira-pa-balón en kaiak-polo, identificando os acertos e os erros máis habituais e relacionándoos coas tarefas de reforzo e corrección, respectivamente.

• Técnicas de adaptación do balón á man e á pa: o agarre do balón, o agarre do balón flotando, a recepción do balón voando dun pase e a recepción ou amortecemento do balón na auga ou no aire coa pa.

• Técnicas de pase e recepción: os pases co balón nas mans, frontal, lateral e atrás cunha man desde armado clásico, pronación, gancho e con dúas mans. As súas diferentes traxectorias.

• Técnica básica de lanzamento e parada.

• Técnica básica de bloqueo. Uso regulamentario da pa para deter o lanzamento próximo.

• Técnica básica de protección do balón.

• Erros, causas e tarefas de solucións.

• Instrumentos de observación da técnica de xogo do kaiak-polo: impresos.

3. Valora as características e accións de xogo de acordo co regulamento, interpretando as súas normas, identificando as sancións e os sinais que as marcan.

• Espazo de xogo. As cortizas e as súas marcas delimitadoras, as portarías e os seus tipos, e as características da lámina de auga.

• Consecución de gol.

• Materiais regulamentarios de xogo: kaiak, chalecos, cascos, cubres, pas e balóns.

• Tempos de xogo e descanso.

• Infraccións ás normas de xogo. Accións antirregulamentarias coas mans, o kaiak, as pas e de comportamento. As sancións e os sinais do persoal arbitral correspondente.

• Xogo limpo e seguro.

4. Concreta e dirixe a sesión de iniciación ao kaiak-polo a partir da programación de referencia, describindo os elementos e a organización da programación, adaptando secuencias de aprendizaxe e aplicando procedementos de control.

• Obxectivos na aprendizaxe das técnicas de esquimotaxe e da relación man-padexeiro ou padexeira-balón a nivel iniciación.

• Selección, secuenciación e adaptación de contidos no ensino do kaiak-polo a nivel iniciación.

• Programación da sesión do kaiak-polo. Programas de iniciación tipo no ensino do kaiak-polo.

• Medios, espazo e tempo como factores do ensino do kaiak-polo.

• Métodos no ensino do kaiak-polo a nivel iniciación.

• Dificultades e consideracións pedagóxicas para o ensino do kaiak-polo.

• A sesión de iniciación ao kaiak-polo. As súas partes.

• Medidas preventivas aplicadas ao ensino do kaiak-polo a nivel iniciación.

• Estratexias de resolución de imprevistos e adaptación da programación de referencia.

• Organización do grupo e do espazo respecto á posición do profesorado no ensino do kaiak-polo a nivel iniciación.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

Código: MED-PIPI106.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Colabora na preparación e no desenvolvemento de actividades e competicións da iniciación en piragüismo, identificando os requisitos e permisos da actividade e describindo as características do regulamento e os procesos de inscrición.

a) Describíronse as características básicas e a secuencia de desenvolvemento das actividades e competicións do nivel iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar.

b) Describiuse o organigrama básico dunha organización e as funcións que desempeña no desenvolvemento dos diferentes tipos de actividades e competicións propios da iniciación deportiva ao piragüismo.

c) Enumeráronse os medios materiais, as instalacións e os equipamentos necesarios na organización de actividades e competicións propias da iniciación en piragüismo.

d) Describiuse a normativa e os regulamentos deportivos aplicables á realización dos diferentes tipos de actividades e competicións propios da iniciación deportiva ao piragüismo en cada unha das especialidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak-polo e kaiak de mar.

e) Describíronse os diferentes tipos de permisos necesarios na organización de actividades e competicións de piragüismo, describindo o procedemento de solicitude e a entidade receptora responsable de emitilos.

f) Describíronse os medios e os soportes habituais de difusión xeral de información ás persoas deportistas dunha actividade ou competición de iniciación en piragüismo.

g) Describíronse os prazos habituais de entrega e recollida, así como as características da documentación e requisitos máis frecuentes que a persoa participante debe acreditar para a participación en actividades ou competicións propias da iniciación deportiva ao piragüismo.

h) Describíronse as normas que afectan a confidencialidade e protección legal dos datos achegados pola persoa deportista na súa inscrición á actividade.

i) Describiuse a información e os procedementos de autorización que se deben facilitar a pais/nais ou titores/titoras e persoas deportistas para a participación en actividades, competicións ou percorridos guiados propios da iniciación deportiva ao piragüismo.

j) Describíronse os procedementos habituais de elaboración da orde de participación, os horarios de competición, a xestión de resultados e a entrega de trofeos nunha competición na etapa de iniciación en piragüismo.

k) Demostrouse receptividade e espírito crítico na aceptación consensual das achegas e iniciativas das persoas integrantes da organización.

l) Demostrouse tolerancia aos cambios organizativos xurdidos como consecuencia de continxencias e imprevistos na organización dun evento de piragüismo.

2. Colabora na preparación e condución de percorridos guiados en cursos de auga de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque, identificando os requisitos e permisos da actividade e describindo as características do regulamento e os procesos de inscrición, e aplicando procedementos específicos de guiado.

a) Describíronse as características básicas e a secuencia habitual de desenvolvemento dos percorridos guiados de iniciación en piragüismo en cursos de auga ata grao II e kaiak de mar ata media milla de punto de embarque e desembarque e con ventos menores a forza 3 na escala de Beaufort.

b) Enumeráronse os medios materiais, as instalacións e os equipamentos necesarios na organización de percorridos guiados propios da iniciación en piragüismo.

c) Describíronse os diferentes tipos de permisos necesarios na organización de percorridos guiados de piragüismo, describindo o procedemento de solicitude e a entidade receptora responsable de emitilos.

d) Describíronse os medios e soportes habituais de difusión xeral da información ás persoas deportistas dun percorrido guiado de iniciación en piragüismo.

e) Describíronse os prazos habituais de entrega e recollida, así como as características da documentación e os requisitos máis frecuentes que a persoa participante debe acreditar para a participación en percorridos guiados propios da iniciación deportiva ao piragüismo.

f) Concretouse o programa dun percorrido guiado de piragüismo a nivel iniciación a partir dun suposto de proxecto de referencia, adaptándoo ás características das persoas participantes e aos medios dispoñibles.

g) Interpretouse a cartografía e as guías náuticas, identificando os puntos de embarque, desembarque, referencias de paso e evacuación.

h) Describíronse e utilizáronse os procedementos de orientación, sinalización e balizamento do espazo navegable no desenvolvemento do percorrido guiado a nivel iniciación.

i) Describíronse os procedementos de condución habituais no desenvolvemento dun percorrido guiado a nivel iniciación.

j) Describíronse as características da distribución, a situación e a circulación de participantes nun percorrido guiado de iniciación en piragüismo.

k) Describíronse as funcións e responsabilidades de todo o persoal técnico responsable dun percorrido guiado de piragüismo a nivel iniciación.

l) Describíronse os protocolos de comunicación interna entre persoal técnico responsable do guiado e coas persoas participantes do percorrido guiado de piragüismo.

3. Colabora na seguridade preventiva durante actividades e competicións de nivel iniciación en piragüismo e en percorridos guiados en cursos de auga de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque, describindo os fenómenos meteorolóxicos, identificando os requisitos necesarios, os protocolos que aplicar e as accións que realizar.

a) Identificáronse e describíronse os requisitos de seguridade adecuados ás características do espazo navegable e os puntos de embarque, desembarque e evacuación.

b) Enumeráronse os fenómenos meteorolóxicos que afectan a práctica segura do piragüismo, describindo as súas características, os posibles perigos e as fontes informativas onde se publican as previsións.

c) Interpretáronse os partes meteorolóxicos e de caudal para adaptar a actividade ás condicións existentes.

d) Interpretáronse as condicións meteorolóxicas locais e os signos naturais para adaptar a actividade ás condicións existentes.

e) Describíronse as técnicas de vixilancia e de control do grupo para desenvolver un percorrido guiado.

f) Describíronse os protocolos de actuación de afrontamento dos elementos perigosos e/ou situacións previsibles nun percorrido guiado de piragüismo a nivel iniciación.

g) Describíronse os protocolos de actuación na resolución de envorcaduras, rescates e outras situacións de risco propias da iniciación en piragüismo que afectan a seguridade da actividade.

h) Identificáronse e describíronse os protocolos de actuación ante continxencias de seguridade xeral.

i) Demostrouse rigor na aplicación das normas e os protocolos de seguridade nun suposto práctico.

j) Interiorizouse a necesidade de manter unha actitude de respecto e conservación do medio natural, minimizando o impacto das actividades desenvolvidas.

k) Describíronse e demostráronse as recomendacións de conservación ambiental e de convivencia con outras persoas usuarias do espazo natural que afectan o piragüismo.

4. Selecciona os materiais propios da iniciación en piragüismo (embarcacións, material auxiliar, de comunicación e indumentaria, etc), o seu almacenamento e os medios de transporte, describindo as súas características, o seu comportamento na navegación e as normas e os procedementos do seu mantemento.

a) Enumeráronse e describíronse as características dos diferentes tipos de embarcacións, a indumentaria e o material auxiliar, de comunicación e de seguridade, propios da iniciación en piragüismo.

b) Describíronse as características básicas de estabilidade, velocidade e manobrabilidade nunha embarcación.

c) Diferenciáronse as características de estabilidade, velocidade e manobrabilidade de diferentes embarcacións de iniciación en piragüismo nun suposto de comparación.

d) Identificáronse as prestacións e os usos dos diferentes materiais de construción das embarcacións e do equipamento propio da iniciación en piragüismo en función das persoas deportistas, do medio onde se desenvolve a actividade e das características da actividade.

e) Describíronse os criterios de asignación das embarcacións, da indumentaria, do material auxiliar e de seguridade, propios da iniciación en piragüismo, en función das características das persoas deportistas, do medio onde se desenvolve a actividade e da especialidade de piragüismo que se vai desenvolver.

f) Describíronse as pautas de asignación e adaptación do material para persoas con características antropométricas e técnicas extremas.

g) Identificáronse e describíronse as características necesarias do material de seguridade que utiliza o persoal técnico no nivel iniciación deportiva.

h) Identificáronse as reparacións e adaptacións máis frecuentes dunha embarcación, da indumentaria e do material auxiliar e de seguridade, propias da iniciación en piragüismo.

i) Demostráronse os procedementos de reparación máis simples de cada un dos materiais das embarcacións propias da iniciación en piragüismo.

j) Describíronse e demostráronse as formas de almacenaxe, limpeza, conservación e transporte das embarcacións propias da iniciación en piragüismo.

k) Describíronse e demostráronse as formas de limpeza, almacenaxe e conservación da indumentaria e do material auxiliar, de comunicación e de seguridade, propias da iniciación en piragüismo.

Contidos básicos:

1. Colabora na preparación e no desenvolvemento de eventos, actividades e competicións da iniciación en piragüismo, identificando os requisitos e permisos da actividade e describindo as características do regulamento e os procesos de inscrición.

• Eventos, actividades e competicións do nivel iniciación en piragüismo. Características e secuencia de desenvolvemento.

• Estamentos participantes nunha organización: club ou empresa organizadora, persoal arbitral, monitores/monitoras, xuíces/xuízas, persoal auxiliar, balizadores/balizadoras, monitores/monitoras-guías, persoal de seguridade, persoal de protección civil, etc. Características e funcións que se van desenvolver.

• Recursos materiais para a organización na iniciación en piragüismo: instalacións, medios materiais, equipamentos necesarios, etc. Características.

• Normativa deportiva e regulamento de piragüismo aplicable.

• Normativa ambiental aplicada. Permisos de navegación. Normativa marítima. Normativa de costas. Formalización de solicitudes. Institucións de referencia do ambiente, do medio rural, do medio mariño, de protección civil e garda costeira e fluvial.

• Convocatoria de eventos. Formatos e canles publicitarias.

• Inscricións. Requisitos e acreditacións. Autorización paterna/materna.

• Lei de protección de datos.

• Xestión de competicións: orde de participación, horarios, xestión de resultados, entrega de premios, etc.

• Calidades necesarias para o desempeño de funcións nunha organización.

2. Colabora na preparación e condución de percorridos guiados en cursos de auga de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque, identificando os requisitos e permisos da actividade e describindo as características do regulamento e os procesos de inscrición, e aplicando procedementos específicos de guiado.

• Características, secuencia de desenvolvemento e fases dos percorridos guiados a nivel iniciación en augas tranquilas, augas bravas ata grao II e kaiak de mar con ventos menores a forza 3.

• Recursos materiais para a organización de percorridos guiados na iniciación en piragüismo: instalacións, medios materiais e equipamentos necesarios. Características.

• Normativa ambiental e permisos aplicados para percorridos guiados.

• Convocatoria de eventos. Formatos e canles publicitarias. Formulario e requisitos de inscrición.

• Programa de actividade tipo de percorrido guiado de iniciación en cursos de auga ata grao II, augas tranquilas e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort e a menos de media milla do punto de embarque.

• Cartografía aplicada. Cartas náuticas. Esbozo.

• Orientación, balizamento e sinalización no guiado de percorridos.

• O persoal técnico como guía: características e funcións. Auxiliares, seguridade, socorristas, chofer e outros.

• Procedementos de guiado. Distribución, situación, circulación e funcións do persoal técnico como guías. Comunicación interna entre persoal técnico e responsables do guiado. Comunicación coas persoas participantes.

• Distribución, situación e circulación de participantes.

3. Colabora na seguridade preventiva durante actividades e competicións de nivel iniciación en piragüismo e en percorridos guiados en cursos de auga de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque, describindo os fenómenos meteorolóxicos, identificando os requisitos necesarios, os protocolos que aplicar e as accións que realizar.

• Requisitos de seguridade para espazos navegables.

• Fenómenos atmosféricos xerais e locais que afectan as actividades de piragüismo. Fontes de información atmosférica, meteorolóxica, táboa de mareas, parte de medida do caudal, centrais hidroeléctricas, etc.

• Signos naturais na predición do cambio meteorolóxico e do curso de auga.

• Técnicas de vixilancia e control do grupo.

• Protocolo de actuación ante elementos perigosos previsibles.

• Protocolo de actuación ante envorcaduras e riscos propios da iniciación en piragüismo.

• Protocolo de actuación ante unha emerxencia xeral.

• Actitude de respecto e conservación do medio natural.

• Recomendacións e protocolos de conservación do medio natural.

• Protocolos de cortesía con outras persoas usuarias.

4. Selecciona os materiais propios da iniciación en piragüismo (embarcacións, material auxiliar, de comunicación e indumentaria, etc), o seu almacenamento e medios de transporte, describindo as súas características, o seu comportamento na navegación e as normas e procedementos do seu mantemento.

• Material de iniciación en piragüismo: embarcacións, indumentaria, material auxiliar, material de comunicación, material de seguridade, etc. Elementos, tipos e características.

• Embarcacións: características de estabilidade, velocidade e manobrabilidade. Parámetros que as modifican.

• Materiais de construción: características, usos habituais, adaptación á persoa deportista, ao medio e á actividade.

• Asignación de material: criterios segundo as persoas deportistas, o medio, a actividade, a especialidade, etc. Adaptacións habituais a persoas participantes de características antropométricas extremas.

• Danos máis frecuentes en embarcacións, pas, indumentarias e equipamento persoal.

• Reparacións habituais aos danos comúns.

• Adaptacións do material ás persoas deportistas.

• Limpeza de embarcacións e material en xeral.

• Almacenaxe de embarcacións e material.

• Transporte de embarcacións e material.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-PIPI107.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do club ou entidade deportiva, relacionándoa coa oferta de actividades con relación á iniciación en piragüismo ou á condución de persoas usuarias en percorridos de augas tranquilas ou bravas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque ou en mar.

a) Identificouse a estrutura da organización deportiva local e autonómica e as súas relacións co club ou entidade deportiva de prácticas.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do club ou entidade deportiva de prácticas.

c) Recoñeceuse o tipo de asociación deportiva do club ou entidade deportiva de prácticas.

d) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do club ou entidade deportiva de prácticas.

e) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á iniciación deportiva ou á condución de persoas usuarias en percorridos en augas tranquilas ou bravas de ata grao II ou en mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á iniciación en piragüismo das mulleres.

g) Identificáronse as vías de apoio institucional (local e autonómico) utilizadas polo club ou entidade deportiva de prácticas.

h) Recoñecéronse os valores presentes nas actividades de iniciación en piragüismo do club ou entidade deportiva de prácticas.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo e respecto polo ambiente, e aplicando os procedementos establecidos pola entidade deportiva.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva de prácticas.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva de prácticas.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e as persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevista que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

h) Utilizáronse os equipamentos de prevención de riscos laborais propios da iniciación en piragüismo ou da condución de persoas usuarias en percorridos en augas tranquilas ou bravas ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla de lugar de embarque ou en mar.

i) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en piragüismo.

3. Colabora no desenvolvemento das actividades, competicións propias da iniciación deportiva e na condución de persoas usuarias en percorridos de augas tranquilas ou bravas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla de lugar de embarque, identificando e utilizando medios, interpretando programacións de referencia e executando procedementos de acordo coa norma establecida e instrucións recibidas.

a) Identificáronse e interpretáronse as instrucións recibidas e/ou a documentación asociada á organización e xestión de pequenas competicións, eventos propios da iniciación deportiva en piragüismo e na condución de persoas usuarias en percorridos de augas tranquilas ou bravas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque.

b) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e de seguridade persoal do deportista ou da deportista durante a competición, tendo en conta as características da competición a nivel iniciación en augas tranquilas, bravas, kaiak-polo ou kaiak de mar.

c) Realizáronse operacións de petición dos permisos necesarios para a realización da actividade, competición, evento ou condución de persoas usuarias a nivel iniciación deportiva en piragüismo.

d) Realizáronse accións de colaboración e intervención na organización e xestión de pequenas competicións, eventos e condución de persoas usuarias propios da iniciación deportiva en piragüismo.

e) Realizouse a recollida de documentación para a inscrición das persoas participantes nunha actividade ou eventos de iniciación deportiva en piragüismo.

f) Aplicáronse criterios de confidencialidade á revisión da documentación necesaria para a inscrición.

g) Elaborouse a información sobre a actividade ou a competición de piragüismo para os/as pais/nais ou titores/titoras legais das persoas participantes.

h) Aplicáronse os procedementos de preparación, comprobación, almacenamento e mantemento do material de comunicación utilizado nas actividades de piragüismo.

i) Realizouse a comunicación a través dos medios existentes, aplicando as técnicas e procedementos adecuados.

4. Concreta e dirixe sesións de iniciación deportiva en piragüismo, interpretando programacións de referencia, executando procedementos e técnicas relacionadas co proceso de ensino-aprendizaxe e transmitindo valores éticos vinculados ao respecto e coidado polo propio corpo, respecto ás demais persoas, ao xogo limpo, responsabilidade e esforzo persoal.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da sesión, aplicando técnicas e procedementos establecidos e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación en piragüismo.

c) Recibiuse e despediuse o padexeiro ou padexeira seguindo o protocolo establecido, identificando as súas demandas e necesidades e motivándoo/a para a práctica continuada do piragüismo.

d) Valoráronse as habilidades e destrezas específicas das persoas deportistas co obxecto de determinar o seu nivel, propoñendo a súa incorporación a un grupo, e de tomar as medidas de corrección adecuadas.

e) Concretouse a sesión de ensino-aprendizaxe da iniciación en piragüismo seguindo a programación de referencia, adecuándose ao grupo e ás condicións materiais existentes.

f) Tívose en conta o desenvolvemento natural do padexeiro ou padexeira, propoñendo tarefas variadas que proporcionen diversidade nas experiencias motoras e tendo en conta as características do individuo.

g) Explicáronse os contidos da sesión, seguindo os protocolos e as técnicas establecidas, de forma clara e motivadora.

h) Exemplificáronse as tarefas propostas, executando as accións técnicas segundo os estándares da iniciación en piragüismo e os procedementos establecidos.

i) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na iniciación en piragüismo, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

j) Dirixiuse a sesión de ensino-aprendizaxe de iniciación en piragüismo, solucionando as continxencias existentes, para conseguir a participación e rendemento conforme os seus obxectivos propostos e dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

k) Aplicáronse estratexias de comunicación e control de continxencias, servíndose das dinámicas de grupo máis adecuadas en cada caso.

l) Valorouse o desenvolvemento da sesión, aplicando procedementos de recollida e procesamento da información necesaria para a elaboración de xuízos que permitan o axuste e a mellora permanente do proceso de ensino-aprendizaxe e das actividades propias da iniciación á modalidade ou especialidade deportiva.

m) Demostrouse interese pola transmisión de valores éticos, persoais e sociais a través da práctica deportiva, xogo limpo, respecto á saúde persoal, ás demais persoas e ao contorno.

5. Acompaña o deportista ou a deportista en competicións de nivel iniciación nas especialidades de piragüismo de augas tranquilas, bravas, kaiak-polo ou kaiak de mar, interpretando as normas e regulamentos, executando os procedementos e as técnicas de transmisión de valores.

a) Comprobouse o estado da inscrición do grupo ou deportista en competicións dalgunha das especialidades de piragüismo a nivel iniciación, seguindo as instrucións e normas establecidas.

b) Informouse o padexeiro ou padexeira das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

c) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de iniciación en piragüismo, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

d) Trasladáronse ao padexeiro ou padexeira as instrucións técnicas e tácticas para as competicións dalgunha das especialidades de piragüismo a nivel iniciación, tendo en conta as características da competición e da persoa deportista.

e) Acompañáronse as persoas deportistas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

f) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas durante a participación na competición de iniciación nalgunha das especialidades de piragüismo, aplicando os procedementos adecuados e respectando as súas normas.

6. Realiza operacións de preparación e mantemento do material (embarcacións, pas, indumentaria e auxiliar), das instalacións necesarias para as actividades de iniciación e condución en piragüismo, interpretando instrucións ou normas establecidas e executando procedementos e técnicas propias das operacións.

a) Recoñecéronse e determináronse as necesidades e lugares idóneos para o almacenamento e conservación dos materiais necesarios, tendo en conta os protocolos establecidos.

b) Realizáronse operacións de mantemento do material de navegación e auxiliar, tendo en conta as normas, instrucións e procedementos establecidos e respectando a normativa ambiental.

c) Realizáronse operacións de reparación básica do material de navegación, tendo en conta as normas, instrucións e procedementos establecidos e respectando a normativa ambiental.

d) Aplicáronse criterios de verificación do estado do material de navegación, para a súa baixa ou mantemento, tendo en conta as normas, instrucións e procedementos establecidos.

e) Efectuáronse operacións de equipamento e desequipamento dunha instalación de actividades de iniciación e condución en piragüismo, aplicando as técnicas e procedementos adecuados e seguindo as instrucións e normas establecidas.

7. Intervén na xestión do risco durante a práctica ou na condución por percorridos en augas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque, propios do nivel iniciación en piragüismo, identificando e aplicando procedementos específicos de acordo coas instrucións ou normas de aplicación.

a) Realizáronse operacións de preparación das zonas de práctica ou de paso polos percorridos de piragüismo, para o apoio á seguridade das persoas participantes.

b) Efectuáronse operacións de revisión dos equipamentos individuais e equipamentos de seguridade, seguindo as instrucións ou normas establecidas.

c) Realizáronse operacións de rescate en situacións de iniciación ou condución en piragüismo, aplicando técnicas e procedementos específicos.

d) Controlouse o grupo durante as situacións de risco ou perigo, aplicando os protocolos de acordo coas instrucións e normas recibidas.

e) Efectuáronse os protocolos de comunicación da situación de risco ou perigo, de acordo coas normas e cos procedementos establecidos.

f) Mantívose unha actitude de tranquilidade e responsabilidade durante a intervención nas operacións de rescate.

g) Mostrouse un interese positivo cara á formación continua en técnicas e procedementos de rescate en situacións de risco ou perigo.

8. Realiza operacións de prestación dos primeiros auxilios, interpretando as normas e os protocolos establecidos e aplicando técnicas e procedementos de acordo con instrucións ou normas establecidas.

a) Desenvolvéronse operacións de valoración inicial á persoa accidentada, de acordo coas instrucións e protocolos recibidos.

b) Estableceuse a secuencia de actuación de acordo co protocolo establecido polo Comité de Coordinación Internacional sobre a Resucitación (ILCOR).

c) Establecéronse medidas de seguridade e autoprotección persoal nas situacións de prestación dos primeiros auxilios, de acordo coas instrucións e protocolos recibidos.

d) Aplicáronse técnicas e procedementos de prestación de primeiros auxilios en lesións, segundo a normativa e os protocolos establecidos.

e) Aplicáronse técnicas de soporte vital, seguindo as instrucións e os protocolos establecidos.

f) Efectuáronse operacións de desfibrilación externa semiautomática, seguindo as instrucións e os protocolos establecidos.

g) Mantívose o autocontrol en situacións de prestación dos primeiros auxilios á persoa accidentada, tendo en conta as instrucións e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse técnicas de apoio psicolóxico á persoa accidentada e acompañante, tendo en conta as instrucións e os protocolos establecidos.

i) Utilizouse a terminoloxía médico-sanitaria elemental relacionada cos primeiros auxilios.

j) Demostrouse unha actitude positiva cara á reciclaxe e actualización persoal en novos protocolos e instrumentos relacionados cos primeiros auxilios.

9. Realiza operacións de condución de persoas usuarias ou grupos por percorridos en augas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla de lugar de embarque, interpretando información relacionada coa actividade e executando técnicas e procedementos propios do acompañamento.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade de condución en percorridos en augas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque.

b) Identificáronse as condicións ambientais necesarias para o desenvolvemento da actividade, aplicando técnicas e procedementos establecidos (interpretación de partes meteorolóxicos, predición da evolución do tempo, etc.) e respectando as normas de seguridade establecidas para as actividades de iniciación en piragüismo.

c) Recibiuse e despediuse o padexeiro ou padexeira seguindo o protocolo establecido, informando das características da actividade, identificando as súas demandas e necesidades, e motivándoo ou motivándoa para a repetición da actividade do piragüismo.

d) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración da persoa participante, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

e) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias no desenvolvemento da actividade de condución en percorridos en augas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

f) Interpretáronse e identificáronse as medidas de protección e seguridade persoal da persoa participante, tendo en conta as características dos padexeiros ou padexeiras e os protocolos establecidos.

g) Aplicáronse criterios de adaptación do material e indumentaria das persoas participantes na actividade, tendo en conta as características dos padexeiros ou padexeiras e os protocolos establecidos.

h) Efectuáronse operacións de orientación acordes coas condicións do contorno e o material existente e seguindo as instrucións e normas establecidas.

i) Dirixiuse a condución de padexeiros ou padexeiras por percorridos en augas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque, aplicando as técnicas e procedementos establecidos e solucionando as continxencias existentes, dentro das normas ambientais e as marxes de seguridade requiridas.

j) Aplicáronse estratexias de dinamización, comunicación e control de continxencias, servíndose das dinámicas de grupo máis adecuadas en cada caso.

k) Aplicáronse técnicas e procedementos de recoñecemento do impacto ambiental da actividade de piragüismo, interpretando a información e normas de aplicación.

l) Demostrouse interese pola transmisión de valores de respecto ao ambiente e ao contorno arqueolóxico.

m) Demostrouse interese pola actualización e innovación dos sistemas de localización e navegación utilizables nas actividades de condución de padexeiros ou padexeiras por percorridos en augas de ata grao II e kaiak de mar con ventos de ata forza 3 na escala de Beaufort, a menos de media milla do lugar de embarque.

ANEXO III

Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas

Obxectivos xerais:

a) Executar técnicas específicas propias deste nivel, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir como modelo no proceso de ensino-aprendizaxe da tecnificación deportiva e dar soporte á seguridade no medio.

b) Identificar e detectar as características técnicas, físicas, psicolóxicas e da competición, aplicando procedementos establecidos, para valorar e seleccionar a persoa deportista na etapa de tecnificación deportiva.

c) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento básico das especialidades de slálom e descenso de augas bravas, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar a sesión de adestramento básico.

d) Analizar e interpretar a programación de referencia do perfeccionamento técnico nas especialidades de augas bravas, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos de tecnificación deportiva.

e) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e contidos do ensino do piragüismo, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de iniciación deportiva.

f) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dirección de sesións, de control da continxencia propias da modalidade deportiva, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, resolvendo supostos, para dirixir a sesión de adestramento e perfeccionamento na etapa de tecnificación deportiva.

g) Analizar as condicións de seguridade das instalacións e medios propios da tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica propia de augas bravas de grao III e IV.

h) Elixir e demostrar as técnicas de axuda e rescate propias da tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos en situacións simuladas, para intervir e rescatar en situacións de risco, propias de augas bravas de grao III e IV.

i) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e as instalacións propias da tecnificación deportiva, aplicando a normativa e os procedementos establecidos e operando cos instrumentos de reparación e mantemento, para facilitar a dispoñibilidade e adecuada utilización dos medios necesarios.

j) Analizar os aspectos técnicos e tácticos propios da competición de tecnificación deportiva en slálom e descenso de augas bravas, aplicando procedementos establecidos e tendo en conta as características das persoas participantes e o regulamento para dirixir deportistas en competicións deste nivel.

k) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos propios do nivel iniciación deportiva e identificar as características organizativas de competicións de tecnificación deportiva, enumerando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, aplicando o marco legal que as regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

l) Identificar e analizar as características organizativas, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva.

m) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación deportiva en slálom e descenso de augas bravas, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e de axuste de programas, para avaliar este proceso.

n) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nas persoas deportistas, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

ñ) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

o) Describir e aplicar os programas de iniciación deportiva en piragüismo e procedementos de adaptación de actividades de condución para persoas con discapacidade, clasificando as características das discapacidades, para fomentar a igualdade de oportunidades.

p) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

q) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva.

Código: MED-C201.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características do deportista ou da deportista de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

a) Describíronse as características psicolóxicas propias da adolescencia.

b) Aplicáronse métodos de valoración das características psicolóxicas da etapa de TD.

c) Enumeráronse os trazos sociais máis frecuentes dos asdolescentes e das adolescentes.

d) Determináronse os elementos que forman parte do ámbito familiar, social e deportivo do deportista ou da deportista da etapa de TD.

e) Aplicáronse procedementos de avaliación dos trazos sociais máis frecuentes no adolescente ou na adolescente.

f) Describíronse os factores psicolóxicos que facilitan a aprendizaxe na etapa de TD: a motivación, a concentración, o control de pensamentos e o control das emocións.

g) Describíronse as características e os tipos de motivación no deporte.

h) Argumentouse a contribución da motivación no fomento da TD.

i) Analizáronse os procedementos de mantemento da motivación durante a etapa de TD.

j) Aplicáronse estratexias psicolóxicas para o mantemento da concentración e o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións propios da etapa de TD.

k) Valorouse a necesidade de integrar os aspectos psicosociais na preparación deportiva na etapa de TD.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

a) Describíronse as diferentes teorías da aprendizaxe motora.

b) Analizouse o proceso de aprendizaxe sobre a base dos mecanismos de percepción, decisión e execución de accións motoras, e os seus mecanismos de regulación.

c) Valorouse a importancia de estimular os mecanismos de percepción e decisión (aspectos tácticos e estratéxicos) como construtores previos aos mecanismos de execución (aspectos técnicos).

d) Comparáronse as fases do proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades motoras.

e) Analizouse a tarefa, identificando os factores que determinan a súa complexidade a partir dos mecanismos de percepción, decisión e execución.

f) Analizáronse os factores que inflúen na aprendizaxe dependente do alumnado, da habilidade e/ou do proceso de ensino-aprendizaxe.

g) Identificouse a importancia da memoria nos procesos de aprendizaxe.

h) Identificouse a transferencia como elemento importante que ter en conta na aprendizaxe.

i) Aplicáronse os principios da aprendizaxe motora, exercicio, reforzo, retención e transferencia.

j) Definiuse o concepto, características e tipos de avaliación.

k) Elaboráronse procedementos e instrumentos de avaliación adecuados para a valoración do proceso de perfeccionamento técnico e táctico do deportista ou da deportista.

l) Valorouse a necesidade de adecuar as tarefas ao nivel de desenvolvemento técnico e táctico da persoa deportista, garantindo a súa significatividade e a motivación do alumnado.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización adecuados.

a) Definíronse as diferentes técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico (AB) e perfeccionamento técnico (PT).

b) Describíronse as diferentes estratexias metodolóxicas que se poden aplicar atendendo ás características do grupo.

c) Describíronse e aplicáronse os diferentes estilos de ensino en función das características do grupo e dos contidos que se van impartir.

d) Valorouse o tempo de práctica individual como criterio de calidade nas sesións de AB e PT.

e) Valorouse a importancia da organización do espazo e do material como factor de mellora da participación do alumnado e de redución de condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

f) Detectáronse os efectos da posición e desprazamento do persoal técnico como factor de control e dinamización das tarefas.

g) Valorouse a importancia da actitude do persoal técnico como factor de motivación e activación nas tarefas e sesións de AB e PT.

h) Aplicáronse diferentes tipos de retroalimentación (feedback) desde o punto de vista da eficacia desta (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

i) Identificáronse as variables que ter en conta na administración da retroalimentación (feedback): momento de aplicación, frecuencia na administración e a cantidade.

j) Identificáronse e aplicáronse as diferentes formas de distribución da práctica como un dos factores que inflúen na aprendizaxe, ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe.

k) Describíronse e argumentáronse as características e posibles causas dos comportamentos non desexados nas tarefas e sesións de AB e PT.

l) Analizáronse e aplicáronse as medidas de intervención do persoal técnico ante posibles condutas non desexadas en tarefas e sesións de AB e PT.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe do deportista ou da deportista.

a) Describíronse os tipos de programación de tecnificación deportiva, os seus principios e as diferentes fases.

b) Identificáronse os obxectivos, os contidos, os medios, os métodos e os instrumentos de avaliación dun programa de ensino deportivo.

c) Valorouse a importancia da programación como elemento de control da evolución das aprendizaxes deportivas.

d) Describíronse as consideracións básicas no deseño de programas de iniciación deportiva.

e) Analizáronse as características e a estrutura da sesión de aprendizaxe como unidade básica de programación deportiva.

f) Aplicáronse criterios de modificación de tarefas a partir da programación de referencia segundo a etapa de aprendizaxe deportiva.

g) Identificáronse os elementos de complexidade da tarefa e o seu axuste en relación cos seus mecanismos de regulación.

h) Describíronse os conceptos de progresión, interferencia contextual e significatividade das tarefas na aprendizaxe deportiva.

i) Valorouse a importancia da progresión e a interferencia contextual no deseño e na modificación de tarefas como factor de mellora na aprendizaxe deportiva.

j) Destacouse a importancia da motivación da persoa deportista cara á tarefa como elemento clave na súa mellora e a súa adherencia á práctica.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

a) Diferenciáronse as funcións do persoal técnico coordinado polo adestrador ou pola adestradora.

b) Definíronse as técnicas de comunicación máis eficaces na coordinación do traballo do persoal técnico ao seu cargo.

c) Describíronse os diferentes estilos de condución do grupo, en función das situacións e das características do persoal técnico que se vai dirixir.

d) Elaboráronse dinámicas de grupo que potencian a capacidade de traballo en equipo e de escoita.

e) Valorouse a necesidade de cooperar para optimizar o rendemento do equipo de traballo.

6. Tutela as persoas deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

a) Identificáronse os principais problemas éticos propios da etapa de tecnificación deportiva.

b) Valorouse a importancia de aplicar principios éticos durante a participación en competicións deportivas.

c) Identificáronse as principais formas de actuación do persoal técnico deportivo para inculcar actitudes e valores de respecto, xogo limpo e traballo en equipo nas competicións deportivas.

d) Valorouse a importancia de desenvolver unha actitude responsable e asertiva que favoreza a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

e) Aplicáronse procedementos de resolución de problemas e conflitos éticos que poden xurdir durante a competición deportiva.

f) Identificáronse os principais elementos do contexto que inflúen nas condutas éticas e inmorais durante a práctica deportiva.

g) Describíronse os principios deontolóxicos profesionais do persoal técnico deportivo.

h) Describíronse e aplicáronse mecanismos de adaptación da competición para favorecer unha práctica inclusiva na etapa de tecnificación deportiva.

i) Valorouse a importancia de fomentar o desenvolvemento integral do deportista ou da deportista e non só o aspecto técnico deportivo.

j) Describíronse e aplicáronse técnicas e instrumentos de avaliación e medida de actitudes e valores no deporte.

Contidos básicos:

1. Identifica as características da persoa deportista de tecnificación deportiva (TD), relacionándoas coa etapa da adolescencia e analizando as variables psicolóxicas implicadas no rendemento deportivo.

• Análise das características psicosociais das persoas deportistas na etapa de TD.

– Características psicolóxicas da adolescencia.

– Trazos sociais dos adolescentes e das adolescentes.

– Diferenzas entre rapaces e rapazas na adolescencia.

– Elementos do ámbito familiar, social e deportivo na TD.

– Aplicación de métodos para avaliar as características psicosociais das persoas deportistas na etapa de TD e do seu ámbito familiar, social e deportivo.

– Valoración da necesidade de integrar os aspectos psicosociais da adolescencia na preparación deportiva da etapa de TD.

• Identificación e control dos factores psicolóxicos máis relevantes na etapa de TD.

– A motivación.

▪ Características e tipos.

▪ Procedementos para o mantemento da motivación durante a etapa de TD.

▪ Valoración do papel destacado da motivación no fomento da TD.

– A concentración.

▪ Características psicolóxicas.

▪ Aplicación de recursos para facilitar o mantemento da concentración en adestramentos e competicións.

– Control de pensamentos e emocións.

▪ Características psicolóxicas.

▪ Medo ao fracaso e ansiedade precompetitiva.

▪ Síndrome da persoa queimada (Burnout) en persoas deportistas mozas.

▪ Aplicación de recursos para facilitar o control de pensamentos e emocións en adestramentos e competicións.

2. Valora o proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista, analizando as características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

• Análise das características da aprendizaxe motora e os factores que interveñen.

– Teorías da aprendizaxe motora.

– Mecanismos de aprendizaxe: a percepción, a decisión, a execución e os seus mecanismos de regulación.

– Fases da aprendizaxe deportiva.

▪ Cognitiva (iniciación).

▪ Asociativa (perfeccionamento).

▪ Automática (dominio).

– A importancia da aprendizaxe sobre a base dos mecanismos de percepción e decisión, sobre os aspectos de execución.

– Factores de que depende a aprendizaxe.

▪ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe dependentes do alumnado: idade, sexo, coñecementos previos, coeficiente intelectual, motivación, etc.

▪ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe dependentes da habilidade: atendendo ao mecanismo implicado e á complexidade da tarefa.

▪ Identificación dos factores que inflúen na aprendizaxe dependentes do proceso de ensino-aprendizaxe: transmisión de información, progresión, distribución da práctica, etc.

▪ Valoración da importancia de adaptar as tarefas ás necesidades do alumnado.

– Principios da aprendizaxe motora.

▪ Aplicación dos principios da aprendizaxe motora: exercicio, reforzo, retención e transferencia.

▪ A transferencia: tipos e aplicacións á aprendizaxe.

▪ A memoria.

▪ Importancia da transferencia do aprendido a outros contextos.

• O proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista.

– Identificación das características técnicas e tácticas propias da etapa de perfeccionamento.

• A avaliación: concepto, características e tipos.

– Deseño e aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do proceso de perfeccionamento técnico e táctico da persoa deportista: obxectivos/subxectivos e cualitativos/cuantitativos.

– Valoración da importancia da avaliación para valorar a adquisición de novas aprendizaxes e a estabilidade das xa aprendidas.

3. Aplica as técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico analizando a metodoloxía e os procedementos de control e dinamización adecuados.

• Análise da metodoloxía e os procedementos de control e dinamización de actividades de adestramento básico e perfeccionamento técnico.

– Técnicas de dirección, organización e dinamización de actividades.

– Os estilos de adestrador ou adestradora na dirección de grupos.

– Estratexias metodolóxicas e estilos de ensino en función das características do grupo e da actividade.

– Valoración do tempo de práctica do alumnado.

– Técnicas de xestión das actividades para optimizar os tempos de práctica e o control do grupo.

– Importancia da posición estratéxica do persoal técnico na actividade.

– Implicación activa do persoal técnico nas tarefas para involucrar e motivar o alumnado.

– Diferentes tipos de retroalimentación (feedback), variables e tipos desde o punto de vista da súa eficacia (coñecemento de resultados e coñecemento do rendemento).

– Identificación da práctica concentrada ou distribuída en función do tipo de actividade e características do grupo.

– As condutas disruptivas e situacións de conflito nas actividades.

– Xestión de recursos fronte ás condutas non desexadas.

4. Interpreta a programación do ensino deportivo analizando os seus compoñentes e deseñando actividades en función da etapa de aprendizaxe do deportista ou da deportista.

• Interpretación e deseño de programacións.

– Tipos, principios e fases da programación deportiva.

– Elementos da programación das aprendizaxes deportivas: obxectivos, contidos, medios, métodos e instrumentos de avaliación.

– Interpretación da programación do ensino deportivo.

– Elaboración e aplicación de programas de iniciación deportiva.

– Deseño de sesións de aprendizaxe na iniciación deportiva.

– Elaboración de secuencias de aprendizaxe e aplicación de criterios para a modificación de tarefas de aprendizaxe deportiva.

– A programación como elemento de avaliación das aprendizaxes deportivas.

• Elección e deseño de tarefas motoras.

– A tarefa motora: complexidade e dificultade. Factores dos que depende.

– Progresión, significatividade e interferencia contextual nas tarefas durante as secuencias de aprendizaxe.

– Valoración da progresión das aprendizaxes como elemento fundamental no deseño e modificación ou manipulación de tarefas.

– Valoración da importancia de adecuar as tarefas ás características e intereses das persoas deportistas.

5. Coordina a intervención do persoal técnico ao seu cargo, aplicando técnicas de xestión de recursos humanos.

• Dirección e coordinación de grupos de traballo.

– Dinámica e características de grupos de traballo non xerarquizados.

– Asignación de roles: claridade, aceptación e cumprimento das funcións do persoal técnico.

– Valoración da necesidade de cooperar.

• Aplicación de técnicas de comunicación e condución de grupos.

– Técnicas de comunicación para a coordinación de grupos non xerarquizados.

– Adecuación dos estilos de condución ás necesidades da situación e das persoas.

– Dinámicas de grupo que potencian o traballo en equipo e a capacidade de escoita.

6. Tutela ás persoas deportistas durante a súa participación en adestramentos e competicións, identificando e inculcando actitudes e valores persoais e sociais.

• Identificación de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición.

– Principais problemas éticos na etapa de TD: abandono, exclusión da práctica, busca de resultados, etc.

– O contexto da práctica deportiva (clubs, asociacións, organizadores/organizadoras deportivos/as, árbitros/árbitras, medios de comunicación, etc.) na promoción e desenvolvemento de valores no deporte.

– Avaliación e medida de actitudes e valores no deporte: técnicas e instrumentos de medida dos valores no deporte (diario de sesións, test sociométrico, cuestionarios, perfil de polaridade, etc.).

• Transmisión de actitudes e valores persoais e sociais en relación coa práctica deportiva e a competición.

– Características do persoal técnico deportivo para favorecer a transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

▪ Empatía, asertividade, sensibilidade moral, capacidade de liderado, fomento do traballo en equipo, etc.

– Necesidade de desenvolvemento da responsabilidade persoal e a asertividade na transmisión de valores persoais e sociais a través do deporte.

– Estratexias para a resolución de conflitos que poidan xurdir durante a participación en eventos deportivos e competicións (role-playing, banco de reflexión, dilemas morais, etc.).

– Principios deontolóxicos do persoal técnico deportivo.

– Adaptación das estruturas competitivas ao desenvolvemento de valores persoais e sociais (mantemento do carácter lúdico e de participación de todos e todas, cambios regulamentarios, etc.).

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo.

Código: MED-C202.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

a) Describiuse a estrutura e a organización do organismo en función das súas unidades estruturais (células, tecidos e sistemas).

b) Diferenciáronse as distintas posibilidades de movemento do corpo humano, usando a terminoloxía correcta para a descrición de posicións e direccións, en función dos eixes e planos anatómicos.

c) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello locomotor (ósos, articulacións e músculos).

d) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema nervioso en relación co exercicio, atendendo á estrutura e función da neurona, e ao proceso de sinapse nerviosa.

e) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello cardiocirculatorio en relación co exercicio, atendendo á estrutura e dinámica do sangue, o corazón e os vasos sanguíneos.

f) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do aparello respiratorio en relación co exercicio físico.

g) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema endócrino, en relación coas hormonas e glándulas endócrinas determinantes no desenvolvemento e co exercicio físico.

h) Analizouse e describiuse o ciclo menstrual feminino en relación co adestramento deportivo.

i) Analizouse e describiuse a estrutura e o funcionamento do sistema dixestivo.

j) Describíronse as diferentes fontes enerxéticas no organismo, relacionándoas coa súa implicación no exercicio físico.

k) Describíronse as principais adaptacións do organismo ao exercicio físico.

l) Valorouse a importancia das funcións anatómico-fisiolóxicas como base do adestramento deportivo.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

a) Analizáronse as repercusións positivas máis relevantes da práctica deportiva sobre o organismo humano.

b) Analizáronse as consecuencias negativas que pode levar consigo unha práctica deportiva inadecuada.

c) Identificáronse as contraindicacións patolóxicas xerais máis importantes á práctica de exercicio físico.

d) Analizáronse os beneficios dunha adecuada hixiene deportiva.

e) Respectáronse unhas pautas básicas en canto ao equipamento e aos coidados hixiénico-corporais básicos na práctica deportiva.

f) Desenvolvéronse actividades de quecemento xeral e arrefriamento da persoa deportista.

g) Aplicáronse os principios da hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico xeral.

h) Identificáronse hábitos posturais adecuados na práctica de actividades cotiás.

i) Describíronse as bases para unha alimentación e hidratación adecuadas antes, durante e despois do exercicio.

j) Analizáronse hábitos insalubres contraproducentes para o desenvolvemento físico das persoas e, especialmente, en relación coas persoas deportistas mozos ou mozas.

k) Describíronse as consecuencias do adestramento deportivo sobre a saúde das deportistas.

l) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación adecuada, distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

a) Describiuse o concepto de capacidade motriz da persoa.

b) Identificáronse as capacidades coordinativas e condicionais como constitutivas da capacidade motriz da persoa.

c) Describíronse as características das capacidades condicionais da persoa.

d) Describíronse as características das capacidades coordinativas da persoa.

e) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades condicionais.

f) Clasificáronse os instrumentos e os medios máis importantes para a valoración das capacidades coordinativas.

g) Describiuse a evolución da capacidade motriz da persoa durante a adolescencia.

h) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades condicionais.

i) Valorouse a importancia da obxectividade, a fiabilidade e a validez dos métodos de medición das capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

a) Describíronse e analizáronse os principais compoñentes das cargas de adestramento con relación a unha programación establecida.

b) Describíronse os principais conceptos de programación no adestramento deportivo.

c) Analizáronse, interpretáronse e comparáronse os elementos básicos da programación deportiva.

d) Analizáronse os diferentes mesociclos de toda programación deportiva.

e) Analizáronse os diferentes microciclos de toda programación deportiva.

f) Analizáronse os diferentes tipos e características da sesión de adestramento.

g) Analizáronse e interpretáronse programacións deportivas na etapa de tecnificación deportiva.

h) Identificáronse e analizáronse os procedementos de rexistro de toda programación deportiva.

i) Analizáronse os principios do adestramento deportivo e a súa relación coa programación deportiva.

j) Analizáronse e interpretáronse as principais leis que rexen o adestramento deportivo.

k) Valorouse a importancia da programación no proceso de adestramento.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

a) Analizáronse e aplicáronse os principios de incremento da carga de adestramento.

b) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da forza.

c) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da resistencia.

d) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da velocidade.

e) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento da flexibilidade.

f) Analizáronse e aplicáronse os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades coordinativas.

g) Analizáronse os principais medios do adestramento da forza.

h) Analizáronse os principais medios do adestramento da resistencia.

i) Analizáronse os principais medios do adestramento da velocidade.

j) Analizáronse os principais medios do adestramento da flexibilidade.

k) Analizáronse os principais medios do adestramento das capacidades coordinativas.

l) Valorouse a importancia dos principios metodolóxicos e medios de adestramento das capacidades para o correcto desenvolvemento da condición motriz xeral das persoas.

Contidos básicos:

1. Identifica as características físicas de homes e mulleres, analizando as funcións anatómico-fisiolóxicas do organismo en relación co exercicio físico.

• Células, tecidos e sistemas no organismo: estrutura e organización xeral.

• Descrición espacial do movemento: posición anatómica, eixes e planos anatómicos. Terminoloxía de posición e dirección.

• Aparello locomotor: principais ósos, articulacións e músculos. Estrutura e mobilidade das principais rexións anatómicas.

• Sistema nervioso: neurona, sinapse e transmisión do impulso nervioso.

• Aparello cardiocirculatorio: o corazón, resposta circulatoria ao exercicio e conceptos relacionados. Frecuencia cardíaca e volume sistólico.

• Aparello respiratorio: estrutura anatómica, capacidades e volumes pulmonares. Resposta ventilatoria ao exercicio.

• Sistema endócrino: principais hormonas e glándulas endócrinas. Resposta hormonal ao exercicio.

• Ciclo menstrual: características e influencia na práctica da actividade físico-deportiva. Menarquía e amenorrea primaria e secundaria.

• Sistema dixestivo: anatomía e fisioloxía básica.

• Metabolismo enerxético: ATP e principais vías metabólicas.

• Adaptacións dos diferentes sistemas implicados no exercicio físico.

2. Promove prácticas deportivas saudables, identificando as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva.

• Deporte-saúde: concepto e relación con outros ámbitos deportivos.

• Beneficios da práctica físico-deportiva sobre o organismo: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Riscos propios dunha práctica deportiva inadecuada: repercusións físicas, psicoemocionais e psicosociais.

• Contraindicacións xerais máis importantes á práctica de exercicio físico: contraindicacións absolutas e relativas. Precaucións.

• Hixiene deportiva: pautas xerais, hábitos e coidados hixiénico-corporais e equipamento deportivo.

• Efectos do adestramento deportivo na saúde específica das deportistas: beneficios (incremento capital óseo, entre outros) e riscos dunha práctica inadecuada (triada, entre outros).

• Hixiene postural na práctica de exercicios de acondicionamento físico: pautas básicas de corrección postural e exercicios desaconsellados.

• Hixiene postural na práctica de actividades cotiás.

• O quecemento e a volta á calma na sesión deportiva.

• A alimentación e a hidratación vinculadas ao exercicio (antes, durante e despois do exercicio físico).

• Hábitos insalubres contraproducentes para a práctica deportiva: alcohol, tabaco e outras drogas. «Comida lixo». Trastornos alimentarios.

3. Valora a condición motriz xeral de homes e mulleres aplicando as técnicas e a metodoloxía de avaliación adecuada, distinguindo as diferentes capacidades físicas básicas.

• Capacidades motrices: xeneralidades.

• Capacidades coordinativas: xeneralidades.

• Capacidades condicionais: xeneralidades.

• A resistencia.

• A velocidade.

• A forza.

• ADM.

• A axilidade.

• A coordinación.

• O equilibrio.

• Control do adestramento: instrumentos e valoración das capacidades condicionais e as capacidades coordinativas.

4. Interpreta a programación describindo os principios e os elementos básicos do adestramento deportivo.

• O adestramento deportivo: concepto, obxectivos e características. Elementos configurativos.

• A carga de adestramento: conceptos, características, elementos básicos, medios e métodos de aplicación. Control e incremento da carga: volume, intensidade, recuperación, densidade, etc.

• Principios básicos do adestramento deportivo.

• Leis básicas do adestramento deportivo: síndrome xeral de adaptación, sobrecompensación e recuperación.

• Factores de rendemento.

• Períodos e ciclos de adestramento.

• Programación do adestramento e a competición: obxectivos, contidos e periodización.

5. Desenvolve a condición motriz xeral de homes e mulleres, analizando os principios metodolóxicos do adestramento das capacidades e os medios utilizados.

• Adestramento xeral e específico.

• A resistencia: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A velocidade: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• A forza: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• ADM: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

• Capacidades coordinativas: principios metodolóxicos e medios de adestramento.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade.

Código: MED-C203.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

a) Describíronse os principais tipos de discapacidade atendendo ao mecanismo funcional afectado e as súas consecuencias a nivel perceptivo motor.

b) Recoñecéronse pautas de traballo específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

c) Aplicáronse procedementos básicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, especialmente en relación co transporte, o control de obxectos e as súas habilidades motrices básicas.

d) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación deportiva segundo os diferentes tipos de discapacidade.

e) Determináronse as principais orientacións metodolóxicas que empregar segundo o tipo de discapacidade, especialmente con relación á comunicación e á participación na tarefa.

f) Argumentouse a importancia de identificar, previamente á práctica, as características propias e individuais de toda persoa practicante con algunha discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas, analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

a) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nas tarefas, xogos e deportes.

b) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

c) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas para as persoas con discapacidade que compensan os déficits que se presentan.

d) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e deportes para favorecer a participación, o gozo e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica.

e) Valorouse a importancia do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e en espazos deportivos.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva e á difusión da práctica.

h) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións, de cara á práctica deportiva de persoas con discapacidade.

i) Describíronse as posibilidades do material deportivo adaptado específico dos diferentes xogos e deportes adaptados.

j) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas atendendo ao tipo de discapacidade e práctica deportiva que realicen as persoas.

3. Organiza as persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

a) Describiuse o concepto de clasificación funcional deportiva e o concepto de discapacidade mínima.

b) Enunciáronse as clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade.

c) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais para a homoxeneización dos procesos competitivos no deporte adaptado, argumentando as diferenzas entre elas.

d) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación para fomentar a participación de mulleres con discapacidade, grandes discapacitados ou discapacitadas e, mesmo, persoas sen discapacidade.

e) Identificáronse os xogos e os deportes adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características daqueles que son específicos.

f) Recoñeceuse a importancia de vivenciar algúns deportes adaptados practicados por persoas con discapacidade a través de situacións simuladas.

g) Seleccionouse o deporte adaptado máis adecuado atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e á clasificación funcional deportiva.

h) Valorouse a importancia da participación de persoas con discapacidade no deporte como peza clave da súa integración social.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

a) Relacionouse a orixe do deporte para persoas con discapacidade coa estrutura actual do deporte adaptado.

b) Identificáronse os organismos reguladores do deporte adaptado a nivel internacional, nacional e rexional.

c) Diferenciáronse as estruturas deportivas paralímpicas das que non o son.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, a recreación e a práctica saudable.

e) Diferenciáronse as orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade (hospitalaria, asociativa, etc.), e as diferentes finalidades (rehabilitadora, terapéutica, recreativa, deportiva, etc.) da práctica.

f) Describíronse os diferentes programas de deporte adaptado que existen.

g) Describíronse os principais programas de difusión da práctica e desenvolvemento do deporte adaptado como exemplos de boa práctica.

h) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles en deporte adaptado como recurso básico para orientar as persoas deportistas con discapacidade.

i) Valorouse a importancia da promoción do deporte adaptado como xerador de valores persoais e sociais e vehículo de integración social.

Contidos básicos:

1. Organiza sesións de iniciación deportiva analizando as necesidades das persoas con discapacidade.

• Descrición das discapacidades:

– Discapacidade sensorial: visual e auditiva.

– Discapacidade intelectual: atraso mental e síndrome de Down.

– Discapacidade física: lesión medular, parálise cerebral e amputacións.

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

• Valoración inicial das características específicas das persoas con discapacidade.

• Utilización de ferramentas básicas para a recollida de información da competencia motriz en persoas con discapacidade.

• Aplicación das orientacións metodolóxicas oportunas en función do tipo de discapacidade.

• Aplicación de restricións e condicións básicas de seguridade na práctica deportiva segundo a discapacidade.

• A importancia das adaptacións metodolóxicas e a seguridade na iniciación deportiva de persoas con discapacidade.

2. Aplica recursos que fomentan a participación de persoas con discapacidade en actividades físico-deportivas, analizando as características da tarefa e identificando as limitacións para a práctica deportiva orixinadas polo contexto.

• Xustificación da práctica deportiva das persoas con discapacidade como factor clave do seu benestar e da calidade de vida.

• As vías de incorporación á práctica de persoas con discapacidade.

• Identificación das principais restricións na participación cara á práctica deportiva provocadas polo contexto.

• Identificación das actitudes no contorno das persoas con discapacidade.

• Barreiras arquitectónicas nas instalacións deportivas.

• Integración e inclusión a través dos xogos e dos deportes.

• Identificación e utilización dos mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e deportes.

• Aplicación do xogo e as súas diferentes orientacións como elemento de atención á diversidade.

• Características do material deportivo adaptado.

• As axudas técnicas para a práctica deportiva.

• Valoración do papel da integración (inclusión das persoas con discapacidade en xogos e deportes).

• Vivenciación de situacións de práctica inclusiva para o fomento da participación de persoas con discapacidade.

3. Organiza as persoas deportistas con discapacidade interpretando as principais clasificacións funcionais do deporte adaptado e as características dos deportes adaptados.

• Tipo de deporte adaptado en función do mecanismo funcional afectado.

• As principais clasificacións funcionais deportivas segundo o tipo de discapacidade. O concepto de «mínima discapacidade».

• As clasificacións funcionais como proceso de homoxeneización para a participación.

• Análise da participación das persoas con discapacidade, en función da afectación e do sexo, para unha participación igualitaria.

• A práctica deportiva con persoas con discapacidade en condicións de igualdade como factor de integración e participación.

• Características do deporte adaptado.

• Os deportes adaptados específicos.

• A participación de persoas sen discapacidade na práctica de deportes adaptados (integración á inversa).

• Participación e vivenciación dos principais deportes adaptados.

4. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica deportiva recoñecendo a estrutura do deporte adaptado e as fontes de información dispoñibles.

• Orixe e historia do deporte adaptado.

• Estrutura do deporte adaptado.

• O Comité Paralímpico Internacional e o Comité Paralímpico Español.

• As orixes da práctica deportiva dunha persoa con discapacidade e as súas finalidades.

• Os programas de difusión e desenvolvemento do deporte adaptado.

• O papel do tecido asociativo de persoas con discapacidade na difusión da práctica deportiva.

• As principais fontes de información sobre o deporte adaptado.

• O deporte adaptado como promotor de valores e vehículo de integración social.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva.

Código: MED-C204.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa e o réxime disciplinario deportivo.

a) Describíronse os organismos deportivos de ámbito nacional máis importantes e as súas funcións.

b) Relacionouse a lexislación deportiva de ámbito nacional coa súa estrutura administrativa.

c) Identificáronse as características do réxime disciplinario deportivo e as súas funcións.

d) Describiuse o réxime disciplinario deportivo aplicado á competición.

e) Expuxéronse as infraccións e sancións máis importantes relacionadas coa dopaxe, a violencia e a disciplina deportiva xeral.

f) Explicáronse os procedementos de comunicación das sancións deportivas.

g) Identificáronse as funcións dos diferentes órganos disciplinarios (clubs, federacións, Comité Español de Disciplina Deportiva, etc.).

h) Identificáronse os órganos responsables da aplicación da normativa sobre a dopaxe.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoa coa normativa vixente.

a) Describíronse as características das instalacións deportivas, a súa funcionalidade e a súa relación cos aspectos de seguridade e de protección do ambiente.

b) Describíronse os criterios de seguridade que deben cumprir os equipamentos necesarios para a práctica deportiva.

c) Identificouse a normativa de aplicación en relación coa seguridade nas instalacións deportivas.

d) Analizouse o significado e o alcance dos distintos tipos de sinalización de seguridade nunha instalación deportiva.

e) Analizáronse os requisitos básicos de seguridade que deben cumprir as instalacións e o equipamento deportivo para todas as persoas que sexan usuarias ou persoal laboral, segundo a normativa vixente.

f) Analizáronse, nun suposto práctico, as características dos plans de emerxencia e evacuación dunha instalación deportiva.

g) Describíronse as medidas de protección contra actos antisociais e de violencia no deporte nunha instalación deportiva.

h) Valorouse a importancia de establecer os plans de emerxencia e evacuación nunha instalación deportiva.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

a) Interpretouse e cubriuse a documentación e os permisos necesarios para a xestión da viaxe.

b) Identificouse a normativa referente aos seguros de accidente e actividade.

c) Comparáronse diferentes tipos de seguros de accidente coas necesidades dun suposto de desprazamento.

d) Valorouse a responsabilidade que ten o persoal técnico sobre o control do grupo nos desprazamentos.

e) Interpretouse a normativa referente á responsabilidade do persoal técnico no desprazamento dos grupos.

f) Deseñouse o plan de viaxe nun suposto práctico de desprazamento dun grupo de deportistas.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel iniciación e tecnificación deportiva, analizando as características de organización das competicións.

a) Cubriuse a documentación relativa á inscrición en competicións.

b) Valorouse a importancia da responsabilidade do persoal técnico durante a competición.

c) Identificáronse as fases na organización dunha competición de iniciación ou tecnificación deportiva.

d) Describíronse as funcións máis relevantes na organización dunha competición deportiva.

e) Xustificouse a importancia da cobertura legal: licenza federativa e seguro deportivo da persoa deportista durante a competición.

5. Realiza actividades de xestión dun club deportivo aplicando os procedementos adecuados para a súa constitución e posta en marcha.

a) Identificouse a normativa que regula a constitución e o funcionamento dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

b) Identificáronse os trámites necesarios para a creación dun club deportivo en función do seu ámbito de actuación.

c) Analizáronse as posibles vías de financiamento económico existentes para a creación e xestión dun club deportivo segundo as súas características.

d) Describíronse as características organizativas básicas dun club deportivo relacionándoas co obxecto da súa actividade.

e) Valorouse a importancia do club deportivo como elemento favorecedor da práctica deportiva.

f) Identificáronse os elementos necesarios no establecemento de convenios coas administracións públicas, así como con outras asociacións de carácter privado.

Contidos básicos:

1. Interpreta a normativa de competición relacionándoa coa organización deportiva nacional e a súa estrutura administrativa.

• Lexislación deportiva estatal e normativa relacionada: obxecto e rango, e ámbito de aplicación.

• O Consello Superior de Deportes. Estrutura básica e funcións.

• Entidades deportivas españolas: Comité Olímpico Español, Comité Paralímpico Español, etc. Estrutura básica e funcionamento.

• Entidades deportivas españolas: federacións españolas deportivas. Estrutura básica e funcionamento.

• Réxime disciplinario deportivo e procedementos sancionadores. Natureza e competencias dos órganos disciplinarios: Axencia Estatal Antidopaxe, Comité Español de Disciplina Deportiva, Comisión Nacional contra a Violencia nos Espectáculos Deportivos, etc.

2. Selecciona e prepara recursos materiais e instalacións necesarias analizando as súas condicións de seguridade e relacionándoas coa normativa vixente.

• Instalacións deportivas: concepto e características funcionais.

• Medidas de protección do ambiente nas instalacións deportivas.

– Aforro e uso eficiente da auga e da enerxía.

– As afeccións no contorno físico. Redución de residuos, apoio á reciclaxe e reutilización.

• Normativa sobre seguridade nas instalacións deportivas. Medidas de protección para persoas usuarias e traballadores ou traballadoras.

• Protección contra actos antisociais e violencia no deporte.

• Análise e aplicación dos plans de emerxencia e evacuación.

• A información sobre seguridade nas instalacións deportivas. Interpretación da sinalización de seguridade.

• Procedementos de revisión dos equipamentos deportivos.

3. Prepara o desprazamento da persoa ou grupo de iniciación e tecnificación deportiva aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente.

• A organización do desprazamento dos grupos deportivos.

– Características, formalización e tipo de documentación e permisos de desprazamento das persoas deportistas, e normativa de aplicación.

• A elección dos seguros de accidentes e actividade. Tipos e características. Normativa de aplicación.

• Responsabilidade civil do persoal técnico deportivo.

– Características e normativa vixente. O acompañamento ou tutela de menores durante o desprazamento.

• Asunción de normas e responsabilidades do persoal técnico deportivo nas viaxes dos grupos deportivos.

4. Dirixe e acompaña deportistas en competicións de nivel iniciación e tecnificación deportiva, analizando as características de organización das competicións.

• Análise dos requisitos básicos para a participación en competicións de tecnificación deportiva.

– Proceso de inscrición, documentación e prazos.

– Tramitación e características da licenza federativa: autonómica e nacional.

– A tramitación do seguro obrigatorio deportivo.

• Análise das funcións e responsabilidade do persoal técnico deportivo durante a competición.

• Organización e estrutura básica das competicións deportivas, as fases máis relevantes. Funcións da organización.

5. Xestiona un club deportivo aplicando os procedementos adecuados para a súa constitución e posta en marcha.

• O club deportivo. Tipos, características e estrutura básica.

• Normativa de constitución e funcionamento dun club deportivo.

• Procedemento de constitución e inscrición dos clubs deportivos.

• Vías de financiamento dos clubs deportivos: ingresos propios, ingresos indirectos, subvencións de institucións públicas, etc.

– Tipos e modalidades das axudas e subvencións aos clubs. Procedemento de tramitación.

– Convenios de colaboración coa Administración: protocolos, cláusulas e anexos.

– O patrocinio deportivo. Tipos e normativa relacionada.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte.

Código: MED-C205.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

a) Identificouse a terminoloxía específica na temática de xénero.

b) Valorouse a importancia da autoavaliación permanente sobre os prexuízos e estereotipos persoais en relación co xénero.

c) Describíronse os prexuízos e estereotipos persoais e sociais, específicos en relación co xénero e coa práctica de actividade físico-deportiva.

d) Identificouse a evolución do deporte feminino e os aspectos que resultaron determinantes na dita evolución.

e) Identificáronse e categorizáronse as diferenzas do deporte feminino en relación co masculino.

f) Describíronse os índices de práctica deportiva feminina nos diferentes ámbitos (deporte escolar, deporte federado, etc.).

g) Describiuse e analizouse o abandono feminino e as súas causas.

h) Analizouse a situación das mulleres como persoal técnico, corpo arbitral e adestradoras, así como en diferentes ámbitos da xestión deportiva.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as súas peculiaridades específicas, as do seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

a) Describíronse os intereses e as motivacións particulares das mulleres ante a práctica deportiva.

b) Describíronse as principais barreiras que encontran as mulleres no desenvolvemento da práctica deportiva.

c) Valorouse a importancia de potenciar unha imaxe corporal saudable para o benestar da muller deportista.

d) Valorouse a importancia de considerar as características biolóxicas específicas da muller deportista como parte da súa vivencia persoal.

e) Valorouse a importancia de maximizar as oportunidades de participación das mulleres na actividade físico-deportiva.

f) Analizáronse as principais vías de incorporación das mulleres á práctica deportiva.

g) Valorouse a importancia de desenvolver prácticas inclusivas no fomento da participación activa das mulleres no deporte.

h) Aplicáronse estratexias metodolóxicas para favorecer a participación e as posibilidades de éxito das deportistas.

i) Valorouse a importancia dunha actitude positiva dos compañeiros ou das compañeiras, persoal técnico, familias e institucións cara á práctica deportiva das mulleres.

j) Identificáronse os usos sexistas da linguaxe e as formas básicas para facer un uso do que visibilice ás mulleres deportistas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

a) Identificáronse as institucións e organismos vinculados co deporte feminino a nivel nacional, autonómico e local.

b) Valorouse a importancia da coordinación e colaboración interinstitucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

c) Valorouse o papel das institucións (federacións deportivas, asociacións, clubs, etc.) na organización e o fomento da competición, a recreación e a práctica da actividade física saudable das mulleres.

d) Describíronse as principais características dos programas de promoción da práctica físico-deportiva nas mulleres.

e) Valoráronse os principais programas de promoción e desenvolvemento da práctica deportiva feminina como exemplos de boas prácticas.

f) Valorouse a importancia da promoción do deporte feminino como xerador de valores persoais, sociais e como vehículo de integración social.

Contidos básicos:

1. Identifica a realidade do deporte feminino, analizando os elementos sociais que o caracterizan.

• Terminoloxía específica.

– Sexo-xénero.

– Prexuízo/estereotipo de xénero.

– Igualdade de acceso/igualdade de oportunidades.

– Modelos androcéntricos.

– Expectativas sociais.

• Prexuízos e estereotipos persoais e sociais en relación co xénero e coa práctica de actividade físico-deportiva.

• Evolución da práctica de actividade físico-deportiva das mulleres e factores determinantes.

• Modalidades deportivas con características diferenciais entre homes e mulleres.

• Índices de práctica físico-deportiva feminina nos diferentes ámbitos.

– Ámbito escolar.

– Ámbito federado.

– Ámbito universitario.

– Ámbito recreativo.

• Índices de abandono nos diferentes ámbitos (escolar, federado, universitario, recreativo, etc.).

• Causas do abandono da práctica físico-deportiva feminina.

• As mulleres como persoal técnico, adestradoras, corpo arbitral e xestoras deportivas.

2. Promove a incorporación da muller ao ámbito deportivo analizando as súas peculiaridades específicas, as do seu contexto e aplicando diferentes estratexias de intervención.

• Intereses e motivacións específicas da muller ante a práctica físico-deportiva.

• Barreiras para o desenvolvemento da práctica deportiva.

• Imaxe non sexista na muller deportista.

– Trazos característicos dunha imaxe corporal positiva e negativa non sexista.

– Estratexias para fomentar unha imaxe corporal positiva non sexista na muller deportista.

• Influencia das características biolóxicas femininas no desenvolvemento psicosocial da deportista (menarquía, amenorrea, ciclo menstrual, temporalidade da madureza física, etc.).

• Estratexias de intervención para a plena incorporación das mulleres á práctica físico-deportiva.

– Oportunidades de participación.

– Vías de incorporación.

– Prácticas inclusivas.

– Estratexias metodolóxicas.

– Fomento de actitudes positivas nos diferentes axentes sociais (compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias, etc.).

• A linguaxe.

– Uso non sexista da linguaxe.

– Linguaxe inclusiva.

– Estratexias básicas.

3. Apoia a incorporación da muller ao deporte, identificando o papel das institucións e as liñas de apoio ao deporte feminino.

• Órganos responsables do deporte feminino dentro das institucións e organismos.

– Ámbito nacional.

– Ámbito autonómico.

– Ámbito local.

• Coordinación e colaboración institucional no fomento de hábitos de práctica físico-deportiva nas mulleres.

• Programas de promoción e desenvolvemento do deporte feminino.

– Características principais.

– Exemplos de boas prácticas.

• A actividade físico-deportiva como xeradora de valores na poboación feminina.

– Valores persoais.

– Valores sociais.

Módulo específico de ensino deportivo: Escola de piragüismo.

Código: MED-PIPI202.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Elabora programas de iniciación en piragüismo nas súas especialidades de augas bravas, augas tranquilas, kaiak-polo e kaiak de mar concretando os contidos e as adaptacións nos grupos de idades, coordinando o seu desenvolvemento e aplicación con outro persoal técnico.

a) Elaborouse un programa de iniciación en piragüismo en todas as súas modalidades, propoñendo adaptacións dos obxectivos e contidos ás características dos grupos de iniciación.

b) Determináronse as adaptacións a contidos, medios e métodos de ensino do piragüismo.

c) Definíronse os recursos didácticos necesarios nun programa de iniciación en piragüismo.

d) Analizáronse diferentes secuencias de aprendizaxe das técnicas que constitúen o programa de iniciación en piragüismo.

e) Elaboráronse secuencias de aprendizaxe das técnicas que constitúen o programa de iniciación en piragüismo.

f) Definíronse as diferenzas na execución das técnicas do programa de iniciación en piragüismo fronte aos modelos técnicos do nivel de tecnificación.

g) Definíronse os parámetros que se deben ter en conta na avaliación da implementación e a calidade do programa de iniciación en piragüismo.

h) Recoñeceuse a importancia de realizar unha programación detallada como elemento de calidade na implementación do programa.

i) Xustificouse a necesidade de secuenciar de forma adecuada a aprendizaxe da iniciación á modalidade adaptándoa ás características dos grupos de iniciación.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos dos padexeiros ou padexeiras en augas bravas e en augas tranquilas, analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección, e aplicando técnicas específicas.

a) Identificáronse as características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas que describen o talento deportivo en augas tranquilas e en augas bravas.

b) Describíronse os principios dos programas de detección e selección de talentos deportivos en augas tranquilas e en augas bravas.

c) Describíronse os criterios utilizados na detección e selección de talentos en augas tranquilas e en augas bravas.

d) Describíronse as funcións e o protocolo de actuación do persoal técnico deportivo en piragüismo de augas tranquilas e augas bravas nos programas de detección e selección de talentos.

e) Analizáronse os recursos materiais e humanos que se necesitan nun suposto práctico de programa de detección e selección de talentos en augas tranquilas e en augas bravas.

f) Valorouse a importancia dunha detección precoz do talento deportivo na consecución do alto rendemento.

g) Xustificouse a necesidade de respectar o desenvolvemento do individuo no proceso de detección e selección de talentos deportivos no piragüismo.

3. Coordina a actividade doutro persoal técnico deportivo na iniciación en piragüismo, analizando as funcións do persoal técnico nos cursos e determinando a estrutura dunha escola de piragüismo.

a) Analizáronse os obxectivos, a estrutura, os compoñentes e as funcións dunha escola de piragüismo.

b) Identificáronse as funcións de coordinación ou dirección de cursos de piragüismo que realiza o persoal técnico deportivo.

c) Concretáronse os procedementos de coordinación e comunicación co persoal técnico responsable da iniciación.

d) Describíronse as distintas tarefas que debe realizar o persoal técnico nos cursos de piragüismo.

e) Identificáronse os criterios de distribución de tarefas entre o equipo de persoal técnico, nas distintas modalidades de cursos, eventos e competicións.

f) Describíronse procedementos de comunicación dos cambios, necesidades ou continxencias entre o equipo de persoal técnico.

g) Describíronse procedementos de comunicación da escola de piragüismo coa federación autonómica e nacional correspondente.

h) Describíronse os parámetros materiais, humanos e técnicos que determinan a calidade dunha escola de piragüismo.

i) Interiorizouse a necesidade de coordinación dos equipos técnicos, como medio eficaz e eficiente na posta en práctica das actividades de iniciación en piragüismo.

4. Aplica programas de divulgación e captación de deportistas nunha escola de iniciación en piragüismo, analizando as características dos programas, do público obxectivo e dos procedementos e protocolos de aplicación.

a) Describiuse o protocolo de actuación nunha campaña de divulgación e captación de deportistas, distinguindo cada fase e os seus obxectivos.

b) Identificáronse as características dos grupos obxectivos das campañas de divulgación e captación de deportistas en piragüismo.

c) Analizáronse as características e formatos dun programa de divulgación e captación de deportistas en piragüismo, en función do grupo obxectivo.

d) Describíronse os soportes de comunicación máis habituais dunha campaña de divulgación e captación de deportistas en piragüismo e o seu procedemento de elaboración.

e) Describíronse os procedementos de comunicación e contacto con institucións e asociacións, como punto de partida da convocatoria dun programa de divulgación e captación.

f) Describíronse os procedementos de elaboración dos materiais audiovisuais necesarios nun programa de divulgación e captación.

g) Describíronse as características da documentación utilizada na avaliación da actividade de divulgación e captación.

h) Concretouse un suposto teórico de campaña de divulgación e captación, describindo un protocolo de actuación e, concretando fases e materiais, adaptado a un grupo obxectivo.

i) Xustificouse a importancia das escolas de piragüismo nos programas de deporte extraescolar.

j) Interiorizouse a necesidade de adaptar o ensino do piragüismo a todos os ámbitos sociais e culturais.

Contidos básicos:

1. Elabora programas de iniciación en piragüismo nas súas especialidades de augas bravas, augas tranquilas, kaiak-polo e kaiak de mar, concretando os contidos e as adaptacións nos grupos de idades, e coordinando o seu desenvolvemento e aplicación con outro persoal técnico.

• Os programas de ensino do piragüismo e as súas adaptacións aos diferentes públicos. Adaptacións de contidos, medios e métodos de ensino do piragüismo.

• Os recursos didácticos: a progresión técnica e as secuencias que leva consigo.

• Modelos de secuenciación das técnicas propias da iniciación en piragüismo en contornos orientados ás diferentes modalidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo.

• Modelos de execución propios da iniciación en piragüismo, nas diferentes modalidades de augas tranquilas, augas bravas, kaiak de mar e kaiak-polo. Diferenzas fronte ao modelo estándar.

• Parámetros para valorar na avaliación dos programas de iniciación.

• Importancia da implantación, no contexto da escola, da programación de referencia e a secuenciación do ensino do piragüismo adaptado aos diferentes grupos, niveis e modalidades.

2. Colabora no proceso de detección e selección de talentos deportivos dos padexeiros ou padexeiras en augas bravas e en augas tranquilas, analizando as características dos sistemas e programas de detección e selección, e aplicando técnicas específicas.

• Talento deportivo: definición, características técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas do talento nas modalidades de piragüismo de augas tranquilas e augas bravas.

• Principios dos programas de detección e selección de talentos en piragüismo de augas tranquilas e augas bravas.

• Importancia da detección precoz do talento deportivo e do respecto ao desenvolvemento biolóxico a ritmo natural.

• Criterios de detección e selección de talentos en piragüismo de augas tranquilas e augas bravas.

• Funcións e protocolos de actuación do persoal técnico de piragüismo nos programas de detección e selección de talentos. Recursos materiais e humanos para o desenvolvemento dos programas.

3. Coordina a actividade doutro persoal técnico deportivo na iniciación en piragüismo, analizando as funcións do persoal técnico nos cursos e determinando a estrutura dunha escola de piragüismo.

• Escola de piragüismo: estrutura, compoñentes e obxectivos.

• Funcións de coordinación do persoal técnico-persoal de dirección. Tarefas do persoal técnico nos diferentes programas. Criterios de distribución de tarefas.

• Procedementos de coordinación ante continxencias e comunicación interna entre persoal técnico do mesmo e diferente nivel. Cambios, necesidades ou continxencias habituais entre o persoal técnico do mesmo nivel.

• As estruturas técnicas da federación e a relación con elas.

• Estándares mínimos de calidade propios da escola, en aspectos de material, recursos humanos e técnicos.

• Valor da coordinación como medio eficiente.

4. Aplica programas de divulgación e captación de deportistas nunha escola de iniciación en piragüismo, analizando as características dos programas, do público obxectivo e dos procedementos e protocolos de aplicación.

• Programas de divulgación e captación. Protocolo de actuación e fases: necesidade de promoción, grupo obxectivo, publicidade e inscrición, desenvolvemento da actividade, captación, avaliación do proceso, etc.

• Grupo obxectivo de captación: características do grupo e afinidade coas características do piragüismo.

• Publicidade da campaña: soportes de comunicación. Procedementos elementais de elaboración de material publicitario escrito e audiovisual. Canles habituais de divulgación publicitaria. Cartas, carteis, nota de prensa, boletín, charla audiovisual, internet, etc. Procedementos de inscrición.

• Procedementos de coordinación con institucións e estamentos educativos e sociais.

• Documentación de avaliación: enquisas de satisfacción, follas de adhesión, estatística de participación e captación.

• Presenza do piragüismo na sociedade: necesidade de adaptar o ensino para alcanzar todos os sectores.

• Inclusividade do piragüismo na educación física e na programación extraescolar.

Módulo específico de ensino deportivo: Piragüismo adaptado.

Código: MED-PIPI203.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica do piragüismo, recoñecendo a estrutura deste deporte e os programas existentes, utilizando as fontes de información dispoñibles e identificando as limitacións para a práctica.

a) Analizáronse as principais vías de incorporación á práctica do piragüismo das persoas con discapacidade.

b) Relacionouse a orixe do piragüismo coa estrutura actual do deporte adaptado.

c) Identificáronse os organismos reguladores da práctica do piragüismo adaptado a nivel olímpico, internacional, nacional e rexional.

d) Valorouse o papel das institucións (federacións de deporte adaptado, federacións de piragüismo, asociacións, clubs, etc.) na organización e no fomento da competición, a recreación e a práctica saudable do piragüismo.

e) Describíronse os diferentes programas e modalidades do piragüismo adaptado que existen.

f) Valorouse a importancia dunha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións, de cara á práctica do piragüismo das persoas con discapacidade.

g) Identificáronse as características do piragüismo adaptado e os seus determinantes regulamentarios e normativos.

h) Describíronse as características dos principais programas de difusión e de desenvolvemento do piragüismo adaptado e do deporte adaptado.

i) Utilizáronse as fontes de información dispoñibles no piragüismo adaptado como recurso básico para orientar os padexeiros ou padexeiras con discapacidade.

j) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica do piragüismo provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos sociais.

k) Valorouse a importancia da promoción do piragüismo adaptado e do fomento da participación activa de persoas con discapacidade en situacións inclusivas de práctica do piragüismo.

2. Organiza as persoas deportistas con discapacidade, identificando as características e necesidades do padexeiro ou padexeira, interpretando os principais sistemas de clasificación no piragüismo adaptado (paracanoe) e explicando as directrices de clasificación establecidas pola Federación Internacional de Piragüismo (ICF).

a) Describiuse o concepto de discapacidade mínima na práctica do piragüismo adaptado.

b) Describíronse as necesidades propias de cada discapacidade, atendendo ao mecanismo funcional afectado e ás súas consecuencias a nivel perceptivo motor na práctica do piragüismo adaptado.

c) Aplicáronse procedementos específicos de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade, especialmente en relación co transporte, autonomía no centro (club deportivo), subir e baixar da piragua e as súas habilidades motrices específicas para a práctica do piragüismo.

d) Describiuse o concepto de sistemas de clasificación no piragüismo adaptado e o concepto de discapacidade mínima na práctica do piragüismo.

e) Enunciáronse os principais sistemas de clasificación no piragüismo adaptado.

f) Xustificouse a importancia das clasificacións funcionais no deporte adaptado e en piragüismo adaptado para a homoxeneización dos procesos competitivos e argumentando as diferenzas entre elas.

g) Aplicáronse criterios de adaptación da clasificación no piragüismo adaptado para fomentar a participación de diferentes discapacidades dentro dunha mesma categoría funcional.

h) Seleccionouse a modalidade do piragüismo adaptado máis adecuada, atendendo ao tipo de mecanismo funcional afectado e á clasificación funcional do padexeiro ou padexeira.

3. Organiza sesións de iniciación en piragüismo adaptado, aplicando adaptacións metodolóxicas, elixindo os contidos das sesións, as axudas técnicas necesarias e as condicións de seguridade.

a) Describíronse os mecanismos de adaptación de tarefas na práctica do piragüismo dirixida a persoas con discapacidade que compensan os déficits que se presentan.

b) Aplicáronse procedementos de modificación das tarefas, xogos e actividades para favorecer a participación, o gozo e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do piragüismo.

c) Valorouse a importancia da adaptación da sesión de iniciación en piragüismo á persoa con discapacidade.

d) Aplicáronse as adaptacións metodolóxicas específicas que empregar, segundo o tipo de discapacidade, na sesión de iniciación en piragüismo adaptado.

e) Describíronse as pautas de traballo específicas na iniciación ás diferentes modalidades do piragüismo adaptado segundo os diferentes tipos de discapacidade.

f) Identificáronse os xogos, exercicios e deportes adaptados específicos para persoas con discapacidade, incluíndo as características daqueles que son específicos para o piragüismo.

g) Recoñeceuse a importancia de vivenciar algunhas actividades do piragüismo adaptado practicadas por persoas sen discapacidade a través de situacións simuladas.

h) Determináronse medidas de seguridade específicas na iniciación á práctica do piragüismo, segundo os xogos, exercicios, actividades, etc. que se van desenvolver e segundo os diferentes tipos de discapacidade.

i) Describíronse as posibilidades do material adaptado específico dos diferentes xogos e actividades no piragüismo.

j) Enunciáronse as posibilidades das axudas técnicas específicas, atendendo ao tipo de discapacidade no piragüismo adaptado.

k) Realizouse a adaptación do material e a elección deste, tendo en conta as características específicas dun suposto práctico.

Contidos básicos:

1. Orienta as persoas con discapacidade cara á práctica do piragüismo, recoñecendo a estrutura deste deporte e os programas existentes, utilizando as fontes de información dispoñibles e identificando as limitacións para a práctica.

• As vías específicas de incorporación á práctica do piragüismo de persoas con discapacidade.

• Estrutura do deporte e do piragüismo adaptado dentro da organización nacional e internacional do deporte adaptado. O piragüismo adaptado dentro das paraolimpíadas.

• O papel das institucións deportivas no fomento da práctica do piragüismo en todos os niveis.

• Programas e modalidades do piragüismo adaptado.

• Regulamento e normas do piragüismo adaptado.

• Programas de difusión e utilización das fontes de información dispoñibles para o desenvolvemento do piragüismo adaptado. Características.

• Barreiras arquitectónicas específicas nas instalacións deportivas dos clubs, centros de tecnificación e alto rendemento deportivo, así como en campos de regatas.

• Actitude ante as persoas con discapacidade na práctica do piragüismo.

• A práctica inclusiva en piragüismo: características e situacións prácticas.

2. Organiza as persoas deportistas con discapacidade, identificando as características e necesidades do padexeiro ou padexeira, interpretando os principais sistemas de clasificación no piragüismo adaptado (paracanoe), explicando as directrices de clasificación establecidas pola Federación Internacional de Piragüismo (ICF).

• Discapacidade mínima na práctica do piragüismo. Concepto.

• Tipo de discapacidade e a súa relación co mecanismo perceptivo motor.

– Características específicas na práctica do piragüismo adaptado. Dificultades.

– Contraindicacións e precaucións que ter en conta.

• Selección das modalidades do piragüismo adaptado: criterios e procedemento.

• As clasificacións funcionais do piragüismo adaptado. Sistemas de clasificación funcional.

– Función e importancia.

– Adaptacións da clasificación no piragüismo.

• Procedemento de recollida de información do comportamento motor da persoa con discapacidade.

3. Organiza sesións de iniciación en piragüismo adaptado, aplicando adaptacións metodolóxicas, elixindo os contidos das sesións, as axudas técnicas necesarias e as condicións de seguridade.

• Adaptación da sesión de iniciación en piragüismo á persoa con discapacidade.

• Medidas de seguridade específicas.

– Adaptacións metodolóxicas na sesión de piragüismo adaptado en función do tipo de discapacidade.

– Mecanismos de adaptación das tarefas, xogos e actividades de piragüismo ao tipo de discapacidade.

– Material específico de piragüismo adaptado: características e adaptación en función do tipo de discapacidade.

– Pautas de traballo específicas na iniciación ás diferentes modalidades do piragüismo adaptado segundo os diferentes tipos de discapacidade.

– Restricións e condicións básicas de seguridade na práctica do piragüismo segundo a discapacidade.

• O papel da integración-inclusión das persoas con discapacidade en xogos e actividades de piragüismo.

– A integración do padexeiro ou padexeira con discapacidade a través das escolas.

• Integración e inclusión a través de xogos, tarefas e actividades de piragüismo.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de eventos en piragüismo.

Código: MED-PIPI204.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Concreta a temporalización dos eventos en piragüismo, analizando as particularidades das asociacións deportivas, clubs e entidades vinculadas ao piragüismo e a situación no programa de actividades.

a) Identificáronse as características do programa tipo de actividades dun club, asociación ou entidade vinculada ao piragüismo.

b) Aplicáronse criterios técnicos e organizativos na análise do calendario de competicións e eventos do nivel de tecnificación das federacións autonómicas e da Real Federación Española de Piragüismo, identificando os obxectivos de cada actividade.

c) Aplicáronse criterios técnicos e organizativos na identificación e distribución do momento máis adecuado para a organización dos eventos de promoción e iniciación da modalidade.

d) Describíronse os requisitos dos clubs da modalidade para a súa vinculación á federación correspondente.

e) Describíronse os requisitos e o procedemento para a inclusión no calendario federativo das actividades propostas polo club.

f) Interiorizouse a importancia da temporalización adecuada da actividade para facilitar o seu éxito.

2. Programa, xestiona e organiza eventos de piragüismo de promoción e iniciación deportiva dun club, analizando as características e os requisitos materiais e humanos dos eventos.

a) Analizáronse as características básicas dun evento de promoción ou iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar.

b) Realizouse un orzamento que valore os custos dun suposto de evento de promoción e iniciación en piragüismo.

c) Identificáronse as fontes de financiamento dun evento de promoción ou iniciación en piragüismo.

d) Analizouse a viabilidade do proxecto dun evento de promoción e iniciación en piragüismo en relación co orzamento.

e) Identificáronse os requisitos administrativos que deben cumprirse para a organización dun evento de iniciación en piragüismo.

f) Analizáronse os instrumentos de publicidade e promoción da modalidade que poden utilizar os clubs e entidades de piragüismo.

g) Explicouse a organización básica que necesita un club para o desenvolvemento das actividades de iniciación en piragüismo.

h) Determináronse as necesidades de persoal, material e loxística necesaria para o desenvolvemento do evento ou actividade de iniciación en piragüismo.

i) Describíronse e asignáronse as tarefas e responsabilidades que van desenvolver os recursos humanos nun suposto organizativo dun evento de iniciación.

j) Analizáronse os medios materiais básicos e o espazo acuático que debe dispoñer un club da modalidade para o desenvolvemento dun evento de promoción ou iniciación en piragüismo.

k) Analizáronse as funcións de distribución, situación e aloxamento das persoas participantes e do material deportivo nun suposto práctico de organización dun evento deportivo de promoción e iniciación en piragüismo.

l) Valorouse a importancia de preparar con antelación os aspectos organizativos e de financiamento nun evento de promoción e iniciación en piragüismo.

3. Recolle a información sobre a organización e o desenvolvemento do evento deportivo de promoción e iniciación en piragüismo, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable e aplicando técnicas para o seu procesamento e a elaboración e valoración das memorias.

a) Describíronse os instrumentos de recollida de información na análise e control dos aspectos organizativos e loxísticos dos eventos e competicións de promoción e iniciación en piragüismo.

b) Analizouse a información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos e competicións de promoción e iniciación en piragüismo, aplicando as técnicas de cálculo e tratamento estatístico adecuadas.

c) Describíronse as características dos informes sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos de iniciación en piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar.

d) Clasificáronse as posibles incidencias que poden xurdir durante o desenvolvemento dos eventos de iniciación en piragüismo, relacionándoas coas decisións que tomar e as súas consecuencias.

e) Describíronse os criterios de recollida de información que aseguren a súa representatividade e veracidade.

f) Xustificouse a recollida e análise da información como base da mellora continua na organización de eventos e competicións.

g) Elaborouse a memoria dun suposto práctico de organización de evento, recollendo de forma ordenada os datos máis relevantes.

h) Mostrouse rigor na recollida de información nun suposto práctico de evento de iniciación.

4. Colabora na xestión, organización e desenvolvemento de eventos de tecnificación de piragüismo, analizando as condicións de organización dos eventos e o regulamento de competición.

a) Describíronse as necesidades de organización dunha competición ou evento de tecnificación: instalacións e organigrama, formatos e percorridos elixidos, e estrutura do salvamento.

b) Identificáronse os recursos humanos e materiais necesarios na realización dun evento de tecnificación.

c) Describíronse e asignáronse as tarefas e responsabilidades que se desenvolverán nun suposto organizativo dun evento de nivel de tecnificación.

d) Describíronse as necesidades de aloxamento de deportistas e os seus apoios materiais, antes e durante unha competición de tecnificación.

e) Analizouse a normativa sobre seguridade e protección do ambiente aplicable á organización de eventos de piragüismo no nivel de tecnificación.

f) Describíronse os requisitos de seguridade necesarios para un evento de tecnificación de piragüismo.

g) Describíronse as canles e os formatos máis habituais de convocatoria, divulgación e publicidade para os eventos do nivel de tecnificación.

h) Describíronse os requisitos técnicos e administrativos habituais para a participación nun evento de tecnificación de piragüismo.

i) Xustificouse a importancia de respectar e cumprir a normativa vixente como factor de calidade e seguridade na organización de eventos de tecnificación.

Contidos básicos:

1. Concreta a temporalización dos eventos en piragüismo, analizando as particularidades das asociacións deportivas, clubs e entidades vinculadas ao piragüismo e a situación no programa de actividades.

• Programa de actividades tipo de clubs, asociacións e entidades vinculadas ao piragüismo: características.

• Calendario de competición. Criterios de análise e catalogación de actividades. Criterios de situación de eventos de promoción e iniciación.

• Normativas e requisitos de vinculación á Federación Autonómica ou Española de Piragüismo. Inclusión de eventos no calendario federativo: procedemento e requisitos.

• Actitude positiva cara á optimización dun calendario.

2. Programa, xestiona e organiza eventos de piragüismo de promoción e iniciación deportiva dun club, analizando as características e os requisitos materiais e humanos dos eventos.

• Eventos de promoción ou iniciación en piragüismo: características nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar.

• Orzamento de custos, ingresos, financiamento e estimación de viabilidade económica dun evento de iniciación en piragüismo.

• Requisitos administrativos para a organización dun evento de iniciación.

• Soportes publicitarios e instrumentos de promoción de entidades de piragüismo.

• Organización básica dun club. Recursos humanos: coordinación e asignación de tarefas e responsabilidades. Recursos materiais: instalacións, medios materiais, equipamentos necesarios, etc. Características.

• Loxística de distribución, situación e aloxamento de persoas participantes e do material deportivo.

• Vantaxes da programación anticipada de eventos.

3. Recolle a información sobre a organización e o desenvolvemento do evento deportivo de promoción e iniciación en piragüismo, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable e aplicando técnicas para o seu procesamento e a elaboración e valoración das memorias.

• Recollida de información: instrumentos e datos habituais dun evento de iniciación en piragüismo.

• Informes de desenvolvemento do evento nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar. Follas de inscrición, actas de xuíces/xuízas, resultados, sancións, etc.

• Memoria: descrición da actividade, accións publicitarias, formato, participación, resultados, incidencias, peculiaridades, etc.

• Rexistro de incidencias: clasificación e inclusión nas conclusións.

• Importancia do rigor na recollida de datos. Fiabilidade.

• Relevancia do proceso avaliativo para a mellora.

4. Colabora na xestión, organización e desenvolvemento de eventos de tecnificación de piragüismo, analizando as condicións de organización dos eventos e o regulamento de competición.

• Competicións ou eventos de piragüismo de nivel de tecnificación: necesidades de organización, recursos humanos e materiais.

• Coordinación, asignación de tarefas e responsabilidades en eventos de tecnificación en piragüismo de augas tranquilas e bravas.

• Loxística para as persoas participantes: transporte, aloxamento e almacenaxe do material.

• Requisitos normativos do ambiente e a seguridade.

• Convocatoria de eventos de tecnificación de piragüismo: formatos e canles de comunicación.

• Requisitos técnicos e administrativos de participación en eventos de tecnificación en piragüismo de augas tranquilas e augas bravas.

• Respecto á normativa vixente.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico de piragüismo de augas bravas.

Código: MED-PIAB205.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora o rendemento do padexeiro ou padexeira de slálom de augas bravas na súa aprendizaxe, no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando a técnica específica de navegación e a realización de traxectorias en relación coa complexidade e dificultade do medio.

a) Analizáronse as accións propulsivas e de rotación coa pa a nivel de tecnificación en augas bravas, desde augas tranquilas ata grao IV, relacionándoas coa dificultade do medio, identificando os erros, as súas causas e propoñendo secuencias de aprendizaxe adaptadas ao gradual incremento de dificultade do medio.

b) Analizáronse as accións de control da embarcación sobre os seus tres eixes en coordinación coas padas básicas e o medio, relacionándoo coas áreas de equilibrio, condución e propulsión, identificando os seus erros e propoñendo tarefas para a súa aprendizaxe e corrección.

c) Analizáronse os efectos dos diferentes movementos de auga ata nivel de dificultade IV sobre a embarcación, relacionándoos cos eixes da piragua e as accións motrices que realizará o padexeiro ou padexeira.

d) Analizáronse e describíronse as manobras de navegación en augas bravas afrontando os movementos de auga ata grao IV, identificando as súas características principais e relacionándoos coas accións motrices que realizará o padexeiro ou padexeira.

e) Identificáronse os erros e as dificultades na aprendizaxe e perfeccionamento das manobras de navegación en augas bravas, propoñendo as tarefas e progresións para a súa superación.

f) Analizáronse as figuras básicas en slálom, describindo as progresións desde modelos xerais en augas tranquilas ata as adaptacións en función do relevo ata grao IV.

g) Identificáronse os erros na realización das figuras básicas de slálom en relación ao esquema xeral de navegación e propuxéronse as tarefas necesarias para a súa progresión adaptadas ás necesidades do padexeiro ou padexeira de tecnificación.

h) Analizáronse as bases técnicas fundamentais do rendemento deportivo no slálom, relacionándoas co medio, as traxectorias, o encadeamento das figuras, as manobras e as padas.

i) Relacionáronse os erros nas bases técnicas fundamentais do padexeiro ou padexeira, durante o adestramento e a competición na modalidade de slálom, coas posibles causas e as tarefas para solucionalas.

j) Analizáronse as diferenzas nas traxectorias de slálom debidas ao tipo de embarcación (canoa ou kaiak) na etapa de tecnificación.

k) Identificáronse os erros do padexeiro ou padexeira en competición ou adestramento a partir das imaxes gravadas, concretando as adaptacións e correccións entre mangas ou entre repeticións.

l) Analizáronse os criterios da selección e formación de equipos nas competicións por patrullas.

2. Valora o rendemento técnico do padexeiro ou padexeira de descenso de augas bravas na súa aprendizaxe, no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando a técnica de navegación e a realización de traxectorias en relación coa complexidade e dificultade do medio.

a) Analizouse o modelo estándar de padexo en descenso de augas bravas durante a etapa de tecnificación nas especialidades de canoa e kaiak.

b) Identificáronse os erros máis frecuentes no padexo en descenso de augas bravas no nivel de tecnificación, propuxéronse as tarefas para a súa solución na etapa de tecnificación e utilizouse a terminoloxía adecuada.

c) Relacionáronse as condicións da corrente e os movementos da auga en augas bravas ata grao IV coas traxectorias de navegación de nivel de tecnificación en descenso, describindo os seus aspectos fundamentais e as accións que realizará o padexeiro ou padexeira.

d) Identificáronse os erros máis frecuentes nas traxectorias de navegación de nivel de tecnificación en descenso, propuxéronse as tarefas para a súa solución na etapa de tecnificación e utilizouse a terminoloxía adecuada.

e) Analizáronse as traxectorias en descenso de augas bravas nas diferentes especialidades de canoa e de kaiak na etapa de tecnificación, identificando as diferenzas.

f) Explicáronse os factores técnicos e tácticos dos que depende o rendemento deportivo do padexeiro ou padexeira de augas bravas en descenso nas súas modalidades de canoa monopraza, canoa bipraza e kaiak durante a etapa de tecnificación.

g) Describíronse os erros tipo no comportamento técnico e táctico na competición e durante o adestramento na modalidade de descenso.

h) Relacionáronse os erros no comportamento técnico e táctico do padexeiro ou padexeira, durante o adestramento e na competición na modalidade de descenso, coas súas posibles causas e as tarefas para solucionalas.

3. Elabora o deseño técnico dos percorridos (descenso) e dos trazados (slálom) de adestramento e competición de slálom e descenso de augas bravas, analizando o regulamento da proba, as características dos percorridos e trazados e aplicando procedementos establecidos.

a) Describíronse as normas dos regulamentos de slálom e descenso de augas bravas, interpretando as limitacións que establecen ao deseño de percorridos de descenso e trazados de slálom a nivel tecnificación en augas bravas.

b) Analizouse a complexidade dos trazados en slálom e percorridos en descenso de augas bravas no nivel de tecnificación.

c) Relacionouse o nivel e a dificultade do trazado de tecnificación deportiva cos compoñentes da canle de augas bravas.

d) Analizáronse as directrices de elaboración de trazados, en relación coa secuenciación de tarefas de aprendizaxe e adestramento en augas bravas no nivel de tecnificación.

e) Analizáronse as directrices de elaboración de trazados de competición a nivel tecnificación.

f) Elaboráronse trazados da modalidade de slálom de augas bravas seguindo os protocolos establecidos, adaptándoos ao nivel de referencia establecido e ás características da canle proposta.

g) Elaboráronse trazados da modalidade de descenso de augas bravas seguindo os protocolos establecidos, adaptándoos ao nivel de referencia establecido e ás características da canle proposta.

h) Concretouse a representación gráfica dun trazado, sinalando os elementos visibles e os campos de forza relevantes e utilizando a simboloxía e terminoloxía adecuada.

i) Describíronse as tarefas e responsabilidades do xefe ou da xefa de equipo e do trazador ou da trazadora respecto ao deseño de trazados en relación coas normas dos regulamentos de slálom e descenso de augas bravas no nivel de tecnificación en augas bravas.

j) Valorouse o efecto negativo da práctica das augas bravas en niveis por riba da capacidade de control dos padexeiros ou padexeiras.

4. Adapta e concreta os ciclos e sesións de adestramento técnico, táctico e condicional en auga do padexeiro ou padexeira de slálom e descenso, analizando, en función da proba, as programacións de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos técnicos, tácticos e condicionais en auga nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizáronse os criterios de selección das competicións en función dos obxectivos, as características da competición e a súa función dentro da programación da tempada.

c) Identificáronse as funcións dos instrumentos e medios de control do rendemento dentro da programación de referencia.

d) Seleccionáronse as características específicas das diferentes fases de preparación dun padexeiro ou padexeira, en función da súa situación dentro da programación de referencia e dos seus obxectivos.

e) Explicáronse as características dos métodos específicos para o perfeccionamento técnico e táctico e o desenvolvemento condicional en auga do padexeiro ou padexeira.

f) Identificáronse as características dos simuladores como método de desenvolvemento das capacidades condicionais, relacionándoo co resto de métodos de desenvolvemento en auga.

g) Relacionáronse os ritmos de adestramento en auga cos procesos fisiolóxicos enerxéticos e cos sistemas de cuantificación da carga de traballo.

h) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico, táctico e físico do padexeiro ou padexeira, concretando unha sesión da modalidade.

i) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento técnico, táctico e condicional en auga do padexeiro ou padexeira.

j) Concretouse unha sesión de traballo, de acordo cos obxectivos do momento da programación en que se encontre.

k) Elaborouse un ciclo ou etapa de preparación completa, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

l) Interiorizouse a importancia dunha programación adecuada en forma e contidos na iniciación técnica como garantía de progresión na tecnificación e o alto nivel e como factor de mellora da calidade dos programas de adestramento.

5. Dirixe sesións de adestramento técnico, táctico e condicional en auga do padexeiro ou padexeira de slálom e descenso de augas bravas, analizando e aplicando as técnicas de dirección, organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de adestramento, con especial atención ao lugar de práctica, mantemento da visibilidade, a comunicación e o nivel de práctica programado.

b) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de adestramento, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

c) Analizáronse as adaptacións específicas dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, a concentración, o control do pensamento e das emocións, na modalidade de slálom e descenso.

d) Identificáronse as situacións de aprendizaxe nas modalidades de slálom e descenso que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

e) Analizáronse as formas específicas de intervención do persoal técnico de augas bravas durante as sesións de adestramento.

f) Seleccionouse a intervención do persoal técnico en situacións de dificultade de aprendizaxe técnica de slálom, en relación coas percepcións do padexeiro ou padexeira e posibilitando a autonomía do padexeiro ou padexeira na busca e elección de solucións.

g) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección de sesións de adestramento do padexeiro ou padexeira.

h) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección das sesións de adestramento do padexeiro ou padexeira.

i) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de adestramento do padexeiro ou padexeira, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

j) Dirixiuse unha sesión simulada de adestramento do padexeiro ou padexeira, de acordo co previsto na programación.

6. Analiza o rendemento do padexeiro ou padexeira de slálom e descenso en augas bravas, aplicando procedementos básicos de procesamento da imaxe e métodos de análise específicos.

a) Analizáronse as funcións do cronómetro no adestramento, identificando os diferentes usos en tecnificación en función dos obxectivos do padexeiro ou padexeira.

b) Analizáronse as funcións dos medios audiovisuais como soporte no adestramento técnico en slálom e descenso, identificando os diferentes usos en función do obxectivo do padexeiro ou padexeira.

c) Describíronse os criterios técnicos para obter gravacións avaliables das execucións deportivas durante os adestramentos técnicos e a competición.

d) Describíronse os medios de edición, elaboración e tratamento dos datos audiovisuais básicos e o seu uso na aprendizaxe e perfeccionamento das especialidades de augas bravas (slálom e descenso).

e) Describíronse os protocolos básicos de extracción de datos dunha gravación, propios do nivel de tecnificación.

f) Describíronse os diferentes tipos de fichas de rexistro e observación técnica do padexeiro ou padexeira propias do nivel de tecnificación, identificando os seus diferentes usos en adestramento, competición e avaliación.

g) Preparáronse e aplicáronse medios audiovisuais básicos de recollida de datos para o seu uso na análise do comportamento técnico e táctico do padexeiro ou padexeira durante o adestramento ou a competición.

h) Gravouse unha simulación de competición de slálom e/ou descenso, rexistrando os tempos parciais.

i) Aplicáronse os criterios de preparación dos medios audiovisuais básicos utilizados en sesións de ensino e corrección técnica do padexeiro ou padexeira.

j) Analizáronse as informacións que achegan tempos parciais e imaxes de vídeo nunha primeira manga de slálom.

Contidos básicos:

1. Valora o rendemento do padexeiro ou padexeira de slálom de augas bravas na súa aprendizaxe, no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando a técnica específica de navegación e a realización de traxectorias en relación coa complexidade e dificultade do medio.

• As padas básicas en augas bravas: modelos, adaptacións e estilos. Propulsións, apoios e tracción orientada. Canoa: bordos e debordées.

• Aprendizaxe e perfeccionamento das padas básicas como base técnica do padexeiro ou padexeira de slálom.

• Navegación en augas bravas: esquema xeral dos tres eixes.

– Equilibrio, condución e propulsión.

– Casco, prato, ángulo e velocidade.

– Interrelacións.

• Manobras habituais en augas bravas desde augas tranquilas ata grao IV: toma de corrente, saída de corrente e bac.

– Progresión de aprendizaxe e tecnificación: erros e correccións.

– Especificidades no caso das canoas (C-1 e C-2).

• A traxectoria: figuras básicas, modelos, variacións e adaptacións. Progresión na aprendizaxe, erros e correccións. Especificidades para as canoas.

• Remonte: normal, chicane e merano.

Decalé: simple, marcha atrás e bac atrás.

• A progresión técnica na realización de portas desde augas tranquilas ata grao IV.

• Bases fundamentais de rendemento do slálom.

• O uso das gravacións de vídeo como sesión técnica.

• As patrullas: características e formación.

2. Valora o rendemento técnico do padexeiro ou padexeira de descenso de augas bravas na súa aprendizaxe, no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando a técnica de navegación e a realización de traxectorias en relación coa complexidade e dificultade do medio.

• Técnica de padexo para descenso de augas bravas: patrón estándar e frecuencias de padexo. Erros habituais e correccións.

• Accións técnicas de adaptación de casco, prato e padexo en relación co movemento da auga.

• Traxectorias habituais de descenso en nivel de tecnificación. Aspectos fundamentais. Accións técnicas. Erros frecuentes e tarefas de corrección no nivel de tecnificación.

• Diferenzas técnicas en descenso de canoa e kaiak.

• Competición e rendemento en descenso de augas bravas. Proba clásica e sprint. Compoñentes técnicos e tácticos de cada proba en cada embarcación. Erros tipo, causas e tarefas de corrección.

3. Elabora o deseño técnico dos percorridos (descenso) e dos trazados (slálom) de adestramento e competición de slálom e descenso de augas bravas, analizando o regulamento da proba, as características dos percorridos e trazados e aplicando procedementos establecidos.

• Regulamento a nivel tecnificación relacionado cos percorridos e trazados. Percorridos tipo de descenso e trazados tipo de slálom, segundo o regulamento.

• Compoñentes da dificultade técnica.

– Valoración da dificultade técnica dos trazados.

– Directrices de elaboración de trazados de slálom e percorrido de descenso, en adestramento e competición. Características no caso das canoas.

– Directrices de elaboración de trazados para a secuenciación da aprendizaxe técnica en augas bravas.

– A elaboración gráfica dos trazados: simboloxía e utilización.

• Tarefas do xefe ou da xefa de equipo en relación cos trazados de competición.

• Repercusións negativas de prácticas por riba do nivel deportivo.

4. Adapta e concreta os ciclos e sesións de adestramento técnico, táctico e condicional en auga do padexeiro ou padexeira de slálom e descenso, analizando, en función da proba, as programacións de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

• Programas de tecnificación.

– Bases xerais.

– Obxectivos técnicos.

– A súa inserción nunha programación cara ao alto rendemento.

• As competicións na planificación.

– Establecemento de criterios de selección.

– O uso dos criterios de selección como parámetro de adestramento.

• Tests fisiolóxicos.

– Interpretación de resultados.

– O seu uso como factor de mellora do rendemento.

• Fases e ciclos do adestramento.

• Adestramento específico en auga.

– Lugares de práctica por niveis.

– Os ritmos de adestramento.

– Os simuladores.

• A individualización do adestramento.

– A sesión de adestramento.

– A personalización do adestramento.

– A presenza do adestramento técnico en toda sesión de adestramento en auga.

• Elaboración dun ciclo.

– Programación por niveis e obxectivos.

– Temporalización dos contidos técnicos.

5. Dirixe sesións de adestramento técnico, táctico e condicional en auga do padexeiro ou padexeira de slálom e descenso de augas bravas, analizando e aplicando as técnicas de dirección, organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Organización da sesión de adestramento: técnicas en función do lugar de práctica, condicións de seguridade, visibilidade, comunicación cos padexeiros ou padexeiras e nivel de práctica.

• Dirección da sesión: programación e posta en acción.

• As incidencias na sesión: causas, correccións e adaptacións.

• Recursos didácticos en slálom e en descenso: motivación, concentración e control emocional. Información verbalizada, modelo e propioceptiva.

• Estilos de ensino vinculados coa toma de decisións por parte do padexeiro ou padexeira. A intervención do persoal técnico nos diferentes estilos de ensino. A percepción do medio por parte do padexeiro ou padexeira: características e condicionantes.

• A comunicación co padexeiro ou padexeira: situacións, técnicas e efectos.

• A sesión: instrumentos de recollida de información sobre a actuación do persoal técnico.

6. Analiza o rendemento do padexeiro ou padexeira de slálom e descenso en augas bravas, aplicando procedementos básicos de procesamento da imaxe e métodos de análise específicos.

• Ferramentas tecnolóxicas do adestrador ou adestradora: cronómetro e vídeo.

• O cronómetro: obxectivos, técnica e métodos de uso en función do nivel de aprendizaxe e idade dos padexeiros ou padexeiras.

• O vídeo: obxectivos de uso. Técnicas elementais de gravación de adestramentos técnicos e competicións. Técnicas elementais de edición.

• Extracción de datos dos vídeos: parciais e fichas de rexistro e observación técnica. Elaboración e utilización como método de avaliación.

• Uso do vídeo en avaliación, autoavaliación e sesión técnica colectiva.

• Uso simultáneo de cronómetro e vídeo na tecnificación e na competición. Comparativas de parciais.

Módulo específico de ensino deportivo: Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

Código: MED-PIAB206.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora, selecciona e adapta o material de piragüismo propio do nivel de tecnificación en piragüismo de augas bravas, identificando as características de piraguas, pas e indumentaria e relacionándoo coas características técnicas e físicas do padexeiro ou padexeira de augas bravas, do contorno e da competición.

a) Describíronse as características das embarcacións, pas, indumentaria, material auxiliar e de seguridade, propias do nivel de tecnificación de slálom de augas bravas.

b) Describíronse as características das embarcacións, pas, indumentaria, material auxiliar e de seguridade, propias do nivel de tecnificación de descenso de augas bravas.

c) Analizáronse as características de estabilidade, velocidade e manobrabilidade de diferentes embarcacións de slálom de augas bravas de nivel de tecnificación, relacionándoas cos parámetros que as modifican.

d) Analizáronse as características de estabilidade, velocidade e manobrabilidade de diferentes embarcacións de descenso de augas bravas de nivel de tecnificación, relacionándoas cos parámetros que as modifican.

e) Describíronse os criterios de asignación de embarcacións, pas, indumentaria, material auxiliar e de seguridade, propios do nivel de tecnificación en piragüismo de augas bravas, en función das características das persoas deportistas, do medio onde se desenvolve a actividade, das prestacións do material construtivo e da especialidade de piragüismo que se vai desenvolver.

f) Describíronse os procedementos básicos para a adaptación personalizada da embarcación e a pa no nivel de tecnificación de piragüismo de augas bravas.

g) Describíronse e demostráronse as formas de almacenaxe, limpeza, conservación e transporte das embarcacións, indumentaria, material auxiliar e de seguridade, propias da tecnificación ao piragüismo de augas bravas.

h) Describíronse as características e procedementos de uso e instalación das portas dun campo de slálom.

2. Controla a seguridade do contorno da práctica deportiva de augas bravas no nivel de tecnificación, aplicando técnicas de análise, prevención e intervención en perigos específicos.

a) Analizáronse os perigos habituais das canles de augas bravas ata grao IV, relacionando os seus efectos sobre unha piragua e sobre un nadador ou nadadora.

b) Describíronse as características dos perigos habituais en canles de augas bravas en situación de riada, identificando os riscos engadidos.

c) Describíronse os procedementos de recoñecemento e localización dos puntos perigosos ou conflitivos dunha canle de augas bravas ata grao IV.

d) Describíronse as características relacionadas coa seguridade dunha canle de auga de uso intensivo con actividades de nivel de tecnificación de slálom e descenso de augas bravas.

e) Relacionáronse as técnicas de rescate en campos de adestramento ou competición de augas bravas co tipo de actividade e o nivel das persoas participantes.

f) Relacionouse a colocación das medidas de seguridade e rescate nun campo de slálom ou tramo de descenso de augas bravas co tipo de actividade e o nivel das persoas participantes.

g) Identificáronse e propuxéronse as medidas preventivas previas á navegación, aplicables nun suposto de percorrido nunha canle de augas bravas ata grao IV.

h) Valorouse a importancia de manter unha actitude de vixilancia constante para manter a seguridade.

i) Analizáronse as técnicas de vixilancia da actividade deportiva, relacionándoas coas características do contorno, as persoas deportistas e o tipo de actividade.

j) Describíronse as características específicas habituais dun piragüista ou dunha piragüista vítima.

3. Valora a execución das técnicas de seguridade do padexeiro ou padexeira de augas bravas, analizando as técnicas de esquimotaxe e seguridade en situacións de risco.

a) Seleccionáronse as medidas preventivas que vai realizar o piragüista ou a piragüista de augas bravas que minimizan o risco dos perigos habituais das canles de auga ata grao IV.

b) Analizáronse as diferentes técnicas de realización da esquimotaxe, identificando as dificultades, vantaxes e inconvenientes de cada unha en relación coa dinámica da envorcadura e o campo de forzas xerado pola auga.

c) Analizáronse os criterios de valoración da execución das técnicas de esquimotaxe nas súas diferentes modalidades.

d) Identificáronse os erros máis frecuentes das técnicas de esquimotaxe, relacionándoa coas causas e propoñendo as progresións adecuadas para a súa realización.

e) Analizáronse as técnicas de seguridade ante situacións de atrapamento en obstáculos, describindo os erros máis frecuentes, as súas causas e as tarefas de aprendizaxe.

f) Analizáronse as técnicas de seguridade ante situacións de retención por movementos de augas de ata grao IV, describindo os erros máis frecuentes, as súas causas e as tarefas de aprendizaxe.

g) Describíronse e demostráronse as técnicas de autorrescate en caso de envorcadura sen esquimotaxe en augas bravas ata grao III.

h) Valorouse a técnica de natación en augas bravas ata grao III, identificando os erros máis habituais e relacionándoo coas capacidades motrices e a actitude afectiva do padexeiro ou padexeira na devandita situación.

i) Analizáronse os criterios de elaboración das progresións técnicas para o perfeccionamento dos autorrescates.

j) Analizáronse os criterios de selección e utilización das técnicas de autorrescate en función da situación.

k) Interiorizouse a necesidade e importancia de manter a seguridade como elemento prioritario da actividade e de trasladar esta actitude aos padexeiros ou padexeiras preadolescentes e adolescentes.

l) Interiorizouse a importancia de non superar o risco por riba das capacidades reais dos padexeiros ou padexeiras de tecnificación, especialmente no ámbito da progresión nos niveis de dificultade de navegación.

4. Controla a seguridade da práctica deportiva de augas bravas en ámbitos do nivel de tecnificación, aplicando técnicas de rescate en auga ata grao III e desde a beira ata grao IV.

a) Analizáronse as características do equipamento e do material auxiliar de seguridade propios da práctica das augas bravas ata grao IV.

b) Demostráronse as técnicas de progresión a pé, desde as beiras de ríos e en canles pouco profundas, para a axuda e recuperación doutro piragüista ou doutra piragüista envorcado/a e/ou material.

c) Demostráronse as técnicas de manexo de material de acceso directo a augas próximas desde a beira para a axuda e recuperación doutro piragüista ou doutra piragüista envorcado/a e/ou material.

d) Analizáronse e demostráronse as técnicas de utilización dunha bolsa de seguridade a distancia desde a beira para a axuda e recuperación dun piragüista ou dunha piragüista envorcado/a e/ou material, no ámbito de grupos de nivel de tecnificación en augas bravas ata grao IV.

e) Describíronse as características da situación e as técnicas dun piragüista ou dunha piragüista de seguridade, para a axuda na auga dun piragüista ou dunha piragüista envorcado/a e/ou material, no ámbito de grupos de nivel de tecnificación en augas bravas ata grao IV.

f) Demostráronse as técnicas de recuperación doutro piragüista ou doutra piragüista e/ou material para executar desde a piragua no ámbito da tecnificación en augas bravas ata grao III.

g) Seleccionáronse os códigos de comunicación por sinais propios dos equipos de rescate nun suposto accidente en competición.

h) Relacionáronse as técnicas de rescate que se van utilizar cos protocolos de primeiros auxilios.

Contidos básicos:

1. Valora, selecciona e adapta o material de piragüismo propio do nivel de tecnificación en piragüismo de augas bravas, identificando as características de piraguas, pas e indumentaria, e relacionándoo coas características técnicas e físicas do padexeiro ou padexeira de augas bravas, do contorno e da competición.

• Material de piragüismo de augas bravas: embarcacións de slálom e de descenso de augas bravas, pas, indumentaria, material auxiliar, material de seguridade, etc. Elementos, tipos e características.

• Embarcacións de augas bravas a nivel tecnificación: características de estabilidade, velocidade e manobrabilidade. Parámetros que as modifican.

• Materiais de construción: características, usos habituais e adaptación ao/á deportista, ao medio e á actividade.

• Asignación de material: criterios segundo as persoas deportistas, o medio, a actividade e a especialidade.

• Adaptacións da embarcación e da pa ás persoas deportistas. Fixación de asento e calados.

• Limpeza, mantemento, almacenaxe e transporte de embarcacións e material do nivel de tecnificación.

• Paus e portas de slálom. Instalación e nivelación.

2. Controla a seguridade do contorno da práctica deportiva de augas bravas no nivel de tecnificación, aplicando técnicas de análise, prevención e intervención en perigos específicos.

• Perigos en canles de auga ata grao IV: obstáculos, augas retentivas (rizos, rebufos e marmitas) e outras formas. Riscos en piragua e como nadador o nadadora.

• Riadas: características e perigos engadidos.

• Técnicas de recoñecemento de tramos e localización de perigos.

• Medidas preventivas.

• Canles e campos de slálom e descenso: características relacionadas coa seguridade. Técnicas de rescate habituais en campos de augas bravas.

• Disposición de rescatadores ou rescatadoras en campos de adestramento e de competición en función da actividade e nivel de participantes.

• Técnicas de vixilancia: «escaneo» e actitude de seguridade.

• Piragüista vítima: características específicas de flotación, desorientación postenvorcadura, cansazo, etc.

3. Valora a execución das técnicas de seguridade do padexeiro ou padexeira de augas bravas, analizando as técnicas de esquimotaxe e seguridade en situacións de risco.

• Medidas preventivas para reducir o risco na navegación: normas básicas de seguridade en augas bravas.

• Tecnificación da esquimotaxe en situacións de augas bravas: técnicas de optimización das dinámicas da envorcadura e as correntes.

• Técnicas de afrontamento de bloques cando a prevención non foi eficaz: gravatas, atrapamentos, sifóns, secuencias de aprendizaxe en situación atenuada, etc.

• Técnicas de afrontamento de movementos de augas: rizos, rebufos, marmitas, etc. Secuencias de aprendizaxe en situación atenuada.

• Situación de envorcadura e autorrescate: descrición, técnicas pasiva e activa de natación en augas bravas en grao III, recuperación do material, etc.

• Educación do valor da seguridade nas augas bravas.

• Efecto negativo de superar o limiar de seguridade.

4. Controla a seguridade da práctica deportiva de augas bravas en ámbitos do nivel de tecnificación, aplicando técnicas de rescate en auga ata grao III e desde a beira ata grao IV.

• Material de seguridade específico grao IV: pértega, bolsa de seguridade, mosquetóns, fita, coitelo, chifre, etc.

• Técnica de progresión segura por beiras e en augas pouco profundas con corrente.

• Rescate próximo desde a beira: uso da pa, a pértega e a bolsa de seguridade curta.

• Rescate a distancia desde a beira: uso da bolsa de seguridade. Nós. Riscos de uso da corda. Uso da corda en campos de sláloms naturais e artificiais.

• Piragua de seguridade no ámbito de tecnificación: situacións, disposición, técnicas de recollida e transporte, e material e nadadores ou nadadoras.

• Códigos de comunicación de rescate.

• Rescate e protocolos de primeiros auxilios.

Módulo específico de ensino deportivo: Preparación física do piragüismo de augas bravas.

Código: MED-PIAB207.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora a condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas, identificando as capacidades das que depende o seu rendemento tanto en adestramento como en competición, aplicando probas e test de campo e analizando os seus resultados.

a) Analizáronse as características das capacidades condicionais das que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas bravas en slálom e en descenso.

b) Describíronse as características dos tests e probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas bravas en slálom e en descenso.

c) Aplicáronse tests ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas bravas.

d) Describíronse as normas de seguridade que se deben observar durante a realización de tests ou probas específicas de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas bravas.

e) Recoñecéronse signos indicadores de risco antes e durante a execución das probas ou tests específicos de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas bravas.

f) Valoráronse, nun suposto práctico de secuencia de medición da condición física específica dun piragüista ou dunha piragüista de augas bravas, os cambios observados nas diferentes medicións, xustificando as posibles relacións causa-efecto.

g) Elaboráronse instrumentos de recollida da información sobre a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas bravas durante o adestramento e a competición (ou práctica deportiva).

h) Describíronse os conceptos estatísticos básicos necesarios no tratamento da información obtida na valoración da condición física.

i) Seleccionáronse e aplicáronse as técnicas de tratamento estatístico da información obtida, de acordo coa finalidade da valoración.

j) Interiorizouse a necesidade de transmitir a información sobre a valoración das persoas deportistas de forma eficaz, discreta e reforzando a súa autoestima.

2. Adapta e concreta ciclos e sesións de adestramento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

a) Describíronse os obxectivos de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Identificáronse as funcións dos instrumentos e medios de control en seco da condición física dentro da programación de referencia.

c) Relacionáronse os medios de mellora en seco da condición física do padexeiro ou padexeira cos obxectivos da programación de referencia.

d) Explicáronse as características dos métodos de desenvolvemento en seco das capacidades condicionais de que depende a condición física do padexeiro ou padexeira.

e) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos de adestramento en seco.

f) Definíronse os factores que modifican a carga nos métodos de adestramento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira.

g) Identificáronse os tipos de actividades en seco adecuadas ao adestramento do piragüismo e a súa relación coas capacidades condicionais do padexeiro ou padexeira.

h) Definíronse os exercicios de adestramento en seco cos parámetros de carga adaptados ás necesidades dun padexeiro ou padexeira.

i) Analizáronse as características específicas dos diferentes ciclos de preparación física en seco dun padexeiro ou padexeira, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os seus obxectivos.

j) Elaborouse un ciclo de preparación física en seco, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

k) Relacionouse a evolución dun padexeiro ou padexeira cos obxectivos previamente establecidos, verificando que o programa de adestramento en seco se axusta a eles.

l) Asumiuse a programación como factor de eficacia e calidade na planificación do adestramento básico en seco do padexeiro ou padexeira.

3. Dirixe sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas, aplicando técnicas de dirección, seguindo unha programación de referencia e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira, con especial atención á disposición en función do material, á optimización do espazo e do material e ao mantemento do nivel de práctica programado.

b) Describíronse as características que debe cumprir a información ao padexeiro ou padexeira cando se utilizan métodos de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas.

c) Dirixiuse unha sesión simulada de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas de acordo co previsto na programación.

d) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

e) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas nas sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira.

f) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección de sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira.

g) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo utilizados durante a dirección de sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas.

h) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

4. Promove prácticas deportivas saudables e de prevención de lesións e patoloxías propias do piragüismo de augas bravas, analizando os xestos deportivos predominantes, identificando as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva da modalidade, e aplicando programas e rutinas específicas.

a) Interpretáronse as bases biomecánicas da análise dos xestos predominantes na práctica deportiva do piragüismo.

b) Analizáronse as consecuencias negativas (lesións e enfermidades) que pode comportar unha práctica inadecuada do piragüismo de augas bravas durante a etapa de iniciación e tecnificación.

c) Identificáronse as contraindicacións patolóxicas xerais máis importantes, propias do adestramento de augas bravas durante a etapa de iniciación e tecnificación.

d) Describíronse os beneficios na condición física da práctica do piragüismo de augas bravas.

e) Aplicáronse actividades de quecemento e arrefriamento específicas do piragüismo de augas bravas.

f) Describíronse os hábitos posturais adecuados durante a práctica do piragüismo de augas bravas.

g) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva do piragüismo de augas bravas.

h) Analizáronse as características das rutinas e programas de preparación física para a prevención das lesións máis comúns durante a etapa de iniciación e tecnificación en augas bravas.

Contidos básicos:

1. Valora a condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas, identificando as capacidades de que depende o seu rendemento tanto en adestramento como en competición, aplicando probas e tests de campo e analizando os seus resultados.

• Factores condicionais do rendemento do piragüista ou da piragüista en slálom e descenso de augas bravas. Características específicas de cada proba.

• Tests e probas específicas de valoración da condición física específica de piragüistas de slálom e descenso. Procedementos e aplicación dos tests específicos. Normas de seguridade e prevención na aplicación de tests. Indicadores do risco na aplicación dos tests.

• Recollida, arquivamento e tratamento estatístico elemental de datos.

• Interpretación de resultados. Información á persoa deportista. Seguimento da evolución da forma deportiva.

2. Adapta e concreta ciclos e sesións de adestramento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

• Adestramento en seco na programación de referencia: obxectivos do desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas. Forza e flexibilidade específicas para o piragüista ou a piragüista de augas bravas.

• Valoración da programación do adestramento en seco. Funcións dos tests de condición física en seco na programación. Interpretación de resultados e utilización e reaxuste na programación.

• Medios e métodos de adestramento en seco da condición física para as augas bravas. Cuantificación e modificacións da carga de adestramento nos diferentes métodos.

• Actividades, exercicios e cargas de aplicación específica no adestramento en seco. Exercicios en seco con e sen aparellos de aplicación á acción de padexo. Exercicios en seco con pa.

• Periodización, ciclos e sesións de preparación en seco da condición física.

• Seguimento da evolución da condición física.

3. Dirixe sesións de desenvolvemento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira de augas bravas, aplicando técnicas de dirección, seguindo unha programación de referencia e aplicando técnicas de autoavaliación.

• A sesión de condición física en seco: técnicas de organización e dirección, e incidencias e solucións.

• Criterios de calidade na organización e dirección da sesión en seco.

• A información ao piragüista ou á piragüista durante o desenvolvemento da sesión en seco. Características.

• Papel do persoal técnico durante a sesión de condición física en seco: comportamento, actitudes, motivación, intervención, erros e alternativas.

• Instrumentos de autoavaliación da intervención do persoal técnico. Criterios de calidade.

4. Promove prácticas deportivas saudables e de prevención de lesións e patoloxías propias do piragüismo de augas bravas, analizando os xestos deportivos predominantes, identificando as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva da modalidade e aplicando programas e rutinas específicas.

• Bases biomecánicas dos xestos deportivos máis relevantes do piragüista ou da piragüista de augas bravas: posicións de base en kaiak e canoa e padas fundamentais de propulsión, propulsión circular, apoios e traccións.

• Lesións debidas á mala práctica do piragüismo de augas bravas nestes niveis. Lesións do ombro e torso habituais: tendinite en ombro, escoliose do canoísta ou da canoísta, etc.

• O adestramento na etapa de tecnificación en piragüismo de augas bravas: contraindicacións e beneficios.

• Medidas preventivas durante a práctica deportiva do piragüismo de augas bravas: prevención postural da canoa.

• Actividades de quecemento e arrefriamento específicas do piragüismo de augas bravas.

• Hábitos posturais adecuados durante a práctica do piragüismo de augas bravas.

• Análise e valoración das rutinas e programas de preparación física para a prevención de lesións.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-PIAB208.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro deportivo de prácticas (club, federación, escola, empresa, etc.), relacionándoa coa súa oferta de actividades de especialización, tecnificación deportiva, perfeccionamento técnico e as súas actividades de xestión, e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro deportivo de prácticas coa Real Federación Española de Piragüismo.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro deportivo de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á tecnificación deportiva e ao perfeccionamento técnico.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro deportivo de prácticas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á especialización, tecnificación deportiva ou perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas nas mulleres.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polo ambiente e aplicando os procedementos establecidos polo centro deportivo de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e coas persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevista que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude de respecto ao ambiente no desenvolvemento de actividades de iniciación ou perfeccionamento en piragüismo de augas bravas.

3. Controla a seguridade na práctica de tecnificación deportiva en piragüismo de augas bravas, nas modalidades de slálom e descenso, supervisando as instalacións e medios utilizados, interpretando e aplicando a normativa de seguridade e aplicando os procedementos e protocolos de acordo coa normativa e instrucións establecidas.

a) Colaborouse na aplicación das normas de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións deportivas do centro de prácticas e a súa adecuación á normativa de aplicación.

b) Utilizouse o material e o equipamento de seguridade na recuperación do piragüista ou da piragüista e/ou o material desde a beira.

c) Colocáronse as medidas de seguridade e rescate nunha zona de práctica de slálom ou descenso en augas bravas ata grao IV, de acordo cos protocolos establecidos no centro de prácticas.

d) Demostráronse as técnicas de autorrescate e de natación en augas bravas de ata grao III, de acordo cos protocolos establecidos no centro de prácticas.

e) Aplicáronse as técnicas de rescate na recuperación do material ou do piragüista ou da piragüista desde a beira e desde a embarcación.

f) Demostrouse unha actitude de respecto ás normas de seguridade e respecto do ambiente como elemento prioritario da actividade en augas bravas, velando por trasladar esta actitude aos padexeiros ou padexeiras mozos/as.

g) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en piragüismo de augas bravas.

h) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección do ambiente da instalación deportiva de piragüismo de augas bravas e a súa adecuación á normativa vixente.

4. Dirixe e valora as persoas deportistas no adestramento e competición na etapa de perfeccionamento e de tecnificación deportiva en piragüismo de augas bravas, nas modalidades de slálom e descenso, aplicando técnicas e procedementos de observación, transmitindo actitudes e valores, persoais e sociais, propios da ética deportiva, respecto ás demais persoas, ao contorno e ao propio corpo, xogo limpo e traballo en equipo.

a) Realizáronse gravacións e a avaliación do comportamento técnico-táctico dos padexeiros ou padexeiras de slálom e descenso de augas bravas.

b) Aplicáronse criterios de valoración da execución das accións de control sobre os tres eixes do padexeiro ou padexeira de augas bravas, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de tecnificación deportiva.

c) Aplicáronse criterios de valoración das traxectorias de navegación en descenso en augas bravas, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de tecnificación deportiva.

d) Aplicáronse criterios de valoración da execución das manobras de navegación do padexeiro ou padexeira en augas bravas ata grao IV, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de tecnificación deportiva.

e) Aplicáronse criterios de valoración da execución das figuras básicas de slálom, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuadas ao nivel de tecnificación deportiva.

f) Trasladáronse ao padexeiro ou padexeira de slálom e descenso as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación deportiva, tendo en conta as características da competición e do padexeiro ou padexeira.

g) Acompañáronse os padexeiros ou padexeiras de slálom e descenso nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

h) Colaborouse na formación e selección de equipos en competicións de patrullas.

i) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas durante a participación na competición de tecnificación deportiva en piragüismo de augas bravas, aplicando os procedementos adecuados e respectando as súas normas.

5. Adapta e concreta os programas, e dirixe as sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas de dirección e organización, aplicando técnicas de autoavaliación e colaborando na detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os métodos específicos para o perfeccionamento técnico-táctico e condicional na auga do padexeiro ou padexeira.

b) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos, tácticos e condicionais na auga do padexeiro ou padexeira a partir da programación de referencia do centro de prácticas.

c) Colaborouse na aplicación dos simuladores como sistema de mellora da técnica e das capacidades condicionais.

d) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dun padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras nas sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

e) Elaborouse un ciclo ou etapa de preparación completa dun padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras, a partir da programación de referencia do centro deportivo, concretando:

1º. Obxectivos de preparación e/ou competición.

2º. Medios de adestramento.

3º. Instrumentos de control.

4º. Carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo.

5º. Métodos de adestramento.

6º. Sesións de adestramento.

Adecuándose ás características do padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras e aos medios de adestramento existentes.

f) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos, de concentración, de control de pensamentos e emocións e de motivación adecuadas ao padexeiro ou padexeira e ao grupo de padexeiros ou padexeiras.

g) Participouse na identificación de situacións de dificultade na aprendizaxe técnica, aplicando protocolos establecidos e achegando solucións.

h) Realizouse a recollida de información sobre o labor do persoal técnico durante a dirección dos adestramentos, identificando as dificultades e propoñendo alternativas.

i) Demostrouse minuciosidade e revisión constante no proceso de elaboración e axuste dos ciclos ou etapas de adestramento.

6. Organiza sesións de iniciación deportiva en piragüismo para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender ás características únicas da persoa con discapacidade, previamente á realización da práctica de piragüismo.

b) Orientáronse as persoas con discapacidade cara ás prácticas deportivas máis adecuadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas, segundo os diferentes tipos de discapacidade e as características da práctica deportiva do piragüismo.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas en relación coa comunicación e a participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación ou modificación das tarefas e xogos, favorecendo a participación, o gozo e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do piragüismo.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos deportivos no centro deportivo de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de piragüismo e da difusión da práctica no centro deportivo de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e das institucións cara á inclusión na práctica deportiva do piragüismo de persoas con discapacidade.

7. Coordina o proceso de iniciación deportiva en piragüismo, elaborando as programacións de referencia, analizando a estrutura da escola de iniciación deportiva e aplicando os procedementos e técnicas adecuadas.

a) Identificouse a estrutura e as funcións da escola de iniciación deportiva en piragüismo, no centro deportivo de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación deportiva en piragüismo, no centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en piragüismo, de acordo coas características do grupo e do contorno, e a programación do centro deportivo de prácticas.

8. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva en piragüismo, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo, do centro deportivo de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, materiais e recursos humanos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas, elaborando os documentos informativos.

e) Realizouse a inscrición do padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras nunha competición de tecnificación deportiva en piragüismo de augas bravas, de acordo coas normas e protocolos establecidos.

f) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidentes e actividade dun grupo de padexeiros ou padexeiras de augas bravas que participan nunha competición, de acordo coas instrucións e normas recibidas.

g) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos dos padexeiros ou padexeiras de augas bravas para asistir a unha competición.

h) Elaborouse o plan de viaxe dun padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras que participa nunha competición de tecnificación deportiva, aplicando as instrucións e os procedementos establecidos.

i) Comprobouse a cobertura legal do padexeiro ou padexeira de augas bravas durante a súa participación na competición, de acordo coa normativa establecida.

j) Informouse o padexeiro ou padexeira de augas bravas das características da competición, interpretando a documentación sobre esta e participando nas reunións do xefe ou da xefa de equipo.

k) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación deportiva en piragüismo de augas bravas, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

ANEXO IV

Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas

Obxectivos xerais

a) Identificar e detectar as características técnicas, físicas, psicolóxicas e da competición, aplicando procedementos establecidos, para valorar e seleccionar a persoa deportista na etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizar e interpretar a programación de referencia do adestramento básico en piragüismo de augas tranquilas, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar a sesión de adestramento básico.

c) Analizar e interpretar a programación de referencia do perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos de tecnificación deportiva.

d) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e contidos do ensino do piragüismo, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable, para deseñar programas de iniciación deportiva.

e) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dirección de sesións e de control das continxencias propias do piragüismo de augas tranquilas, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, resolvendo supostos, para dirixir a sesión de adestramento e perfeccionamento na etapa de tecnificación deportiva.

f) Demostrar o dominio de embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW, aplicando o procedemento de mantemento e preparación das embarcacións e empregando as técnicas de navegación establecidas, para dirixir a sesión de adestramento básico.

g) Analizar as condicións de seguridade das instalacións e medios propios da tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para controlar a seguridade na práctica en augas tranquilas.

h) Elixir e demostrar as técnicas de axuda e rescate desde unha embarcación de motor, aplicando os procedementos establecidos en situacións simuladas, para intervir e rescatar en situacións de risco.

i) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e instalacións propias da tecnificación deportiva, aplicando os procedementos establecidos e a normativa, operando cos instrumentos de reparación e mantemento, para facilitar a dispoñibilidade e adecuada utilización dos medios necesarios.

j) Analizar os aspectos técnicos e tácticos propios da competición de tecnificación deportiva en augas tranquilas, aplicando os procedementos establecidos e tendo en conta as características das persoas participantes e o regulamento para dirixir deportistas en competicións deste nivel.

k) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos propios do nivel iniciación deportiva, e identificar as características organizativas de competicións de tecnificación deportiva en augas tranquilas, enumerando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios e, aplicando o marco legal que as regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

l) Identificar e analizar as características organizativas, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación deportiva.

m) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de tecnificación deportiva en augas tranquilas, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e de axuste de programas, para avaliar este proceso.

n) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nas persoas deportistas, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

ñ) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

o) Describir e aplicar os programas de iniciación deportiva en piragüismo adaptado e os procedementos de adaptación de actividades de condución para persoas con discapacidade, clasificando as características das discapacidades, para fomentar a igualdade de oportunidades.

p) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

q) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Os módulos citados a continuación, tanto comúns como específicos, compártense entre o ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas e o ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e están desenvolvidos na súa totalidade dentro do anexo III:

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva. Código: MED-C201.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo. Código: MED-C202.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade. Código: MED-C203.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva. Código: MED-C204.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte. Código: MED-C205.

Módulo específico de ensino deportivo: Escola de piragüismo. Código: MED-PIPI202.

Módulo específico de ensino deportivo: Piragüismo adaptado. Código: MED-PIPI203.

Módulo específico de ensino deportivo: Organización de eventos en piragüismo. Código: MED-PIPI204.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico de piragüismo de augas tranquilas.

Código: MED-PIAT209.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora a técnica de padexo en kaiak no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e relacionando os erros de execución coas súas causas.

a) Explicáronse os fundamentos da técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizouse o modelo técnico do padexo en kaiak de augas tranquilas durante esta etapa e identificáronse os seus elementos básicos.

c) Describíronse os criterios de análise da técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas no adestramento e na competición.

d) Elaboráronse instrumentos básicos de recollida de información sobre a técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas durante o adestramento e a competición.

e) Describíronse os erros tipo da técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas durante o adestramento e a competición.

f) Relacionáronse os erros da técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas durante o adestramento e a competición coas posibles causas e as tarefas para solucionalas.

g) Analizouse a técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas durante o adestramento e a competición, identificando as súas características técnicas e aplicando instrumentos básicos de recollida de información.

h) Xustificouse a importancia da valoración e a análise da técnica de padexo en kaiak de augas tranquilas, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

i) Describíronse as características dos kaiakistas ou das kaiakistas de augas tranquilas e os criterios básicos para a formación de embarcacións colectivas.

j) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas no proceso de valoración da técnica do kaiakista ou da kaiakista de augas tranquilas.

2. Valora a técnica de padexo en canoa no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e relacionando os erros de execución coas súas causas.

a) Explicáronse os fundamentos da técnica de padexo en canoa de augas tranquilas durante a etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizouse o modelo técnico do padexo en canoa de augas tranquilas durante esta etapa e identificáronse os seus elementos básicos.

c) Describíronse os criterios de análise da técnica de padexo en canoa de augas tranquilas no adestramento e na competición.

d) Elaboráronse instrumentos básicos de recollida de información sobre a técnica de padexo en canoa de augas tranquilas durante o adestramento e a competición.

e) Describíronse os erros tipo da técnica de padexo en canoa de augas tranquilas durante o adestramento e a competición.

f) Relacionáronse os erros da técnica de padexo en canoa de augas tranquilas durante o adestramento e a competición coas posibles causas e as tarefas para solucionalas.

g) Analizouse a técnica de padexo en canoa de augas tranquilas durante o adestramento e a competición, identificando as súas características técnicas e aplicando instrumentos básicos de recollida de información.

h) Xustificouse a importancia da valoración e a análise da técnica de padexo en canoa de augas tranquilas, dentro das funcións do persoal técnico deportivo.

i) Describíronse as características dos canoístas ou das canoístas de augas tranquilas e os criterios técnicos básicos para a formación de embarcacións colectivas.

j) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas no proceso de valoración da técnica do canoísta ou da canoísta de augas tranquilas.

k) Relacionáronse as modificacións e os axustes da técnica de padexo en canoa de augas tranquilas co tipo de proba, e as características climatolóxicas.

3. Rexistra a técnica de padexo durante o adestramento e a competición en augas tranquilas, utilizando medios audiovisuais, aplicando técnicas de gravación e reprodución adecuadas.

a) Enumeráronse e describíronse os elementos fundamentais nunha sesión de gravación, así como a preparación dos materiais que se van utilizar.

b) Explicáronse os fundamentos técnicos das cámaras utilizadas na gravación da técnica de padexo de augas tranquilas.

c) Explicáronse as características de manexo dos dispositivos de reprodución.

d) Demostráronse as técnicas de gravación da técnica de padexo de augas tranquilas desde unha motora.

e) Demostráronse as técnicas de gravación da técnica de padexo de augas tranquilas desde unha posición fixa.

f) Explicáronse os fundamentos, uso, mantemento e reciclaxe das fontes de alimentación das cámaras (baterías e rede eléctrica).

g) Describíronse as formas de almacenaxe, conservación e limpeza do material de gravación e reprodución audiovisual.

h) Describíronse as formas de almacenaxe e arquivamento do material audiovisual e a utilización do historial de filmacións.

i) Demostrouse unha actitude atenta e coidadosa nas sesións de gravación e reprodución das imaxes.

4. Deseña e concreta secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo en kaiak e canoa de augas tranquilas, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de ensino e aplicando procedementos.

a) Analizáronse as características da evolución da técnica ao longo das etapas de iniciación e tecnificación (modelo de desenvolvemento da técnica).

b) Describíronse os obxectivos da técnica de padexo de augas tranquilas nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

c) Explicáronse as características dos métodos específicos de ensino e perfeccionamento da técnica de padexo en augas tranquilas.

d) Relacionáronse os medios de mellora da aprendizaxe e do perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas cos obxectivos da programación de referencia.

e) Definíronse os factores que modifican o deseño e a concreción das secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas.

f) Definíronse os contidos e as características das secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas.

g) Elaboráronse secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo en kaiak e canoa de augas tranquilas, de acordo cos estándares técnicos.

h) Describíronse as características que debe cumprir a información ao padexeiro ou padexeira cando se concretan as secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas.

i) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas no proceso de ensino-aprendizaxe.

5. Dirixe sesións de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas, analizando e aplicando as técnicas de dirección e organización, e técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de preparación técnica en piragüismo de augas tranquilas, con especial atención á disposición en función do material, á optimización do espazo e do material, e ao mantemento do nivel de práctica programado.

b) Dirixiuse unha sesión simulada de preparación técnica do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, de acordo co previsto na programación.

c) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de preparación técnica de piragüismo de augas tranquilas, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

d) Analizáronse as adaptacións específicas dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, a concentración, o control de pensamento e de emocións en piragüismo de augas tranquilas.

e) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas nas sesións de preparación técnica do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

f) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección de sesións de preparación técnica do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

g) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de preparación técnica do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

h) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación técnica do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

i) Xustificouse a importancia da imaxe e do comportamento do persoal técnico na dirección de sesións de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica.

6. Dirixe o padexeiro ou padexeira de augas tranquilas en competicións de tecnificación, analizando as características da proba, o comportamento táctico e seleccionando as estratexias de intervención.

a) Describíronse as funcións do persoal técnico deportivo nas competicións de tecnificación deportiva da modalidade de piragüismo de augas tranquilas.

b) Analizouse o Regulamento de competición en piragüismo de augas tranquilas, identificando as posibilidades tácticas permitidas.

c) Describíronse as características das competicións de piragüismo de augas tranquilas neste nivel, en función do tipo de embarcación, disciplina e distancia de competición.

d) Analizáronse os criterios de análise das competicións de piragüismo de augas tranquilas no nivel de tecnificación deportiva, en función do tipo de embarcación, disciplina e distancia de competición.

e) Analizouse un suposto de competición, identificando as demandas técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas para o padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

f) Definíronse os modelos tácticos posibles en función das características do tipo de proba, do contexto e dos competidores ou competidoras en piragüismo de augas tranquilas.

g) Interiorizouse a necesidade de manter unha actitude de respecto cara ao regulamento e o resto de competidores ou competidoras.

7. Valora o material de competición en piragüismo de augas tranquilas, seleccionándoo e adaptándoo ás características do padexeiro ou padexeira e do contorno, tanto en adestramento como en competición e realizando accións de mantemento básicas.

a) Examináronse as características da pa e da embarcación utilizadas polo piragüista ou pola piragüista de augas tranquilas.

b) Relacionáronse as peculiaridades da pa, da embarcación e dos seus accesorios cos diferentes tipos de probas en augas tranquilas (velocidade, fondo, ascensos, descensos, travesías e maratón).

c) Seleccionouse o tipo de embarcación e de pa en función das características do padexeiro ou padexeira, do adestramento e da competición.

d) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións da pa e os apoios na embarcación ás características do padexeiro ou padexeira e ás condicións do adestramento.

e) Seleccionáronse e concretáronse as adaptacións da embarcación ás condicións dun suposto de competición.

f) Demostrouse como se personaliza o apoio ou «taco» do canoísta ou da canoísta ás características do seu xeonllo.

g) Relacionouse o mantemento da embarcación e a pa de piragüismo de augas tranquilas coas exixencias deste tipo de competicións.

h) Adaptáronse e executáronse as tarefas de mantemento básico da embarcación de piragüismo de augas tranquilas, en función das características dun suposto de competición.

i) Describíronse e demostráronse as formas de almacenaxe e transporte das embarcacións de competición de piragüismo de augas tranquilas.

j) Xustificouse a importancia de transmitir valores de coidado do material de adestramento e competición.

Contidos básicos:

1. Valora a técnica de padexo en kaiak no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e relacionando os erros de execución coas súas causas.

• Fundamentos da técnica do kaiak.

– Fundamentos biomecánicos.

– Descrición global e análise das súas fases.

– Erros, fontes e solucións.

• Instrumentos de observación da técnica de padexo en kaiak.

– Observación directa.

– Impresos de observación.

– Fotoseriacións.

– Gravacións en vídeo.

• Criterios básicos para a formación de embarcacións colectivas en kaiak.

– Características físicas, psicolóxicas, técnicas e de rendemento.

2. Valora a técnica de padexo en canoa no adestramento e durante a competición na etapa de tecnificación deportiva, analizando os estándares técnicos e relacionando os erros de execución coas súas causas.

• Fundamentos da técnica da canoa.

– Fundamentos biomecánicos.

– Descrición global e análise das súas fases.

– Erros, fontes e solucións.

• Instrumentos de observación da técnica de padexo en canoa.

– Observación directa.

– Impresos de observación.

– Fotoseriacións.

– Gravacións en vídeo.

• Criterios básicos para a formación de embarcacións colectivas en canoa.

– Características físicas, psicolóxicas, técnicas e de rendemento.

• Adaptacións da técnica de padexo en canoa.

– Ao tipo de competición.

– Ás condicións climatolóxicas.

3. Rexistra a técnica de padexo durante o adestramento e a competición en augas tranquilas, utilizando medios audiovisuais, aplicando técnicas de gravación e reprodución adecuadas.

• Material de gravación e reprodución.

– Características básicas.

– Preparación previa á sesión de gravación/reprodución.

– Almacenaxe, conservación, limpeza e reciclaxe do material de gravación/reprodución e baterías.

• Sistemas de arquivamento, organización e almacenaxe das gravacións.

– Discos duros físicos e virtuais, tarxetas de memoria, etc.

• Fundamentos da técnica de gravación/reprodución.

– Zoom, contraste, cadro, velocidade de gravación, etc.

– Parada, cámara lenta e rápida, frame by frame, etc.

– Gravación da técnica de padexo.

▪ Desde motora: planos, ángulos, zoom, contraste, etc.

▪ Desde fóra da auga: planos, ángulos, zoom, contraste, etc.

• Minuciosidade no traballo de gravación e reprodución.

4. Deseña e concreta secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo en kaiak e canoa de augas tranquilas, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de ensino e aplicando procedementos.

• Programación da aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo.

– Modelo de desenvolvemento técnico do padexeiro ou padexeira.

– Obxectivos, contidos, métodos e medios.

• Secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo.

– Características básicas.

– Información sobre o proceso: reforzos, correccións e orientacións.

– Factores condicionantes.

5. Dirixe sesións de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas, analizando e aplicando as técnicas de dirección, organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

• A sesión de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas.

– Factores condicionantes na organización da sesión: espazo, material, tempo, nivel do alumnado, etc.

– Dirección, recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe, incidencias, causas e solucións na sesión.

– Criterios de calidade.

• Pautas de comportamento do persoal técnico nas sesións de aprendizaxe e perfeccionamento da técnica de padexo de augas tranquilas.

– Instrumentos de avaliación docente.

– Estratexias de motivación na sesión. Erros e alternativas.

– Imaxe e actitude do persoal técnico.

6. Dirixe o padexeiro ou padexeira de augas tranquilas en competicións de tecnificación, analizando as características da proba, o comportamento táctico e seleccionando as estratexias de intervención.

• Funcións do persoal técnico deportivo de piragüismo de augas tranquilas nas competicións.

– Aspectos administrativos: afiliación, inscrición e recollida de resultados.

– Regulamento de piragüismo de augas tranquilas.

– Bases específicas das competicións.

• Criterios de análise das competicións en piragüismo de augas tranquilas. Demandas técnicas, tácticas, físicas e psicolóxicas.

– Competicións de velocidade e fondo en liña, ascensos, descensos, travesías e maratón.

– Segundo o tipo de embarcación/disciplina: canoa ou kaiak, e embarcacións individuais ou colectivas.

• Modelos tácticos de competición en piragüismo de augas tranquilas.

– Distribución do esforzo.

– Padexo á onda.

– Cambios de ritmo.

– Adaptación ao medio.

• Respecto ao regulamento e competidores ou competidoras en competicións de piragüismo de augas tranquilas.

7. Valora o material de competición en piragüismo de augas tranquilas, seleccionándoo e adaptándoo ás características do padexeiro ou padexeira e do contorno, tanto en adestramento como en competición e realizando accións de mantemento básicas.

• Características da pa, da embarcación e dos accesorios en piragüismo de augas tranquilas.

– Especificacións técnicas segundo a especialidade.

– Adaptación ao padexeiro ou padexeira: antropometría, condición física, técnica de padexo, etc.

– Adaptacións na embarcación ao tipo de proba: rompeondas, portatáboas, lemes, asas, achicadores, etc.

– Mantemento, limpeza e posta a punto.

• Creación de tacos adaptados ao xeonllo do canoísta ou da canoísta.

– Material de soporte.

– Técnica de elaboración e axuste.

• Almacenaxe e transporte de embarcacións:

– Estruturas para a almacenaxe e o transporte.

– Fixacións para a almacenaxe e o transporte.

– Normativa de transporte de embarcacións.

Módulo específico de ensino deportivo: Adestramento en augas tranquilas.

Código: MED-PIAT210.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora o rendemento do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas en adestramento e competición, identificando os factores condicionais e tácticos de que depende o seu rendemento, aplicando probas e tests de campo e analizando os seus resultados.

a) Identificáronse as capacidades condicionais e describíronse as súas principais características de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas tranquilas.

b) Describíronse as características dos tests e probas específicas de valoración do comportamento táctico e das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas tranquilas.

c) Aplicáronse tests ou probas específicas de valoración do comportamento táctico e das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas tranquilas.

d) Describíronse as normas de seguridade e recoñecéronse os signos indicadores de risco, antes e durante a execución, das probas ou tests específicos de valoración das capacidades condicionais de que depende a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas tranquilas.

e) Valoráronse, nun suposto práctico de secuencia de medición da condición física específica dun piragüista ou dunha piragüista de augas tranquilas, os cambios observados nas diferentes medicións, xustificando as posibles relacións causa-efecto.

f) Elaboráronse instrumentos de recollida da información sobre o comportamento táctico e a condición física específica do piragüista ou da piragüista de augas tranquilas durante o adestramento e a competición.

g) Describíronse os conceptos estatísticos básicos necesarios no tratamento da información obtida na valoración da condición física.

h) Aplicáronse as técnicas de tratamento e procesamento estatístico básico da información obtida.

i) Seleccionáronse as técnicas de tratamento estatístico adecuadas ao tipo de información obtida e á finalidade da valoración.

j) Interiorizouse a necesidade de transmitir a información sobre a valoración das persoas deportistas de forma eficaz, discreta e reforzando a súa autoestima.

2. Adapta e concreta ciclos de preparación táctica de adestramento da condición física en seco, con simuladores e en auga, analizando a programación de referencia, as características dos ciclos e a combinación dos diferentes tipos de traballo.

a) Describíronse os obxectivos de desenvolvemento da condición física e do comportamento táctico do padexeiro ou padexeira nas programacións de referencia da etapa de tecnificación deportiva.

b) Analizouse un suposto calendario de competicións, aplicando criterios de selección destas en función dos obxectivos, o momento da tempada e as características da competición.

c) Identificáronse as funcións dos instrumentos e medios de control da condición física e do comportamento táctico dentro da programación de referencia.

d) Seleccionáronse os sistemas de cuantificación da carga de traballo nos métodos de adestramento da condición física.

e) Analizáronse as características específicas dos diferentes ciclos de preparación física dun padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, en función da súa situación dentro da programación de referencia e os seus obxectivos.

f) Analizáronse os criterios de combinación do traballo técnico, táctico e da condición física en seco, con simuladores e en auga, do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

g) Elaborouse un ciclo de preparación física integrando os diferentes tipos de traballo a partir dunha programación de referencia, concretando os obxectivos, medios, métodos, instrumentos de control e dinámica da carga.

h) Relacionouse a evolución da condición física e do comportamento táctico dun padexeiro ou padexeira cos obxectivos previamente establecidos, verificando que o programa de adestramento se axusta a eles.

i) Asumiuse a programación como factor de eficacia e calidade na planificación do adestramento básico do padexeiro ou padexeira.

j) Valorouse a importancia da revisión continua do traballo realizado como factor de mellora da calidade dos programas de adestramento do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

3. Deseña, adapta e dirixe sesións de adestramento da condición física en seco do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación, e aplicando procedementos.

a) Relacionáronse os medios de mellora da condición física en seco do padexeiro ou padexeira cos obxectivos da programación de referencia.

b) Explicáronse as características dos métodos de desenvolvemento das capacidades condicionais en seco de que depende a condición física do padexeiro ou padexeira.

c) Definíronse os factores que modifican a carga nos métodos de adestramento en seco da condición física do padexeiro ou padexeira.

d) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento de desenvolvemento, mantemento ou recuperación da condición física en seco do padexeiro ou padexeira.

e) Identificáronse os tipos de actividades e exercicios propios do adestramento en seco do piragüismo de augas tranquilas e a súa relación coas capacidades condicionais do padexeiro ou padexeira.

f) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de desenvolvemento da condición física en seco do padexeiro ou padexeira, con especial atención á información proporcionada, á disposición en función do material, á optimización do espazo e do material, e ao mantemento do nivel de práctica programado.

g) Dirixiuse unha sesión simulada de desenvolvemento da condición física en seco do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, de acordo co previsto na programación e cos criterios de calidade na súa organización e dirección.

h) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de desenvolvemento da condición física en seco do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

i) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas nas sesións de desenvolvemento da condición física en seco do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

j) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de desenvolvemento da condición física en seco do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

k) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación física en seco do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

4. Deseña, adapta e dirixe sesións de adestramento da condición física, con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

a) Relacionáronse os medios de mellora da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira cos obxectivos da programación de referencia.

b) Explicáronse as características dos métodos de desenvolvemento das capacidades condicionais, utilizando como medios os simuladores do padexo.

c) Definíronse os factores que modifican a carga nos métodos de adestramento con simuladores de desenvolvemento da condición física do padexeiro ou padexeira.

d) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira.

e) Describíronse as características que debe cumprir a información ao padexeiro ou padexeira cando se utilizan métodos de desenvolvemento da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

f) Dirixiuse unha sesión simulada de desenvolvemento da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, de acordo co previsto na programación e cos criterios de calidade na súa organización e dirección.

g) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de desenvolvemento da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

h) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas nas sesións de desenvolvemento da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

i) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de desenvolvemento da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

j) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación física con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

5. Deseña, adapta e dirixe sesións de adestramento da condición física e do comportamento táctico en auga do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

a) Relacionáronse os medios de mellora da condición física en auga do padexeiro ou padexeira cos obxectivos da programación de referencia.

b) Explicáronse as características dos métodos de desenvolvemento en auga das capacidades condicionais e do comportamento táctico, utilizando como medios o padexo e as súas diferentes variacións.

c) Definíronse os factores que modifican a carga nos métodos de adestramento en auga de desenvolvemento da condición física do padexeiro ou padexeira.

d) Seleccionáronse as características específicas dunha sesión de adestramento da condición física e do comportamento táctico en auga do padexeiro ou padexeira.

e) Analizáronse as diferentes técnicas específicas de organización das sesións de desenvolvemento en auga da condición física e do comportamento táctico do padexeiro ou padexeira, con especial atención á información proporcionada, á disposición do material, á distribución dos padexeiros ou padexeiras e á delimitación do espazo de adestramento.

f) Dirixiuse unha sesión simulada de desenvolvemento da condición física en auga do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, de acordo co previsto na programación e cos criterios de calidade na súa organización e dirección.

g) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de desenvolvemento da condición física en auga do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

h) Analizáronse as actitudes e accións de motivación máis adecuadas nas sesións de desenvolvemento da condición física en auga do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

i) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do persoal técnico deportivo durante a dirección de sesións de desenvolvemento da condición física en auga do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas.

j) Analizouse o comportamento do persoal técnico deportivo na dirección de sesións de preparación física en auga do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

6. Promove prácticas deportivas saudables e de prevención de lesións e patoloxía propias do piragüismo en kaiak e canoa de augas tranquilas, analizando os xestos deportivos predominantes, identificando as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva da modalidade e aplicando programas e rutinas específicas.

a) Interpretáronse as bases biomecánicas da análise dos xestos predominantes en kaiak e canoa de augas tranquilas.

b) Analizáronse as consecuencias negativas (lesións e enfermidades) que pode comportar unha práctica inadecuada do piragüismo de augas tranquilas durante a etapa de iniciación e tecnificación.

c) Identificáronse as contraindicacións patolóxicas xerais máis importantes propias do adestramento en augas tranquilas durante a etapa de iniciación e tecnificación.

d) Describíronse os beneficios, sobre a condición física, da práctica do piragüismo de augas tranquilas.

e) Aplicáronse actividades de quecemento e volta á calma específicas do piragüismo de augas tranquilas.

f) Describíronse os hábitos posturais adecuados durante a práctica do piragüismo de augas tranquilas.

g) Valorouse a importancia de prever as consecuencias negativas dunha mala práctica deportiva do piragüismo de augas tranquilas.

h) Analizáronse as características do adestramento en piragüismo de augas tranquilas para a prevención das lesións máis comúns durante a etapa de iniciación e tecnificación.

Contidos básicos:

1. Valora o rendemento do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas en adestramento e competición, identificando os factores condicionais e tácticos de que depende o seu rendemento, aplicando probas e tests de campo e analizando os seus resultados.

• Condición física do piragüista ou da piragüista de augas tranquilas.

– Calidades físicas básicas en piragüismo de augas tranquilas: necesidades de forza, resistencia, velocidade e flexibilidade.

– Capacidades coordinativas: necesidades de equilibrio e coordinación.

• Probas de valoración en piragüismo de augas tranquilas.

– Tests e instrumentos de recollida de información da condición física en seco: forza, resistencia, velocidade e flexibilidade.

– Tests de valoración específica e instrumentos de recollida de información durante o adestramento en auga e a competición.

– Normas de seguridade e prevención na aplicación de tests.

– Periodización dos tests de valoración: interpretación de cambios.

• Comportamento táctico en piragüismo de augas tranquilas.

– Variables que ter en conta: distancia, embarcación, frecuencia de padexo, tempo, parciais, etc.

– Modelos.

– Instrumentos de recollida de información.

• Estatística básica aplicada.

– Estatística descritiva: media, moda, frecuencias, desviación típica, etc.

– Análise de cambios.

2. Adapta e concreta ciclos de preparación táctica de adestramento da condición física en seco, con simuladores e en auga, analizando a programación de referencia, as características dos ciclos e a combinación dos diferentes tipos de traballo.

• Programación do adestramento na etapa de tecnificación deportiva.

– Obxectivos, medios e métodos.

– Calendario de competicións: criterios de análise.

– Ciclos de adestramento: características e elaboración.

– Control da evolución do piragüista ou da piragüista de augas tranquilas: funcións e situación.

– Cuantificación das cargas.

– Interacción e integración entre os diferentes tipos de traballo: en seco, con simuladores, en auga e técnico e táctico.

– Criterios de revisión e axuste da programación.

3. Deseña, adapta e dirixe sesións de adestramento da condición física en seco do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

• Adestramento da condición física en seco.

– Obxectivos, medios e métodos.

– Actividades e exercicios de adestramento en seco: natación, carreira, musculación, etc.

– A carga de adestramento en seco.

• A sesión de adestramento da condición física en seco.

– Características da sesión.

– Dirección e organización da sesión: información, control, espazo, material, etc.

– Estratexias de motivación na sesión.

– Incidencias e solucións.

– Avaliación da sesión.

▪ Instrumentos de recollida de información.

▪ Avaliación do comportamento do persoal técnico deportivo.

4. Deseña, adapta e dirixe sesións de adestramento da condición física con simuladores do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

• Adestramento da condición física con simuladores.

– Obxectivos, medios e métodos.

– A carga de adestramento en seco.

• A sesión de adestramento da condición física con simuladores.

– Características da sesión.

– Dirección e organización da sesión: información, control, espazo, material, etc.

– Estratexias de motivación na sesión.

– Incidencias e solucións.

– Avaliación da sesión.

▪ Instrumentos de recollida de información.

▪ Avaliación do comportamento do persoal técnico deportivo.

5. Deseña, adapta e dirixe sesións de adestramento da condición física e do comportamento táctico en auga do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, analizando a programación de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e aplicando procedementos.

• Adestramento da condición física e do comportamento táctico na auga.

– Obxectivos, medios e métodos.

– A carga de adestramento en seco.

• A sesión de adestramento da condición física e do comportamento táctico en auga.

– Características da sesión.

– Dirección e organización da sesión: información, control dos padexeiros ou padexeiras, delimitación do espazo, material, etc.

– Estratexias de motivación na sesión.

– Incidencias e solucións.

– Avaliación da sesión:

▪ Instrumentos de recollida de información.

▪ Avaliación do comportamento do persoal técnico deportivo.

6. Promove prácticas deportivas saudables e de prevención de lesións e patoloxía propias do piragüismo en kaiak e canoa de augas tranquilas, analizando os xestos deportivos predominantes, identificando as pautas hixiénicas máis adecuadas nas etapas de iniciación e tecnificación deportiva da modalidade, e aplicando programas e rutinas específicas.

• Análise postural do padexo en piragüismo de augas tranquilas.

– A postura en kaiak e canoa de augas tranquilas.

– Movementos articulares e implicación muscular no padexo.

• Prevención de lesións e enfermidades asociadas á práctica do piragüismo de augas tranquilas.

– Prácticas contraindicadas.

– Lesións e enfermidades frecuentes.

– Hábitos e control postural.

▪ Quecemento e arrefriamento.

▪ Actividades de prevención de lesións e enfermidades.

• Beneficios da práctica do piragüismo de augas tranquilas sobre a condición física.

Módulo específico de ensino deportivo: Manexo de embarcacións de recreo.

Código: MED-PIAT211.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Demostra o dominio da embarcación de recreo, aplicando o procedemento de revisión previa e as técnicas básicas de navegación e goberno da embarcación.

a) Demostrouse o uso do chaleco salvavidas, extintores, sinais pirotécnicos e espello de sinais.

b) Realizáronse os nós básicos utilizados no amarre e a navegación.

c) Describíronse as comprobacións relacionadas coa seguridade e a conservación do motor antes de proceder á súa posta en marcha.

d) Describíronse as comprobacións oportunas tras poñer o motor en marcha relacionadas coa seguridade e a conservación deste.

e) Describíronse as regras de rumbo e goberno, velocidade de seguridade, vixilancia e identificación de marcas e balizas na navegación.

f) Realizáronse as manobras en dársena con embarcación de motor, respectando a normativa de seguridade.

g) Describiuse o efecto da hélice marcha atrás segundo esta sexa levoxira ou dextroxira.

h) Realizáronse, con seguridade, ceavogas a motor, controlando a arrancada e o uso do leme.

i) Realizáronse, con eficacia e seguridade, as manobras de aproximación e atracada a un peirao.

j) Realizouse, con eficacia e seguridade, a manobra de fondeadura da áncora.

k) Realizouse, con eficacia, a manobra de home á auga desde unha embarcación de motor.

l) Identificouse a necesidade de manter unha actitude vixiante respecto ao resto de embarcacións, do contorno e da tripulación durante a realización de manobras.

2. Realiza o mantemento básico das embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW, identificando as partes das que están compostas, os mecanismos de propulsión e utilizando termos propios da nomenclatura náutica tanto en embarcacións de motor como de vela.

a) Describíronse as dimensións e partes máis importantes dunha embarcación de recreo utilizando a nomenclatura náutica adecuada.

b) Describiuse a estrutura, accesorios, elementos auxiliares, de amarre e fondeadura básicos dunha embarcación de recreo, utilizando a nomenclatura náutica adecuada.

c) Describíronse as características, en canto á súa instalación, dos motores foraborda e dentroforaborda, interior e propulsión a turbina.

d) Describíronse as características dos instrumentos de control e mandos de manobra do motor.

e) Describíronse as características especiais dunha embarcación de vela respecto ao aparello, á enxarcia e ás velas, utilizando a nomenclatura náutica adecuada.

f) Relacionouse o concepto de milla náutica e nó como unidades de distancia e velocidade en navegación.

g) Identificouse a necesidade de manter unha actitude vixiante respecto ao estado das diferentes partes da embarcación e os medios de propulsión, para garantir a seguridade na navegación.

3. Vela pola seguridade da navegación en embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW, identificando a normativa específica a que están sometidas, así como os protocolos para aplicar e as accións que realizar en caso de emerxencia, tanto en embarcacións de motor como de vela.

a) Describíronse os perigos e precaucións que ter en conta durante a navegación con embarcacións de recreo.

b) Describíronse as limitacións ou zonas prohibidas propias da navegación con embarcacións de recreo, así como as normas de navegación en portos.

c) Analizouse o proceso de planificación da navegación nunha embarcación de recreo.

d) Analizouse a previsión meteorolóxica como factor determinante, dentro do proceso de planificación, da navegación nunha embarcación de recreo.

e) Describíronse as precaucións que seguir para non perder a flotación en embarcacións de recreo.

f) Describíronse os protocolos que seguir en caso de emerxencia tanto na navegación como no abastecemento de embarcacións de recreo.

g) Describíronse os protocolos que seguir en caso de envorcadura, home á auga, desarboramento e rotura de leme.

h) Identificáronse os diferentes sinais de balizamento diúrnos e de perigos illados no mar.

i) Describíronse as atribucións propias da autorización federativa para a navegación en embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW.

j) Relacionáronse as principais regras do Convenio internacional para previr as abordaxes cunha navegación segura en embarcacións de recreo.

k) Describíronse os fundamentos básicos da navegación a vela.

l) Identificouse a necesidade de respectar as normas e limitacións da navegación con embarcacións de recreo para garantir a seguridade.

Contidos básicos:

1. Demostra o dominio da embarcación de recreo, aplicando o procedemento de revisión previa e as técnicas básicas de navegación e goberno da embarcación.

• Forma de utilizar o chaleco salvavidas, extintores, sinais pirotécnicos e espello de sinais.

• Manexo de cabos. Aduxar, facer firme e tomar voltas. Cote, medio nó, ás de guía e ballestrinque. Amarrar por seo.

• Preparativos antes de iniciar a manobra.

– Comprobacións sobre ausencia de gases explosivos, nivel de aceite do motor e transmisor, nivel de combustible, filtro de combustible con decantador de auga nos motores diésel e billa de fondo de refrixeración.

– Poñer en punto morto e arrancar o motor.

– Comprobacións despois de arrancar.

▪ Alarmas e instrumentos de control.

▪ Refrixeración.

• Aplicación das regras de rumbo e goberno, velocidade de seguridade, vixilancia e identificación de marcas e balizas.

• Manobras en dársena.

– Precaucións cando hai cabos na auga.

– Manobrar avante e atrás.

– Deter a arrancada.

• Efecto da hélice na marcha atrás. Evolucións e ceavoga. Efecto do leme nas evolucións (librar a popa). Aproximación á atracada de costado ou en punta, ou ao fondeadoiro. Amarrarse a unha boia. Manobras de atracada e desatracada. Manobra de fondeadura da áncora. Uso do bicheiro. Efectos do vento sobre estas manobras.

• Manobra de home á auga.

2. Realiza o mantemento básico das embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW, identificando as partes de que están compostas, os mecanismos de propulsión e utilizando termos propios da nomenclatura náutica tanto en embarcacións de motor como de vela.

• Dimensións. Concepto de eslora, manga e calado.

• Partes da embarcación: proa, popa, liñas de flotación, costados, babor, estribor, obra viva, obra morta, cuberta, sentina, etc.

• Estrutura, accesorios e elementos auxiliares: quilla, pasamáns, leme, hélice, embornais, cornamusas e bitas.

• Elementos de amarre e fondeadura: cabo, chicote, seo, gaza, firme e volta. Bita, mortos, boias, defensas, bicheiro, áncoras, rizón, fondear, levar e garrar.

• Características dos motores foraborda e dentroforaborda, interior e propulsión a turbina, en canto á súa instalación.

• Instrumentos de control e mandos de manobra do motor.

– Tecnoloxía velica.

– Aparello: concepto, arboradura, paus, tangón, botavara, etc.

– Enxarcia: concepto, obenques, stays, drizas, escotas, amantillos, contras, etc.

– Velas: concepto, puños, sabre, vela maior, foque, xénova, spinnaker, etc.

– Concepto de milla náutica e nó.

3. Vela pola seguridade da navegación en embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW, identificando a normativa específica a que están sometidas, así como os protocolos para aplicar e as accións que realizar en caso de emerxencia, tanto en embarcacións de motor como de vela.

• Concepto dos perigos para a navegación: baixos e pedras que velan.

• Navegación en augas pouco profundas: rompentes. Precaucións con bañistas e mergulladores e mergulladoras. Precaucións ao entrar en augas non balizadas.

• Zonas prohibidas ou con limitacións á navegación. Limitacións de navegación nos portos.

• Planificación dunha saída. Autonomía en función do consumo.

• Previsión meteorolóxica.

• Precaucións para non perder a flotación: billas e tapóns de fondo. Bucina. Desaugadoiro e embornais. Medios de achique para embarcacións que naveguen a unha distancia máxima de 5 millas da costa.

• Emerxencias: home á auga, manobra para librar o náufrago ou náufraga das hélices e manobra de recollida de home á auga. Manobras de cear e tomar remolque. Riscos ao facer combustible. Derramamentos. Gases explosivos en espazos pechados. Gobernar o mar con mal tempo.

• Seguridade: envorcadura. Home á auga. Desarboramento. Rotura de leme.

• Balizamento.

• Marcas laterais de día, rexión «A». Significado e identificación.

• Marca de perigo illado: significado, forma, tope e cor.

• Lexislación:

– Atribucións das autorizacións federativas.

– Convenio internacional para previr as abordaxes.

▪ Regra 3: definicións.

▪ Regra 5: vixilancia.

▪ Regra 6: velocidade de seguridade.

▪ Regra 7: risco de abordaxe.

▪ Regra 8: manobras para evitar a abordaxe.

▪ Regra 9: canles angostas.

▪ Regra 12: dereito de paso entre embarcacións de vela.

▪ Regra 13: situación de alcance.

▪ Regra 14: situación de volta encontrada.

▪ Regra 15: situación de cruzamento.

▪ Regra 16: manobra do buque que cede o paso.

▪ Regra 17: manobra de quen segue a rumbo.

▪ Regra 18: obrigas entre categorías de buques.

▪ Regra 19: conduta das embarcacións con visibilidade reducida.

• Propulsión a vela: amurar a estribor e a babor. Navegar de través, a un longo, en popa ou empopada. Ganar barlovento. Bordada. Flamexar. Caer. Rizos. Enroladores.

• Tomar rizos. Virar. Virada por avante e virada por redondo. Virar en redondo.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-PIAT212.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro deportivo de prácticas (club, federación, escola, empresa, etc.), relacionándoa coa súa oferta de actividades de especialización, a tecnificación deportiva, o perfeccionamento técnico e as súas actividades de xestión, aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as relacións do centro deportivo de prácticas coa Real Federación Española de Piragüismo.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro deportivo de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas á tecnificación deportiva e o perfeccionamento técnico.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro deportivo de prácticas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á especialización, á tecnificación deportiva ou ao perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas nas mulleres.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polo ambiente e aplicando os procedementos establecidos polo centro deportivo de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club ou entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e as persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude de respecto ao ambiente no desenvolvemento de actividades de iniciación ou perfeccionamento en piragüismo de augas tranquilas.

3. Controla a seguridade na práctica de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas, supervisando as instalacións e medios utilizados, interpretando a normativa e aplicando os procedementos e protocolos de acordo coa normativa e instrucións establecidas.

a) Identificáronse os aspectos básicos de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións deportivas do centro de prácticas e a súa adecuación á súa normativa de aplicación.

b) Identificáronse as normas de aplicación á seguridade das instalacións deportivas do centro deportivo de prácticas de piragüismo de augas tranquilas.

c) Aplicáronse medidas de sinalización de seguridade, plans de emerxencia e evacuación da instalación deportiva de piragüismo de augas tranquilas, seguindo as instrucións e normas establecidas.

d) Actuouse atendendo á seguridade persoal, do equipo de traballo e das persoas usuarias, cumprindo coa normativa vixente e cos protocolos establecidos no centro deportivo de prácticas.

e) Aplicáronse e utilizáronse os equipos de prevención de riscos laborais propios da tecnificación deportiva ou condución en piragüismo de augas tranquilas.

f) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en piragüismo de augas tranquilas.

g) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección do ambiente da instalación deportiva de piragüismo de augas tranquilas e a súa adecuación á normativa vixente.

h) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a ela.

i) Realizáronse con seguridade ceavogas, manexando embarcacións de recreo de motor, controlando a arrancada e o uso do leme e adaptándose ao efecto do vento sobre a manobra.

j) Realizáronse, con eficacia e seguridade, as manobras de aproximación e atracada a un peirao ou a un fondeadoiro, manexando embarcacións de recreo de motor e adaptándose ao efecto do vento sobre estas manobras.

k) Realizouse, con eficacia e seguridade, a manobra de fondeadura da áncora, manexando embarcacións de recreo de motor e adaptándose ao efecto do vento sobre a manobra.

l) Comprobouse o bo estado das reservas de flotación das embarcacións, así como dos chalecos salvavidas, para garantir a seguridade nas actividades de piragüismo de augas tranquilas.

4. Organiza, acompaña e dirixe as persoas deportistas na súa participación en actividades, competicións e outros eventos de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas, transmitindo actitudes e valores, persoais e sociais, propios da ética deportiva, respecto ás demais persoas, ao contorno e ao propio corpo, xogo limpo e traballo en equipo.

a) Realizouse a inscrición do padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras nunha competición de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas, de acordo coas normas e protocolos establecidos.

b) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dun grupo de padexeiros ou padexeiras de augas tranquilas que participan nunha competición, de acordo coas instrucións e normas recibidas.

c) Recoñeceuse e xustificouse a responsabilidade do persoal técnico nos desprazamentos dos padexeiros ou padexeiras de augas tranquilas para asistir a unha competición.

d) Elaborouse o plan de viaxe dun padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras que participa nunha competición de tecnificación deportiva, aplicando as instrucións e procedementos establecidos.

e) Comprobouse a cobertura legal do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, durante a súa participación na competición, de acordo coa normativa establecida.

f) Informouse o padexeiro ou padexeira de augas tranquilas das características da competición, interpretando a documentación sobre esta.

g) Aplicáronse procedementos de reclamación nunha competición de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas, aplicando as normas e os protocolos establecidos.

h) Aplicáronse criterios de valoración da execución técnica e táctica do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, utilizando técnicas e procedementos de observación adecuados ao nivel de tecnificación deportiva.

i) Trasladáronse ao padexeiro ou padexeira de augas tranquilas as instrucións técnicas e tácticas durante a competición de tecnificación deportiva, tendo en conta as características da competición e do padexeiro ou padexeira.

j) Acompañáronse os padexeiros ou padexeiras de augas tranquilas nas competicións, aplicando os procedementos e seguindo as instrucións e normas establecidas.

k) Velouse polo respecto aos valores do xogo limpo, o respecto á saúde persoal e ás demais persoas durante a participación na competición de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas, aplicando os procedementos adecuados e respectando as súas normas.

5. Adapta e concreta os programas, e dirixe as sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas e os procedementos de acordo coas instrucións e normas establecidas, e colaborando na aplicación de técnicas de detección de talentos.

a) Identificáronse e seleccionáronse os medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da actividade.

b) Recibiuse o padexeiro ou padexeira de augas tranquilas seguindo o protocolo establecido e identificando as súas demandas e necesidades.

c) Aplicáronse técnicas e protocolos de valoración técnica e da condición motriz propios do padexeiro ou padexeira do nivel de tecnificación deportiva en piragüismo de augas tranquilas, valorando o seu estado inicial, o grao de consecución dos obxectivos propostos e os erros cometidos.

d) Identificáronse e seleccionáronse os obxectivos técnicos e de preparación da condición motriz do padexeiro ou padexeira de augas tranquilas, a partir da programación de referencia do centro deportivo.

e) Aplicáronse protocolos de control e cuantificación da carga de adestramento dun padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras nas sesións de adestramento básico e perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

f) Colaborouse na aplicación de técnicas de detección de talentos propias en piragüismo de augas tranquilas.

g) Establecéronse as condicións de seguridade necesarias na tecnificación deportiva, interpretando as instrucións ou normas e aplicando os procedementos establecidos.

h) Elaborouse un ciclo ou etapa de preparación completa dun padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras a partir da programación de referencia do centro deportivo, concretando:

1º. Obxectivos de preparación e/ou competición.

2º. Medios de adestramento.

3º. Instrumentos de control.

4º. Carga de traballo e a súa dinámica durante o ciclo.

5º. Métodos de adestramento.

6º. Sesións de adestramento.

Adecuándose ás características do padexeiro ou padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras e aos medios de adestramento existentes.

i) Explicáronse os contidos da sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas, seguindo os protocolos e técnicas establecidas de forma clara e motivadora.

j) Dirixiuse a sesión de adestramento básico e perfeccionamento técnico, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos e de motivación adecuadas ao padexeiro ou padexeira e ao grupo de padexeiros ou padexeiras.

k) Demostrouse minuciosidade e revisión constante no proceso de elaboración e axuste dos ciclos/etapas de adestramento.

6. Organiza sesións de iniciación deportiva en piragüismo para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender ás características únicas da persoa con discapacidade previamente á realización da práctica de piragüismo.

b) Orientáronse as persoas con discapacidade cara ás prácticas deportivas máis adecuadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os diferentes tipos de discapacidade e as características da práctica deportiva do piragüismo.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas en relación coa comunicación e a participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación ou modificación das tarefas e xogos favorecendo a participación, o gozo e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do piragüismo.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e nos espazos deportivos no centro deportivo de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de piragüismo e á difusión da práctica no centro deportivo de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións, de cara á práctica deportiva do piragüismo de persoas con discapacidade.

7. Coordina o proceso de iniciación deportiva en piragüismo, elaborando as programacións de referencia, analizando a estrutura da escola de iniciación deportiva e aplicando os procedementos e as técnicas adecuadas.

a) Identificouse a estrutura e funcións da escola de iniciación deportiva en piragüismo, no centro deportivo de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación deportiva en piragüismo no centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en piragüismo de acordo coas características do grupo e do contorno e coa programación do centro deportivo de prácticas.

8. Colabora na organización de actividades e competicións de tecnificación deportiva en piragüismo, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos e competicións de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, materiais e recursos humanos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo realizado no centro deportivo de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo realizado no centro deportivo de prácticas.

e) Realizáronse operacións de distribución, situación, aloxamento e circulación das persoas participantes e do público asistente nun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo realizado no centro deportivo de prácticas.

f) Realizáronse operacións de apoio administrativo á organización dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo realizado no centro deportivo de prácticas.

g) Elaboráronse os documentos informativos dun evento ou competición de iniciación ou tecnificación deportiva en piragüismo realizado no centro deportivo de prácticas.

h) Aplicouse a normativa vixente como factor de calidade e seguridade na organización de eventos de tecnificación.

ANEXO V

Obxectivos xerais e módulos de ensino deportivo do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Obxectivos xerais:

a) Executar técnicas específicas de piragüismo individual, hidrozorra e natación en grao III, coa seguridade suficiente e tomando conciencia do realizado, para servir como modelo no proceso de ensino-aprendizaxe e dar soporte á seguridade no medio.

b) Identificar e detectar as demandas técnicas, físicas e psicolóxicas da navegación en augas bravas, aplicando procedementos establecidos, para valorar o deportista ou a deportista.

c) Interpretar a programación de referencia das actividades de condución en balsa, hidrozorra e kaiak en percorridos de augas bravas de grao IV, elixindo, deseñando tarefas e percorridos e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos de condución en augas bravas.

d) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de condución e de control das continxencias propias da condución, aplicando procedementos de observación, control e dinamización, e resolvendo supostos, para conducir grupos en balsa, hidrozorra e kaiak, en augas bravas de grao IV.

e) Describir, elixir e demostrar as técnicas e estratexias de dirección de sesións e de control da continxencia propias do nivel de perfeccionamento técnico e táctico, demostrando o dominio das técnicas específicas de navegación en kaiak en grao IV, aplicando procedementos de observación, control e dinamización e resolvendo supostos, para dirixir sesións de perfeccionamento de piragüismo recreativo en augas bravas.

f) Analizar as condicións de seguridade das instalacións, zonas e medios propios da navegación en augas bravas, aplicando os procedementos establecidos e a normativa vixente, para xestionar o risco nas prácticas propias do piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV.

g) Elixir e demostrar as técnicas de axuda e rescate desde terra e embarcación, propias da navegación en augas bravas, aplicando os procedementos establecidos en situacións simuladas, para intervir e rescatar en situacións de risco propias de augas bravas recreativas de grao IV.

h) Seleccionar, comprobar e axustar os medios materiais e instalacións propias do piragüismo recreativo en augas bravas, aplicando os procedementos establecidos e a normativa, operando cos instrumentos de reparación e mantemento, para facilitar a dispoñibilidade e adecuada utilización dos medios necesarios.

i) Identificar os servizos de alimentación, hixiene e estadía nocturna complementarios á práctica do piragüismo recreativo en augas bravas, describindo as súas características e aplicando procedementos específicos de xestión.

j) Analizar e seleccionar os espazos e trazados de navegación adecuados para a práctica de actividades de condución, perfeccionamento técnico e eventos de piragüismo recreativo en augas bravas, identificando as características apropiadas de navegación, técnica, acceso e normativa, para o deseño de percorridos guiados e eventos.

k) Analizar e interpretar a programación de referencia do perfeccionamento técnico, autoadestramento e seguridade en kaiak, hidrozorra e balsa de augas bravas, elixindo e deseñando tarefas e aplicando métodos establecidos, para adaptar e concretar os programas específicos.

l) Estruturar, elaborar e describir os obxectivos e contidos do ensino en piragüismo, aplicando metodoloxías específicas, tendo en conta os principios da aprendizaxe motora e da práctica saudable.

m) Describir e aplicar os programas de iniciación deportiva en piragüismo e procedementos de adaptación de actividades de condución para persoas con discapacidade, clasificando as características das discapacidades, para fomentar a igualdade de oportunidades.

n) Identificar e analizar as características organizativas, medios materiais e humanos, aplicando procedementos establecidos de xestión e comunicación, para coordinar outro persoal técnico encargado da iniciación e o perfeccionamento técnico.

ñ) Identificar e analizar as variables que interveñen no proceso de condución e no de perfeccionamento técnico en piragüismo recreativo en augas bravas, aplicando procedementos de recollida e valoración da información e de propostas de axuste, para avaliar este proceso.

o) Analizar e elaborar a estrutura organizativa das competicións e eventos propios do piragüismo recreativo en augas bravas ao nivel iniciación deportiva, e identificar as características organizativas das actividades de iniciación, perfeccionamento técnico, condución, competicións e eventos propios de piragüismo recreativo en augas bravas, enumerando os requisitos administrativos, os medios materiais e humanos necesarios, aplicando o marco legal que as regula, para organizar e colaborar na xestión de competicións e eventos.

p) Identificar e describir as características do proceso de adquisición de valores e actitudes, sendo consciente e argumentando os efectos que provocan nas persoas deportistas e no medio natural, para transmitir valores propios da actividade deportiva a través do comportamento ético persoal.

q) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso, traballo ben feito e aprendizaxe constante, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de responsabilidade individual, esforzo persoal e innovación no desempeño do seu labor como persoal técnico.

r) Recoñecer, promover e xustificar os valores de compromiso colectivo na toma de decisións e liderado, describindo os aspectos observables da conduta que reflicten estes valores, para manter o espírito de iniciativa e a autonomía no desempeño do seu labor como persoal técnico.

s) Sensibilizar coa prevención da violencia de xénero.

t) Desenvolver e transmitir a través do comportamento ético persoal valores vencellados co xogo limpo, o respecto aos demais, o respecto e coidado do propio corpo, evitando os comportamentos e contidos sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.

Os módulos citados a continuación, tanto comúns como específicos, compártense entre o ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, o ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e o ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, e están desenvolvidos na súa totalidade dentro do anexo III:

Módulo común de ensino deportivo: Bases da aprendizaxe deportiva. Código: MED-C201.

Módulo común de ensino deportivo: Bases do adestramento deportivo. Código: MED-C202.

Módulo común de ensino deportivo: Deporte adaptado e discapacidade. Código: MED-C203.

Módulo común de ensino deportivo: Organización e lexislación deportiva. Código: MED-C204.

Módulo común de ensino deportivo: Xénero e deporte. Código: MED-C205.

Módulo específico de ensino deportivo: Escola de piragüismo. Código: MED-PIPI202.

Módulo específico de ensino deportivo: Piragüismo adaptado. Código: MED-PIPI203.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en kaiak.

Código: MED-PIPR214.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora o rendemento do padexeiro ou padexeira de augas bravas durante a súa aprendizaxe e perfeccionamento técnico, analizando e demostrando as técnicas específicas de navegación en augas bravas de grao IV, relacionando as traxectorias coa complexidade e dificultade do medio, identificando os erros e propoñendo tarefas de aprendizaxe.

a) Analizáronse as padas básicas no nivel de perfeccionamento técnico en augas bravas, desde augas tranquilas ata grao IV, relacionándoas coa dificultade do medio, identificando os erros, as súas causas e propoñendo secuencias de aprendizaxe adaptadas ao gradual incremento de dificultade do medio.

b) Analizáronse as accións de control da embarcación sobre os seus tres eixes en coordinación coas padas básicas e o medio, relacionándoas coas áreas de equilibrio, condución e propulsión, identificando os seus erros e propoñendo tarefas para a súa aprendizaxe e corrección.

c) Analizáronse os efectos sobre a embarcación dos diferentes movementos da auga en grao IV, relacionándoos cos eixes da piragua e as accións motrices que realiza o padexeiro ou padexeira.

d) Analizáronse e demostráronse as manobras de navegación en augas bravas afrontando os movementos de auga de grao IV, identificando as súas características principais e relacionándoas coas accións motrices que realiza o padexeiro ou padexeira para elaborar traxectorias de navegación.

e) Identificáronse os erros e as dificultades na aprendizaxe e no perfeccionamento das manobras de navegación en augas bravas, propoñendo as tarefas e progresións para a súa superación.

f) Relacionouse a dificultade do percorrido coa interacción entre os diferentes tipos de embarcación e as características do campo de forzas en augas bravas de grao IV, en ríos de gran caudal (volume) e ríos de gran pendente (creek).

g) Analizáronse e describíronse as estratexias e manobras específicas do descenso en ríos alpinos de gran pendente (creek), identificando as súas características principais, os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas e progresións para o seu perfeccionamento.

h) Analizáronse e describíronse as estratexias e manobras específicas do descenso en ríos de gran caudal e riadas (volume), identificando as súas características principais, os erros máis frecuentes e propoñendo tarefas e progresións para o seu perfeccionamento.

i) Analizáronse e demostráronse as diferentes técnicas de realización da esquimotaxe propias do nivel de perfeccionamento técnico, identificando as dificultades, os erros máis frecuentes, as vantaxes e inconvenientes de cada unha en relación coa dinámica da envorcadura e o campo de forzas xerado pola auga.

j) Relacionáronse os erros máis frecuentes das técnicas de esquimotaxe coas súas causas e as progresións de corrección e aprendizaxe adecuadas.

k) Valorouse o efecto negativo da práctica do piragüismo recreativo en augas bravas en niveis por riba da capacidade de control dos padexeiros ou padexeiras.

2. Valora a execución das técnicas individuais de progresión sen embarcación, autoprotección e autorrescate na navegación en augas bravas de grao IV, analizando os estándares utilizados, elaborando secuencias de aprendizaxe e relacionando os erros de execución coas causas.

a) Analizáronse os estándares técnicos da progresión sen embarcación en augas bravas de grao IV, describindo os erros máis habituais e as súas causas.

b) Analizáronse os estándares das técnicas de autorrescate en caso de envorcadura, describindo os erros máis habituais e as súas causas.

c) Analizáronse os estándares das técnicas de seguridade en situacións de atrapamento da embarcación en obstáculos en augas bravas, describindo os erros máis habituais e as súas causas.

d) Analizáronse os estándares de execución das técnicas de seguridade en situacións de retención da embarcación por movementos de augas de ata grao IV.

e) Analizáronse os criterios de elaboración das progresións técnicas de perfeccionamento e autoadestramento das técnicas de progresión sen embarcación, autoprotección e autorrescate propias das augas bravas.

f) Analizáronse os criterios de elaboración das progresións técnicas para o perfeccionamento das técnicas de seguridade en situacións de atrapamento en obstáculos ou de retención por movementos de auga.

g) Valorouse a importancia da aprendizaxe e o uso eficaz das técnicas de autorrescate e técnicas de seguridade en augas bravas.

3. Adapta e concreta os programas de perfeccionamento técnico e de seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e implementando os procedementos.

a) Analizáronse os compoñentes dun programa de perfeccionamento técnico e seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas.

b) Determináronse as adaptacións de obxectivos nas programacións de referencia de perfeccionamento técnico e seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas, en función dos recursos existentes, as características do medio e as características das persoas participantes.

c) Definíronse os recursos didácticos, contidos, métodos e recursos materiais necesarios nun programa de perfeccionamento técnico e seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas.

d) Analizáronse secuencias de aprendizaxe das técnicas que constitúen o programa de perfeccionamento técnico e seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas.

e) Analizáronse as características dos métodos específicos de perfeccionamento técnico e seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV.

f) Elaborouse un ciclo ou etapa de preparación completa, a partir dunha programación de referencia, concretando obxectivos, medios, métodos e instrumentos de control.

g) Concretouse unha sesión de perfeccionamento técnico e de seguridade, de acordo cos obxectivos do momento da programación en que se encontre.

h) Definíronse os parámetros que se deben ter en conta na avaliación da implementación e a calidade do programa de perfeccionamento técnico e seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas.

i) Interiorizouse a importancia da programación como garantía de calidade.

j) Interiorizouse a importancia de non superar o risco por riba das capacidades reais dos padexeiros ou padexeiras, especialmente no ámbito da progresión nos niveis de dificultade de navegación.

4. Dirixe sesións de perfeccionamento técnico e seguridade do padexeiro ou padexeira de piragüismo recreativo en augas bravas, analizando, demostrando e aplicando as técnicas de dirección, organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizouse a organización das persoas deportistas nunha sesión de perfeccionamento técnico e seguridade, en función das persoas deportistas, o medio e os materiais, o mantemento da visibilidade, a comunicación e o nivel de práctica programado.

b) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de perfeccionamento técnico e seguridade, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

c) Analizáronse as adaptacións específicas dos recursos didácticos facilitadores da aprendizaxe a través da motivación, a concentración, o control do pensamento e das emocións, na modalidade de piragüismo recreativo en augas bravas de ata grao IV.

d) Identificáronse as situacións de aprendizaxe que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do persoal técnico deportivo.

e) Analizáronse as formas específicas de intervención do guía ou da guía en augas bravas durante as sesións de perfeccionamento técnico e seguridade.

f) Seleccionouse a intervención do guía ou da guía en situacións de dificultade en augas bravas, en relación coas percepcións do padexeiro ou padexeira e posibilitando a súa autonomía na busca e elección de solucións.

g) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección das sesións.

h) Adaptáronse instrumentos de recollida de información sobre o desempeño persoal do guía ou da guía durante a dirección das sesións.

i) Analizouse o comportamento do guía ou da guía na dirección de sesións, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

j) Dirixiuse unha sesión simulada de perfeccionamento técnico e seguridade, de acordo co previsto na programación.

k) Describíronse os criterios técnicos básicos de gravación de vídeo, elaboración de fichas de observación e rexistro da navegación en piragüismo recreativo en augas bravas.

5. Guía grupos e deportistas en kaiak, por itinerarios de augas bravas de grao IV, aplicando procedementos de control e dirección específicos, analizando as posibles continxencias, as súas causas e as medidas preventivas e correctivas.

a) Analizáronse os diferentes tipos de distribución e organización de grupos en función da preparación física e a predisposición psicolóxica das persoas participantes.

b) Analizáronse as diferentes estratexias de navegación en grupo polas dificultades (pasos, obstáculos, rápidos, etc.) dun itinerario de augas bravas de grao IV, en función das características do medio e do grupo.

c) Analizouse o comportamento dun guía ou dunha guía, nun suposto práctico de guiado en augas bravas, en relación:

1º. Coa separación do grupo nas diferentes fases.

2º. Coa colocación do guía ou da guía e a velocidade de desprazamento.

3º. Coas paradas realizadas.

d) Tipificáronse os procedementos de control no guiado de grupos en kaiak por augas bravas.

e) Concretouse unha sesión de guiado por un itinerario de augas bravas de grao IV, de acordo cunha programación de referencia, as características do medio e as capacidades dos padexeiros ou padexeiras.

f) Elixíronse de forma xustificada e aplicáronse os procedementos de control e dirección do grupo durante un suposto práctico de guiado por un itinerario de augas bravas de grao IV.

g) Analizáronse as continxencias que poden suceder en situacións propias do guiado por itinerarios de augas bravas de grao IV, xustificando a causa e as medidas preventivas relacionadas.

h) Informouse das características da ruta e das medidas preventivas elixidas, nun suposto práctico debidamente caracterizado de guiado dun grupo por un itinerario de augas bravas de grao IV.

i) Dirixíronse actividades orientadas ao manexo do material específico e o coñecemento do comportamento do campo de forzas na auga.

j) Valorouse a adaptación do obxectivo proposto ás características do grupo e ás condicións do itinerario de augas bravas de grao IV nos supostos prácticos realizados.

k) Analizouse o comportamento do guía ou da guía na dirección do grupo nun suposto práctico debidamente caracterizado de guiado, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

Contidos básicos:

1. Valora o rendemento do padexeiro ou padexeira de augas bravas durante a súa aprendizaxe e perfeccionamento técnico, analizando e demostrando as técnicas específicas de navegación en augas bravas de grao IV, relacionando as traxectorias coa complexidade e dificultade do medio, identificando os erros e propoñendo tarefas de aprendizaxe.

• As padas básicas do nivel de perfeccionamento técnico en augas bravas (accións propulsivas, equilibradoras e de rotación coa pa): modelos, adaptacións e estilos. Erros tipo, causas e corrección.

• Secuencias de aprendizaxe e perfeccionamento técnico das padas básicas en dificultade crecente.

• Navegación en augas bravas. Esquema xeral dos tres eixes: interrelacións control-embarcación, accións coa pa e campo de forzas da auga.

• Manobras habituais en augas bravas desde augas tranquilas ata grao IV: toma de corrente, saída de corrente e bac; traxectorias de navegación; progresión de aprendizaxe e perfeccionamento técnico: erros e correccións.

• Navegación en ríos alpinos (creek): dificultade técnica, estratexias, manobras e adaptacións do material; técnicas de saltos (boof-chiclé); erros frecuentes e tarefas para solución no nivel de perfeccionamento.

• Navegación en ríos de gran caudal (volume): dificultade técnica, estratexias, manobras e adaptacións do material; augas inestables (funny water); erros frecuentes e tarefas para solución no nivel de perfeccionamento.

• Perfeccionamento da esquimotaxe en situacións de augas bravas: técnicas de optimización das dinámicas da envorcadura e correntes ata grao IV; vantaxes e inconvenientes; erros frecuentes e tarefas para solución no nivel de perfeccionamento.

• Progresións de aprendizaxe e perfeccionamento das accións técnicas fundamentais cara ás manobras combinadas.

• Control do nivel de dificultade en augas bravas.

2. Valora a execución das técnicas individuais de progresión sen embarcación, autoprotección e autorrescate na navegación en augas bravas de grao IV, analizando os estándares utilizados, elaborando secuencias de aprendizaxe e relacionando os erros de execución coas causas.

• Progresión sen embarcación en augas bravas: técnica pasiva e técnica activa e outras variantes; erros máis habituais.

• Técnicas de autorrescate: situacións habituais e erros máis frecuentes; progresións de aprendizaxe, perfeccionamento e autoadestramento.

• Atrapamentos en obstáculos: tipos, técnicas de seguridade, erros máis habituais; progresións de aprendizaxe, perfeccionamento e autoadestramento.

• Retencións por movementos de auga: tipos, técnicas de seguridade, erros máis habituais; progresións de aprendizaxe, perfeccionamento e autoadestramento.

• Valor da aprendizaxe e adestramento das técnicas de autorrescate e seguridade en augas bravas.

3. Adapta e concreta os programas de perfeccionamento técnico e de seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV, analizando as programacións de referencia, a metodoloxía, os medios específicos de preparación e implementando os procedementos.

• Programación do perfeccionamento técnico e seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas.

• Obxectivos técnicos, compoñentes e adaptacións.

• Contidos, recursos didácticos, métodos e recursos materiais específicos: motivación, concentración e control emocional. Información verbalizada, modelo e propioceptiva.

• Estilos e métodos específicos vinculados coa toma de decisións por parte do padexeiro ou padexeira.

• Secuencias de aprendizaxe. Programa de perfeccionamento técnico e seguridade. Criterios de nivelación.

• Elaboración dun ciclo e concreción de sesións de perfeccionamento técnico e de seguridade.

• Parámetros de avaliación: individualización, adaptación de materiais e elección do medio.

• Control do risco na aprendizaxe na progresión en niveis de dificultade.

4. Dirixe sesións de perfeccionamento técnico e seguridade do padexeiro ou padexeira de piragüismo recreativo en augas bravas, analizando, demostrando e aplicando as técnicas de dirección, organización e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Dirección da sesión: programación e posta en acción.

• Organización da sesión de perfeccionamento técnico: técnicas en función do lugar de práctica, condicións de seguridade, visibilidade, comunicación cos padexeiros ou padexeiras e nivel de práctica.

• As incidencias na sesión: causas, correccións e adaptacións.

• Recursos didácticos en perfeccionamento técnico en augas bravas: criterios de adaptación.

• A intervención do persoal técnico nos diferentes estilos de ensino en augas bravas. Demostracións e comunicación co padexeiro ou padexeira.

• Intervención do persoal técnico nos diferentes estilos de ensino. A percepción do medio por parte do padexeiro ou padexeira: características e condicionantes.

• Criterios de calidade na organización e dirección de sesións.

• A sesión: instrumentos de recollida de información sobre a actuación do persoal técnico. Rexistro de comportamentos do guía ou da guía, erros e correccións.

• Análise do rendemento do padexeiro ou padexeira de piragüismo recreativo en augas bravas por vídeo. Técnicas básicas de gravación e rexistro de imaxes.

5. Guía grupos e deportistas en kaiak, por itinerarios de augas bravas de grao IV, aplicando procedementos de control e dirección específicos, analizando as posibles continxencias, as súas causas e as medidas preventivas e correctivas.

• Dirección do guiado: programación, adaptación de programación e posta en acción.

• Distribución e organización de grupos no guiado: técnicas en función do lugar de práctica, condicións de seguridade, visibilidade, comunicación cos padexeiros ou padexeiras e nivel de práctica.

• Estratexias de guiado segundo o tipo de dificultades no itinerario.

• O comportamento do guía ou da guía: técnicas de control e dirección do grupo no seu conxunto, colocación e ritmo de descenso.

• Recursos didácticos no guiado en augas bravas: comunicación, motivación e control emocional; información verbalizada, modelo e propioceptiva.

• A información inicial básica (briefing): contidos xerais, técnicos e de seguridade.

• As incidencias do guiado: causas, correccións e adaptacións.

• Guiado en situacións simuladas.

• O guiado: instrumentos de recollida de información sobre a actuación do persoal técnico.

Módulo específico de ensino deportivo: Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

Código: MED-PIPR215.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Valora e demostra as técnicas de navegación, axuda, autoprotección e rescate en hidrozorra en augas bravas de grao IV, analizando as técnicas específicas, relacionando as traxectorias coa complexidade e dificultade do medio, identificando os erros.

a) Analizouse o modelo estándar de propulsión, de condución e de equilibrio na navegación en hidrozorra no nivel de perfeccionamento técnico.

b) Identificáronse os erros máis frecuentes na propulsión, na condución e no equilibrio da navegación en hidrozorra no nivel de perfeccionamento técnico, propoñendo as tarefas para a súa solución, utilizando a terminoloxía adecuada.

c) Relacionáronse as condicións da corrente e os movementos da auga en augas bravas de grao IV coas traxectorias de navegación en hidrozorra de nivel de perfeccionamento técnico, describindo os seus aspectos fundamentais e as accións que realiza o padexeiro ou padexeira.

d) Identificáronse os erros máis frecuentes nas traxectorias de navegación en hidrozorra, propoñendo as tarefas de corrección.

e) Demostrouse o dominio da navegación en hidrozorra en augas bravas de grao IV, utilizando as técnicas estándar e adaptándose ás condicións de corrente e movementos de auga.

f) Demostráronse as técnicas de navegación non convencionais propias do guía ou da guía, relacionándoas coas situacións en que son recomendadas.

g) Demostráronse as técnicas de esquimotaxe, autoprotección, axuda e rescate desde a hidrozorra.

h) Interiorizouse a necesidade de valorar e percibir de forma relaxada os movementos da auga durante a navegación en hidrozorra.

2. Valora e demostra as técnicas de navegación, axuda e rescate en balsa en augas bravas de grao IV, analizando as técnicas específicas, relacionando as traxectorias coa complexidade e dificultade do medio e identificando os erros.

a) Analizouse o modelo estándar de posición básica e padexo en balsa e a distribución de padexeiros ou padexeiras na balsa no nivel de perfeccionamento técnico.

b) Identificáronse os erros máis frecuentes de posición básica e padexo en balsa e de distribución de padexeiros ou padexeira na balsa, propoñendo as tarefas para a súa solución, utilizando a terminoloxía adecuada.

c) Analizouse o modelo estándar de posición básica e as principais formas de padexo do guía ou da guía de balsa en augas bravas.

d) Identificáronse os erros máis frecuentes de posición básica e padexo do guía ou da guía de balsa en augas bravas, propoñendo as tarefas de corrección e utilizando a terminoloxía adecuada.

e) Relacionáronse as condicións da corrente e os movementos da auga en augas bravas de grao IV coas traxectorias de navegación en balsa, describindo os seus aspectos fundamentais e as accións que realizan os padexeiros ou padexeiras e o guía ou a guía.

f) Demostrouse o dominio da navegación en balsa en augas bravas de grao IV, organizando e ordenando o grupo, utilizando as técnicas estándar e adaptándose ás condicións de corrente e movementos de auga.

g) Demostráronse as técnicas de navegación non convencionais propias do guía ou da guía, relacionándoas coas situacións en que son recomendadas.

h) Identificáronse os erros máis frecuentes nas traxectorias de navegación en balsa en augas bravas de grao IV, propoñendo as tarefas para a súa solución na etapa de tecnificación, utilizando a terminoloxía adecuada.

i) Demostráronse as técnicas de axuda e rescate desde a balsa.

j) Demostráronse as técnicas de autorrescate, rescate de padexeiros ou padexeiras nadando e desenvorcadura ante situación de envorcadura.

k) Valorouse a importancia da acción coordinada a través do liderado do guía ou da guía na navegación en augas bravas como garantía de seguridade.

3. Guía balsas en augas bravas de grao IV, analizando e aplicando as técnicas de dirección, organización, coordinación e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as características da información inicial ao grupo.

b) Analizáronse as formas específicas de intervención do persoal técnico de augas bravas durante o guiado de balsas.

c) Identificáronse as situacións de guiado que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do guía ou da guía.

d) Analizáronse as técnicas de organización e goberno do grupo por parte do guía ou da guía de balsa, describindo os seus aspectos fundamentais e as ordes e accións que realizará el/ela e os padexeiros ou padexeiras.

e) Interiorizouse a importancia de conseguir que o grupo respecte coordinadamente as ordes do guía ou da guía durante a navegación en balsa.

f) Analizáronse os criterios de organización de varias balsas en descensos guiados, con especial atención á seguridade.

g) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de guiado, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

h) Guiouse unha balsa nunha situación simulada debidamente caracterizada en augas bravas de grao IV, axustándose á programación establecida, cumprindo os obxectivos previstos e solucionando as incidencias que poden xurdir.

i) Valorouse a importancia da coordinación entre os guías ou as guías que integran o descenso, poñendo en especial relevo a comunicación, a orde, a visibilidade, a forma de abordar o descenso e a figura do xefe ou da xefa de equipo como referente durante toda a actividade e o descenso.

j) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección do guiado en balsa.

k) Analizouse o comportamento do guía ou da guía na balsa, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

4. Guía grupos de hidrozorra en augas bravas de grao IV, analizando e aplicando as técnicas de dirección, organización, coordinación e aplicando técnicas de autoavaliación.

a) Analizáronse as características da información inicial ao grupo e os criterios de organización e distribución do grupo.

b) Analizáronse as formas específicas de intervención do persoal técnico de augas bravas durante o guiado de hidrozorras.

c) Identificáronse as situacións de guiado que fan necesaria a demostración da tarefa por parte do guía ou da guía.

d) Analizáronse as técnicas de dirección e control do grupo de hidrozorras por parte do guía ou da guía ou grupo de guías, describindo a súa colocación no grupo, e as ordes e accións que realiza a persoa ou persoas deportistas.

e) Analizáronse as incidencias máis habituais nas sesións de guiado, relacionándoas coas causas e posibles medidas para a súa solución.

f) Guiouse un grupo de hidrozorras nunha situación simulada debidamente caracterizada en augas bravas de grao IV, axustándose á programación establecida, cumprindo os obxectivos previstos e solucionando as incidencias que poden xurdir.

g) Valorouse a importancia da coordinación entre os guías ou as guías que integran o descenso, poñendo en especial relevo a comunicación, a orde, a visibilidade, a forma de abordar o descenso e a figura do xefe ou da xefa de equipo como referente durante toda a actividade e o descenso.

h) Identificáronse os criterios de calidade na organización e dirección do guiado de grupos de hidrozorras.

i) Analizouse o comportamento do guía ou da guía, utilizando diferentes medios de rexistro da información e identificando os erros e propoñendo alternativas.

j) Valorouse a importancia dos intercambios de información coas persoas deportistas como mellora da calidade do servizo prestado.

5. Dinamiza actividades de piragüismo recreativo, aplicando técnicas de dinamización de grupos adaptadas ao medio acuático.

a) Describiuse a metodoloxía de animación en diferentes supostos de actividades de condución e guiado de persoas en itinerarios de augas bravas e as súas consecuencias na actuación do persoal técnico deportivo.

b) Clasificáronse os xogos e actividades lúdico-recreativas en función das súas características e da súa posible utilización en actividades de condución e guiado de persoas en itinerarios de augas bravas.

c) Describíronse as características dos xogos e os criterios de modificación que se poden utilizar en función das características das persoas deportistas.

d) Elixíronse e organizáronse as instalacións, os medios e os materiais dun suposto práctico de xogo ou actividade lúdico-recreativa.

e) Explicouse o desenvolvemento e as normas de xogo, dando información clara, motivadora, secuenciada e ordenada incidindo en:

1º. Demostracións.

2º. Adaptación do xogo ás persoas participantes.

3º. Forma de detectar e solucionar incidencias no desenvolvemento do xogo.

4º. Estratexias para estimular a participación.

f) Explicouse o proceso que se debe seguir na animación das actividades complementarias dun suposto práctico debidamente caracterizado de actividade de guiado en augas bravas.

g) Describíronse as incidencias máis usuais no desenvolvemento dos xogos, das actividades lúdicas e do comportamento do persoal técnico ante elas.

h) Establecéronse os procedementos para detectar e solucionar as incidencias presentadas durante o desenvolvemento do xogo.

i) Aplicáronse, de forma xustificada, as accións de estímulo da participación e estratexias de animación nun suposto de actividades lúdico-recreativas, en función das características das persoas participantes.

j) Analizouse a intervención dun compañeiro ou compañeira na dirección de xogos, detectando erros e facendo propostas de solución.

k) Argumentouse a importancia do gozo na condución e guiado de persoas en itinerarios de augas bravas.

l) Valorouse a importancia dunha actitude empática, dialogante e tolerante do guía ou da guía, describindo os comportamentos que a caracterizan.

6. Dinamiza actividades de piragüismo recreativo, aplicando e divulgando estratexias de sensibilización e coñecemento do contorno ambiental relacionado co medio acuático e o lugar de práctica.

a) Interiorizouse a necesidade de inculcar o uso de bos hábitos ambientais e de conservación do contorno acuático.

b) Valorouse o coñecemento dos valores culturais, xeográficos, biolóxicos e ecolóxicos do contorno como recurso para contribuír á súa conservación.

c) Describíronse e interpretáronse os medios físico e biolóxico propios das láminas de augas continentais, así como a súa mutua influencia, relacionándoos coa práctica do piragüismo.

d) Describíronse e diferenciáronse os diferentes réximes hidrolóxicos, relacionándoos coa influencia do clima e a orografía.

e) Identificáronse os recursos de obtención de información cultural, xeográfica e biolóxica do contorno, para a súa divulgación na práctica do piragüismo.

f) Identificáronse os recursos de obtención de información da fauna e flora de ribeira, relacionándoos con dinámicas de educación ambiental e ecolóxica.

g) Identificáronse os principais impactos ambientais da práctica do piragüismo e as pautas para minimizalas.

h) Identificáronse os valores culturais, xeográficos, biolóxicos, ecolóxicos e as dinámicas de divulgación nun suposto práctico de itinerario de guiado en augas bravas.

Contidos básicos:

1. Valora e demostra as técnicas de navegación, axuda, autoprotección e rescate en hidrozorra en augas bravas de grao IV, analizando as técnicas específicas, relacionando as traxectorias coa complexidade e dificultade do medio, identificando os erros.

• Técnica básica de hidrozorra en augas bravas: posición básica, aleteo básico, aceleracións, freadas, cambios de dirección, etc. Erros habituais e correccións.

• Navegación en augas bravas en hidrozorra.

– Esquema xeral dos tres eixes.

– Interrelacións entre movementos de auga e deportista: equilibrio, condución e propulsión adaptados á auga en movemento.

– Traxectorias de navegación desde augas bravas ata augas tranquilas de grao IV: toma de corrente, saída de corrente e bac. Progresión de aprendizaxe e perfeccionamento técnico: erros e correccións.

– Técnicas de navegación non convencionais propias do guía ou da guía: utilización do tren superior na propulsión, aleteo tipo bolboreta, posición de sentado na hidrozorra como control do grupo, navegación en tándem, etc. Situacións de utilización.

– Técnica de esquimotaxe aplicada á hidrozorra.

• Técnicas e medidas de autoprotección, axuda e rescate propias da hidrozorra.

2. Valora e demostra as técnicas de navegación, axuda e rescate en balsa en augas bravas de grao IV, analizando as técnicas específicas, relacionando as traxectorias coa complexidade e dificultade do medio, e identificando os erros.

• Técnica de navegación en balsa: a distribución dos padexeiros ou padexeiras e o guía ou a guía, a posición básica e a técnica de padexo. Erros comúns e correccións.

• Técnica do guía ou da guía: posición e padas específicas. Erros comúns e correccións.

• Navegación en balsa en augas bravas.

– Esquema xeral dos tres eixes.

– Interrelacións entre movementos de auga e balsa: equilibrio, condución e propulsión adaptados á auga en movemento. Movemento do peso.

– Traxectorias de navegación desde augas tranquilas ata augas bravas de grao IV: toma de corrente, saída de corrente e bac. Progresión de aprendizaxe e perfeccionamento técnico: erros e correccións.

– Navegación en grupo en balsa: o guía ou a guía e a organización do grupo. Ordes de guiado. Utilización de comandos no guiado sen pa. Coordinación e liderado. Técnicas non convencionais e navegación por comandos.

• Técnicas específicas do guía ou da guía: autorrescate, axuda e rescate de padexeiros ou padexeiras nadando. Envorcadura e desenvorcadura.

3. Guía balsas en augas bravas de grao IV, analizando e aplicando as técnicas de dirección, organización, coordinación e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Información inicial en itinerarios de balsa (briefing): características en función do medio e as persoas participantes.

• A intervención do guía ou da guía no guiado de balsa: explicacións e demostracións. Control do guiado. A comunicación co grupo e co resto de guías: situacións, técnicas e efectos.

• Organización do guiado en balsa: técnicas en función do lugar de práctica, número de guías, guía líder, comunicación e coordinación co resto do equipo de guías, equipamento, condicións do medio, seguridade, visibilidade e nivel de práctica.

• As incidencias no guiado en balsa: causas e solucións máis habituais.

• Os criterios de calidade na organización e dirección do guiado en balsa.

• Dirección do guiado en balsa: programación de referencia, concreción e posta en acción.

• Instrumentos de recollida de información sobre a actuación do guía ou da guía de balsa. Análise da actuación do guía ou da guía.

4. Guía grupos de hidrozorra en augas bravas de grao IV, analizando e aplicando as técnicas de dirección, organización, coordinación e aplicando técnicas de autoavaliación.

• Información inicial en itinerarios de hidrozorra (briefing): características en función do medio e as persoas participantes.

• A intervención do guía ou da guía no guiado de hidrozorras: explicacións e demostracións. Control do guiado. A comunicación co grupo e co resto de guías: situacións, técnicas e efectos.

• Organización, dirección e control do guiado de hidrozorras: técnicas en función do lugar de práctica, número de guías, situación dos guías ou das guías, tipo de embarcacións utilizadas, equipamento, condicións do medio, seguridade, visibilidade, comunicación e coordinación do equipo de guías e nivel de práctica.

• As incidencias no guiado de hidrozorras: causas e solucións máis habituais.

• Dirección do guiado de hidrozorras: programación de referencia, concreción e posta en acción.

• Os criterios de calidade na organización e dirección do guiado en hidrozorra.

• Instrumentos de recollida de información sobre a actuación do guía ou da guía de hidrozorra. Análise da actuación do guía ou da guía. A entrevista informal.

5. Dinamiza actividades de piragüismo recreativo, aplicando técnicas de dinamización de grupos adaptadas ao medio acuático.

• Concepto de animación. A animación en actividades de piragüismo recreativo como educación non formal. O piragüismo como deporte ao aire libre. Obxectivos e modalidades de animación.

• Xogos relacionados co piragüismo recreativo e o medio natural.

• A metodoloxía no desenvolvemento dos xogos e a recreación. Organización e selección de recursos.

• Intervención na realización da actividade: explicación, demostración, organización de participantes, espazos e material, reforzos, coñecemento de resultados e solución de incidencias.

• Estratexias para estimular a participación.

• Adaptación de actividades en función do grupo, a situación e o medio.

• Estratexias de animación en función das persoas participantes. Técnicas para lograr o estado de activación óptimo.

• Técnicas de avaliación das actividades de animación.

• O xogo como factor de motivación na etapa de iniciación no piragüismo recreativo.

• A empatía como actitude para favorecer as relacións persoais.

6. Dinamiza actividades de piragüismo recreativo, aplicando e divulgando estratexias de sensibilización e coñecemento do contorno ambiental relacionado co medio acuático e o lugar de práctica.

• O piragüismo como ferramenta de educación ambiental.

• Educación ambiental: finalidades e ferramentas.

• Recursos metodolóxicos.

• Materiais para o traballo no campo.

• O medio físico fluvial: os ríos na alta, media e baixa montaña. Xeomorfoloxía. As diferentes rochas e chans. A acción da auga. Clima e meteoroloxía básica.

• Os réximes hidrolóxicos relacionados co clima, a orografía e a bacía de recepción.

• Conceptos xerais sobre a vexetación de ribeira de España. Introdución aos ecosistemas de ribeira. Fauna e flora. Fontes de información.

• Conceptos xerais da fauna propia das canles de augas e as súas ribeiras. Biodiversidade e especies protexidas. Fontes de información.

• Contorno histórico, socioeconómico e cultural. Fontes de información.

• Principios fundamentais da ecoloxía. Ecoloxía do medio acuático continental. Valoración do impacto ambiental das actividades de condución e guiado de persoas no piragüismo recreativo. Boas prácticas ambientais en piragüismo recreativo.

Módulo específico de ensino deportivo: Expedición loxística e materiais.

Código: MED-PIPR216.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Colabora na programación, xestión e organización de eventos de promoción, iniciación ou de piragüismo recreativo en augas bravas, analizando as características e requisitos materiais e humanos dos eventos, e o regulamento de competición.

a) Analizáronse as características básicas dun evento de promoción e iniciación ao piragüismo nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas, kaiak de mar e de piragüismo recreativo en augas bravas.

b) Identificáronse as instalacións e o organigrama, formatos e percorridos elixidos, estrutura do salvamento e seguridade dun suposto práctico de evento de promoción, de iniciación ou de piragüismo recreativo en augas bravas.

c) Identificáronse os recursos humanos e materiais necesarios na realización dun evento de promoción, de iniciación ou de piragüismo recreativo en augas bravas.

d) Describíronse e asignáronse as tarefas e responsabilidades para desenvolver nun suposto práctico de organización dun evento de promoción, de iniciación ou piragüismo recreativo en augas bravas.

e) Realizouse un orzamento que valore os custos dun suposto de evento de promoción, iniciación ou piragüismo recreativo en augas bravas.

f) Identificáronse as fontes de financiamento dun evento de promoción, iniciación ou piragüismo recreativo en augas bravas.

g) Analizouse a viabilidade do proxecto do evento de promoción, iniciación ou piragüismo recreativo en augas bravas en relación co orzamento.

h) Identificáronse os requisitos administrativos dun evento de promoción, iniciación ou piragüismo recreativo en augas bravas.

i) Analizáronse os instrumentos de publicidade e promoción da modalidade que poden utilizar os clubs, empresas e entidades de piragüismo nun evento.

j) Xustificouse a importancia de respectar e cumprir a normativa vixente como factor de calidade e seguridade na organización dun evento.

k) Valorouse a importancia de preparar con antelación os aspectos organizativos e de financiamento nun evento.

2. Recolle a información sobre a organización e o desenvolvemento dos eventos deportivos de promoción ao piragüismo e de itinerarios de piragüismo recreativo, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable e aplicando técnicas para o seu procesamento, e a elaboración e valoración de memorias.

a) Describíronse os instrumentos de recollida de información utilizados na análise e no control dos aspectos organizativos e loxísticos dos eventos e competicións de promoción e iniciación ao piragüismo, e do piragüismo recreativo.

b) Analizouse a información sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos e competicións propios deste nivel.

c) Describíronse as características dos informes sobre o desenvolvemento técnico e loxístico dos eventos de iniciación ao piragüismo, nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar e de piragüismo recreativo.

d) Clasificáronse as posibles incidencias que poden xurdir durante o desenvolvemento dos eventos destas características, relacionándoas coas decisións que tomar e as súas consecuencias.

e) Describíronse os criterios de recollida de información que aseguren a súa representatividade e veracidade.

f) Xustificouse a recollida e análise da información como base da mellora continua na organización de eventos e competicións deste nivel.

g) Elaborouse a memoria dun suposto práctico de organización de evento, recollendo de forma ordenada os datos máis relevantes.

h) Mostrouse rigor na recollida de información nun suposto práctico de evento destas características.

3. Elabora o deseño técnico dos percorridos guiados de augas bravas para un uso intensivo, analizando as características dos percorridos, a adaptación á comercialización e a normativa vixente.

a) Analizáronse os criterios de viabilidade dos percorridos guiados de augas bravas de grao IV e a súa relación coa dificultade e perigosidade destes.

b) Establecéronse as limitacións de uso comercial dun suposto práctico de percorrido guiado de augas bravas, sobre a base da evolución do caudal, as características da bacía hidrográfica e a información meteorolóxica.

c) Analizáronse os diferentes procedementos e técnicas de estudo e recoñecemento de percorridos guiados de augas bravas, relacionándoos cos seus medios de documentación.

d) Deseñouse a proposta de percorrido guiado de augas bravas seguindo os protocolos establecidos, adaptándoos ao nivel de referencia establecido, ás características da canle proposta e aos recursos existentes, recolléndoo nunha ficha técnica coa simboloxía e terminoloxía adecuadas.

e) Relacionouse a proposta de percorrido guiado de augas bravas cos plans de emerxencia e os procedementos de actuación ante incidencias necesarios para o seu desenvolvemento.

f) Protocolizáronse as traxectorias, manobras, accións e medios para empregar na navegación dos tramos de especial risco dun suposto práctico debidamente caracterizado.

g) Describíronse os recursos materiais e humanos necesarios, a organización, coordinación e ratio guía/grupo dun suposto práctico de percorrido guiado de augas bravas.

h) Protocolizáronse as actuacións e alternativas que realizar nos diferentes casos de incidencias que se poidan dar durante o percorrido guiado de augas bravas.

i) Adaptouse a información de obrigado coñecemento para o desenvolvemento do descenso ás características dun suposto práctico de percorrido guiado de augas bravas.

j) Relacionouse o deseño da actividade guiada coa normativa e cos valores ambientais e culturais propios da actividade ao aire libre e do contorno.

k) Interiorizouse a importancia da planificación no deseño do percorrido guiado de augas bravas, na seguridade da actividade e na calidade no servizo.

4. Selecciona e adapta o material de piragüismo recreativo en augas bravas (balsa, kaiak e hidrozorra), identificando as características de embarcacións, elementos de propulsión, indumentaria, material auxiliar, de comunicación e de seguridade, e relacionándoos coas características da actividade que vai realizar.

a) Describíronse as características das embarcacións e materiais de construción propios da práctica do piragüismo recreativo en actividades de condución ou de perfeccionamento técnico.

b) Describíronse as características dos elementos de propulsión, indumentaria, material auxiliar e de seguridade propio da práctica do piragüismo recreativo en actividades de condución ou de perfeccionamento técnico.

c) Describíronse os protocolos de mantemento propios dos materiais auxiliares e de seguridade utilizados no piragüismo recreativo en augas bravas.

d) Describíronse os criterios de asignación de embarcacións, elementos de propulsión, indumentaria, material auxiliar e de seguridade, propios do nivel de perfeccionamento técnico en piragüismo recreativo en augas bravas en función das características das persoas deportistas, do medio onde se desenvolve a actividade e das prestacións do material construtivo.

e) Describíronse os procedementos básicos de adaptación personalizada da embarcación e dos elementos de propulsión no nivel de perfeccionamento técnico de piragüismo recreativo en augas bravas.

f) Describíronse e demostráronse as formas de almacenaxe, limpeza, conservación e transporte das embarcacións, indumentaria, material auxiliar e de seguridade propias do piragüismo recreativo en augas bravas.

g) Demostráronse os procedementos de reparación e mantemento básico das embarcacións propias da iniciación e o perfeccionamento técnico do piragüismo recreativo en augas bravas.

h) Demostráronse os procedementos de reparación e mantemento básico dos elementos de propulsión propios da iniciación e o perfeccionamento técnico do piragüismo recreativo en augas bravas.

i) Demostráronse os procedementos de reparación e mantemento básico dos equipos de protección individual propios da iniciación e o perfeccionamento técnico do piragüismo recreativo en augas bravas.

j) Interiorizouse a necesidade de dispoñer do material adecuado e en bo estado de uso para garantir a seguridade necesaria na actividade.

5. Selecciona e organiza os recursos materiais e loxísticos de transporte, alimentación, estadía nocturna e hixiene necesarios na práctica de piragüismo recreativo en augas bravas, relacionándoos coas características da actividade que vai realizar.

a) Describíronse os requirimentos de transporte de deportistas e material deportivo propios do piragüismo recreativo en augas bravas relacionándoos coas características da actividade.

b) Analizáronse e seleccionáronse os métodos, os recursos materiais e loxísticos para o transporte de material e deportistas nun suposto de actividade de piragüismo recreativo en augas bravas.

c) Describíronse as necesidades de alimentación, estadía nocturna, doutros servizos de hixiene das persoas deportistas de piragüismo recreativo en augas bravas, en función do lugar de práctica, a duración da actividade, as características da actividade e outros factores que poidan intervir.

d) Describíronse as formas máis habituais de xestión da alimentación en función das características da actividade de piragüismo recreativo en augas bravas.

e) Identificáronse as necesidades de aloxamento de deportistas e apoios materiais a estes nun evento de piragüismo recreativo en augas bravas.

f) Describíronse as formas máis habituais de xestión da estadía nocturna e outros servizos de hixiene e os criterios de selección na práctica de piragüismo recreativo en augas bravas.

g) Analizáronse e seleccionáronse os recursos materiais e loxísticos para a alimentación, estadía nocturna e outros servizos de hixiene nun suposto de actividade de piragüismo recreativo en augas bravas.

h) Analizáronse os criterios de distribución de tarefas loxísticas entre os diferentes guías ou as diferentes guías e as responsabilidades do guía ou da guía líder en actividades e eventos de piragüismo recreativo.

i) Interiorizouse a importancia da planificación da loxística propia das actividades de piragüismo recreativo na calidade do servizo.

Contidos básicos:

1. Colabora na programación, xestión e organización de eventos de promoción, iniciación ou de piragüismo recreativo en augas bravas, analizando as características e os requisitos materiais e humanos dos eventos, e o regulamento de competición.

• Eventos de promoción ou iniciación ao piragüismo: características nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar.

• Eventos de piragüismo recreativo en augas bravas: características.

• Organización básica dos eventos.

– Medio: selección e adaptación de localizacións.

– Recursos humanos. Coordinación e asignación de tarefas e responsabilidades.

– Recursos materiais: instalacións, medios materiais e equipamentos necesarios. Características.

– Tarefas e responsabilidades.

– Protocolos de seguridade.

• Orzamento de custos, ingresos, financiamento e estimación da viabilidade económica dun evento de iniciación ao piragüismo.

• Requisitos administrativos para a organización de eventos de iniciación. Soportes publicitarios e instrumentos de promoción de entidades de piragüismo.

• Vantaxes da programación anticipada de eventos.

2. Recolle a información sobre a organización e o desenvolvemento dos eventos deportivos de promoción ao piragüismo e de itinerarios de piragüismo recreativo, analizando os sistemas de recollida de datos, a documentación utilizable e aplicando técnicas para o seu procesamento e a elaboración e valoración de memorias.

• Recollida de información: instrumentos, datos habituais dun evento de iniciación ao piragüismo e de piragüismo recreativo en augas bravas. Criterios de recollida.

• Informes de desenvolvemento do evento nas especialidades de augas tranquilas, kaiak-polo, augas bravas e kaiak de mar. Follas de inscrición, actas de xuíces ou de xuízas, resultados, sancións, etc.

• Memoria: descrición da actividade, accións publicitarias, formato, participación, resultados, incidencias, peculiaridades e seguimento dos medios informativos. Elaboración de memorias e mellora continua dos procesos.

• Incidencias: tipos, consecuencias e decisións que tomar.

• Rexistro de incidencias: clasificación e inclusión de conclusións.

• Importancia do rigor na recollida de datos. Fiabilidade.

• Relevancia do proceso avaliativo para a mellora.

3. Elabora o deseño técnico dos percorridos guiados de augas bravas, analizando as características dos percorridos, a adaptación á comercialización e a normativa vixente, deseñando os protocolos de desenvolvemento do descenso e aplicando procedementos establecidos.

• O percorrido guiado: características e compoñentes. Caudal, dificultade técnica, distancia, clima, loxística, equipamento necesario e posibilidades comerciais.

• Criterios de viabilidade e comercialización.

– Garantías de caudais.

– Estacionalidade.

– Climatoloxía.

– Situación e comunicacións (transporte público, estradas, etc.).

– Desenvolvemento de NTIC (cobertura móbil).

– Reclamo turístico.

• Requisitos administrativos: normativa ambiental e turística. Permisos de navegación.

• Condicións de caudal: fontes de información meteorolóxica e de medida do caudal. Establecemento do rango do caudal navegable en función do tipo de embarcación.

• Estudo, recoñecemento e deseño de percorridos: fontes documentais, mapas, guías, interpretación e revisión.

• Directrices de elaboración de propostas de percorridos guiados. Protocolos e planificación.

• A ficha técnica do percorrido.

– Distancias, desniveis, caudais óptimos e a súa previsión, tipos de embarcacións aconselladas, accesos e escapes.

– A elaboración gráfica dos trazados: simboloxía e utilización. Terminoloxía.

– Puntos de información clave: puntos de reagrupamento e ritmos de descenso.

– Protocolos de seguridade e de superación de zonas complexas clave; materiais necesarios.

– Actividades complementarias e plans alternativos. Información ambiental e cultural.

– Plan de emerxencia e actuacións ante incidencias.

• Recursos humanos e materiais necesarios; loxística do transporte.

• Organización e responsabilidades dos guías ou das guías e deportistas: capacidades e competencias necesarias dos guías ou das guías, ratio de desempeño guía-deportista e coñecemento do contorno.

• Información previa das persoas usuarias; criterios de adaptación.

• Incidencias habituais nun descenso guiado: solucións máis habituais para solucionalas.

• Procedementos de análise e revisión dun percorrido guiado de augas bravas.

4. Selecciona e adapta o material de piragüismo recreativo en augas bravas (balsa, kaiak e hidrozorra), identificando as características de embarcacións, elementos de propulsión, indumentaria, material auxiliar, de comunicación e de seguridade, e relacionándoas coas características da actividade que vai realizar.

• Material de piragüismo recreativo en augas bravas: kaiaks, hidrozorras, canoas e balsas inchables, pas, indumentaria, material auxiliar e material de seguridade. Elementos, tipos e características.

• Embarcacións de piragüismo recreativo en augas bravas: características de estabilidade, velocidade e manobrabilidade. Parámetros que as modifican. Contornos de uso e características das persoas deportistas aos/ás que se acomodan.

• Materiais de construción: características, usos habituais, adaptación á persoa deportista, ao medio e á actividade.

• Asignación de material: criterios segundo as persoas deportistas, o medio, a actividade e a especialidade. Adaptacións ás persoas deportistas.

• Limpeza, mantemento, almacenaxe e transporte de embarcacións e equipamento. Reparacións básicas e mantemento dos diferentes materiais (hypalon, PVC, neopreno, escumas, estratificados, entre outros).

• Material de seguridade e comunicación. Características e mantemento.

5. Selecciona e organiza os recursos materiais e loxísticos de transporte, alimentación, estadía nocturna e hixiene necesarios na práctica de piragüismo recreativo en augas bravas, relacionándoos coas características da actividade que vai realizar.

• Traslados de deportistas e transporte de material deportivo: requirimentos, métodos máis habituais e criterios de selección.

• Alimentación en percorridos guiados: necesidades en función das características da actividade, formatos habituais e criterios de selección.

• Estadía nocturna en eventos de piragüismo e percorridos guiados: necesidades en función das características da actividade, formatos habituais e criterios de selección.

• Outros servizos de hixiene: vestiarios, servizos, auga potable, comunicacións, custodia, etc. Necesidades en función das características da actividade, formatos habituais e criterios de selección.

• Distribución de tarefas loxísticas: coordinación do guía ou da guía líder.

Módulo específico de ensino deportivo: Seguridade en itinerarios guiados.

Código: MED-PIPR217.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Xestiona a seguridade das actividades de piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV, aplicando técnicas de vixilancia e prevención específicas.

a) Analizouse a perigosidade dos ríos de augas bravas en función do desnivel e do caudal de auga.

b) Analizáronse os perigos habituais das canles de augas bravas en función do grao de dificultade, do volume de auga e do desnivel da canle, relacionando os seus efectos sobre as embarcacións e sobre as persoas deportistas na auga.

c) Describíronse os accidentes máis frecuentes nas actividades de piragüismo recreativo en augas bravas, relacionándoas coas causas e as medidas de seguridade preventivas aplicables.

d) Analizáronse as medidas preventivas utilizadas nos percorridos guiados de augas bravas, en función das características do percorrido, das embarcacións utilizadas e das características das persoas usuarias.

e) Xustificouse a elección das medidas preventivas previas á navegación, aplicables nun suposto de percorrido nunha canle de augas bravas de grao IV.

f) Analizáronse as técnicas de vixilancia da actividade deportiva, relacionándoas coas características do contorno, das persoas deportistas e do tipo de actividade.

g) Describíronse as medidas preventivas que adopta o guía ou a guía ou equipo de guías durante a navegación en función das condicións do percorrido/tramo do río, do caudal, das características das persoas participantes e dos medios de seguridade dispoñibles.

h) Aplicáronse, demostrando atención e concentración, as medidas preventivas e as técnicas de vixilancia adecuadas a un suposto práctico debidamente caracterizado de percorrido guiado.

i) Describíronse as características específicas habituais dun piragüista ou dunha piragüista vítima.

j) Describíronse as pautas de aviso e comunicación en situacións de emerxencia, accidente ou axuda.

k) Valorouse a prevención como elemento de seguridade na realización de itinerarios de augas bravas.

l) Valorouse a importancia de manter unha actitude de vixilancia constante para manter a seguridade.

2. Xestiona o risco do piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV, analizando a situación do accidente e aplicando os protocolos de rescate.

a) Aplicáronse os criterios de análise a unha situación simulada de accidente de navegación en augas bravas.

b) Clasificouse o incidente na navegación en augas bravas en función do risco para a vítima, das condicións do medio, das características das persoas participantes e dos materiais de seguridade, nun suposto debidamente caracterizado.

c) Describíronse os protocolos de actuación do guía ou da guía ou do equipo de guías nas incidencias máis habituais, en función do risco para a vítima e os rescatadores ou as rescatadoras, das condicións do medio, das características das persoas participantes e dos materiais de seguridade.

d) Seleccionáronse, de forma xustificada, as accións que levar a cabo nunha situación simulada de accidente de navegación en augas bravas, de acordo coa clasificación do incidente e os protocolos establecidos.

e) Adaptáronse os criterios de situación do equipo de rescatadores ou rescatadoras, a repartición de roles e a asignación do mando nunha situación simulada de rescate e/ou axuda.

f) Aplicáronse as técnicas de comunicación propias de equipos de rescate no medio acuático.

g) Adaptáronse e concretáronse as características das instrucións sobre as accións e os comportamentos que deben seguir as persoas deportistas en situacións de perigo.

h) Actuouse nunha situación simulada debidamente caracterizada de risco ou emerxencia en augas bravas de grao IV, axustándose aos protocolos establecidos e solucionando as incidencias que poidan xurdir, en concreto:

1º. Control do grupo e do contorno.

2º. Coordinación co resto do equipo de guías.

3º. Aplicación do protocolo de actuación do guía ou da guía.

i) Interiorizouse a importancia da planificación da acción, a adxudicación de roles e a coordinación do equipo de rescatadores ou rescatadoras baixo un único mando, nun suposto de accidente, axuda e/ou rescate.

j) Interiorizouse a necesidade e importancia de manter a seguridade como elemento prioritario da actividade e de trasladar esta actitude ás persoas participantes na actividade.

3. Aplica as técnicas específicas de intervención en accidentes en augas bravas de grao IV, demostrando o manexo de materiais e medios específicos.

a) Demostráronse as técnicas de progresión a pé pola beira do río e en canles pouco profundas.

b) Demostráronse as técnicas individuais e grupais de vadeo do río.

c) Demostráronse as técnicas específicas de axuda e recuperación de materiais e persoas desde o kaiak de seguridade en situacións simuladas en augas bravas de grao IV.

d) Demostráronse as técnicas de uso do equipamento e do material auxiliar de seguridade propio da práctica de augas bravas ata grao IV que permiten o rescate directo e remolque de deportistas e/ou materiais, en situacións simuladas de itinerarios guiados.

e) Analizáronse e demostráronse as técnicas de fixación e multiplicación de forzas desde a beira con material específico.

f) Analizáronse e demostráronse as técnicas de cruzamento con corda da canle do río.

g) Analizáronse e demostráronse as técnicas de estabilización de embarcacións no medio da canle do río.

h) Describíronse e demostráronse as técnicas de extracción e remolque cando se detecta unha posible afección á columna vertebral.

i) Valorouse a importancia de tomar conciencia dos límites de actuación dos materiais, os rescatadores ou rescatadoras e as persoas participantes.

j) Valorouse a importancia da formación continua e o adestramento das técnicas de intervención.

4. Intervén no rescate en situacións de navegación en augas bravas de grao IV, demostrando as estratexias de intervención específicas.

a) Clasificáronse as estratexias de intervención en función do contexto.

b) Analizouse e demostrouse a execución das estratexias de intervención específicas nunha situación práctica debidamente caracterizada de atrapamento en obstáculos de embarcacións ou outros elementos de progresión.

c) Analizouse e demostrouse a execución das estratexias de intervención específicas nunha situación práctica debidamente caracterizada de atrapamento en obstáculos de deportistas.

d) Analizouse e demostrouse a execución das estratexias de intervención específicas nunha situación práctica debidamente caracterizada de retención por movementos de augas en grao IV de embarcacións ou outros elementos de progresión.

e) Analizouse e demostrouse a execución das estratexias de intervención específicas nunha situación práctica debidamente caracterizada de retención por movementos de augas en grao IV de deportistas.

f) Aplicáronse técnicas de coordinación, repartición de roles e comunicación nas accións de intervención.

g) Aplicáronse técnicas de autocontrol cognitivo e condutual do guía ou da guía en situacións de emerxencia.

h) Relacionáronse as estratexias de intervención e extracción de persoas accidentadas que se deben utilizar xunto cos protocolos de primeiros auxilios, a valoración da persoa accidentada e as condicións ambientais presentes.

i) Valorouse a importancia de tomar conciencia dos límites de actuación dos rescatadores ou rescatadoras e participantes.

j) Valorouse a importancia da formación continua e o adestramento das estratexias de intervención.

Contidos básicos:

1. Xestiona a seguridade das actividades de piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV, aplicando técnicas de vixilancia e prevención específicas.

• Canles de auga de piragüismo recreativo en augas bravas: perigos obxectivos e subxectivos en canles de auga ata grao IV. Obstáculos, augas retentivas (rizos, rebufos, drosaxes, coadoiros-sifóns e marmitas) e outras formas. Riscos en piragua, hidrozorra, balsa pneumática e nadador.

• Clasificación da perigosidade dos ríos de augas bravas en relación co desnivel e o caudal de auga.

• Tipoloxía da sinistralidade en itinerarios de piragüismo recreativo en augas bravas.

– Adaptación e revisión de materiais.

– Subestimación de riscos.

– Usos indebidos de materiais.

– Mantemento de equipamentos complementarios.

• Medidas preventivas: recoñecemento, sinalización, protección, protocolos de afrontamento de tramos conflitivos, etc.

• Técnicas de vixilancia: «escaneamento» e actitude de seguridade.

• Piragüista vítima: características específicas de flotación, desorientación postenvorcadura, cansazo, etc.

• Funcións preventivas do persoal técnico en itinerarios de augas bravas de grao IV.

• Protocolos de comunicación.

2. Xestiona o risco do piragüismo recreativo en augas bravas de grao IV, analizando a situación do accidente e aplicando os protocolos de rescate.

• Avaliación obxectiva en situacións de accidente ou emerxencia. Risco real e risco percibido. Criterios de análise e factores que ter en conta e que controlar. Categorización da situación.

• Selección dos protocolos de actuación. Planificación do rescate.

– Establecemento das medidas de actuación co grupo de guías e coas persoas deportistas.

– Coordinación e situación do equipo de guías e/ou rescatadores ou rescatadoras e repartición de roles. Variantes en función do risco, actividade e nivel de participantes.

– Instrucións ás vítimas e ao grupo. Control do grupo.

– Técnicas de comunicación: co grupo e entre guías.

▪ Código internacional.

• A formación permanente en seguridade do guía ou da guía en augas bravas.

3. Aplica as técnicas específicas de intervención en accidentes en augas bravas de grao IV, demostrando o manexo de materiais e medios específicos.

• Técnicas de progresión segura por beiras e en augas pouco profundas con corrente.

• Técnicas de vadeo: individuais, grupais e transporte de persoas accidentadas.

• Técnicas de axuda e recuperación desde a beira.

– Rescate por contacto: uso de pa e pértega.

– Ancoraxes.

▪ Beira.

▪ Embarcacións.

– Corda de seguridade.

▪ Nós e unións de cordas.

▪ Riscos do uso de corda.

▪ Uso de corda en diferentes situacións e embarcacións.

▪ Rescatadores ou rescatadoras atados/as.

▪ Uso de coitelo.

• Técnicas de fixación e multiplicación de forzas mediante o uso de cordas: características e vantaxes mecánicas.

• Técnicas de cruzamento con corda da canle do río.

– Diagonais altas.

– Diagonais baixas.

▪ Ancoraxe ao corpo.

– Diagonais e ángulos de cruzamento.

• Sistemas de estabilización e control da balsa no medio do río.

– Con 2 e 4 puntos de control.

– Sistema de corda.

• Técnicas desde a piragua de seguridade: situacións, disposición, técnicas de recollida e remolque.

• Técnicas de extracción, remolque e transporte de persoas accidentadas con posible lesión medular.

4. Intervén no rescate en situacións de navegación en augas bravas de grao IV, demostrando as estratexias de intervención específicas.

• Clasificación das estratexias de intervención.

• Estratexias de intervención en atrapamentos en obstáculos e similares: formulación e procedementos de liberación. Variantes segundo a persoa deportista e a embarcación.

• Estratexias de intervención en retencións por movementos de auga: formulación e procedementos de extracción. Variantes segundo a persoa deportista e a embarcación.

• Coordinación dos guías ou das guías como equipos de rescate.

– Xerarquía, roles e situacións.

– Autocontrol cognitivo e condutual do guía-rescatador ou da guía-rescatadora.

– Zona quente.

– Protección e vixilancia augas abaixo.

– Protección e vixilancia augas arriba.

• Comunicación: coa vítima, co resto de participantes e con equipos de rescate.

• Límite de risco na intervención. Criterios.

• O adestramento na seguridade.

Módulo específico de ensino deportivo: Formación práctica.

Código: MED-PIPR218.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Identifica a estrutura organizativa e o funcionamento do centro deportivo de prácticas (club, federación, escola, empresa, etc.), relacionándoa coa súa oferta de actividades de especialización, tecnificación deportiva, perfeccionamento técnico e as súas actividades de xestión, e aplicando os procedementos e protocolos de seguridade na práctica.

a) Identificáronse as características do centro deportivo de prácticas dentro do sector do turismo activo.

b) Identificouse a estrutura organizativa e o funcionamento das distintas áreas do centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as relacións xerárquicas dentro do centro deportivo de prácticas.

d) Identificouse a oferta de actividades vinculadas ao perfeccionamento técnico e ao guiado de persoas usuarias por itinerarios de augas bravas.

e) Identificáronse as vías de financiamento económico utilizadas polo centro deportivo de prácticas.

f) Distinguiuse a oferta de actividades orientada á participación, especialización ou perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas das mulleres.

g) Mantívose unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

2. Actúa con autonomía, iniciativa e responsabilidade no posto de traballo, demostrando comportamento ético, habilidades persoais de comunicación, traballo en equipo, respecto polo ambiente e aplicando os procedementos establecidos polo centro deportivo de prácticas.

a) Identificáronse os requirimentos actitudinais do posto de traballo.

b) Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

c) Demostrouse compromiso co traballo ben feito e a calidade do servizo, así como respecto aos procedementos e principios propios do club/empresa ou entidade deportiva.

d) Demostrouse capacidade de traballo en equipo e respecto á xerarquía establecida no club/empresa ou entidade deportiva.

e) Estableceuse unha comunicación e relación eficaz co persoal técnico responsable da actividade e as persoas integrantes do equipo, mantendo un trato fluído e correcto.

f) Coordinouse co resto do equipo, informando de calquera cambio, necesidade relevante ou imprevisto que se presente na actividade.

g) Mantívose unha actitude de respecto ao ambiente no desenvolvemento de actividades de iniciación, perfeccionamento ou guiado en piragüismo de augas bravas.

3. Controla a seguridade na práctica do perfeccionamento técnico e guiado en itinerarios de augas bravas, supervisando as instalacións e medios utilizados, interpretando e aplicando a normativa de seguridade e aplicando os procedementos e protocolos de acordo coa normativa e instrucións establecidas.

a) Colaborouse na aplicación das normas de seguridade, plans de emerxencia e evacuación das instalacións deportivas do centro de prácticas e a súa adecuación á súa normativa de aplicación.

b) Actuouse atendendo á seguridade persoal, do equipo de traballo e das persoas usuarias, cumprindo coa normativa vixente e cos protocolos establecidos no centro deportivo de prácticas.

c) Aplicáronse as medidas preventivas e os protocolos de seguridade establecidos nos deseños dos itinerarios guiados, seguindo as instrucións e normas establecidas nestes.

d) Aplicáronse as técnicas de autoprotección e autorrescate nas actividades de perfeccionamento técnico e itinerarios guiados en augas bravas.

e) Aplicáronse as técnicas de rescate de deportistas desde a embarcación nas actividades de perfeccionamento técnico e itinerarios guiados en augas bravas.

f) Aplicáronse as técnicas e estratexias coordinadas de rescate de deportistas nas actividades de perfeccionamento técnico e itinerarios guiados en augas bravas.

g) Aplicáronse os equipos de prevención de riscos laborais propios e o material específico de seguridade en piragüismo de augas bravas no perfeccionamento técnico e na condución en itinerarios de augas bravas.

h) Aplicáronse os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais relacionados coas actividades, competicións e eventos da iniciación deportiva en piragüismo de augas bravas.

i) Identificáronse e aplicáronse as medidas de protección do ambiente da instalación deportiva de piragüismo de augas bravas e a súa adecuación á normativa vixente.

j) Demostrouse unha actitude clara de respecto ao ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas a aquela.

4. Concreta os programas e dirixe as sesións de perfeccionamento técnico en piragüismo recreativo en augas bravas, interpretando a información recibida, aplicando as técnicas de dirección e organización, as técnicas de autoavaliación e colaborando na detección de talentos.

a) Realizáronse avaliacións técnicas dos padexeiros ou padexeiras participantes en programas de perfeccionamento técnico e de seguridade en piragüismo recreativo en augas bravas.

b) Utilizáronse técnicas e procedementos de observación e aplicáronse criterios de valoración técnica da seguridade e da navegación en balsa, hidrozorra e kaiak de augas bravas.

c) Trasladouse ao padexeiro ou padexeira de balsa, hidrozorra e kaiak de augas bravas información da súa execución, as tarefas de corrección de erros e de mellora da execución técnica.

d) Seleccionáronse os obxectivos técnicos do padexeiro ou padexeira no perfeccionamento das técnicas de seguridade e de navegación en balsa, hidrozorra e kaiak de augas bravas, a partir da programación de referencia do centro de prácticas.

e) Elaborouse un ciclo de perfeccionamento técnico dun padexeiro ou dunha padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras a partir da programación de referencia do centro deportivo, concretando:

1º. Obxectivos de preparación.

2º. Medios de adestramento.

3º. Instrumentos de control.

4º. Sesións de adestramento e secuencias de traballo.

Adecuándose ás características do padexeiro ou da padexeira ou grupo de padexeiros ou padexeiras e aos medios de traballo existentes.

f) Dirixiuse a sesión de perfeccionamento técnico, solucionando as continxencias existentes, aplicando técnicas de dinámica de grupos, de concentración, de control de pensamentos, de emocións e de motivación adecuadas ao padexeiro ou á padexeira e ao grupo de padexeiros.

g) Participouse na identificación de situacións de dificultade na aprendizaxe técnica, aplicando protocolos establecidos e achegando solucións.

h) Realizouse a recollida de información sobre o labor do persoal técnico durante a dirección das sesións, identificando as dificultades e propoñendo alternativas.

i) Demostrouse minuciosidade e revisión constante no proceso de elaboración e axuste dos programas de perfeccionamento técnico.

5. Organiza sesións de iniciación deportiva en piragüismo para persoas con discapacidade, aplicando recursos que fomenten a súa participación en función das súas limitacións.

a) Valorouse a importancia de atender ás características únicas da persoa con discapacidade previamente á realización da práctica de piragüismo.

b) Orientáronse as persoas con discapacidade cara ás prácticas deportivas máis adecuadas en cada caso.

c) Determináronse as axudas técnicas e as medidas de seguridade específicas segundo os diferentes tipos de discapacidade e as características da práctica deportiva do piragüismo.

d) Establecéronse as principais orientacións metodolóxicas en relación coa comunicación e a participación na tarefa das persoas con discapacidade.

e) Aplicáronse procedementos de adaptación ou modificación das tarefas e xogos favorecendo a participación, o gozo e as posibilidades de éxito de persoas con discapacidade na práctica do piragüismo.

f) Identificáronse as principais limitacións cara á práctica provocadas pola falta de accesibilidade nas instalacións e espazos deportivos no centro deportivo de prácticas.

g) Examináronse as limitacións orixinadas pola falta de acceso á información da oferta deportiva de piragüismo e á difusión da práctica no centro deportivo de prácticas.

h) Propiciouse unha actitude positiva cara á inclusión por parte de compañeiros ou compañeiras, persoal técnico, as propias familias e as institucións, de cara á práctica deportiva do piragüismo de persoas con discapacidade.

6. Coordina o proceso de iniciación deportiva en piragüismo, elaborando as programacións de referencia, analizando a estrutura da escola de iniciación deportiva, e aplicando os procedementos e técnicas adecuadas.

a) Identificouse a estrutura e as funcións da escola de iniciación deportiva en piragüismo no centro deportivo de prácticas.

b) Realizáronse funcións e aplicáronse protocolos de coordinación do persoal técnico de iniciación deportiva en piragüismo no centro deportivo de prácticas.

c) Identificáronse as necesidades materiais e humanas da escola de iniciación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

d) Identificáronse os estándares técnicos do programa de iniciación deportiva en piragüismo do centro deportivo de prácticas.

e) Elaborouse un programa de iniciación deportiva en piragüismo de acordo coas características do grupo, do contorno e a programación do centro deportivo de prácticas.

7. Dirixe e deseña percorridos e actividades de guiado de persoas en itinerarios de augas bravas, identificando as condicións e os medios necesarios, aplicando os procedementos e técnicas específicas e respectando os protocolos de seguridade e a normativa ambiental.

a) Identificáronse as características dos itinerarios de augas bravas que utiliza o centro deportivo de prácticas, recoñecendo entre outras:

1º. O nivel de dificultade.

2º. O nivel das persoas usuarias.

3º. Os medios necesarios.

4º. As posibles zonas de reunión.

b) Determinouse a dificultade técnica dun itinerario e as técnicas necesarias de superación.

c) Determináronse os riscos dun itinerario, así como as técnicas necesarias para a súa adecuada xestión.

d) Identificáronse as características ambientais e a súa normativa de protección que deben cumprir os itinerarios de augas bravas utilizados polo centro deportivo de prácticas.

e) Analizáronse e elaboráronse itinerarios de condución e as súas actividades complementarias en función das características da zona e dos obxectivos do centro deportivo de prácticas.

f) Aplicáronse protocolos e técnicas de revisión dos itinerarios de augas bravas utilizados polo centro deportivo de prácticas.

g) Guiouse en balsa un grupo de deportistas por un itinerario de augas bravas, aplicando as técnicas específicas e respectando as normas e os procedementos de seguridade establecidos polo centro deportivo de prácticas.

h) Guiouse en hidrozorra un grupo de deportistas por un itinerario de augas bravas, aplicando as técnicas específicas e respectando as normas e os procedementos de seguridade establecidos polo centro deportivo de prácticas.

i) Guiouse en kaiak un grupo de deportistas por un itinerario de augas bravas, aplicando as técnicas específicas e respectando as normas e procedementos de seguridade establecidos polo centro deportivo de prácticas.

j) Dirixíronse as actividades de animación dun itinerario de augas bravas, aplicando as técnicas específicas e de acordo cos protocolos establecidos polo centro deportivo de prácticas.

k) Utilizáronse recursos naturais, turísticos, históricos ou socioculturais do contorno do itinerario guiado na animación dun itinerario de augas bravas, relacionándoos coa súa conservación.

8. Colabora na organización de eventos de promoción, iniciación ou de piragüismo recreativo en augas bravas, interpretando instrucións e normas relacionadas, identificando e preparando os medios necesarios e aplicando os procedementos establecidos.

a) Identificouse o calendario de actividades, eventos de promoción, iniciación e de piragüismo recreativo do centro deportivo de prácticas.

b) Seleccionouse a información necesaria na organización dun evento de iniciación ou promoción de piragüismo do centro deportivo de prácticas.

c) Realizáronse operacións de xestión e organización dos espazos, materiais e recursos humanos dun evento de iniciación ou promoción do piragüismo do centro deportivo de prácticas.

d) Aplicáronse técnicas de recollida de información sobre os aspectos organizativos e loxísticos dun evento de iniciación ou promoción de piragüismo do centro deportivo de prácticas, elaborando os documentos informativos.

e) Realizáronse as operacións de xestión do seguro de accidente e actividade dun grupo de padexeiros ou padexeiras de augas bravas que participan nun evento, de acordo coas instrucións e normas recibidas.

f) Comprobouse a cobertura legal do padexeiro ou padexeira de augas bravas durante a súa participación en eventos, de acordo coa normativa establecida.

g) Recolleuse e sintetizouse a información dun evento, elaborando a memoria e recollendo de forma ordenada os datos máis relevantes.

9. Colabora no mantemento do material e na xestión loxística do transporte, manutención e aloxamento propias do piragüismo recreativo en augas bravas (balsa, kaiak e hidrozorra), aplicando protocolos de distribución de tarefas, coidado, reparación e asignación ás diferentes actividades.

a) Aplicáronse os protocolos de mantemento propios dos materiais auxiliares e de seguridade do piragüismo recreativo en augas bravas.

b) Asignáronse embarcacións, elementos de propulsión, indumentaria, material auxiliar e de seguridade, propios do piragüismo recreativo en augas bravas en función das características das persoas deportistas, do medio onde se desenvolve a actividade e das prestacións do material construtivo.

c) Adaptouse de forma personalizada a embarcación e os elementos de propulsión no piragüismo recreativo en augas bravas.

d) Aplicáronse os protocolos de almacenaxe, limpeza, conservación e transporte das embarcacións, indumentaria, material auxiliar e de seguridade propias do piragüismo recreativo en augas bravas.

e) Aplicáronse procedementos de reparación e mantemento básico das embarcacións.

f) Aplicáronse procedementos de reparación e mantemento básico nos elementos de propulsión propios do piragüismo recreativo en augas bravas.

g) Aplicáronse os procedementos de reparación e mantemento básico nos equipamentos de protección individual propios do piragüismo recreativo en augas bravas.

h) Utilizáronse os recursos do centro de prácticas para o transporte de deportistas e material deportivo propios do piragüismo recreativo en augas bravas.

i) Colaborouse na provisión dos servizos de alimentación, estadía nocturna e outros servizos de hixiene das persoas deportistas de piragüismo recreativo en augas bravas das actividades do centro de prácticas.

j) Respectouse a xerarquía na distribución das tarefas loxísticas entre os/as diferentes guías e as responsabilidades do guía ou da guía líder en actividades e eventos de piragüismo recreativo.

ANEXO VI

Ratio profesorado/alumnado

Bloque específico ciclo inicial en Piragüismo

Ratio profesorado/alumnado

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

1/10

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

1/30

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

1/30

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

1/15

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

1/30

Bloque específico ciclo final en Piragüismo de Augas Bravas

Ratio profesorado/alumnado

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

1/30

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

1/30

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

1/30

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

1/15

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

1/15

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

1/30

Bloque específico ciclo final en Piragüismo de Augas Tranquilas

Ratio profesorado/alumnado

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

1/30

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

1/30

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

1/30

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

1/30

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

1/30

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

1/15

Bloque específico ciclo final en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Ratio profesorado/alumnado

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

1/30

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

1/30

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

1/10

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

1/10

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

1/15

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

1/15

ANEXO VII

Acceso ao módulo de formación práctica

Acceso ao módulo de formación práctica

Módulos que superar

MED-PIPI107. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo inicial:

• MED-C101. Bases do coñecemento deportivo.

• MED-C102. Primeiros auxilios.

Do bloque específico:

• MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

• MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

• MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

• MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIAB208. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

• MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

• MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

• MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAT212. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

• MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

• MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

• MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Do bloque común do ciclo final:

• MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

• MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Do bloque específico:

• MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

• MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

• MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

ANEXO VIII-A

Espazos e equipamentos mínimos do ciclo inicial en Piragüismo

Espazos: ciclo inicial en Piragüismo

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

a) Lámina de auga de augas tranquilas de polo menos 10.000 m2.

b) Tramo de corrente de auga de polo menos 200 metros de lonxitude, con zonas de embarque-desembarque de pouca dificultade.

c) Lámina de augas abertas (mar, encoro, lago, pantano, etc.) con accesos a zonas de embarque-desembarque distanciadas non máis de media milla.

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

Equipamentos: ciclo inicial en Piragüismo

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

• Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

• PC instalados en rede con conexión á internet.

• Software específico.

Módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo inicial.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

• Manequíns de primeiros auxilios (persoa adulta e bebé).

• Material de inmobilización e mobilización.

• Material de cura.

• Desfibrilador externo semiautomático.

MED-C102. Primeiros auxilios.

• Material deportivo adaptado.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

• Kaiaks e canoas de iniciación/competición do piragüismo de augas tranquilas.

• Embarcacións (kaiaks e/ou canoas) dobres e/ou cuádruplas de iniciación ao piragüismo de augas tranquilas.

• Kaiaks-polo.

• Kaiaks polivalentes (posibilidade de utilizar embarcacións de augas bravas ou kaiak de mar) con cuberta pechada, bañeira reducida e reservas de flotación.

• Pas, chalecos, cascos e cobre-bañeiras.

• Material de seguridade propio do piragüismo de augas bravas e kaiak de mar.

• Material básico de reparación de embarcacións e pas.

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

ANEXO VIII-B

Espazos e equipamentos do ciclo final en Piragüismo de Augas Bravas

Espazos: ciclo final en Piragüismo de Augas Bravas

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

Pista polideportiva 44 x 22 mts.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

• Lámina de auga de augas tranquilas de polo menos 5.000 m2.

• Tramo de corrente de auga de polo menos 150 metros de grao III de lonxitude coa instalación de polo menos 9 portas de slálom.

• Tramo de corrente de auga de polo menos 1.000 metros de lonxitude con pasos de grao III con zonas de embarque-desembarque de pouca dificultade.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

Equipamentos: ciclo final en Piragüismo de Augas Bravas

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

• Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

• PC instalados en rede con conexión á internet.

• Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

• Material deportivo adaptado.

• Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

• Material deportivo.

• Bonecos desmembrados.

• Láminas de anatomía.

• Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

• Kaiaks e canoas de iniciación e competición do piragüismo de augas bravas (slálom e descenso).

• Pas, chalecos, cascos e cobre-bañeiras.

• Cámaras de vídeo.

• Material de seguridade propio do piragüismo de augas bravas.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

ANEXO VIII-C

Espazos e equipamentos do ciclo final en Piragüismo de Augas Tranquilas

Espazos: ciclo final en Piragüismo de Augas Tranquilas

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

Pista polideportiva 44 x 22 mts.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

• Lámina de auga de augas tranquilas de polo menos 250 metros de longo e 50 metros de ancho.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

Equipamentos: ciclo final en Piragüismo de Augas Tranquilas

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

• Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

• PC instalados en rede con conexión á internet.

• Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

• Material deportivo adaptado.

• Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

• Material deportivo.

• Bonecos desmembrados.

• Láminas de anatomía.

• Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

• Kaiaks e canoas de iniciación e competición do piragüismo de augas tranquilas.

• Simuladores de kaiak e canoa.

• Cámaras de vídeo.

• Pas, chalecos e cobre-bañeiras.

• Embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e potencia máxima inferior a 40 kW.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

ANEXO VIII-D

Espazos e equipamentos do ciclo final en Piragüismo Recreativo
Guía en Augas Bravas

Espazos: ciclo final en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Espazo formativo

Superficie m2

30 alumnos/as

Superficie m2

20 alumnos/as

Módulo de ensino deportivo

Aula polivalente

60 m2

40 m2

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Ximnasio

120 m2

90 m2

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Pista polideportiva 44 x 22 mts.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Espazo formativo

Módulo de ensino deportivo

• Lámina de auga de augas tranquilas de polo menos 5.000 m2.

• Tramo de corrente de auga de polo menos 1.000 metros de lonxitude con pasos de grao IV, con zonas de embarque-desembarque de pouca dificultade.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

Equipamentos: ciclo final en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Equipamento da aula polivalente

Módulo de ensino deportivo

• Equipamentos audiovisuais. Canón de proxección.

• PC instalados en rede con conexión á internet.

• Software específico.

Todos os módulos de ensino deportivo dos bloques común e específico do ciclo final.

Equipamento do ximnasio

Módulo de ensino deportivo

• Material deportivo adaptado.

• Material ortopédico.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

• Material deportivo.

• Bonecos desmembrados.

• Láminas de anatomía.

• Pulsímetros.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Equipamento

Módulo de ensino deportivo

• Kaiaks de piragüismo recreativo de augas bravas.

• Balsas pneumáticas.

• Hidrozorras e aletas.

• Pas, chalecos, cascos e cobre-bañeiras.

• Cámara de vídeo.

• Material de seguridade propio do piragüismo de augas bravas.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

ANEXO IX

Proba RAE-PIPI101, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Realiza o embarque e desembarque desde un pantalán, nun kaiak polivalente, aplicando as técnicas correctas e executándoas con destreza por ambas as dúas bandas.

a) Colocouse o kaiak na auga flotando, paralelo ao pantalán ou bordo e sen golpealo.

b) Efectuáronse as accións de embarque sen desequilibrios nin separacións do pantalán ou bordo, utilizando os brazos e a pa como triángulo de fixación e estabilización.

c) Demostrouse o embarque, a posta en marcha, a freada e o desembarque sen envorcadura nin entrada de auga ao kaiak.

d) Realizouse o desprazamento da piragua desde a posición básica de padexo.

Proba asociada: embarque e desembarque por ambas as dúas bandas.

Co kaiak polivalente en terra preto da auga, realizar as seguintes accións:

• Colocar o kaiak na auga xunto ao pantalán ou bordo.

• Subir ao kaiak, adoptar a posición básica e comezar a navegar.

• Desprazarse 10 m, xirar 180º e volver ao pantalán ou bordo.

• Desembarcar pola outra banda do kaiak.

2. Realiza a envorcadura, saída e reembarque desde a auga nun kaiak polivalente sen apoio no fondo, volvendo a unha situación estable sobre o kaiak polivalente.

a) Envorcou o kaiak na auga e saíu deste completamente.

b) Deu a volta á piragua minimizando a entrada de auga a esta (a auga que entrou debe permitir manter o kaiak a flote co padexeiro ou padexeira reembarcado/a).

c) Reembarcou no kaiak, sen apoiarse no chan, recuperou a pa e adoptou unha posición básica de padexo estable sobre aquel.

d) Recuperouse todo o material.

Proba asociada: autorrescate logo de envorcadura en kaiak polivalente.

Co kaiak polivalente flotando en augas profundas, realizar as seguintes accións:

• Envorcar e saír do kaiak completamente.

• Reembarcar desde a auga recuperando todo o material.

3. Manobra cun kaiak polivalente, navegando en todas as direccións e realizando xiros mediante o emprego de técnicas adecuadas.

a) Efectuáronse as accións de padexo adiante, atrás e freada con precisión.

b) Efectuáronse as accións de aproximación lateral por ambas as dúas bandas, mantendo un avance continuo e a orientación da piragua.

c) Realizáronse as manobras de xiro en ambos os dous sentidos con eficacia.

d) Demostráronse os movementos e as accións exixidos dentro do tempo límite establecido de 90 segundos.

Proba asociada: navegación e dominio de padexo.

Desde a posición de saída no centro do rombo realizará de forma continua e respectando a orde establecida as seguintes accións:

• Padexo adiante, freo e toque de boia «a» con proa.

• Padexo atrás, freo e toque de boia «b» con popa.

• Padexo diagonal, toque de boia «d» con banda dereita.

• Padexo lateral esquerdo, toque de boia «c» con banda esquerda.

• Padexo lateral dereito, toque de boia «d» con banda dereita.

• Padexo diagonal adiante e xiro dereita arredor de boia «a».

• Padexo diagonal adiante e xiro esquerda arredor de boia «b».

• Padexo adiante ata a meta.

Esbozo de balizamento e desenvolvemento da proba
de navegación e dominio de padexo

missing image file

4. Nada con roupa de padexo e chaleco aplicando técnicas de nado con eficacia.

a) Percorreuse a distancia sen axuda externa e de forma continuada.

b) Realizouse o percorrido en menos de dous minutos.

Proba asociada: dominio básico da natación.

• Equipado ou equipada con roupa de padexo e chaleco, nadar 50 metros en menos de dous minutos sen axuda externa nin repouso significativo.

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico: espazos e equipamentos:

1. Espazos de almacenamento ou hangar:

Hangar ou espazo de almacenamento do material que se vai utilizar. As embarcacións poderán estar ao aire libre.

2. Espazo de navegación e natación:

a) A zona de navegación será un espazo de augas tranquilas de 300 m2, con polo menos 25 metros de lonxitude e 12 metros de ancho, sen correntes nin relevos na auga, para asegurar a localización do circuíto de boias.

b) A zona de navegación balizarase con 4 boias segundo o esbozo anexo da proba de navegación e dominio do padexo e con dúas boias separadas 25 metros para a proba de dominio básico da natación, cando non se realice en piscina con medidas coñecidas.

c) Unha franxa da zona de navegación de polo menos 50 metros cadrados deberá ter unha profundidade superior a 1,80 metros para a realización da proba de autorrescate logo de envorcadura en kaiak polivalente.

d) A zona de navegación deberá estar próxima a unha beira en que os/as xuíces/xuízas terán plena visibilidade para valorar a proba.

e) Dispoñerase dun acceso á auga con beira recta e libre de obstáculos con anchura mínima de 5 metros dotados dun pantalán de polo menos 3 metros de longo ou o bordo da piscina.

f) Este espazo pode ser unha piscina de 25 x 12 metros.

3. Equipamento por participante:

a) Kaiaks polivalentes de 3-4 metros de eslora, cuberta pechada, volume de 230 a 320 litros, bañeira reducida tipo augas bravas de 80 a 95 cm de longo e reservas de flotación adiante e detrás.

b) Pas e chalecos.

c) En función da temperatura da auga, será preceptivo o uso de traxe de neopreno.

d) Será obrigatorio o uso de calzado apropiado.

ANEXO X

Proba RAE-PIAB201, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Realiza un percorrido de slálom de nove portas nunha zona de augas bravas de grao III, nunha embarcación tipo slálom e aplicando as técnicas e manobras de navegación polos dous lados.

a) Realizouse o paso polas nove portas de forma regulamentaria, na orde establecida (da 1ª á 9ª), sen repetición e sen considerar os toques.

b) Realizouse o circuíto nun tempo inferior ao establecido polo demostrador ou demostradora e incrementado nun 20 %.

Proba asociada: circuíto de slálom.

• O circuíto ten nove portas, con 4 remontes, dous a cada lado, máis decalé de 3 portas e as portas 1 e 9 de saída e chegada, respectivamente.

• O circuíto realizarase nun campo de slálom de augas bravas de dificultade III.

• A embarcación co cobre-bañeiras colocado, estará situada por riba da liña de saída que determina a porta 1.

• O cronómetro poñerase en marcha ao paso do padexeiro ou padexeira pola porta 1.

• O cronómetro pararase ao paso da porta 9.

• O demostrador ou demostradora será unha das persoas integrantes do tribunal da proba de carácter específico.

• Nesta proba permitirase unha segunda oportunidade.

Esbozo da proba navegación en augas bravas

missing image file

2. Executa a esquimotaxe nun kaiak ou canoa de slálom, dentro dun tramo de grao II, aplicando as técnicas adecuadas.

a) Realizouse, dentro da vea principal da corrente, unha dobre esquimotaxe coa pa.

b) Realizouse a dobre esquimotaxe sen perder o material ou saír da embarcación.

c) Realizouse a dobre esquimotaxe dentro da zona de grao II delimitada polas dúas portas.

d) Realizouse a dobre esquimotaxe en menos de 20 segundos.

Proba asociada: esquimotaxe.

• A zona de esquimotaxe é de augas bravas con dificultade grao II, está delimitada por dúas portas de catro metros, situadas dentro da vea principal da corrente e á distancia aproximadamente de 20 m.

• O padexeiro ou padexeira situarase na vea principal e cando supere a primeira porta realizará a dobre esquimotaxe.

• Finalizada a dobre esquimotaxe, deberá pasar pola porta de final de percorrido.

• O cronómetro porase en marcha ao paso do padexeiro ou padexeira pola porta 1 e pararase ao paso da porta 2.

• A proba realizarase en kaiak ou canoa de slálom.

3. Controla a traxectoria, a velocidade e a derrapaxe nun campo en augas tranquilas, aplicando as técnicas do apoio dinámico e a tracción orientada, e demostrando a destreza por ambos os dous lados.

a) Conseguiuse o paso por ambas as dúas portas contabilizando as penalizacións segundo o regulamento da Real Federación Española de Piragüismo.

b) Realizouse o circuíto 3 veces consecutivas sen ningunha manobra de freo.

c) Realizouse o circuíto 3 veces consecutivas nun tempo inferior a 60 segundos.

Proba asociada: test técnico do triplo oito.

• O circuíto está formado por dúas portas aliñadas e separadas entre si 8 metros (distancia medida desde os seus paus interiores), nunha zona de prácticas de augas tranquilas.

• Desde o punto de saída propulsamos a embarcación para chegar á porta número 1 con velocidade. Ao paso da porta 1 activamos o cronómetro, realizamos o paso pola porta 2 e regresamos á porta 1, describindo unha traxectoria en forma de oito.

• O percorrido realízase tres veces, rematando ao superar a porta 1 ao final do terceiro percorrido. O cronómetro pararase cando o torso e a cabeza do padexeiro ou padexeira pasan entre os paus polo plano de porta.

• A proba realizarase en kaiak ou canoa de slálom.

Esbozo da proba técnica do triplo oito

missing image file

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico: espazos e equipamentos:

1. Espazos de almacenamento ou hangar:

Hangar ou espazo de almacenamento do material que se vai utilizar. As embarcacións poderán estar ao aire libre.

2. Espazo de navegación:

a) A zona de navegación deberá constar de tres espazos para a realización das tres probas:

– Un tramo de augas bravas grao III con contracorrentes a ambos os dous lados dunha corrente central e instalación de cordas transversais para a situación de 9 portas de slálom.

– Un tramo de augas bravas grao II profundo e libre de obstáculos, cunha lonxitude que a corrente requira polo menos 20 segundos en percorrela.

– Un tramo de augas tranquilas coa instalación sobre a mesma corda de dúas portas separadas 10 m.

b) Toda a zona de navegación deberá estar próxima a unha beira en que os xuíces ou xuízas terán plena visibilidade para valorar a proba.

c) Os tramos de augas bravas deberán finalizar en tramos planos que garantan a seguridade. Igualmente dispoñerán de accesos de embarque e desembarque por riba e por debaixo destes.

d) Este espazo pode ser un campo de slálom.

3. Equipamento por participante:

a) Kaiak ou canoa de tipo slálom de augas bravas de 3 a 4 metros de eslora, con bañeira e cuberta pechada, dotada de reservas de flotación adiante e detrás.

b) Pa, chaleco, casco e cobre-bañeiras.

c) Será obrigatorio o uso de calzado apropiado e de pezas adecuadas á temperatura ambiental e da auga.

ANEXO XI

Proba RAE-PIPR213, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación:

1. Navega con piragua en augas bravas de grao III, aplicando técnicas e manobras de porte, control da embarcación, slálom/navegación e esquimotaxe adecuadas ás exixencias do circuíto establecido.

a) Realizouse o percorrido completo nun tempo inferior ao establecido polo demostrador ou demostradora incrementado nun 20 %, que se engadirá ao tempo final.

b) Realizouse toda a proba sen ningún tipo de axuda externa e sen perder o material.

c) Realizouse o paso polas portas, da zona de control de embarcación de forma regulamentaria, na orde establecida e de acordo coas traxectorias establecidas no esbozo do circuíto, e cun máximo de tres toques.

d) Controlouse a traxectoria curvilínea da embarcación en cada paso de porta da zona de «control de embarcación», con acción de propulsión no interior da curva e sen manobras de freada.

e) Mantívose o cobre-bañeiras colocado e o padexeiro ou padexeira dentro da piragua desde a zona de entrada á canle ata a zona de desembarque.

f) Realizáronse 4 remontes, dous a cada lado, un decalé de 3 portas e o paso de dúas portas na corrente principal, pasando polas portas de forma regulamentaria, sen repetición, sen considerar os toques e de acordo coa orde e as traxectorias establecidas no esbozo do circuíto da zona de slálom grao III.

g) Executáronse as accións motrices necesarias con similar destreza por ambos os dous lados.

h) Realizouse unha dobre esquimotaxe entre as portas 9 e 10 (dúas esquimotaxes con volta completa, entrando por un lado e saíndo polo outro) no tramo enmarcado polos paus das portas.

Proba asociada: navegación en augas bravas de grao III.

• Zona de saída: o padexeiro ou padexeira comezará a proba desde a zona de saída con todo o material:

– Piragua e pa que cumpran os requisitos establecidos.

– Equipamento persoal colocado: cobre-bañeiras, zapatillas ou escarpíns, chaleco e casco homologados, e indumentaria adecuada ás condicións da auga e climatolóxicas existentes.

• Zona de porte de saída: percorrido de 200 m de lonxitude que comeza na saída e remata na entrada á canle da auga. O padexeiro ou padexeira percorrerá esta distancia ata a entrada na canle portando todo o seu material (piragua, pa e equipamento persoal).

• Zona de entrada na canle: zona delimitada na beira da canle, onde remata o porte e desde onde o padexeiro ou padexeira se introducirá na piragua e colocará o cobre-bañeiras.

• Zona de control de embarcación: zona de navegación en augas tranquilas previa á zona de slálom grao III onde se realizará un circuíto formado por dúas portas aliñadas e separadas 8 metros entre os seus paus interiores:

– Desde o punto de acceso á auga propulsarase ata a porta número A e, desde aí, realizará o paso pola porta B e regresará á porta A, describindo unha traxectoria en forma de oito. Este circuíto realizarao tres veces, finalizando ao superar a porta A ao final do terceiro percorrido.

• Zona de slálom grao III: esta zona situarase nunha canle de augas bravas de grao III. O padexeiro ou padexeira deberá realizar un circuíto de nove portas, con 4 remontes, dous a cada lado, máis decalé de 3 portas e as portas 1 e 9 de saída e final da zona, respectivamente.

• Zona de esquimotaxe: situada en augas bravas con dificultade grao III, está delimitada polas portas 9 e 10 do circuíto situadas dentro da vea principal da corrente e a unha distancia aproximadamente de 20 m entre elas:

– O padexeiro ou padexeira situarase na vea principal e cando supere a porta 9 realizará a dobre esquimotaxe.

• Zona de desembarque: zona delimitada na beira da canle, onde o padexeiro ou padexeira debe saír da embarcación.

• Zona de porte de chegada: espazo de 200 m de lonxitude que comeza na zona de desembarque e remata na chegada. O padexeiro ou padexeira percorrerá esta distancia ata a chegada portando todo o seu material (piragua, pa e equipamento persoal).

• O cronómetro poñerase en marcha cando o padexeiro ou padexeira coa embarcación franquee a área de saída ou co sinal de inicio de proba.

• O cronómetro pararase cando o padexeiro ou padexeira con todo o material (equipamento persoal, embarcación e pa) franquee a área de chegada.

• Esta proba poderase realizar dúas veces e utilizarase o mellor tempo realizado.

missing image file

2. Navega con hidrozorra e nada en augas bravas de grao III, aplicando técnicas e manobras de natación en augas bravas, aleteo e slálom/navegación polos dous lados, adecuadas ás exixencias do circuíto establecido.

a) Realizouse o percorrido completo (descenso de natación en augas bravas, retorno a pé e descenso en hidrozorra), sen considerar os toques de porta, nun tempo inferior ao establecido polo demostrador ou demostradora e incrementado nun 20 %.

b) Realizáronse dous remontes e o paso de tres portas en metade da corrente, seguindo a orde establecida e utilizando a natación en augas bravas.

c) Realizáronse dous remontes e o paso de tres portas en metade da corrente, seguindo a orde establecida e utilizando a navegación en augas con hidrozorra.

d) Mantívose a posición básica sobre a hidrozorra durante toda a proba, sen perda de estabilidade nin solta desta.

e) Aplicouse a técnica de aleteo para a propulsión da hidrozorra.

f) Realizouse a fase de retorno a pé provisto do calzado adecuado, establecido previamente polo tribunal.

Proba asociada: navegación en hidrozorra e natación en augas bravas de grao III.

• O padexeiro ou padexeira comeza desde a zona previa á saída do depósito do material, equipamento do padexeiro ou padexeira e acceso obrigatorio á canle para o slálom en hidrozorra.

• A saída estará situada por riba da liña de saída que determina a porta 1.

• Ao comezo da proba o padexeiro ou padexeira deberá:

– Presentar o equipamento da proba: traxe de neopreno, escarpíns ou zapatillas adecuadas, aletas, chaleco e casco homologados e hidrozorra.

– Equiparse co material adecuado ao primeiro descenso.

• A partir da zona de saída, o padexeiro ou padexeira comezará a proba e descenderá dúas veces un circuíto formado por:

– Cinco portas en augas bravas de grao III con 2 remontes, un a cada lado, unha porta de paso en metade de corrente máis as portas 1 e 5 de saída e chegada, respectivamente. Recoméndanse as portas 1, 2, 5, 7 e 9 do percorrido da zona de slálom en grao III da proba de navegación.

• O primeiro descenso realizarase utilizando técnicas de natación en augas bravas, volverá correndo á zona previa á saída, onde se poñerá as aletas e collerá a hidrozorra, para realizar o segundo descenso de navegación en hidrozorra.

• O cronómetro poñerase en marcha ao primeiro paso do deportista ou da deportista nadando pola porta 1.

• Logo do descenso en hidrozorra, o padexeiro ou padexeira volverá ata a zona de control con todo o material (hidrozorra e aletas).

• O tribunal determinará as características do calzado utilizado durante a fase de retorno a pé.

• O cronómetro pararase cando o padexeiro ou padexeira volva á zona de control.

• Esta proba poderase realizar dúas veces e utilizarase o mellor tempo realizado.

Imagen 5.pdf

Condicións básicas de realización da proba de carácter específico: espazos e equipamentos:

1. Espazos de almacenamento ou hangar:

Hangar ou espazo de almacenamento do material que se vai utilizar. As embarcacións poderán estar ao aire libre.

2. Espazo de navegación:

a) A zona de navegación deberá constar de tres espazos para a realización das tres probas:

1. Un tramo de augas tranquilas cunha balización dunha distancia de 20 m.

2. Un tramo de augas bravas grao III con contracorrentes a ambos os dous lados dunha corrente central e instalación de cordas transversais para a situación de 9 portas de slálom.

3. Un tramo de augas bravas grao II profundo e libre de obstáculos, cunha lonxitude que a corrente requira polo menos 20 segundos en percorrela.

b) Toda a zona de navegación deberá estar próxima a unha beira en que os/as xuíces/xuízas terán plena visibilidade para valorar a proba, así como poder realizar os portes e percorrido a pé na proba de hidrozorra e natación.

c) Os tramos de augas bravas deberán finalizar en tramos planos que garantan a seguridade. Igualmente dispoñerán de accesos de embarque e desembarque por riba e por debaixo destes.

d) Este espazo pode ser un campo de slálom.

3. Equipamento por participante:

a) Kaiak ou canoa de augas bravas de 2,30 a 3,60 metros de eslora, con bañeira e cuberta pechada, dotada de reservas de flotación adiante e detrás e un volume mínimo de 220 litros.

b) Pa, chaleco, casco e cobre-bañeiras. No caso de elementos de seguridade, que cumpran a normativa vixente de seguridade e homologación.

c) Será obrigatorio o uso de calzado apropiado e de pezas adecuadas á temperatura ambiental e da auga.

d) Hidrozorra e aletas.

ANEXO XII

Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque común dos ciclos inicial e final de grao medio en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Serán impartidos por quen posúa a especialidade que a continuación se detalla:

Ciclo inicial

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Educación física.

Procesos sanitarios.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Procedementos sanitarios e asistenciais.

Profesores/as técnicos/as de formación profesional.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C104. Organización deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Ciclo final

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

MED-C205. Xénero e deporte.

Educación física.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

ANEXO XIII-A

Requisitos de titulación do profesorado dos módulos do bloque específico dos ciclos inicial en Piragüismo, final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas, final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas e final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas en centros públicos da consellería competente en materia de educación

Serán impartidos por quen posúa a especialidade ou condición que a continuación se detalla:

Ciclo inicial en Piragüismo

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI107. Formación práctica.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas.

• Técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

Ciclos finais en Piragüismo de Augas Bravas, en Piragüismo de Augas Tranquilas e en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Módulo de ensino deportivo

Especialidade

Corpo

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas.

• Técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAB208. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

MED-PIAT212. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

Educación física con algún dos seguintes títulos:

• Técnico deportivo superior en Piragüismo de Augas Bravas.

• Técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Educación física co título de técnico deportivo en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesores/as de ensino secundario.

Profesor/a especialista.

ANEXO XIII-B

Condición de profesorado especialista en centros públicos da consellería competente en materia de educación: acreditación de experiencia docente ou actividade no ámbito deportivo e laboral

Ciclo inicial e finais

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente acreditable

Actividade no ámbito deportivo e laboral

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI107. Formación práctica.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores ou adestradoras no nivel 1, 2 ou 3 de calquera das especialidades de piragüismo, nas formacións a que se refire a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo inicial, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores ou adestradoras no nivel 2 ou 3 en piragüismo de augas bravas, de augas tranquilas ou piragüismo recreativo guía en augas bravas, nas formacións a que se refire a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais dos ciclos finais de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas e de Augas Tranquilas, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAB208. Formación práctica.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores ou adestradoras no nivel 2 ou 3 en piragüismo de augas bravas, nas formacións a que se refire a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT212. Formación práctica.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de adestradores ou adestradoras no nivel 2 ou 3 en piragüismo de augas tranquilas, nas formacións a que se refire a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Polo menos 100 horas de docencia acreditada en formación de guías no nivel 2 en piragüismo recreativo guía en augas bravas, nas formacións a que se refire a disposición adicional quinta e a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, así como a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro.

Polo menos 2 anos de exercicio deportivo-laboral relacionado coas competencias profesionais do ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas, realizado nos 4 anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

No caso das formacións a que se refire a disposición adicional quinta do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, a Real Federación Española de Piragüismo emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que conste: as materias impartidas, o número de horas impartidas, a data do curso en que se impartiu a materia ou materias e a data da resolución de recoñecemento da formación por parte do Consello Superior de Deportes, xunto coa data de publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso das formacións a que se refire a disposición transitoria primeira dos reais decretos 1913/1997, do 19 de decembro, e 1363/2007, do 24 de outubro, o órgano competente da comunidade autónoma que autorizou as formacións emitirá a correspondente certificación da experiencia docente en que consten as materias e o número de horas impartidas.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a dita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios ou obrigadas tributarias, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

A Real Federación Española de Piragüismo emitirá a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

ANEXO XIV

Requisitos de titulación do profesorado dos módulos de ensino deportivo dos ciclos inicial e final de grao medio en centros privados e de titularidade pública de administracións distintas á consellería competente en materia de educación

Serán impartidos por quen acredite os títulos que a continuación se detallan ou os que fosen declarados equivalentes ou homologados para os efectos de docencia:

Módulos do bloque común: ciclo inicial

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a de educación primaria que inclúa unha mención en educación física.

MED-C102. Primeiros auxilios.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Medicina.

Diplomado/a ou graduado/a en Enfermaría.

Diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Graduado/a en Educación Primaria mención en Educación Física.

MED-C104. Organización deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Módulos do bloque común: ciclo final

Módulo común de ensino deportivo

Titulacións

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Psicoloxía.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Título de graduado/a que habilite para o exercicio da profesión de mestre/a de educación primaria que inclúa unha mención en educación física.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Dereito.

MED-C205. Xénero e deporte.

Licenciado/a ou graduado/a en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Mestre/a especialista en Educación Física.

Graduado/a en Educación Primaria mención en Educación Física.

Módulos do bloque específico: ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI107. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Piragüismo de Augas Bravas.

Técnico/a deportivo/a superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

Módulos do bloque específico: ciclos finais de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, en Piragüismo de Augas Tranquilas e en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Módulo específico de ensino deportivo

Titulacións

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

Técnico/a deportivo/a superior en Piragüismo de Augas Bravas.

Técnico/a deportivo/a superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAB208. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Piragüismo de Augas Bravas.

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

MED-PIAT212. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a superior en Piragüismo de Augas Tranquilas.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

Técnico/a deportivo/a superior en Piragüismo de Augas Bravas.

Técnico/a deportivo/a en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Técnico/a deportivo/a en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

ANEXO XV-A

Correspondencia dos módulos de ensino deportivo coas unidades de competencia para a súa acreditación

Módulos de ensino deportivo superados

Unidades de competencia do CNCP acreditables

Os módulos de:

Proba RAE-PIAB201, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas.

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI107. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC2032_2: executar as técnicas básicas de goberno de embarcacións de piragüismo, en augas tranquilas, bravas ata grao II, mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, con eficacia e seguridade.

Os módulos de:

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI107. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC2033_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en piragüismo, en augas tranquilas, bravas ata grao II, mar con ventos ata forza 3 de la escala de Beaufort, a menos de media milla da costa e a un lugar de embarque e desembarque.

Os módulos de:

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI107. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC2034_2: dinamizar accións de promoción e acompañamento a deportistas en eventos e competicións de piragüismo.

Os módulos de:

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-PIPI107. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC0272_2: asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Os módulos de:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC0510_2: determinar e organizar itinerarios en augas bravas.

Os módulos de:

Proba RAE-PIPR213, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC0511_2: conducir piraguas en augas bravas.

Os módulos de:

Proba RAE-PIPR213, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC0512_2: conducir as embarcacións propulsadas por aletas, tipo hidrozorra, e as embarcacións pneumáticas en augas bravas.

Os módulos de:

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC0513_2: guiar e dinamizar persoas en embarcacións individuais e colectivas por itinerarios de augas bravas.

Os módulos de:

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

MED-PIPR218. Formación práctica.

Acreditan a unidade de competencia de:

UC0514_2: rescatar persoas e/ou material en caso de accidente ou situacións de emerxencia que se produzan durante a condución no medio fluvial.

ANEXO XV-B

Correspondencia das unidades de competencia acreditadas cos módulos de ensino deportivo para a súa validación

Unidades de competencia do CNCP acreditadas

Módulos de ensino deportivo validables

A unidade de competencia:

UC2032_2: executar as técnicas básicas de goberno de embarcacións de piragüismo, en augas tranquilas, bravas ata grao II, mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, con eficacia e seguridade.

Permiten a validación de:

Proba RAE-PIAB201, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio en Piragüismo Guía en Augas Bravas.

As unidades de competencia:

UC2032_2: executar as técnicas básicas de goberno de embarcacións de piragüismo, en augas tranquilas, bravas ata grao II, mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, con eficacia e seguridade.

UC2033_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en piragüismo, en augas tranquilas, bravas ata grao II, mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, a menos de media milla da costa e a un lugar de embarque e desembarque.

Permiten a validación de:

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

As unidades de competencia:

UC2032_2: executar as técnicas básicas de goberno de embarcacións de piragüismo, en augas tranquilas, bravas ata grao II, mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, con eficacia e seguridade.

UC2033_2: concretar, dirixir e dinamizar sesións secuenciadas de iniciación deportiva en piragüismo, en augas tranquilas, bravas ata grao II, mar con ventos ata forza 3 da escala de Beaufort, a menos de media milla da costa e a un lugar de embarque e desembarque.

UC0272_2: asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Permiten a validación de:

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

A unidade de competencia:

UC0272_2: asistir como primeiro ou primeira interveniente en caso de accidente ou situación de emerxencia.

Permiten a validación de:

MED-C102. Primeiros auxilios.

A unidade de competencia:

UC0511_2: conducir piraguas en augas bravas.

Permite a validación de:

Proba RAE-PIPR213, de carácter específico, para o acceso ás ensinanzas de ciclo final de grao medio en Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas.

As unidades de competencia:

UC0510_2: determinar e organizar itinerarios en augas bravas.

UC0512_2: conducir as embarcacións propulsadas por aletas, tipo hidrozorra, e as embarcacións pneumáticas en augas bravas.

UC0513_2: guiar e dinamizar persoas en embarcacións individuais e colectivas por itinerarios de augas bravas.

Permiten a validación de:

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

As unidades de competencia:

UC0510_2: determinar e organizar itinerarios en augas bravas.

UC0511_2: conducir piraguas en augas bravas.

UC0512_2: conducir as embarcacións propulsadas por aletas, tipo hidrozorra, e as embarcacións pneumáticas en augas bravas.

UC0513_2: guiar e dinamizar persoas en embarcacións individuais e colectivas por itinerarios de augas bravas.

Permiten a validación de:

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

As unidades de competencia:

UC0510_2: determinar e organizar itinerarios en augas bravas.

UC0511_2: conducir piraguas en augas bravas.

UC0512_2: conducir as embarcacións propulsadas por aletas, tipo hidrozorra, e as embarcacións pneumáticas en augas bravas.

UC0514_2: rescatar persoas e/ou material en caso de accidente ou situacións de emerxencia que se produzan durante a condución no medio fluvial.

Permiten a validación de:

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

ANEXO XVI

Exención total ou parcial dos módulos de formación práctica dos ciclos inicial e final

MED-PIPI107. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 300 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo inicial de grao medio en Piragüismo e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do ciclo.

MED-PIAT208. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 400 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do ciclo.

MED-PIAT212. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 400 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do ciclo.

MED-PIPR218. Formación práctica

Experiencia no ámbito laboral ou deportivo

Exención total.

Exención parcial.

• Duración: superior a 400 horas.

• Actividade desenvolvida: experiencia relacionada coa competencia xeral do ciclo final de grao medio en Piragüismo de Augas Tranquilas e os resultados de aprendizaxe do módulo de formación práctica.

• Período de tempo que desenvolveu a actividade: dous anos anteriores á finalización do ciclo.

A exención parcial do módulo de formación práctica concederase para aqueles resultados de aprendizaxe do módulo que sexan concordantes coa experiencia laboral ou deportiva acreditada.

A exención total do módulo de formación práctica poderase conceder cando exista unha completa concordancia da experiencia laboral ou deportiva acreditada coa totalidade dos resultados de aprendizaxe do correspondente módulo.

A Federación Española ou Autonómica de Piragüismo ou aquelas entidades establecidas polas administracións educativas competentes emitirán a correspondente certificación da experiencia deportiva en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade.

A experiencia laboral acreditarase mediante a certificación da empresa onde se adquirise a dita experiencia en que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade. No caso de traballadores ou traballadoras por conta propia, exixirase a certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade mínima dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

ANEXO XVII

Correspondencia formativa dos módulos de ensino deportivo coa experiencia docente

Ciclo inicial de grao medio en Piragüismo

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente

MED-PIPI102. Técnica de augas bravas.

MED-PIPI103. Técnica de augas tranquilas.

MED-PIPI104. Técnica de kaiak de mar.

MED-PIPI105. Técnica de kaiak-polo.

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

Experiencia como profesor ou profesora en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

Ciclos finais de grao medio en Piragüismo de Augas Bravas, en Piragüismo de Augas Tranquilas e Piragüismo Recreativo Guía en Augas Bravas

Módulos de ensino deportivo

Experiencia docente

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAB205. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB206. Seguridade, lectura e material técnico de piragüismo de augas bravas.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAT209. Perfeccionamento técnico en piragüismo de augas tranquilas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIPR214. Perfeccionamento técnico en kaiak.

MED-PIPR215. Perfeccionamento técnico en balsa e hidrozorra.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.

MED-PIPR217. Seguridade en itinerarios guiados.

Experiencia como profesor ou profesora en materias relacionadas co correspondente módulo de ensino deportivo acreditable, realizadas de acordo co establecido na disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, e na disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

A experiencia deberá ser de, polo menos, o triplo das horas establecidas neste decreto para o módulo de ensino deportivo obxecto da correspondencia formativa.

A experiencia docente acreditarase mediante certificado expedido pola comunidade autónoma que autorizou as ditas formacións en que conste a actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou esta.

ANEXO XVIII

Formación á distancia

Módulos bloque común

Grao medio

Ciclo inicial

Ciclo final

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Módulos bloque específico

MED-PIPI106. Organización de eventos de iniciación en piragüismo.

MED-PIPI202. Escola de piragüismo.

MED-PIPI203. Piragüismo adaptado.

MED-PIPI204. Organización de eventos en piragüismo.

MED-PIAB207. Preparación física do piragüismo en augas bravas.

MED-PIAT210. Adestramento en augas tranquilas.

MED-PIAT211. Manexo de embarcacións de recreo.

MED-PIPR216. Expedición, loxística e materiais.