Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53199

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Conforme o establecido no artigo 16 da Orde do 26 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía, país de execución do proxecto e finalidade.

De acordo co establecido no artigo único punto 3 da dita orde, as cantidades inicialmente asignadas a cada aplicación orzamentaria do capítulo IV e do capítulo VII por cada liña de subvención teñen carácter estimativo e a súa determinación definitiva será a que resulte das resolucións de concesión que se diten ao abeiro desta orde.

Con base no informe da comisión avaliadora recollido na acta do 18 de xullo de 2017 e de acordo co sinalado no citado artigo único punto 3 da orde de convocatoria, realizáronse as preceptivas modificacións orzamentarias e foi autorizado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de agosto o incremento na dotación da anualidade do capítulo IV, para o ano 2018.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 31 de agosto de 2017, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 26 de abril de 2017 (DOG núm. 87, do 8 de maio de 2017) para a execución de:

– 15 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de dous millóns cincocentos corenta e un mil catrocentos noventa euros (2.541.490,00 €), nas contías, beneficiarios, finalidade, país de execución e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo I desta resolución.

– 3 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán os outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe global de trescentos oitenta mil cento corenta e dous euros (380.142,00 €), nas contías, beneficiarios, finalidade, país de execución e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2017

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I
Capítulo I: axudas para proxectos de cooperación no exterior das ONGD

Núm. expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2017

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2018

PR 803 D
2017/32

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada con la Asociación Gallega de Reporteros Solidarios (Agareso)

Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos ecoturístico, acuícolas, pesqueiros e ambientais dos municipios de San Luís la Herradura e Tecoluca, El Salvador. Fase V

315.976,14

225.000,00

76.284,42

13.715,58

90.000,00

106.970,76

28.029,24

135.000,00

PR 803 D
2017/8

Amigos da Terra Galicia-Xuventude

Fortalecemento do desenvolvemento económico das cooperativas que participan en 4 cadeas de valor incluíntes, aplicando enfoques de sustentabilidade, adaptación ao cambio climático e igualdade de xénero, da produción agropecuaria en zonas vulnerables ante a seca, de Las Segovias, Nicaragua

267.202,61

175.000,00

48.375,00

21.625,00

70.000,00

75.927,00

29.073,00

105.000,00

PR 803 D
2017/31

Médicos del Mundo

Fomentando o dereito á protección e seguridade das vítimas de violencia de xénero a través do fortalecemento da atención integral e da sensibilización comunitaria en Matola, Mozambique

277.973,08

174.732,00

59.972,50

9.920,30

69.892,80

104.839,20

------

104.839,20

PR 803 D
2017/34

Enxeñaría sen Fronteiras Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas sustentables de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13-Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio

244.892,00

225.000,00

84.292,00

5.708,00

90.000,00

130.568,00

4.432,00

135.000,00

PR 803 D
2017/10

Cruz Roja Española

Fortalecemento dos mecanismos locais de prevención de violencia social e de xénero entre a poboación infantil e xuvenil do municipio de Tonacatepeque (San Salvador). El Salvador

200.000,00

175.000,00

59.032,00

10.968,00

70.000,00

105.000,00

------

105.000,00

PR 803 D
2017/44

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada con la Asociación Gallega de Reporteros Solidarios (Agareso)

Mellora das condicións de habitabilidade, de atención á saúde comunitaria e á violencia contra as mulleres, no Batey la Balsa, municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, República Dominicana

222.860,01

178.804,00

48.119,92

23.401,68

71.521,60

72.179,88

35.102,52

107.282,40

PR 803 D
2017/42

Arquitectura sin Fronteras

Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliario saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas. Fase 4

183.182,27

153.700,00

35.180,00

26.300,00

61.480,00

60.220,00

32.000,00

92.220,00

PR 803 D
2017/45

Fundación Balms para la Infancia

Comunidade educativa do barrio Santa Lucía empoderada para a súa participación activa no sistema educativo a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións para unha educación inclusiva e de calidade en Santiago de los Caballeros asociado ao «Programa de melloramento do barrio Santa Lucía», IDI República Dominicana

185.426,27

167.441,00

65.349,07

1.627,33

66.976,40

98.023,60

2.441,00

100.464,60

PR 803 D
2017/4

Farmacéuticos Mundi

Mellora da atención integral e a pertinencia cultural en servizos de saúde sexual e reprodutiva e saúde materna, para mulleres e adolescentes indíxenas nos municipios de Nebaj, Chajul e Cotzal na Área Ixil, Rexión Norte de El Quiché, Guatemala

213.500,00

174.000,00

63.596,62

6.003,38

69.600,00

89.795,27

14.604,73

104.400,00

PR 803 D
2017/26

Proyde- (Promoción y Desarrollo) agrupada con Arquitectura sin Fronteras

Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a xuventude rural de 8 comunidades do municipio de Champerico, Guatemala-Fase III

246.773,49

224.990,00

51.568,00

38.428,00

89.996,00

108.730,00

26.264,00

134.994,00

PR 803 D
2017/29

Médicos del Mundo

Impulsando boas prácticas de gobernanza institucional, social e comunitaria na provincia de Kwanza Norte, Angola

102.200,00

60.000,00

60.000,00

------

60.000,00

------

------

------

PR 803 D
2017/48

AIDA, Ayuda Intercambio y Desarrollo

Mellora da seguridade alimentaria na liña transfronteiriza entre Guinea-Bissau e Senegal a través dun modelo integrador de hortas comunitarias e acuicultura xestionado por mulleres campesiñas

228.369,35

175.000,00

27.585,30

42.414,70

70.000,00

79.673,61

25.326,39

105.000,00

PR 803 D
2017/3

Fundación Oxfam Intermón

Previndo a violencia de xénero entre xóvenes e adolescentes en cinco municipios de Nicaragua

147.555,47

139.746,00

44.538,16

11.360,24

55.898,40

83.847,60

----

83.847,60

PR 803 D
2017/14

Fundación Taller de Solidaridad

«Tajimat Pujut»: Contribuír a mellorar o exercicio do dereito á alimentación en comunidades indíxenas Awajún (Amazonas, Perú) mediante a promoción da soberanía alimentaria nas familias, a consolidación das súas capacidades para diversificar as súas parcelas produtivas e a comercialización dos seus produtos en mercados locais

138.765,91

124.821,00

31.056,00

18.872,40

49.928,40

54.813,70

20.078,90

74.892,60

PR 803 D
2017/15

Fundación Taller de Solidaridad agrupada coa Fundación Entreculturas

Articulación da produción e o consumo dos produtos agropecuarios locais, mediante o desenvolvemento dunha ruta agroalimentaria gastronómica ao longo da estrada interoceánica sur, entre os distritos de Ccatcca e Ocongate, Cusco-Perú

221.354,00

168.256,00

60.803,40

6.499,00

67.302,40

77.321,60

23.632,00

100.953,60

Total

3.196.030,60

2.541.490,00

815.752,39

236.843,61

1.052.596,00

1.247.910,22

240.983,78

1.488.894,00

ANEXO II
Capítulo I: axudas para proxectos de cooperación no exterior doutros axentes de cooperación

Núm. expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2017

Capítulo IV

Capítulo VII

Total 2018

PR 803 D
2017/12

Fundación Galicia Innova

Programa de apoio ao novo modelo de xestión da formación técnico-produtiva agropecuaria da rexión de Piura. Perú

74.225,00

66.800,00

24.570,00

2.150,00

26.720,00

40.080,00

----

40.080,00

PR 803 D
2017/23

Fundación Mujeres

Contribuíndo ao empoderamento das mulleres nos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha vida libre de violencia no occidente de El Salvador

174.664,57

163.479,00

63.743,60

1.648,00

65.391,60

98.087,40

----

98.087,40

PR 803 D
2017/1

Innovación, Cooperación, Cartografía y Territorio (Icarto)

Fortalecemento das capacidades técnicas da Direcção Nacional de Gestão de Recursos Hídricos e das administracións rexionais de auga no ámbito dos SIX, da hidroxeoloxía e hidroloxía. Fase V. Mozambique

166.863,00

149.863,00

58.195,20

1.750,00

59.945,20

88.917,80

1.000,00

89.917,80

Total convocatoria

380.142,00

146.508,80

5.548,00

152.056,80

227.085,20

1.000,00

228.085,20