1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: AMT-2018-0005.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é contar cos servizos de soporte ante incidencias da plataforma de xeración de informes (reporting) da Xunta de Galicia, baseada no software Jasper Reports Server.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contado a partir do 1.3.2018. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado: 104.132,24 € (IVE excluído).
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 52.066,12 € (cincuenta e dous mil sesenta e seis euros con doce céntimos), máis 10.933,89 € (dez mil novecentos trinta e tres euros con oitenta e nove céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 63.000,01 € (sesenta e tres mil euros cun céntimo), que se distribúe nas seguintes anualidades:
• 2018: 21.694,22 € + 4.555,79 € (IVE 21 %) = 26.250,01 €.
• 2019: 26.033,06 € + 5.466,94 € (IVE 21 %) = 31.500,00 €.
• 2020: 4.338,84 € + 911,16 € (IVE 21 %) = 5.250,00 €.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=223357.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido na epígrafe 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra k da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia