Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 20 de novembro de 2017 Páx. 53320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da obra de clave LU/17/042.02 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: + 981 54 49 86.

5º. Fax: + 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.gal/ (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, cadro de características, proxecto e soporte dixital na copistaría CopyNino, rúa dos Feáns, nº 19, e Rosalía de Castro, nº 58, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono +34 981 58 89 38.

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición do obxecto: reforzo de firme na LU-901.

Clave do expediente: LU/17/042.02. (E/045/2017).

Orzamento base de licitación: 459.361,75 € (IVE excluído). IVE: 96.465,97 €. Importe total: 555.827,72 €.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=220184 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: reforzo de firme localizado nas estradas VG-1.2, AC-121, AC-144, AC-151 e AC-563, entre outras.

Clave do expediente: AC/16/177.02. (E/046/2017).

Orzamento base de licitación: 670.431,25 € (IVE excluído). IVE: 140.790,56 €. Importe total: 811.221,81 €.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=220181 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: reforzo de firme localizado nas estradas AC-100, AC-102, AC-110, AC-116, AC-566, AC-861 e AC-862, entre outras.

Clave do expediente: AC/16/178.02. (E/047/2017).

Orzamento base de licitación: 671.781,52 € (IVE excluído). IVE: 141.074,12 €. Importe total: 812.855,64 €.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=220182 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

d) Descrición do obxecto: reforzo de firme localizado nas estradas VG-4.4, PO-315 e PO-551.

Clave do expediente: PO/16/191.02. (E/049/2017).

Orzamento base de licitación: 629.048,47 € (IVE excluído). IVE: 132.100,18 €. Importe total: 761.148,65 €.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: segundo o disposto no punto I.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http//:www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=220185 (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver punto H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2 A) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/, con dous (2) días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no Diario Oficial de Galicia por liña: 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas