BDNS (Identif.): 346606.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario
Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 13 de novembro 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 10 de maio pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código do procedemento TR807I), na seguinte contía: 300.000 euros.
Segundo. Prazo de presentación de solicitudes
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2017
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria