De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselles publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:
1. Resolución do 6 de novembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se modifica o orzamento da orde de execución ao medio propio Empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización do estudo de valoración dos proxectos subvencionables a través do FEMP 2014-2020, asinada o 17 de agosto de 2017.
– Actividade: traballos para a fixación dos criterios técnicos para a realización das tarefas necesarias para o estudo do cálculo dos investimentos máximos subvencionables dos proxectos para os cales se solicita financiamento a través do FEMP.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servizos Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2017.
– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 14.02.723A.640.1, e con código de proxecto 2016 00287 e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7: asistencia técnica.
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2017
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar