No Diario Oficial de Galicia número 217, do 15 de novembro de 2017, publicouse o Anuncio do 2 de novembro de 2017 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico/a I, mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada, con cargo ao proxecto de investigación denominado Tecnoloxías para a detección rápida e control sectorial do impacto das micotoxinas na nutrición animal en Galicia (Galac). Referencia IN852A 2016/103.
Advertido un erro no enderezo da internet onde aparecen publicadas as bases da convocatoria e ao abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á rectificación da páxina 52485.
Onde di:
http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_gale-go_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/
Debe dicir:
http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/