Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de outubro de 2017, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada a Varaderos Vibú, S.L., de ocupación dunha parcela de dominio público portuario para varadoiro de buques de ata 500 toneladas de desprazamento en rosca, no porto de Burela, aprobación de obras do Proxecto ampliación e mellora da rampla número 2 de Varaderos Vibú, S.L., e modificación de uso polo de varadoiro de buques eliminando a limitación por tonelaxe.

Alberto Infante Gómez actuando en nome e representación de Varaderos Vibú, S.L., presenta escrito de solicitude de ampliación de prazo extraordinario, superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada a Varaderos Vibú, S.L., de ocupación dunha parcela de dominio público portuario para varadoiro de buques de ata 500 toneladas de desprazamento en rosca, no porto de Burela, aprobación de obras do Proxecto ampliación e mellora da rampla nº 2 de Varaderos Vibú, S.L., e modificación de uso polo de varadoiro de buques eliminando a limitación por tonelaxe.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de outubro de 2017

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte