Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro do 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente, documentalmente simplificado, para a realización do servizo de limpeza do material de laboratorio e dos edificios do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Lafiga) (expediente SE 03/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Técnica.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do material de laboratorio e dos edificios do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, Lafiga.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: nas instalacións do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia na estrada AC-542, p.q. 7,5 Mabegondo, 15318 Abegondo (A Coruña).

d) Prazo de execución: 24 meses desde a súa sinatura.

e) Admisión de prórroga: si. Como máximo por doce meses máis.

f) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente. Procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: avaliables de forma automática, recollidos na epígrafe A do cadro de criterios de adxudicación do contrato do cadro de características.

4. Orzamento de licitación:

Importe excluído IVE: 172.561,98 €, IVE (21 %): 36.238,02 €. Importe total: 208.800,00 €.

Valor estimado: 258.842,98 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1 e categoría 1, e grupo M, subgrupo 1 e categoría 1, estará exento de presentar solvencias.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Técnica do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

b) Enderezo: Pazo de Quián, s/n, Sergude, 15881 Boqueixón (A Coruña).

c) Teléfonos: 881 99 72 76.

d) Telefax: 981 54 66 76.

e) Enderezo electrónico: ingacal@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.30 horas.

Tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro do Instituto Galego da Calidade Alimentaria. Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 66 76), ou ben ao enderezo electrónico ingacal@xunta.gal.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: achéganse datos para a subrogación dos traballadores no anexo I do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria