Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2017304AL-CO incoado a O Fogón de Ortigueira, S.L.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.
Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.
Advírtese que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
A Coruña, 2 de novembro de 2017
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2017304AL-CO.
Interesada: O Fogón de Ortigueira, S.L. (O Carolo).
DNI/NIF/CIF: B70482310.
Último enderezo coñecido: avenida da Penela, 4, 15330 Ortigueira.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.