Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de limpeza de residencias de maiores dependentes desta xefatura territorial (expediente 49/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

3º. Teléfono: 981 18 57 10.

4º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

5º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=219209

6º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 49/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza da cociña, determinadas zonas comúns (almacéns, garaxes...) e cristais en residencias de maiores dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: 24 meses desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 90911200.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: novecentos cincuenta mil catrocentos trece euros con vinte e dous céntimos (950.413,22 €).

b) IVE (21 %): cento noventa e nove mil cincocentos oitenta e seis euros con setenta e oito céntimos (199.586,78 €).

c) Importe total: un millón cento cincuenta mil euros (1.150.000 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares do punto 2.5.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 27 de novembro de 2017.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga nº 9-1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 14.00 horas do 4 de decembro de 2017.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver o prego de cláusulas administrativas particulares no punto 1.3.

10. Outras informacións: ver os pregos (http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=219209).

A Coruña, 2 de novembro de 2017

Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña