Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas por presenza da praga de corentena denominada Epitrix spp (pulguiña da pataca).

Antecedentes.

A través da Resolución do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, declarouse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Epitrix spp (pulguiña da pataca), e establecéronse as zonas demarcadas e as medidas fitosanitarias para o seu control.

En datas posteriores ás da publicación desta resolución producíronse novas deteccións deste organismo noutras zonas do territorio.

Por todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Establecer como zonas demarcadas pola existencia da praga denominada Epitrix spp dentro do territorio da comunidade:

a) Todo o territorio incluído nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

b) Todo o territorio dos seguintes concellos na provincia de Ourense: Amoeiro, Arnoia, Avión, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Piñor, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Taboadela, Toén e Vilamarín.

c) A área incluída nun raio de 500 metros arredor das seguintes parcelas localizadas na provincia de Ourense:

Concello

Cód.
Concello

Agregado

Zona

Polígono

Parcela

Recinto

Maceda

44

0

0

5

36

1

Paderne de Allariz

56

0

0

9

311

1

Xinzo de Limia

33

0

0

503

173

1

Xinzo de Limia

33

0

0

508

168

1

Xinzo de Limia

33

0

0

511

449

1

Sarreaus

79

0

0

503

192

1

Trasmiras

83

0

0

501

5217

1

Vilar de Barrio

90

0

0

500

601

1

Vilar de Barrio

90

0

0

500

617

1

Vilar de Barrio

90

0

0

11

259

1

Bande

07

0

0

502

538

1

Segundo. Manter as medidas fitosanitarias establecidas na Resolución do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Epitrix spp (pulguiña da pataca), se establecen as zonas demarcadas e as medidas fitosanitarias para o seu control.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2017

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias