Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53579

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (226/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 226/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcción Técnica GMC, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Patricia López Arranz.

Na Coruña, 25 de outubro de 2017.

Feitos:

Único. Ante este xulgado séguense autos do procedemento nº 226/2015 que concluíron mediante sentenza ditada o 12 de setembro de 2017. O 16 de outubro de 2017 ditouse auto en que se aclara o nome da empresa demandada.

Parte dispositiva:

Rectifícase a data do auto de aclaración. A correcta é «16 de outubro de 2017» e non «16 de novembro de 2017».

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña.

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcción Técnica GMC, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza