Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53577

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1171/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1171/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Begoña Valcárcel Ordóñez contra Setillas, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza en data 23.10.2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade número 1171/2015.

Demandante: María Begoña Valcárcel Ordóñez.

Letrado: Sr. García Salorio.

Demandado: Setillas, S.L.

Letrado:

Fogasa

Letrada:

Sentenza número 570/17.

A Coruña, 23 de outubro de 2017.

Parte dispositiva

– Admito a demanda formulada por María Begoña Valcárcel Ordóñez fronte a Setillas, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de: 3.046,64 euros en concepto de débeda salarial máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Setillas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza