Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1196/2014 por instancia de Xabier Sáenz García contra Albealia Restauración Coruña 1, S.L., Albealia Restauración Coruña 2, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu auto de aclaración da sentenza o 7 de xullo de 2017 que copiada nos particulares necesarios di así:
Parte dispositiva.
SSª acorda que procede a aclaración da decisión da sentenza e, en consecuencia, quedará do teor literal seguinte:
Decido:
Estímase parcialmente a demanda formulada por Xabier Sáenz García fronte ás empresas Albealia Restauración Coruña 1, S.L., Albealia Restauración Coruña 2, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:
Condénase a empresa Albealia Restauración Coruña 2, S.L. a aboarlle a Xabier Sáenz García a cantidade de catro mil noventa e catro euros con setenta e dous céntimos de euro (4.094,72 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.
Absólvese a empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
Así o acorda e asina SSª. Dou fe.
Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e Albealia Restauración Coruña 2, S.L., expido e asino o presente edicto.
A Coruña, 4 de setembro de 2017
O secretario xudicial