Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53574

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 14 de novembro de 2017 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría resolve anunciar a publicación da convocatoria de concurso público para a contratación de persoal docente e investigador nas seguintes categorías:

• Profesor contratado interino de substitución: 9 prazas.

• Profesor asociado: 3 prazas.

• Profesor axudante doutor: 4 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da UDC, na Reitoría (rúa Maestranza, nº 9), na Vicerreitoría do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n), así como na páxina web da Universidade: http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de novembro de 2017

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña