Publicada a oferta de emprego público para o ano 2017 mediante a Resolución do 7 de xuño de 2017.
De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro) e na normativa pola cal se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 14 de novembro de 2017, se convoca un concurso para a provisión dunha praza de profesor contratado doutor.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web:
http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 14 de novembro de 2017
Julio Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña