Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: reforzo de varios tramos da LMTA LAL803 Anzo.
Situación: Lalín.
Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 estruturada en catro tramos:
1. 463 metros; orixe: apoio proxectado (APP) C-16/2000 (D32-104) con derivación ao centro de transformación (CT) O Castelo; final: APP C-14/2000 (D32-108).
2. 213 metros; orixe: APP C-16/2000 (D32-116); final: APP C-14/2000 (D32-118) con derivación na antena ao CT Cancelas.
3. 54 metros; orixe: APP C-14/2000 (D32-118) con derivación na antena ao CT Cancelas; final: apoio existente (APE) C-12/2000 (D32-118-1) na derivación na antena ao CT Cancelas.
4. 497 metros; orixe: APE 12/2000 (D32-132); final: APE HV-630-13 con derivación ao CT Erbo.
A instalación está situada en Cadrón, Cangas e Palmou, no concello de Lalín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 24 de outubro de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra