Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2017/103-2, 8577 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LMT, CT e RBT Xestoso.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 156 m con orixe nun apoio existente da LMT A Fonsagrada, dirección Lamas de Campos, condutor tipo LA-56, e final no centro de transformación proxectado Xestoso.

2. Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 465 m con orixe no CT proxectado Xestoso, condutor tipo RZ 95, e final na conexión coa rede de baixa tensión soterrada proxectada.

4. Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 306 m con orixe na RBT aérea proxectada, condutor tipo RV 95 e RV 150, e final na conexión coa rede de baixa tensión existente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70-baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de novembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo