Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2017 pola que se fai pública a declaración de desistencia do procedemento aberto da subministración de sete máquinas de soldadura inverter para TIG e MMA no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo (expediente 2017_026_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica, Servizo de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 55 26, 981 54 55 23 ou 981 54 55 22.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

7º. Información: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=207533

8º. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 198, do 18 de outubro de 2017.

d) Número de expediente: 2017_026_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de sete máquinas de soldadura inverter para TIG e MMA para o Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: a entrega realizarase no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo, no paseo dos Estudiantes, 33, 27002 Lugo.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (Vocabulario común de contratos públicos): 42000000-6 maquinaria industrial.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver a cláusula M da folla de especificacións do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: cincuenta e seis mil setecentos corenta e nove euros (56.749 €), IVE incluído.

5. Valor estimado do contrato: corenta e seis mil novecentos euros (46.900 €).

6. Resolución de desistencia.

a) Data da resolución de desistencia: 8 de novembro de 2017.

b) Causa da desistencia: infracción non emendable nos pregos de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria