Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 23 de novembro de 2017 Páx. 53752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (189/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento ordinario 189/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Porto Vila contra a empresa Micar Estrada de Construcciones, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a presente resolución, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede deste xulgado.

Sentenza do 16.10.2017, contra a cal poderá interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Micar Estrada de Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza